Otero Pedrayo, Ramón, 1888-1976

Imaxe do autor Otero Pedrayo, Ramón

Patriarca das letras galegas, este ourensán de pro pertencente á Xeración Nós é un dos escritores galegos máis importantes. Traballou distintos xéneros: ensaio, novela, poesía... ademais de estudos científicos xeográficos da súa cátedra da Universidade de Santiago de Compostela. Na Guía de Galicia, que el dirixiu, están algunhas das súas mellores achegas. Militante do Partido Galeguista, foi deputado nas Cortes da República. Entre as súas novelas destacan "Os camiños da vida" e "O mesón dos Ermos", descrición minuciosa dos costumes e da vida rural galega. Pero a máis coñecida é "Arredor de si" que pode considerarse como parcialmente autobiográfica e que nos permite enxergar os camiños que percorreron os integrantes da chamada Xeración Nós ata o galeguismo. Neste sentido autobiográfico, "Arredor de si" complétase cos artigos "Dos nosos tempos" de Florentino López Cuevillas, e con "Nós, os inadaptados" de Vicente Risco, estes dous últimos aparecidos na revista Nós. Hoxe, a Fundación Otero Pedrayo e a Fundación Penzol gardan a biblioteca así como os documentos e escritos do ilustre galego e continúa o seu labor na casa-museo de Trasalba.

Grafo social

Artigos

Ver máis