facetas

16 resultados

Bouza Brey, Luís, 1905-1980

(Vilagarcía de Arousa, Pontevedra, Galicia, España, 1905 - Vilagarcía de Arousa, Pontevedra, Galicia, España, 1980)

Foi un avogado, escritor e político galego.
Fillo de Luís Bouza Trillo e irmán de Fermín Bouza-Brey. Estudou dereito na Universidade de Santiago de Compostela, rematando en 1928. Colaborou en El Pueblo Gallego. Integróuse no Partido Galeguista e foi un dos dirixentes do grupo de Vilagarcía. Co...

Artigos da revista nos que participa 1 [Ver]

Carvalho Calero, Ricardo, 1910-1990

(Ferrol, Galicia, España, 1910 - Santiago de Compostela, Galicia, España, 1990)

Ricardo Carvalho Calero é unha das figuras máis importantes da cultura galega do século XX, en especial pola súa contribución ao estudo da literatura galega, polo maxisterio que exerceu como primeiro profesor e catedrático unive...

Artigos da revista nos que participa 25 [Ver]

Casas, Álvaro de las, 1901-1950

(Ourense, Galicia, España, 1901 - Barcelona, Cataluña, España, 1950)

Foi un dinamizador cultural e escritor, en galego e castelán, de poesía, novela, ensaio e, fundamentalmente, de obras de teatro. Asinou as súas publicacións como Álvaro de las Casas ou, cando escribe en galego Álvaro das Casas...

Artigos da revista nos que participa 23 [Ver]

Castelao, 1886-1950

(Rianxo, A Coruña, Galicia, España, 1886 - Bos Aires, Arxentina, 1950)

Castelao foi a figura máis importante da cultura galega do século XX. Escritor, debuxante e político, está considerado o pai do nacionalismo galego. Foi homenaxeado co segundo Día das Letras Galegas, no ano 1964. En decembro de 2011 a Xunta de Galicia declarou a...

Artigos da revista nos que participa 20 [Ver]

Fernández del Riego, Francisco, 1913-2010

(Vilanova de Lourenzá, Lugo, Galicia, España, 1913 - Vigo, Galicia, España, 2010)

Continuador do ideario do Grupo Nós, foi un dos fundadores do galeguismo progresista do século XX cuxas funcións sobordaron as de político, escritor, editor ou tamén crítico da literatura. Foi membro da Real Academia Galega e o seu presidente.
comezou a estudar Dereito na Universidade de Madrid...

Artigos da revista nos que participa 5 [Ver]

García Ramos, Alfredo, 1877-1934

(Vila de Cruces, Pontevedra, Galicia, España, 1877 - Caldas de Reis, Pontevedra, Galicia, España, 1934)

Foi un xornalista, escritor e xurista galego.
Fillo do médico Manuel García Segond e irmán do tamén deputado na Segunda República José García Ramos, Alfredo licenciouse en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela en 1897. Exerceu como avogado en Arzúa e abriu bufete na Coruña en 1899....

Artigos da revista nos que participa 1 [Ver]

Guimerá, Ángel, 1845-1924

(Santa Cruz de Tenerife, Canarias, España, 1845 - Barcelona, Cataluña, España, 1924)

Foi un escritor, poeta e dramaturgo español, un dos máximos expoñentes da Renaixença ou «rexurdimento» das letras catalás a finais do século XIX. Na súa extensa obra uniu unha aparencia romántica cos elementos principais do realismo.
Guimerá era fillo de pai catalán, Agustín Guimerá Fonts, e ...

Artigos da revista nos que participa 1 [Ver]

Losada Diéguez, Antón, 1884-1929

(Boborás, Ourense, Galicia, España, 1884 - Pontevedra, Galicia, España, 1929)

Antón Losada Diéguez foi un intelectural e ensaísta, membro fundamental da Xeración Nós.
O seu entorno familiar procedía da fidalguía e caracterizábase por unha profunda ideoloxía tradicionalista e ca...

Artigos da revista nos que participa 9 [Ver]

López Teijeiro, Modesto, 1910-1937

(Ourense, Galicia, España, 1910 - Ourense, Galicia, España, 1937)

Foi un escritor e político galego.
Empregado do Banco Hispano e membro do sindicato da Banca. Membro da Irmandade da Fala de Ourense. A revista Nós publicou en 1933 Investigacións etno-morfolóxicas antre a poboación do Ribeiro de Avia, o seu traballo de ingreso no Seminario de Estudos Galegos,...

Artigos da revista nos que participa 2 [Ver]

Montes, Eugenio, 1897-1982

(Vigo, Galicia, España, 1897 - Madrid, Madrid (Comunidade autónoma), España, 1982)

Foi un escritor, xornalista, político e humanista español, de marcada significación católica, que escribiu en galego e en castelán. Nos anos da II República moveuse politicamente entre o grupo de Acción Española e Falanxe. Posteriormente foi un dos intelectuais máis destacados na súa adhesión ao réx...

Artigos da revista nos que participa 7 [Ver]