Casas, Álvaro de las, 1901-1950

Imaxe do autor Casas, Álvaro de las

Foi un dinamizador cultural e escritor, en galego e castelán, de poesía, novela, ensaio e, fundamentalmente, de obras de teatro. Asinou as súas publicacións como Álvaro de las Casas ou, cando escribe en galego Álvaro das Casas.
En Ourense cursou os seus estudos básicos e de bacharelato, trasladándose a Valladolid para cursar a carreira de Filosofía e Letras. Doutorouse en Ciencias Históricas e Xeográficas, feito que talvez inflúa na proposta de teatro histórico deste autor. Exerceu de catedrático e director do Instituto local de Noia, onde fundou os primeiros grupos Ultreya. Foi escritor dramático de renome e tradutor de obras de autores portugueses, alén de militante do Partido Galeguista e membro do Instituto Histórico do Minho aínda que no ano 1933 despois dunha longa polémica co Partido Galeguista funda a Vangarda Nazonalista Galega.
Precisamente nunha comunicación feita ao Instituto Histórico do Minho, na que fala do teatro de Galiza, publica a súa proposta de teatro galego o cal, na súa opinión, debería ser poético, de temática histórica e representábel en calquera punto de Galiza. Todos estes trazos áchanse na súa obra "A Morte de Lord Sataüler" (1929), onde demostra Álvaro das Casas que o arriba dito pode ser levado á práctica. Dirixiu a revista Alento (1934-1935).

En 1936, con motivo da guerra civil, cae na obriga de se exiliar a Bos Aires. Alí fundou en 1939 canda a Mariano Medina del Río o proxecto Emecé Editores.

En 1950 regresou a España. Asentouse en Barcelona, onde morreu o 8 de marzo dese mesmo ano. Foi irmán do tamén escritor Augusto Casas.
Galipedia

Grafo social

Artigos

Ver máis