Bouza Brey, Luís, 1905-1980

Imaxe do autor Bouza Brey, Luís

Foi un avogado, escritor e político galego.
Fillo de Luís Bouza Trillo e irmán de Fermín Bouza-Brey. Estudou dereito na Universidade de Santiago de Compostela, rematando en 1928. Colaborou en El Pueblo Gallego. Integróuse no Partido Galeguista e foi un dos dirixentes do grupo de Vilagarcía. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xulgado en Pontevedra por auxilio á rebelión o 21 de xaneiro de 1937 con outros republicanos de Vilagarcía, foi absolto, pero cunha proposta de sanción económica. Houbo de repetirse o consello de guerra por "omisión dun dos trámites". Estivo preso na Illa de San Simón. Exerceu a avogacía en Vilagarcía. Colaborou en La Noche. Foi académico correspondente da Real Academia Galega.
Galipedia

Grafo social

Artigos