facetas

83 resultados

Almeida, Guilherme de, 1890-1969

(Campinas, Brasil, 1890 - São Paulo, Brasil, 1969)

Foi un avogado, periodista, crítico de cine, poeta, ensaísta e tradutor do Brasil.
Un dos poemas de Guilherme de Almeida, "A Carta Que Eu Sei de Cor", publicado no seu libro "Era uma vez", foi declamado na Faculdade de Letras de Coimbra, em 1930, na importante conferencia "Poesia Moderníssima d...

Artigos da revista nos que participa 1 [Ver]

Amado Carballo, Luis, 1901-1927

(Pontevedra, Galicia, España, 1901 - Pontevedra, Galicia, España, 1927)

Luís Amado Carballo foi un escritor galego en lingua galega, cofundador da revista Alborada e pai do hilozoísmo ou animismo. Moi relixioso, interesado pola teosofía, militou como galeguista e pertenceu ás Irmandades da Fala. Foi, xunto con Manuel Antonio, un dos poetas...

Artigos da revista nos que participa 1 [Ver]

Arias Sanjurjo, Joaquín, 1880-1946

(Santiago de Compostela, Galicia, España, 1880 - Santiago de Compostela, Galicia, España, 1946)

Foi un avogado, xornalista e escritor galego.
Foi elixido presidente do Comité Republicano de Monforte de Lemos en 1903. Presidente da Sociedad de Agricultores del Ayuntamiento de Monforte, interveu nas Asembleas de Monforte e en Solidaridad Gallega. En 1909 presentouse como candidato nas elec...

Artigos da revista nos que participa 2 [Ver]

Bacarisse, Mauricio, 1895-1931

(Madrid, España, 1895 - Madrid, España, 1931)

Mauricio Bacarisse Casulá (Madrid, 20 de agosto de 1895 ibídem, 4 de febreiro de 1931) foi un poeta, narrador, ensaísta, tradutor e colaborador en prensa español, primo do compositor Salvador Bacarisse. Estudou na capital de España, ...

Artigos da revista nos que participa 1 [Ver]

Barreiro, Lisardo R., 1862-1943

(Noia, A Coruña, Galicia, España, 1862 - Vilagarcía de Arousa, Pontevedra, Galicia, España, 1943)

Foi un xornalista e escritor galego.
Estudou farmacia e medicina en Santiago de Compostela, e alí iniciou a súa actividade xornalística fundando, con Alfredo Brañas e outros, o periódico El Ciclón e posteriormente o semanario El Tricornio, do que foi director. Despois pasou a Ferrol, onde diri...

Artigos da revista nos que participa 1 [Ver]

Battelli, Guido, 1869-1955

(Sarzana, Italia, 1869 - Florencia, Italia, 1955)

Foi un escritor italiano.
Primeiro estudou dereito en Parma e Bolonia, logo filosofía na Universidade de Florencia, e tamén traballou como poeta e ensaísta. De 1930 a 1934 ensinou literatura italiana na Universidade de Coimbra. Alí coñeceu á poeta Fl...

Artigos da revista nos que participa 6 [Ver]

Bergueiro López, Manuel, 1898-1985

(Tabeirós, A Estrada, Pontevedra, Galicia, España, 1898 - Oviedo, Asturias, España, 1985)

Foi un mestre e escritor galego.
Ingresou en 1913 na Escola Normal de Santiago de Compostela onde estudou a carreira de Maxisterio. En 1921 obtivo unha vacante no padroado das Escolas Barcalesas. Posteriormente foi mestre en varios lugares de Galicia e Asturias. Colaborou en moitos xornais como...

Artigos da revista nos que participa 2 [Ver]

Bernárdez, Francisco Luis, 1900-1978

(Bos Aires, Arxentina, 1900 - Bos Aires, Arxentina, 1978)

Foi un poeta e diplomático arxentino. Fillo de emigrantes que procedían do Lago (Maside), sempre se declarou galego. Entre 1922 e 1925 estivo en Galicia, viviu en Vigo, onde traballou como redactor de El Pueblo Gallego e colaborou en La Zarpa, Vida Gallega, Marineda, Alfar e Ronsel. Relacionouse con...

Artigos da revista nos que participa 2 [Ver]

Blanco-Amor, Eduardo, 1897-1979

(Ourense, Galicia, España, 1897 - Vigo, Galicia, España, 1979)

Foi un escritor e xornalista galego en lingua galega e lingua castelá. Recibiu as influencias de Charles Baudelaire, Stéphane Mallarmé, Arthur Rimbaud e Gabriele d'Annunzio. Na Arxentina coñeceu a Jorge Luis Borges, Ernesto Sabato e Horacio Quiroga. Fundou Terra, voceiro da Irmandade Nazonalista Gal...

Artigos da revista nos que participa 7 [Ver]

Bouza Brey, Luís, 1905-1980

(Vilagarcía de Arousa, Pontevedra, Galicia, España, 1905 - Vilagarcía de Arousa, Pontevedra, Galicia, España, 1980)

Foi un avogado, escritor e político galego.
Fillo de Luís Bouza Trillo e irmán de Fermín Bouza-Brey. Estudou dereito na Universidade de Santiago de Compostela, rematando en 1928. Colaborou en El Pueblo Gallego. Integróuse no Partido Galeguista e foi un dos dirixentes do grupo de Vilagarcía. Co...

Artigos da revista nos que participa 1 [Ver]