facetas

7 resultados

Acuña, Manuel Luís, 1899-1975

(A Pobra de Trives, Ourense, Galicia, España, 1899 - Ourense, Galicia, España, 1975)

Foi un xornalista e poeta galego.
Fillo e neto de mestres, en 1920 trasladouse a Allariz coa súa familia. Tras facer maxisterio por libre ingresou en 1928 no Corpo Nacional de Maxisterio, exercendo en Ourense, A Coruña e Madrid. Codirixiu con Xohán Luís Ramos Colemán a páxina cultural "Viernes ...

Artigos da revista nos que participa 1 [Ver]

Cabada Vázquez, Xosé Manuel, 1901-1936

(Codeseda, A Estrada, España, 1901 - Linares, Xaén, Andalucía, España, 1936)

Poeta e político galeguista. Estudiou a carreira eclesiástica no Seminario Conciliar de Santiago. Licenciado en Teoloxía, Dereito Canónico, Maxisterio e Filosofía e Letras. Colaborador xornalístico. Poeta e escritor de prosa. Exerceu como mestre.

Artigos da revista nos que participa 4 [Ver]

Castaño Priegue, Xosé María, 1912-

(Padrón, A Coruña, Galicia, España, 1912 - , )

Mestre, recalará en Vilagarcía (Pontevedra) en 1933, pero non será ata 1934 cando o seu destino sexa definitivo, sendo titular da escola nº2 de Vilagarcía. Militante socialista, participa en reunións da Federación Provincia...

Artigos da revista nos que participa 1 [Ver]

Iglesia Alvariño, Aquilino, 1909-1961

(Abadín, Lugo, Galicia, España, 1909 - Santiago de Compostela, Galicia, España, 1961)

Foi un dos poetas máis significativos do século XX en lingua galega. No ano 1986 adicóuselle o Día das Letras Galegas.
Formouse no Seminario de Mondoñedo, mais en 1931 abandonou a carreira eclesiástica ao nono acadar unha bolsa para continuar estudos en Roma. Logo de facer o servizo militar en...

Artigos da revista nos que participa 11 [Ver]

Noriega Varela, Antonio, 1869-1947

(Mondoñedo, Galicia, España, 1869 - Viveiro, Lugo, Galicia, España, 1947)

Foi un mestre, xornalista e poeta galego de ideoloxía tradicional-católica.
Estudou no seminario de Mondoñedo, onde trabou amizade con Manuel Leiras Pulpeiro. No seminario vai destacar, máis ca pola súa dedicación aos estudos, pola súa facilidade como versificador en composicións satíricas e h...

Artigos da revista nos que participa 2 [Ver]

Villar Amor, Amador, 1866-1944

(Ribadavia, Ourense, Galicia, España, 1866 - Vigo, Galicia, España, 1944)

Amador Leopoldo Villar Amor, nado en Ribadavia en 1866 e finado en Vigo o 20 de abril de 1944, foi un escritor galego.

Xunto co seu irmán Secundino fundou o Colexio Villar de Ourense (1885-1935), do que foi profesor. Foi secretari...

Artigos da revista nos que participa 4 [Ver]

Álvarez Blázquez, Xosé María, 1915-1985

(Tui, Pontevedra, Galicia, España, 1915 - Vigo, Galicia, España, 1985)

Foi un escritor galego de poesía, narrativa e ensaio, arqueólogo, investigador e editor galeguista. Foi cronista oficial da cidade de Vigo desde 1976. É unha das figuras máis laboriosas da cultura galega, cunha grande actividade que vai dende a literatura (novela, poesía, teatro) ata a investigación...

Artigos da revista nos que participa 1 [Ver]