facetas

14 resultados

Acuña, Manuel Luís, 1899-1975

(A Pobra de Trives, Ourense, Galicia, España, 1899 - Ourense, Galicia, España, 1975)

Foi un xornalista e poeta galego.
Fillo e neto de mestres, en 1920 trasladouse a Allariz coa súa familia. Tras facer maxisterio por libre ingresou en 1928 no Corpo Nacional de Maxisterio, exercendo en Ourense, A Coruña e Madrid. Codirixiu con Xohán Luís Ramos Colemán a páxina cultural "Viernes ...

Artigos da revista nos que participa 1 [Ver]

Aguiar, Antonio de Souza, -

(Portugal, - , )

Antonio de Souza Aguiar foi un poeta e xornalista portugués. Foi redactor do "Jornal de Penafiel". Según conta a revista "Mundo gráfico", en 1912 visita Galicia para estudiar a organización dos xogos florais co fin de im...

Artigos da revista nos que participa 1 [Ver]

Almeida, Guilherme de, 1890-1969

(Campinas, Brasil, 1890 - São Paulo, Brasil, 1969)

Foi un avogado, periodista, crítico de cine, poeta, ensaísta e tradutor do Brasil.
Un dos poemas de Guilherme de Almeida, "A Carta Que Eu Sei de Cor", publicado no seu libro "Era uma vez", foi declamado na Faculdade de Letras de Coimbra, em 1930, na importante conferencia "Poesia Moderníssima d...

Artigos da revista nos que participa 1 [Ver]

Amado Carballo, Luis, 1901-1927

(Pontevedra, Galicia, España, 1901 - Pontevedra, Galicia, España, 1927)

Luís Amado Carballo foi un escritor galego en lingua galega, cofundador da revista Alborada e pai do hilozoísmo ou animismo. Moi relixioso, interesado pola teosofía, militou como galeguista e pertenceu ás Irmandades da Fala. Foi, xunto con Manuel Antonio, un dos poetas...

Artigos da revista nos que participa 1 [Ver]

Barreiro, Lisardo R., 1862-1943

(Noia, A Coruña, Galicia, España, 1862 - Vilagarcía de Arousa, Pontevedra, Galicia, España, 1943)

Foi un xornalista e escritor galego.
Estudou farmacia e medicina en Santiago de Compostela, e alí iniciou a súa actividade xornalística fundando, con Alfredo Brañas e outros, o periódico El Ciclón e posteriormente o semanario El Tricornio, do que foi director. Despois pasou a Ferrol, onde diri...

Artigos da revista nos que participa 1 [Ver]

Blanco Torres, Roberto, 1891-1936

(Cuntis, Pontevedra, Galicia, España, 1891 - Entrimo, Ourense, Galicia, España, 1936)

Roberto Blanco Torres foi un xornalista e poeta galego.
Ademais de ser colaborador asiduo da prensa galega dirixiu varios xornais. As súas columnas desprenden o talante combativo que caracteriza toda a súa obra. Dende Cuntis, a súa vila natal, emigrou a Cuba. Alí comezou a colaborar na prensa d...

Artigos da revista nos que participa 4 [Ver]

Blanco-Amor, Eduardo, 1897-1979

(Ourense, Galicia, España, 1897 - Vigo, Galicia, España, 1979)

Foi un escritor e xornalista galego en lingua galega e lingua castelá. Recibiu as influencias de Charles Baudelaire, Stéphane Mallarmé, Arthur Rimbaud e Gabriele d'Annunzio. Na Arxentina coñeceu a Jorge Luis Borges, Ernesto Sabato e Horacio Quiroga. Fundou Terra, voceiro da Irmandade Nazonalista Gal...

Artigos da revista nos que participa 7 [Ver]

Castroviejo, Xosé María, 1909-1983

(Santiago de Compostela, Galicia, España, 1909 - Tirán, Moaña, Pontevedra, Galicia, España, 1983)

Fillo de Amando Castroviejo e irmán de Concha Castroviejo, así como neto por parte de nai do arqueólogo carlista Ricardo Blanco-Cicerón. Pasou a súa infancia e mocidade no lugar de Paizás (parroquia de Trobe, no concello de Vedra), e sobre esa etapa escri...

Artigos da revista nos que participa 1 [Ver]

Cunqueiro, Álvaro, 1911-1981

(Mondoñedo, Lugo, Galicia, España, 1911 - Vigo, Galicia, España, 1981)

Estudou bacharelato no Instituto Xeral e Técnico de Lugo (1921), onde inicia unha boa amizade con Evaristo Correa Calderón e Ánxel Fole. Matriculouse na Facultade de Filosofía e Letras da Universidade de Santiago en 1927, pero abandonouna para dedicarse ao periodismo; ...

Artigos da revista nos que participa 6 [Ver]

Fole, Ánxel, 1903-1986

(Lugo, Galicia, España, 1903 - Lugo, Galicia, España, 1986)

Foi un escritor galego que escribiu en galego e castelán que cultivou todos os xéneros literarios (narrativa, poesía, teatro e ensaio), aínda que debe a súa fama aos seus libros de contos, recollidos en catro volumes. Pertenceu, xunto a Álvaro Cunqueiro e Rafael Dieste, á xeración de escritores gale...

Artigos da revista nos que participa 2 [Ver]