facetas

45 resultados

Acuña, Manuel Luís, 1899-1975

(A Pobra de Trives, Ourense, Galicia, España, 1899 - Ourense, Galicia, España, 1975)

Foi un xornalista e poeta galego.
Fillo e neto de mestres, en 1920 trasladouse a Allariz coa súa familia. Tras facer maxisterio por libre ingresou en 1928 no Corpo Nacional de Maxisterio, exercendo en Ourense, A Coruña e Madrid. Codirixiu con Xohán Luís Ramos Colemán a páxina cultural "Viernes ...

Artigos da revista nos que participa 1 [Ver]

Aguiar, Antonio de Souza, -

(Portugal, - , )

Antonio de Souza Aguiar foi un poeta e xornalista portugués. Foi redactor do "Jornal de Penafiel". Según conta a revista "Mundo gráfico", en 1912 visita Galicia para estudiar a organización dos xogos florais co fin de im...

Artigos da revista nos que participa 1 [Ver]

Almeida, Guilherme de, 1890-1969

(Campinas, Brasil, 1890 - São Paulo, Brasil, 1969)

Foi un avogado, periodista, crítico de cine, poeta, ensaísta e tradutor do Brasil.
Un dos poemas de Guilherme de Almeida, "A Carta Que Eu Sei de Cor", publicado no seu libro "Era uma vez", foi declamado na Faculdade de Letras de Coimbra, em 1930, na importante conferencia "Poesia Moderníssima d...

Artigos da revista nos que participa 1 [Ver]

Amado Carballo, Luis, 1901-1927

(Pontevedra, Galicia, España, 1901 - Pontevedra, Galicia, España, 1927)

Luís Amado Carballo foi un escritor galego en lingua galega, cofundador da revista Alborada e pai do hilozoísmo ou animismo. Moi relixioso, interesado pola teosofía, militou como galeguista e pertenceu ás Irmandades da Fala. Foi, xunto con Manuel Antonio, un dos poetas...

Artigos da revista nos que participa 1 [Ver]

Bacarisse, Mauricio, 1895-1931

(Madrid, España, 1895 - Madrid, España, 1931)

Mauricio Bacarisse Casulá (Madrid, 20 de agosto de 1895 ibídem, 4 de febreiro de 1931) foi un poeta, narrador, ensaísta, tradutor e colaborador en prensa español, primo do compositor Salvador Bacarisse. Estudou na capital de España, ...

Artigos da revista nos que participa 1 [Ver]

Barreiro, Lisardo R., 1862-1943

(Noia, A Coruña, Galicia, España, 1862 - Vilagarcía de Arousa, Pontevedra, Galicia, España, 1943)

Foi un xornalista e escritor galego.
Estudou farmacia e medicina en Santiago de Compostela, e alí iniciou a súa actividade xornalística fundando, con Alfredo Brañas e outros, o periódico El Ciclón e posteriormente o semanario El Tricornio, do que foi director. Despois pasou a Ferrol, onde diri...

Artigos da revista nos que participa 1 [Ver]

Bernárdez, Francisco Luis, 1900-1978

(Bos Aires, Arxentina, 1900 - Bos Aires, Arxentina, 1978)

Foi un poeta e diplomático arxentino. Fillo de emigrantes que procedían do Lago (Maside), sempre se declarou galego. Entre 1922 e 1925 estivo en Galicia, viviu en Vigo, onde traballou como redactor de El Pueblo Gallego e colaborou en La Zarpa, Vida Gallega, Marineda, Alfar e Ronsel. Relacionouse con...

Artigos da revista nos que participa 2 [Ver]

Blanco Torres, Roberto, 1891-1936

(Cuntis, Pontevedra, Galicia, España, 1891 - Entrimo, Ourense, Galicia, España, 1936)

Roberto Blanco Torres foi un xornalista e poeta galego.
Ademais de ser colaborador asiduo da prensa galega dirixiu varios xornais. As súas columnas desprenden o talante combativo que caracteriza toda a súa obra. Dende Cuntis, a súa vila natal, emigrou a Cuba. Alí comezou a colaborar na prensa d...

Artigos da revista nos que participa 4 [Ver]

Blanco-Amor, Eduardo, 1897-1979

(Ourense, Galicia, España, 1897 - Vigo, Galicia, España, 1979)

Foi un escritor e xornalista galego en lingua galega e lingua castelá. Recibiu as influencias de Charles Baudelaire, Stéphane Mallarmé, Arthur Rimbaud e Gabriele d'Annunzio. Na Arxentina coñeceu a Jorge Luis Borges, Ernesto Sabato e Horacio Quiroga. Fundou Terra, voceiro da Irmandade Nazonalista Gal...

Artigos da revista nos que participa 7 [Ver]

Cabada Vázquez, Xosé Manuel, 1901-1936

(Codeseda, A Estrada, España, 1901 - Linares, Xaén, Andalucía, España, 1936)

Poeta e político galeguista. Estudiou a carreira eclesiástica no Seminario Conciliar de Santiago. Licenciado en Teoloxía, Dereito Canónico, Maxisterio e Filosofía e Letras. Colaborador xornalístico. Poeta e escritor de prosa. Exerceu como mestre.

Artigos da revista nos que participa 4 [Ver]