facetas

29 resultados

Bouza Brey, Luís, 1905-1980

(Vilagarcía de Arousa, Pontevedra, Galicia, España, 1905 - Vilagarcía de Arousa, Pontevedra, Galicia, España, 1980)

Foi un avogado, escritor e político galego.
Fillo de Luís Bouza Trillo e irmán de Fermín Bouza-Brey. Estudou dereito na Universidade de Santiago de Compostela, rematando en 1928. Colaborou en El Pueblo Gallego. Integróuse no Partido Galeguista e foi un dos dirixentes do grupo de Vilagarcía. Co...

Artigos da revista nos que participa 1 [Ver]

Cabeza de León, Salvador, 1864-1934

(Betanzos, Galicia, España, 1864 - Santiago de Compostela, Galicia, España, 1934)

Salvador Cabeza de León, nado en Betanzos o 4 de febreiro de 1864 e finado en Santiago de Compostela o 20 de maio de 1934, foi un destacado galeguista, profesor e político galego.
Galipedia

Artigos da revista nos que participa 1 [Ver]

Carballeira, Johan, 1902-1937

(Vigo, Galicia, España, 1902 - Poio, Pontevedra, Galicia, España, 1937)

Foi un xornalista e político español de tendencia galeguista durante a Segunda República. Foi detido e asasinado polos franquistas durante a Guerra Civil.
A transcendencia pública de José Gómez da Cova iniciouse en 1923, a través das páxinas literarias de Faro de Vigo, onde apareceron os seus ...

Artigos da revista nos que participa 1 [Ver]

Casal, Ánxel, 1895-1936

(A Coruña, Galicia, España, 1895 - Teo, A Coruña, Galicia, España, 1936)

Foi un editor e político galego.
En 1909 emigrou a Bos Aires; alí estivo empregado en diversos oficios dous anos. Volveu á Coruña e atopou traballo no consulado de Francia. Debido á precariedade económica emigrou outra volta, desta vez a Bordeos, per...

Artigos da revista nos que participa 0 [Ver]

Casas, Víctor, 1900-1936

(A Coruña, Galicia, España, 1900 - Poio, Pontevedra, Galicia, España, 1936)

O 31 de xullo de 1900 nace na Coruña o xornalista e político Víctor Casas. Foi membro das Irmandade da Fala, participa I Asemblea Nazonalista de Lugo, asemblea da que sairía o Manifiesto Nazonalista, que constituiu a base común de todos os programas do nacionalismo galego até a Guerra Civil. Sería ...

Artigos da revista nos que participa 1 [Ver]

Castelao, 1886-1950

(Rianxo, A Coruña, Galicia, España, 1886 - Bos Aires, Arxentina, 1950)

Castelao foi a figura máis importante da cultura galega do século XX. Escritor, debuxante e político, está considerado o pai do nacionalismo galego. Foi homenaxeado co segundo Día das Letras Galegas, no ano 1964. En decembro de 2011 a Xunta de Galicia declarou a...

Artigos da revista nos que participa 20 [Ver]

Castro Dono, Alfonso, 1912-1969

(Guimarei, España, 1912 - A Estrada, España, 1969)

Ramiro Alfonso Castro Dono, nado en Guimarei (A Estrada) o 17 de novembro de 1912 e finado na Estrada o 10 de outubro de 1969, foi un mestre, escritor e político galego.

Fixo o bacharelato en Pontevedra e estudou maxisterio na Esc...

Artigos da revista nos que participa 3 [Ver]

Castro, Bernardo, 1898-1960

(O Carballiño, Ourense, Galicia, España, 1898 - Pontevedra, Galicia, España, 1960)

Bernardo Castro Fernández foi un avogado do Carballiño. En 1926 asume a presidencia da sociedade "Cultural Deportiva" desta vila. En 1932 casa en Pontevedra con Encarna Corbal Corbal. En 1931 é nomeado delegado en Galicia da "Uni&oacu...

Artigos da revista nos que participa 1 [Ver]

Coimbra, Leonardo, 1883-1936

(Borba de Godim, Lixa, Portugal, 1883 - Porto, Portugal, 1936)

Foi un filósofo, profesor e político portugués. Foi Ministro de Instrución Pública dun dos gobernos da Primeira República Portuguesa, e lanzou as Universidades Populares e a Facultade de Letras de Porto. Como pensador fundou o movemento Renascença Portuguesa, e evolucionou desde un enfoque creacioni...

Artigos da revista nos que participa 1 [Ver]

Fernández del Riego, Francisco, 1913-2010

(Vilanova de Lourenzá, Lugo, Galicia, España, 1913 - Vigo, Galicia, España, 2010)

Continuador do ideario do Grupo Nós, foi un dos fundadores do galeguismo progresista do século XX cuxas funcións sobordaron as de político, escritor, editor ou tamén crítico da literatura. Foi membro da Real Academia Galega e o seu presidente.
comezou a estudar Dereito na Universidade de Madrid...

Artigos da revista nos que participa 5 [Ver]