por Zapata García, Antón
Ano IX, T. II (1927), n. 47 ; p. 1-2
Foi un poeta en lingua galega.
En Laxe transcorre a súa infancia até que emigra a Buenos Aires en 1903 con 17 anos de idade. As posibles causas da súa marcha son as diferenzas coa súa madrastra -coa que seu pai casara após a morte da nai do poeta, cando este era neno- e o desexo de eludir o servizo militar.
En Arxentina traballou como empregado de comercio e participou de forma activa nas actividades da colectividade galega. Colaborou en distintas revistas como El Eco de Teo, Suevia ou La Voz de Galicia e tivo un papel destacado dentro da Asociación Benéfica y Cultural del Partido de Corcubión, chegando a dirixir a súa publicación, Alborada e na Sociedade Nacionalista Pondal. En maio de 1929 creou con Manuel Oliveira Viqueira e Francisco Regueira a Institución Cultural Gallega, protectora do Seminario de Estudos Galegos.
Galipedia
por Zapata García, Antón
Ano IX, T. II (1927), n. 47 ; p. 1-2
por Zapata García, Antón
Ano XIII, T. IV (1931), n. 91 ; p. 16