Viqueira, Juan Vicente, 1886-1924

Imaxe do autor Viqueira, Juan Vicente

Filósofo, psicólogo e pedagogo galego, conferenciante con sona de excelente orador, alumno da Institución Libre de Enseñanza, tradutor de autores europeos ao castelán, membro das Irmandades da Fala e participante nas asembleas nacionalistas. O nacionalismo galego de Viqueira era democrático, republicano, federal, socialista e laico, en contraposición co galeguismo conservador e católico de Vicente Risco. No ano 1974 dedicóuselle o Día das Letras Galegas. A maioría da produción en galego de Viqueira editárona os seus amigos no volume "Ensayos y Poesías" en 1930 (Editorial Nós), reeditado por Galaxia en 1975. Viqueira escribiu en castelán obras sobre filosofía, psicoloxía e pedagoxía e traducións de Teócrito, Inmanuel Kant ou David Hume. A obra galega de Viqueira centrouse sobre todo no sistema educativo, na súa galeguización e na súa reforma, así como na ortografía do galego que Viqueira quería que se achegase á portuguesa, o artigo publicado en A Nosa Terra en 1918 "Pol-a reforma da ortografía", considérano algúns o nacemento do reintegracionismo. Galipedia

Grafo social

Artigos