Villar Amor, Amador, 1866-1944

Imaxe do autor Villar Amor, Amador

Amador Leopoldo Villar Amor, nado en Ribadavia en 1866 e finado en Vigo o 20 de abril de 1944, foi un escritor galego.

Xunto co seu irmán Secundino fundou o Colexio Villar de Ourense (1885-1935), do que foi profesor. Foi secretario do Partido Republicano de Ourense e colaborou en La República. Poeta decimonónico, en ocasións utilizaba o pseudónimo Roque Pelico d'Ovella; publicou algúns poemas en galego na revista Nós. A cidade de Ourense dedicoulles aos irmáns Villar unha rúa en 1934.

Galipedia

Grupo de actividades:

Grafo social

Artigos