Sigüenza, Julio, 1898-1965

Imaxe do autor Sigüenza, Julio

Foi un xornalista e escritor galego.
Emigrou mozo primeiro a Cuba e despois a Arxentina e Uruguai. Chegou á Habana en 1912, onde viviu trece anos. Alí comenzou a escribir poesía e artigos xornalísticos relacionados con Galicia.
Volveu á Coruña e despois dun ano marchou a Arxentina, onde traballou en diferentes diarios.
Permaneceu en Buenos Aires uns dez meses e ao non estar de acordo co ambiente literario bonaerense, marchou a Montevideo.
Foi fundador e primeiro secretario da Asociación Protectora de la Cultura Gallega e publicou libros de poesía en castelán. Nos anos americanos, o seu labor en defensa da cultura galega foi intenso, desde publicacións, centros culturais o como conferenciante nas universidades de La Plata e Montevideo.
Casou en 1933 con María Angelina Fontela e fixou a súa residencia en Vigo, onde naceron os seus dous fillos, Xulio e María Isabel. Continuou a súa tarefa de conferenciante e xornalista, dirixindo diarios como "La Tarde de Vigo" e traballando como xefe de redacción de "El Pueblo Gallego".
Durante a guerra civil foi detido polas súas ideas republicanas e, para poder escapar á máis que segura represión escribiu "Poemas del imperio", un libro de adulación ao xeneral Franco.
Foi director e fundador das revistas Numen de estudos poéticos e Cartel de arte e actualidades. Ingresou na Real Academia Galega o 28 de xaneiro de 1956.
Morreu en Vigo en abril de 1965, despois dunha curta enfermidade.
Galipedia

Grafo social

Artigos