por Sánchez García, Castor
Ano XV, T. V (1933), n. 119 ; p. 243-246
Natural de Ribadavia, Ourense. En 1905 obtén o título de bacharelato en Ourense e en 1912 aproba o grao de Licenciado en Medicina. Nos anos 20 exerce a medicina en Pradosredondos, Molina de Aragón, Guadalaxara. Neste pobo distínguese pola labor desenvolvida con ocasión da epidemia de gripe de 1928 e é condecorado coa cruz de beneficencia por suscrición popular. En 1941 obtén plaza de médico titular no Concello de Leiro, Ourense. Publica un artigo en "El Emigrado" (7/1/1935) co título "Estocazos y algo de sexualismo: la vida rural vista por un médico" e no n. 11 da revista "Finisterre" publica "La leyenda de Don Juan". No artigo que escribe na revista Nós, no que recolle lendas de Arnoia, fai alusión a que está a preparar un traballo sobre a figura de Don Juan. Falece en Ribadavia o 13 de maio de 1956.
por Sánchez García, Castor
Ano XV, T. V (1933), n. 119 ; p. 243-246