Roig Lestón, Miguel, 1916-1998

Miguel Roig Lestón, nado en Porto do Son o 31 de outubro de 1916 e finado en Vigo o 1 de febreiro de 1998, foi un mestre e político galego. Fillo de Rogelio Roig Mariño. Estudou o bacharelato no Instituto de Noia. Pertenceu á agrupación Ultreya de Noia, participou na estadía na Granxa de Salcedo entre o 20 e o 27 de marzo de 1932. Logo fixo o curso preparatorio para estudar medicina en Compostela. En 1937 incorporouse ao Exército e estivo na fronte de Asturias e despois formando parte do corpo sanitario na fronte de Teruel e nas ofensivas de Aragón e Levante. Ao rematar a guerra foi destinado a Tetuán onde acadou o grao de tenente. En 1941 deixou o exército e fíxose mestre. Exerceu primeiro en Laxe e despois en Coirós, onde foi axente de Extensión Agraria e alcalde do Concello. Despois pasou á escola de nenos de Saiáns (Vigo), e máis tarde director do Grupo Escolar de Coia. Galipedia

Grupo de actividades:

Grafo social

Artigos