Ramos Colemán, Xohán Luís, 1913-1999

Foi un notario e político galeguista.
Fillo de Juan Ramos Cerviño e María Pérez Colemán, sobriño de Jaime Pérez Colemán e irmán de Anxelo Ramos Colemán. Codirixiu con Manuel Luís Acuña a páxina cultural "Viernes Literarios" de La Región. Militante do Partido Galeguista dende a súa Asemblea fundacional en decembro de 1931, foi membro fundador da Federación de Mocedades Galeguistas, da que foi secretario de Propaganda. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela en 1934. Na Guerra Civil foi tenente de infantería. Foi notario en Ocaña (1950), Ponferrada (1963) e Xixón (1968-1976).
Galipedia

Grafo social

Artigos

por Ramos Colemán, Xohán Luís

Ano XVI, T. VI (1934), n. 121 ; p. 1