Pintos Lois, Octavio, ?-1969

Fillo de Román Pintos, da familia Pintos de Pontevedra. Funcionario de Facenda, tivo varios postos neste organismo, en Pontevedra e fóra de Galicia. En 1921 formou parte da Comisión organizadora da Sociedad Filarmónica de Pontevedra. Colaborou con Antonio Iglesias Vilarelle en temas arqueolóxicos como a visita que fixeron en 1923 ao petroglifo "Chan das Cruces" que se plasmou en artigo na revista Nós (n. 16 1923). Foi socio protector do Seminario de Estudos Galegos. En 1931 é nombrado vicesecretario do Club Marítimo de Pontevedra, e bibliotecario do Casino da mesma cidade. Casa en 1931 con Manuel Pinilla del Pozo, tamén funcionaria da Delegación de Facenda en Pontevedra. Morre en Pontevedra en 1969.

Grupo de actividades:

Grafo social

Artigos