Peinador, Enrique, 1880-1940

Imaxe do autor Peinador, Enrique

Foi un empresario e filántropo galego.
Fillo de Sabino Enrique Peinador Vela, sucedeu ao seu pai como xerente do balneario de Mondariz en 1907. Foi Socio protector do Seminario de Estudos Galegos, académico correspondente da Real Academia Galega e artífice da constitución do concello de Mondariz-Balneario en 1924. Membro do Partido Galeguista, en abril de 1936 foi elixido compromisario na candidatura da Fronte Popular por Pontevedra para a elección do presidente da República.
Xunto co seu irmán, Ramón Peinador Lines, converteu Mondariz nun importante centro da cultura galega onde se celebraban faladoiros literarios coa participación dos intelectuais, como a sesión de ingreso na Real Academia Galega de Ramón Cabanillas en 1920. Subvencionou exploracións arqueolóxicas, promocionou diversas publicacións no balneario e creou un museo con pezas arqueolóxicas e etnográficas. En 1936 expropiáronlle os terreos onde se construíu, en 1954, o aeroporto de Vigo.
Publicou diferentes artigos en "Mondariz" e "La Temporada en Mondariz", colaborou na "Guía turística Mondariz-Vigo-Santiago" (1912) e escribiu "Vocabulario dos cesteiros de Mondariz", na revista Nós (1922).
En 2004 foi nomeado fillo adoptivo de Mondariz-Balneario.
Galipedia

Grafo social