Peña Novo, Lois, 1893-1967

Imaxe do autor Peña Novo, Lois

Foi un político e escritor galego, de ideoloxía nacionalista galega.
En 1916, ano en que se fundou a primeira Irmandade da Fala, incorporouse á de Compostela e participou como cofundador na de Vilalba.
En 1918 foi redactor do Programa das Irmandades da Fala, aprobado na I Asemblea Nacionalista celebrada en Lugo. Entre outros recollía a petición da autonomía integral de Galicia e a igualdade de dereitos de mulleres e homes.
Pena Novo foi o primeiro concelleiro electo nunha candidatura nacionalista en Galicia, resultando elixido no concello da Coruña nos comicios do 8 de febreiro de 1920 (nos que o seu compañeiro de candidatura, Antonio Villar Ponte, perdeu por moi poucos votos).
En 1921 publicou o libro "La mancomunidad gallega", o cal foi a referencia dos galeguistas á hora de concretar as súas ansias de autogoberno.
Coa proclamación da Segunda República foi membro da comisión redactora do Proxecto de Estatuto de Autonomía para Galicia da Federación Republicana Galega e ponente na presentación e defensa do devandito Proxecto estatutario na Asemblea celebrada na Coruña os días 4 e 5 de xuño de 1931. Nela aprobáronse as "Bases para o Estatuto Gallego".
En xuño de 1936 participou activamente na campaña prol-Estatuto de Galicia.
A súa pertenza ao bando republicano supuxo o comezo das penalidades: foi encarcerado primeiro en Lugo e despois en Baralla. Máis tarde foi deportado a Mallén (Zaragoza), para logo regresar como confinado a Vilalba ao final da guerra.
Desde entón, a súa vida concentrouse no ámbito do privado e no exercicio da avogacía no seu despacho de Vilalba. A única excepción constituíuna a obtención do premio Mouronte en febreiro de 1959 polo seu artigo "La inversión del ahorro campesino", publicado no xornal La Noche co pseudónimo Luís de Cadaval. Wikipedia

Grafo social

Artigos