Pascoais, Teixeira de, 1877-1952

Imaxe do autor Pascoais, Teixeira de

Teixeira de Pascoaes, pseudónimo literario de Joaquim Pereira Teixeira de Vasconcelos (Amarante, 2 de novembro de 1877 - 14 de decembro de 1952), foi un escritor portugués, que cultivou principalmente a poesía. É un dos máis notables representantes do saudosismo. En 1901 terminou a carreira de dereito na Universidade de Coimbra pero tan só exerceu durante preto de dez anos.

Xunto con António Sérgio e Raul Proença foi un dos líderes do chamado movemento do Renacemento portugués e lanzou en 1910 no Porto, xunto con Leonardo Coimbra e Jaime Cortesão, a revista "A Águia", principal órgano do movemento. Gran parte da súa vida pasouna na casa familiar da Serra do Marão, onde cultivaba a terra e escribiu a maior parte da súa poesía contemplando a paisaxe. Wikipedia

Grupo de actividades:
Ocupación:

Grafo social

Artigos