Noguerol Buján, Arturo, 1880-1936

Imaxe do autor Noguerol Buján, Arturo

Foi un avogado e intelectual galeguista. En 1915 abriu o seu despacho no nº 10 da rúa Padre Feixóo, onde estivo logo a administración e a Xerencia da revista Nós. Foi amigo de Vicente Risco, con quen coincidiu no Cenáculo ourensán, participou na publicación de La Centuria da que foron xerentes, e que foi de vital importancia para a expresión dunha xeración de intelectuais ourensáns antes da súa conversión ao galeguismo das Irmandades da Fala, da man de Antón Losada Diéguez, e que posteriormente sería a Xeración Nós. Foi executado o 11 de setembro de 1936 no cemiterio parroquial de Serantes na estrada da Coruña á Ferrol. Galipedia

Ocupación:

Grafo social

Artigos

Ver máis