por Montes, Eugenio
Ano III, T. I (1922), n. 10 ; p. 9-11
Foi un escritor, xornalista, político e humanista español, de marcada significación católica, que escribiu en galego e en castelán. Nos anos da II República moveuse politicamente entre o grupo de Acción Española e Falanxe. Posteriormente foi un dos intelectuais máis destacados na súa adhesión ao réxime franquista.
Estudou o bacharelato en Ourense, e máis tarde iniciou en Barcelona Filosofía e Letras e Dereito, carreiras que terminou, respectivamente, en Madrid e en Oviedo. Doutorouse en Filosofía e Letras cunha tese que foi dirixida por José Ortega e Gasset na Universidade Central de Madrid.
En Madrid frecuentou o faladoiro ultraísta do Café Colonial, o que lle permitiría publicar en revistas ultraístas como "Cervantes", "Grecia", "Ultra", "Perseo", "Cosmópolis" e "Horizonte". Tamén colaborou coa revista en lingua galega "Nós", dirixida por Vicente Risco, na que publicou poemas en galego, lingua materna na que Montes publicou tres libros: un poemario, "Versos a tres cás ou neto" (1930); un libro de relatos, O vello mariñeiro toma ou sol, e outros contos" (1922); e un ensaio, "Estética da muñeira" (1922). Tamén publicou noutros diarios e revistas galegos. A principios da década de 1930, comezou a dedicarse exclusivamente ao xornalismo, e foi correspondente dos xornais "ABC" e "El Debate" en varias capitais europeas.
En 1933 foi un dos fundadores de Falanxe Española, aínda que as súas ideas políticas estaban máis preto do tradicionalismo monárquico que do fascismo. Acompañou a José Antonio Primo de Rivera nas súas viaxes á Alemaña e á Italia nacionalistas (1934-1935). Colaborou cos seus artigos e conferencias á difusión da ideoloxía falanxista, que diagnosticaba unha crítica feroz contra o liberalismo político, tanto con anterioridade á guerra como durante o desenvolvemento da mesma.
Tras a guerra, Montes continuou exercendo como xornalista, sendo correspondente dos xornais "ABC" e "Arriba". Escribiu un guión sobre o que se basearían José Antonio Nieves Conde e Gonzalo Torrente Ballester para realizar a película "Surcos", unha das obras cinematográficas máis representativas do neorrealismo español.
Wikipedia
por Montes, Eugenio
Ano III, T. I (1922), n. 10 ; p. 9-11
por Montes, Eugenio
Ano III, T. I (1922), n. 12 ; p. 2
por Montes, Eugenio
Ano III, T. I (1922), n. 13 ; p. 10-11
por Montes, Eugenio
Ano III, T. I (1922), n. 14 ; p. 11-12
por Montes, Eugenio
Ano IV, T. I (1923), n. 15 ; p. 11-12
por Montes, Eugenio
Ano IX, T. II (1927), n. 47 ; p. 8-9
por Montes, Eugenio
Ano XI, T. III (1929), n. 65 ; p. 77