Manteiga, Luis, 1903-1949

Imaxe do autor Manteiga, Luis

Foi un escritor galego.
Fillo dunha labrega solteira e dun cura. Estudou no Seminario, que abandonou aos 14 anos. Posuía unha ampla cultura e unha sólida formación literaria adquirida de xeito autodidacta. Era de esquerdas, progresista e simpatizante coa revolución soviética. Foi un gran amigo de Luís Seoane, que o pintou en 1931, e asesorou (xunto a Francisco Lamas) a Federico García Lorca cando compuxo o seu primeiro poema en galego. Foi director de Claridad desde a súa fundación até o 5 de maio de 1934, cando renunciou á dirección logo de pasar polo cárcere da Coruña de marzo a maio por delitos da opinión. Despois abandonou Compostela para instalarse en Ourense, onde recibiu axuda do grupo de Ramón Otero Pedrayo. Colaborou en xornais locais, na revista Nós, en Alento, Guión, Yunque, Resol, A Nosa Terra, Ser e no suplemento do sábado de La Noche, asinando ás veces cos pseudónimos Sergio Ivaguin ou Anibal Quijano. Participou nos mitins da campaña pro-Estatuto de xuño de 1936. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 retornou a Compostela e rematou traballando no Hospital Militar de San Caetano desde 1938 até a súa morte.
Galipedia

Grupo de actividades:
Ocupación:

Grafo social

Artigos