Magariños Negreira, Xulián M., 1904-1934

Imaxe do autor Magariños Negreira, Xulián M.

Foi un escritor e avogado galego.
Entre 1923 e 1928 estudou Dereito en Santiago de Compostela. Foi membro fundador do Seminario de Estudos Galegos durante a súa etapa universitaria, xunto a Fermín Bouza-Brey, Xosé Filgueira Valverde e outros estudantes da época. En setembro de 1928 marchou a Madrid para preparar as oposicións a rexistrador da propiedade. En 1930 volveu a Negreira e establécese cun bufete de avogado. Escribiu na prensa (A Nosa Terra, Céltiga, El Compostelano, El País Gallego, La Voz de Barcala, Nós), colaborou (con Cordal Carús, Filgueira Valverde e Lois Tobío Fernández) nun Vocabulario popular Galego-Castelán (Santiago, 1928) e publicou dúas noveliñas curtas na histórica colección Lar. Enfermo do corazón, faleceu na súa vila natal en 1934 ós 29 anos de idade.
Galipedia

Grupo de actividades:

Grafo social

Artigos