MacSwiney, Annie, ?-1954

Imaxe do autor MacSwiney, Annie

Foi irmá de Terence, Mary e Séan MacSwiney, destacados políticos irlandeses. Terence MacSwiney foi elixido Alcalde de Cork polo Sinn  Féin en 1920 e en plena Guerra de independencia irlandesa foi arrestado polas forzas británicas acusado de  sedición e encarcerado na prisión de  Brixton, en Inglaterra. A súa morte en outubro, tras 74 días de folga de fame, situou o conflito irlandés en primeira plana da actualidade internacional da época. Trala súa morte, a súa irmá Mary ocupou o asento deixado por Terence no Dáil Éireann (Asamblea Irlandesa), e interveu en xaneiro de 1922 para opoñerse ao Tratado anglo-irlandés. O seu irmán  Seán foi elixido deputado nas eleccións de 1921, adheríndose igualmente á facción Anti-Tratado. Parece que Annie tivo un papel menos activo na política, ainda que apoiou aos seus irmáns na loita pola causa de Irlanda, xa que no ano 1922, durante a Guerra, estivo en folga de fame diante do cárcere de Mountjoy (Dublín) mentras a súa irmá Mary estaba tamén en folga de fame dentro do cárcere. Annie licenciuose na Universidade de Dublín e foi profesora na St. Ita's School de Cork, fundada por ela mesma xunto coa súa irmá Mary. Esta escola, situada na súa propia casa, estivo aberta desde 1916 ata 1954, ano en que morre Annie dun paro cardíaco.

Grupo de actividades:
Ocupación:

Grafo social

Artigos