López Medina, Juan, 1875-1952

Juan López Medina, nado en Noia en 1875 e finado no mesmo concello o 29 de agosto de 1952, foi un avogado, xornalista e escritor galego. Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. De mozo dirixiu un periódico en Noia. Foi secretario interino do concello de Noia (1901) e dende 1902 secretario do concello de Lousame. Exerceu como avogado en Noia. Organizou Xogos Floráis no Casino de Noia. Publicou poemas en Galicia en Madrid e Tapal e colaborou en Céltiga, Nós, Finisterre e La Noche. Asinaba moitas veces como Juan de Traba. 

Grupo de actividades:

Grafo social

Artigos