por López Bello, Amadeo
Ano XI, T. III (1929), n. 63 ; p. 52-56
Amadeo López Bello, nado en Carballeda de Avia o 13 de decembro de 1903 e finado en Ourille (Verea) o 29 de agosto de 1936, foi un mestre e político galego. Mestre en Beiro (Carballeda de Avia). Participación en mitins no rural acompañando a Felisindo Álvarez Xesteira en diferentes intervencións en parroquias do Carballiño. Pertenceu a Asociación de Trabajadores de la Enseñanza de Orense e foi redactor de Escuela de Trabajo. Tamén colaborou na revista Nós onde publicou dúas lendas recollidas por el. En 1933 asistiu a un Congreso internacional contra a guerra e pola paz en Santander. Foi detido en Ourense con motivo da folga xeral revolucionaria de 1934 acusado de presidir un comité comunista. Foi paseado con Julio González Alvárez e Silvio Torres Díaz en Poza das Ras, na parroquia de Ourille (Verea) o 29 de agosto de 1936. A súa biografía serviu de inspiración para o personaxe "Pinguiña" do libro A taberna do Galo de Celso Emilio Ferreiro. Galipedia
por López Bello, Amadeo
Ano XI, T. III (1929), n. 63 ; p. 52-56