Goal, 1895-1999

José González Viso "Goal" nace en Ourense en 1895.
Foi alumno dos irmáns Secundino e Amador Villar na Academia Bóveda de Ourense.
En 1913 aproba as oposicións ao Corpo de Correos e é destinado a Allariz. Despois de pasar por Valencia de Don Juan, obtén praza en Ourense onde sería ascendido ata chegar nos anos 60 a administrador principal de Correos. Xubílase deste posto no ano 1965 con 70 anos.
Formou parte da directiva da extinguida Real Unión Deportiva de Orense. Tamén foi vocal da Unión Artística Orensana.
En 1930 casa con Perfecta Fernández Calzada coa que ten dous fillos, José González-Viso Fernández e Mª de los Dolores Rosaura González-Viso Fernández.
Desde o ano 1919 colabora co xornal "La Región" de Ourense redactando crónicas deportivas que asina co seudónimo "Goal", chegando a redactor deportivo. No ano 1930 cesa en "La Región" por diferencias de criterio na confección da sección deportiva do xornal.
Foi redactor-corresponsal da revista "Galicia Sportiva" (Vigo) utilizando o mesmo seudónimo.
Ten tres colaboracións na revista Nós (Ourense) nos números 12, 13 e 14 do ano 1922, asinadas as tres co seudónimo Goal.
Descoñecemos a data de falecemento. 

Grupo de actividades:
Ocupación:

Grafo social

Artigos