García Paz, Manuel, 1895-1990

Imaxe do autor García Paz, Manuel

Foi un escritor e latinista e catedrático de instituto galego.
Aínda novo marchou a Vigo onde traballou de aprendiz primeiro en Faro de Vigo e despois na imprenta La Nueva Prensa de Enrique Heraclio Botana. Iniciou a carreira eclesiástica, que abandonou para estudar Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela e en Madrid. Foi profesor de ensino medio en institutos galegos, casteláns e andaluces. Colaborou en Nova Galiza cun artigo sobre Jacinto Santiago.
Dominaba varias linguas (sánscrito, grego, latín, árabe, alemán, inglés, romanés, italiano, francés...).
Na revista Nós publicou en 1931 a novela "O abade Mouriño", cadro rural con intención humorística.

En 1935 publicou a súa obra máis destacada, "IV Melodía. Desfíe de ambente galego", novela prologada por Jacinto Santiago e destinada a formar parte dunha tetraloxía, permanecendo, porén, os tres volumes restantes inéditos.
IV melodía é un libro estruturado en tres apartados: "¡A roda, roda! (parvadas)", "A vianesada ou a creación xeórxica (acción épico-folklórica)" e "Casamento de aldeia (cine sonoro)".
Galipedia

Grupo de actividades:

Grafo social

Artigos