Gabriel y Galán, José María, 1870-1905

Imaxe do autor Gabriel y Galán, José María

José María Gabriel y Galán, nado en Frades de la Sierra (Salamanca) o 28 de xuño de 1870 e finado en Guijo de Granadilla (Cáceres) o 6 de xaneiro de 1905, foi un poeta que escribiu en castelán e estremeño. Fillo de campesiños propietarios das súas terras, pasou a infancia na súa localidade natal, asistindo á escola. Aos 15 anos trasladouse a Salamanca para continuar os seus estudos, sendo nesta época cando escribe os primeiros versos. Ao tempo traballa nun almacén de tecidos. En 1888 obtén o título de mestre de escola, sendo destinado a Guijuelo, a uns 20 quilómetros do seu lugar natal. Ao pouco tempo vaise para Madrid a fin de continuar estudos na "Escola Normal Central". Non ficou alí moito, pois a cidade producíulle noxo (dío nalgunhas cartas de Modernópolis ). É logo destinado para Piedrahita (Ávila). O seu estado de ánimo é baixo, asinando as cartas aos seus irmáns como O Solitario. O xove mestre está a se perfilar xa como un mozo triste, melancólico, moi sensíbel e de profundas convicións relixiosas (recibidas da súa mai, Bernarda), que se translocen nos seus poemas. Coñece á que será súa dona, Desideria, e a que chama cariñosamente mi vaquerilla, en 1893. Desde entón sofre un cambio radical. Casan o 26 de xaneiro de 1898 en Plasencia. Abandona o seu posto de mestre, para trasladarse a Guijo de Granadilla, onde pasa a administrar a dehesa "El Tejar", propiedade dun seu tío e a súa esposa. Aló encontra o tempo e sosego que precisa para madurar a súa poesía. Estatua de José María Gabriel y Galán. Cando nace seu primeiro fillo (Jesús, 1898) compón El Cristu benditu, a primeira das súas famosas Estremeñas. Falece o 6 de xaneiro de 1905, a consecuencia dunha pulmonía mal curada. O concello de Guijo de Granadilla mantén a casa que habitou, como museo, no que se mostran obxectos persoais do poeta, doados polos seus herdeiros. A súa obra poética apártase do modernismo, pois é conservadora en estrutura e temática: defende a tradición, a familia, a estirpe, o dogma católico ou a descansada vida campestre.

Galipedia

Grupo de actividades:
Ocupación:

Grafo social

Artigos