por Fuentes Canal, Manuel
Ano IV, T. I (1923), n. 15 ; p. 10
Manuel Fuentes Canal, nado en Ourense e finado en Celanova o 16 de agosto de 1936, foi un político galego.
Empregado do Hispano-Americano en Ourense. Membro da Irmandade da Fala de Ourense, traballou na transcrición das cantigas de Nuno Eanes Cerzeo no cancioneiro da Biblioteca Nacional. Publicou tres artigos na revista Nós, entre eles "Unha nova vía romana", escrito xunto a Manuel Fernández Costas (1926) e "A eirexa de Santa María de Mixós e as súas aras romanas" (1928), escrito xunto a Fermín Bouza-Brey e Xosé Ramón Fernández-Oxea e considerado o seu traballo de ingreso no Seminario de Estudos Galegos.
Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 22 de xullo. Foi sacado da prisión e asasinado na Ponte Pequena de Paradela de Viveiro (Celanova) o 16 de agosto de 1936 con 35 anos.
Galipedia
por Fuentes Canal, Manuel
Ano IV, T. I (1923), n. 15 ; p. 10
por Fuentes Canal, Manuel
Ano VIII, T. II (1926), n. 33 ; p. 18-20
por Fuentes Canal, Manuel
Ano III, T. II (1926), n. 35 ; p. 4-5
por Fuentes Canal, Manuel
Ano X, T. III (1928), n. 59 ; p. 199-201
por Fuentes Canal, Manuel
Ano X, T. III (1928), n. 60 ; p. 224-229