Fraguas Fraguas, Antonio, 1905-1999

Imaxe do autor Fraguas Fraguas, Antonio

Destacado historiador, etnógrafo, antropólogo e xeógrafo galeguista. Foi membro das Irmandades da Fala, do Seminario de Estudos Galegos e catedrático de ensino secundario depurado polo franquismo. Formou parte do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento e da Real Academia Galega, foi director e presidente do Museo do Pobo Galego, membro do Consello da Cultura Galega e cronista xeral de Galicia. Dedicouse ao estudo da cultura e do territorio galegos desde distintos eidos, con especial atención e mestría á antropoloxía. O 7 de xullo de 2018 a Real Academia Galega, decidiu, en sesión plenaria, que Fraguas sería o escritor homenaxeado o Día das Letras Galegas do ano 2019, coincidindo co vixésimo aniversario do seu pasamento. Galipedia

Grafo social

Artigos