Couceiro Freijomil, Antonio, 1888-1955

Imaxe do autor Couceiro Freijomil, Antonio

Foi un escritor galego, coñecido polo seu "Diccionario Bio-bibliográfico de Escritores".
Estudou Maxisterio na Escola Normal de Santiago de Compostela e fundou en Pontedeume un colexio de primeiro ensino. Exerceu como profesor en varios colexios de Lugo e Ourense, onde casou con Elisa Pavón Rodríguez. Foi membro da Real Academia Galega e do Seminario de Estudos Galegos.
Foi redactor de "Ecos del Eume", redactor xefe de "El Diario de Orense" e colaborou en "La Zarpa", "Galicia", "El Norte de Galicia", "Vida Gallega", "El Compostelano", "El Correo Gallego" e "La Noche".

Grafo social

Artigos