Castro Gil, Manuel, 1891-1963

Imaxe do autor Castro Gil, Manuel

Foi un gravador e pintor galego.
Fillo do arquiveiro do concello de Lugo, iniciou os estudos de debuxo como alumno de Manuel Fole. En 1907 trasladouse a Madrid para estudar na Escola de Belas Artes de San Fernando, grazas a unha bolsa lle concedeu a Deputación de Lugo. Na Escola de San Fernando foi discípulo de Ferrant, Vera, Muñoz Degrain e Moreno Carbonero. Recibiu leccións de gravado de Carlos Verger e Esteve Botey. Colaborou en publicacións periódicas da época como Blanco y Negro e La Esfera. Asistiu aos parladoiros literarios de Ramón María del Valle Inclán e Ramón Gómez de la Serna. Participou na Exposición Rexional de Galicia de 1917 con varias paisaxes ao óleo. Ingresou no cadro de persoal da Fabrica de Moeda. A Junta para Ampliación de Estudios concedeulle unha bolsa para viaxar a París, onde realizou unha exposición. Obtivo a medalla na Exposición Nacional de Bellas Artes de 1930. Expuxo en Nova York, México, A Habana, Buenos Aires. Foi director artístico da revista Galicia en Madrid. En 1934 foi nomeado profesor da Escola Nacional de Artes Gráficas.
Galipedia

Grafo social

Artigos