Bergueiro López, Manuel, 1898-1985

Imaxe do autor Bergueiro López, Manuel

Foi un mestre e escritor galego.
Ingresou en 1913 na Escola Normal de Santiago de Compostela onde estudou a carreira de Maxisterio. En 1921 obtivo unha vacante no padroado das Escolas Barcalesas. Posteriormente foi mestre en varios lugares de Galicia e Asturias. Colaborou en moitos xornais como "El Agrario Barcalés", "El Emigrado", "El Compostelano", "El País Gallego", "Faro de Vigo", "Vida Gallega", "Vida Escolar".
En 1927, co número 29 da Colección Lar, publicou "A pecadenta silenzosa". En 1930 publicou "Ollo cos estudantes", versión escénica dun episodio da novela anterior, que terá continuación noutras pequenas pezas en castelán: "Trampa adelante" e "Engaño sobre engaño".
Tamén escribiu en castelán "Jovellanos en la pedagogia española" e "Rosiña de Tabeirós". Usaba os pseudónimos de Manuel de Vicenta e Rogueiber.
Ingresou como académico correspondente na Real Academia Galega en 1958.
Galipedia

Grafo social

Artigos