Basto, Cláudio, 1886-1945

Imaxe do autor Basto, Cláudio

Foi un etnógrafo e filólogo portugués.
Fixo os estudos de ensino secundario en Viana do Castelo, o curso xeral, e en Braga os estudos complementarios. Fixo o curso médico cirúrxico na Facultade de medicina do Porto, defendendo a tese "Alma doente" (a génese da psicastenia). Participou na folga académica de 1907, sendo un dos organizadores no Porto, e está entre os alumnos que rexeitaron ser exculpados, non presentándose ós exames. Nesa época fundou xunto con Leonardo Coimbra, Jaime Cortesão e Álvaro Pinto a revista "Nova Silva", da que se desligou cando no segundo número se fixo crítica de Afonso Costa. Concluíu os estudos no 1911, amante da súa terra e de espírito eminentemente pedagóxico, practicamente non vai exercer en medicina.
Casou no 1917 en Lisboa, coa súa colega de profesión Hermínia Costa de Oliveira Basto, con quen tivo un fillo. A actividade principal foi a docencia; no instituto de Viana do Castelo, onde estudara, impartiu as disciplinas de Letras e de Ciencias, tamén impartiu clases de ensino secundario, ensino superior e clases de ensino técnico. Exerceu durante algúns anos funcións de médico escolar; do 1911 ó 1926. En 1944 afastouse da actividade docente por motivos de saúde.
Exerceu durante a súa etapa de profesorado actividade relacionadas coa investigación e divulgación científica, centrando o seu interese na etnografía e na filoloxía, dedicando parte fundamental da súa obra ó estudo da cultura tradicional do Alto Minho.
Foi fundador ou co-fundador das revistas Límia, Lusa, Portucale, entre outras, deixando numerosos artigos breves sobre a lingua portuguesa nas revistas que dirixía ou nas que colaborou. Hai un busto de Cláudio Basto creado por Manuel Rocha en Viana do Castelo.
Fai un coidadoso estudo acerca da «"Saudade" en Português e Galego», publicado na Revista Lusitana (nº 17, 1914), e despois en separata o ano seguinte, un ensaio en sete páxinas sobre as diferentes formas de "saudade". E sobre o tema apunta Cáudio Basto varios exemplos de formas recollidas principalmente no libro "Follas Novas" de Rosalía de Castro.
Galipedia

Grupo de actividades:
Ocupación:

Grafo social

Artigos