https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/4b/4bf8/4bf88356-395a-4f05-b624-dd5680998cef/115720122.xml
Vostede contribuirá
ao rexurdir patrio
cando adequira
os libros galegos
Dirixa os seus pedidos a
NÓS
PUBRICACIÓNS GALEGAS
e IMPRENTA
Real, 36-1.º
A Cruña.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/4b/4bf8/4bf88356-395a-4f05-b624-dd5680998cef/115720118.xml
Use o novo cristal PUNTAL, fabricación de Zeis, e escrusiva da
CASA DE LOS LENTES
Plaza Mayor, 18. OURENSE.
Droguería e Farmacia
LUIS FÁBREGA
Progreso, esquina a Luís Espada
OURENSE
MERQUE VOSTEDE
Plumeiros RAFIUM
De mais dura qu'os de pruma e limpan millor. Véndese en todol-os establecimentos do ramo
Andrés Perille - OURENSE
Lea vostede
Os Camiños da Vida
por R. Otero Pedrayo.
BODEGAS GALLEGAS, PEARES E OURENSE
Viños finos de mesa: Tinto TRES RIOS. Blanco BRILLANTE
LOS GALLEGOS blanco e tinto
Macia e Valeiras, Apartado 18 - Ourense
SANATORIO QUIRURGICO DE SAN LORENZO
SANTIAGO DE GALICIA
DE LOS PROFESORES
D. Fernando Alsina y D. Antonio M. de la Riva
CIRUJANO GINECOLOGO
Establecimento dotado de todol-os elementos que exixen a terapéutica e a hixiene modernas, situado nas aforas da poboazón, moi cerca do paseo da Ferradura
Teléfono número 195
Pra detalles, calquera dos Direitores ou o Médico interno
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/4b/4bf8/4bf88356-395a-4f05-b624-dd5680998cef/115720121.xml
A hixiene nos nenos
é a garantía da sua saúde física e moral o día de mañá. No diario aseo dos nenos emprega o "Jabón Sales de la Toja", único que ás súas altas calidades meixicas xunta toda a finura e presión d'un xabón de tocador. Contribúe ó perfecto desenvolvemento das criaturas e evita o perigo da escrófula e o raquitismo.
JABÓN
LA TOJA
ÚNICO EN EL MUNDO
O Xabón da Toxa ademais de ser o mellor é un producto galego que nos honra no mundo enteiro
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/4b/4bf8/4bf88356-395a-4f05-b624-dd5680998cef/115720116.xml
NÓS no Díaz, Suárez Couto, R. F. M., Antonio Palacios, Abelenda, Carballo Caleiro, Quintanilla, Cabanillas, Suárez Picallo, Rodríguez González, Obdulia Prieto, etc., etc. Notabre tanto a parte literaria como a parte gráfica, que ten ademais moitas e intresantes photos.
194
fundamentalmente unha revista teosófica da escola blavatskiana, que sigue a orientazón ortodoxa do Centro d’Adyar (Madras) que preside Mrs. Annie Besant; mais n-ela teñen acollemento todol-os id espirtualistas e, antr'as revistas da sua clas, ningunha temos ollado qu'a supere en erudizón e tratamento criteco dos asuntos.
A primeira serie, trai, antr'outras cousas: O Problema Colombino, Gente da Nação em terras de Portugal, e Por terras do Alcorão, da Thora e do Evangelho (viaxe por Terra Santa) de João Antunes; pubrica unha versión portuguesa do Exemplar humanae vitae do Luso-hebreu Uriel da Costa, e en separado, Isis sem ven de Blavatski e o Bhagavad Gita. Outros artigos: A antiguidade do Krishnaismo, do indoportugués Panduranga S. S. Pissunlencar e O idealismo da Teosofía, de Jinarajadasa. De moito intrés o Questionario de Eleusis (onde se responde a preguntas dos assinantes) e Finália, con novas arqueolóxicas, literarias, filosóficas, actividade teosófica, etc.
NACÃO PORTUGUESA, Lisboa.
SERIE IV, n.º 9. Interesante: Da partícula “se” portuguesa, por Rodrigo de Sá Nogueira, e as observacións á Historia da Literatura portuguesa por M. M.
N.º 11.—Manuel Murias pubrica un interesante artigo sobre: A língua portuguesa no Brasil, a unha nota sobre Espanha e Portugal.
N.º 12.—Dous istrutivos artigos en col de Felipe II: A usurpación felipina e a restauração de 1640 por José Augusto Vaz Pinto, e Portugal e Felipe II (resposta a un artigo publicado na mesma revista polo Sr. Beneyto Pérez) polo General V. José César. Manuel Murias anuncia outro, en calidade de terceiro en discordia.
CELTIGA, Buenos Aires.
ADICA un grande número extraordinario ó Dia de Galiza, xúrdia afirmación da Renacencia galega, con orixinás de Carré Aldao, Zapata García, Juan Leiro, Portela Valladares, Pérez Hervada, López Abente, Fernández Mato, Vicente Risco, F. Porto, Juan Jesús González, Otero Pedrayo, Barcia Trelle, Blanco Amor, Rafael B. Esteban, Julio Sigüenza, Correa Calderón, Castelao, Juan Bautista Andrade, Julio Prieto, Xaime Prada, Castro Gil, Vázquez-Pandelo, Avelino Díaz, Suárez Couto, R. F. M., Antonio Palacios, Abelenda, Carballo Caleiro, Quintanilla, Cabanillas, Suárez Picallo, Rodríguez González, Obdulia Prieto, etc., etc. Notabre tanto a parte literaria como a parte gráfica, que ten ademais moitas e intresantes photos.
BIBLOS, Coimbra.
Março-Abril, 1928.—O Dr. Mendes dos Remedios sigue estudando o estado social dos xudeus en Portugal.— L'Empire portugais á sona pogée asegún a Cosmografía d'Alfonse de Saintonge (1544) por Louys Papy.—Pierre Salomón estuda a infruenza de Filinto Elysio en Lamartine.
Maio-Junho, 1928.—Camões e a literatura francesa, por Le Gentil.— Navegação portuguesa dos séculos XVI e XVII (naufrágios inéditos) por Carlos de Passos.— Karl Suprian estuda o libro do alemán Otto Antscherl, J. B. de Almeida Garret und seine Beziehungen zur Romantik, onde asegura que o romantismo estroncaba na tradición lírica portuguesa, e no sentimento do infinito na saudade.
OUTRAS REVISTAS:
Taula, a revista valenciana, segue visitándonos e traguéndonos novas da interesante renacencia literaria d'aquela terra chea d'espranzas. Dirixea un agrupamento valeroso, preparado, moderno, de perfeita orientazón.
Musicalia, manifiesta revista de música que surte na Habana, chea de valiosos traballos e notizas que nos enteiran do movemento musical do mundo, mandounos os dous primeiros números, d'intresantisima leitura.
Seara Nova, a fermosa revista lisboeta; aparez cada día c'un contido mais interesante.
Gutiérrez, (graciosa publicación humorística), La Novela mundial, La Farsa (publicaciones dramáticas), Estampa (semanario-magazine) e La Pantalla (revista cinematográfica), fermosas publicaciones da Casa Ribadeneira, de moito interés, continúan cambiando con NÓS.
Imp. NÓS, Real, 36-1.º A CRUÑA.
Suscríbase a A NOSA TERRA
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/4b/4bf8/4bf88356-395a-4f05-b624-dd5680998cef/115720110.xml
que está ó seu lado. Entón o alcalde, érguese e recita esta improvisación: (1)
A todos os que se casan
en paz e en gracia de Dios
El os ten da sua mau,
que tamén vos teña a vós.
Entón o alcalde, entrégalle o ramo ó seu veciño, quen se ergue e solta esta outra copra.
Pra os que hoxe se casaron
por iste ramo a Dios pido.
Que ó Manoel lle dé cadelas,
e á sua muller miniños.
E así sigue o ramo recorrendo a mesa hasta chegar outra vez ás mans da noiva, quen o desfai e reparte os mil enredos que ten entre os convidados.
Por fin, e con gran contento dos asistentes começa o xantar, que coma todol-os das aldeas, é sinxelo pero alimenticio. Ó final sai a nai co roscón, que parte en dous anacos, dando unha mitá á noiva e a outra ó noivo, quenes as reparten, él entre os homes e ela entre as mulleres, dando por terminado o festín.
Pola serán na casa dos noivos, hay música e baile, e alá pol-as oito da noite desperdiganse todos pol-os fiadeiros deixando solos ós noivos, que ben lles compre.
Así se casaron en Lobeira hasta fai dez anos. Mais influídos pol-a moda e o afán de «señorío» deron a esquecemento os costumes dos seus abós, e hoxe cásanse como o resto da humanidade, quedando solo leves vestixios d'iste costume. Só se conserva inteiro iste casamento, na memoria do tío Pis co, de quen, si Dios nos axuda, falaremos outro día.
XOQUÍN E XORXE LOURENZO.
San Roque-1928.
(1) Estas e as copras que siguen déronnosas coma orixinais, anque non respondemos que o sexan.
DE FOLK-LORE
Veciñanzas de Ferrol. — Desiñazóns xeográficas en cantigas populares
I
O Señor cura de Cobas
ten cara de serafín
cando vai decir a misa
todol-os santos se rín.
II
A aldea da Mariña
aldea de auga fria
mirádea con desprecio
que bos rapaciños cria.
III
Si ti viras ó que eu vín
o domingo na Malata
unha espiga de mainzo
a piñas cunha pataca.
IV
San Antonio da Cabana
ten unha pipa no monte.
as mulleres beben viño
os homes auga da fonte.
V
En Cobas hai boas mozas
na Mariña a flor d'elas
e en San Xurxo pequeniño
viva ó salero d'elas.
VI
Hai unha vella en Esteiro
que co nivoeiro non ve ó sol
anda vella ferrolana
si quitaras a perrera fórache mellor.
VII
Chove e mais fai sol (1)
anda un vello por Ferrol
(1) Con moitas variantes coñecidas e publicadas.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/4b/4bf8/4bf88356-395a-4f05-b624-dd5680998cef/11572018.xml
NÓS
Arquivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza
UN CASAMENTO EN LOBEIRA
Un dos costumes mais curiosos que podemos observar en Lobeira é a do casamento.
Costume que imos tratar de relatar o melhor que podamos.
Na noite anterior ó dia da solemne cerimonia da boda na parroquial, xúntanse na cociña da casa da noiva, a «crème» da aldea a fazer tertulia na que corren o viño, os contos e os ditos humorísticos dos cachazudos paisanos.
Uns cantos xogan á brisca de seis; calado o chapeo hastra os ollos espiando as señas pausas, unha aventura das ánimas, que escoitan todos con unha seriedade pasmosa.
Dous discuten moi serios, correcitamente sentados ó estilo galego — o corpo ergueito e ríxido, e as mãos abertas sobre os xionllos — si choverá ou non no día seguinte. Outros, en apertado grupo opinan sentenciosa e suficientemente sobre o gando do veciño.
E así trascorre a noite, astra que alá, sobre as dez começa a desbandada, ouvindo-se a cada momento, e previa a felicitação á noiva, a frase clásica de «Boas noites nos dea Dios», que corre de boca en boca, e por fin, ceibe de intrusos a cociña, ordea o tío Manoel da casa:
—«Bota o caldo, Rosa.»
E nós, retirámonos tamén pra non interromper o xantar dos donos da casa.
Ó outro día, o «Santo» do lugar, atópase cheo de xente.
O Santo, é moi pequerrecho, — un cubo de tres metros de arista — e só ten, naturalmente un altar, no que se venera o Apóstol Sant Iago, montado no seu cabalo, que ten unha pata rachada e calzada c'un vello candieiro, pra que o santo se non esborralle. N-esta especie de caixón, atopamos, ós noivos, ós seus pais e ós invitados, sen contar, craro está, ó personal da eirexa, ou sexan, o crego, o sancristán e un músico que toca un desafinado trombón, acompañando ó sancristán, que con unha voz que il quer que sexa de baixo, atascándose ás veces, o que provoca a saida de algunha que outra cacareante ave, entona unha salmodia rara, n-unha língua que il quer que sexa latín, créncia que nós debemos respetar. Amontoados á porta, están os veciños que
dos contrarios e dando as suas con leves contraicións faciaes, sinalando as xogadas con frases como estas:
—«¿Machos ou cabezadas?—
—Femia!
—«¿Por riba ou por baixo?—
—«¡Dalle por riba!
—«¡Iste leva cirolas!...
E mil pol-o estilo.
A cada «pau» que sai, indílganlle un dito.
—«O Ouro vai pro tesouro.»
—«Bastos son meus pensamentos.»
—«Coplas cantaba un cego», etc.
N'outro rincón, tal coal velliño conta con voz misteriosa e entrecortada por longas
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/4b/4bf8/4bf88356-395a-4f05-b624-dd5680998cef/115720113.xml
NOS
tos á un mar convencional —o mar dos mariñeiros na terra— este poeta —fidel á sua profesión de poeta e mariñeiro— fainos sentir o escalofrío das distancias e o lazo corredizo das soedades cinguido á gorxa. Presintese ó poeta, ó través d'estas páxinas, coa pi pa atrancada nos dentes esculcar sentado na proa os confíns asolagados d'auga e néboa. Ó lonxe soio gaivotas, soio vagas, soio o ron sel e quezais.
Aquel veleiro que s'evadeu pol-a corda floxa do hourizonte
E sempre ó mar cerrado sobre si mesmo como un anelo. A terra case non aparece no libro. E cando aparece é case de casualidade ó traspór un meridian das cartas marinas. O mesmo bar
...ten balances e tamén está listo pra se fagher á vela.
Hastra ó peirán do porto semella soñar no mar adentro, en balances cansados. A psicoloxía do mariñeiro non pode aguantal-os contornos tercos das cousas da terra. E por eso no porto soio ó prostíbulo e a noite os poden acoller. Xeito artificial de se por fora das roitas e das leises e soñar coa alta mar na soia complicidade das vagas e do vento...
Os ecos imprevistos do noso cantar sonámbulo apagarán os focos da madrugada.
Todo n'este libro é un pleo acerto. Todo él logrado sin truco nin alquimia. Aínda qu'o intre este que vivimos o queira envolyer na rede arteira das sospeitas é tal a forza das suas vivencias, tal a sinceiridade d'estes poemas que se non poden falsear os seus miolos de nobre metal. Argolas ja cadea da sua vida traballadas co lume mais puro do seu es-
pírito, son estes poemas de Manuel Antonio. Pra algo o libro vai encabezado como «Follas d'un diario d'abordo».
Outra virtude do libro é a de amostrarnos ó xeito de levar a person ós cumes derradeiros da poesía pura. O poeta non desaparece nunca nin siquera cando os pararrayos das imaxes cravan nas nubes as suas puntas de platino.
Fómonos trasbordando ao cabotaxe das constelacións. C'un faro na man cronometramos ó pulso das tormentas.
Pero precisase ser un poeta traballado e xenial pra fuxir da vulgaridade d'anecdota e craval-as unllas nas entranas acesas da cate-
191
goría estética. A arte non se casa con ninguén. Como dixo Nietzsche pol-a cencia «é muller e non quere senón ó guerreiros». E por eso, porque ó autor fuxeu á contemplación pasiva pra se dar de cheo ós seus poemas, é pol-o que cada un d'eles encerra ó libro enteiro e ó libro enteiro ten a unidade d'un soio poema. Todo no libro ten a homoxeneidade d'un hourizonte mareiro no que Manuel Antonio, a forza d'esculcal-o nas suas dimensións pensou este feixe de versos sin igual. O coleccionista d'imaxes ten n'este libro centos d'elas a cal millor. Exemplos:
Na fasquia dos barcos anónimos postos á flote pol-a madrugada...
Mansas vagas unánimes reorganizanse detrás do vento...
Non trascribimos mais, que senón sería cousa de non parar.
Alguén poidera achacarlle a insistência sobre certos temas e certas verbas. Entre éstas, ronsel. Pero cando esta verba aparece —e ó mesmo as outras— está plenamente xustificada pol-o acerto do seu emprego.
E perdeuse pol-a popa desamarrado ó ronsel...
O navío coas maus trincadas vai borrando cos pés ó ronsel.
Estas imaxes abondan pra eliminar calquer recelo miudo. Mais hai n'el dous deta-
llios cos que non nos atopamos d'acordo: cos versos populares qu'o autor pon entre uns versos seus e c'unha chamada na que define ó seu xeito ó mar adentro. Manuel Antonio é ó polo oposto do popular e tamén do cadeiradego d'instituto. Cando se faga a edición co libro mére agardamos que nos compraza ó poeta rianxeiro.
OUTEIRO ESPASANDÍN.
ALBERTO V. BRAGA, CURIOSIDADES DE GUIMARÃES, MULHERES, JOGO, FESTAS E LUXO, Guimarães, 1928.
Nos é somentes ó autor das «Tradições e Usangas de Guimarães» un recoleitor do folklore actual, senón que é un erudito acostumado á rebuscar nos arquivos á nota precisa que nos traía a ideja do vivir lonxano. E asi vai resucitando ó Guimarães dos séculos XVII e XVIII principalmente cos seus coengos libertinos, ó dos estudantes destemidos e do pobo festeiro das represen-
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/4b/4bf8/4bf88356-395a-4f05-b624-dd5680998cef/115720115.xml
NOS
MARGARIDA A DA SORRISA D'AURORA, por Evaristo Correa Calderón, A Cruña, NOS, 1928.
A atividade cada dia mais pasmosa da editorial NÓS — o meirande esforzo que em este asunto de publicacións se ten feito en Galiza, pois semella que na cantidade pronto ha estar por riba da soada Biblioteca Gallega de Martínez Salazar (e conta qu'aquela era bilíngüe); pois na calidade das obras publicadas, xa a supera, pois non hai n-ela o refugaio que a excesiva xenerosidade d'aquil tempo permitía publicar, e que hoxe xaz amontoado nos arquivos das catro deputacións galegas — trainos sempre libros novos, do mais variado caraute.
Esta obriña de Correa Calderón, é un conto, un conto d'ises qu'outrora lían os nenos — hoxe leen revistas de foot-ball, argumentos de películas ou, si acaso, Nick-Carter e Buffalo Bill — e qu'agora leemos os homes. N-il vése a filosofía idílica do autor da *Concepción sinxela do ceo*. Imprentado en azul con orla bermella e avaliado con tres deseños de Xaime Prada, diz moi ben e xunta a beleza da edición á beleza literaria.
MARÍA ROSA, por Gonzalo López Abente, A Cruña, NOS, 1928.
Pertence iste volume á biblioteca teatral de NÓS, que leva xa publicado *A Tola de Sobrán* de Porto Rey, e o *Triptico* d'Antón Villar Ponte, e publicará axiña *O Bufón d'El Rei* por Vicente Risco. Todos sabemos o verdadeiro poeta que é Gonzalo López Abente; a sua admiravel obra poética se non esgotou con *D'Outono*, seu derradeiro libro de versos, senón que continúa, millorando cada día. A sua obra en prosa (*Fuxidos*, en *La*, foi o derradeiro) e tamén dina de nota. Esta obriña de teatro (comedia en dous pasos) foi estreada hai tempo pol-o Cadro de declamazón da Irmandade da Fala da Cruña, n-unha xeira dramática que ha ser lembrada hoxe con saudade. A obra é sinxela e fina: é unha comedia d'amor e de xenerosidade. De cote, o López Abente ten tendencia a presentar carauteres ergueitos e nobres, respondendo á sua concepción de poeta clásico. Fai sentimentalismo, mais é o seu un sentimentalismo serio e coma contido, sen espaventos, e sempre d'un gusto xusto e cabal.
LA TRAGEDIA DE TODOS, por V. García Martí, Madrid.
É unha alegoría dramática escrita e disposta coma pra ser representada, na que o autor de *Del vivir heróico* e de *Una punta de Europa* presenta o eterno conflito da contradición antra vida e o pensamento, antra o pensamento científico e o pensamento filosófico, e mais a contradición interna do pensamento filosófico consigo mesmo, da concencia co sentimento, na vida e no pensar de catro persoaxes principais — Profesor Hugo (Voz da Ciencia), Berta, sua muller (Voz da Vida), Doutor Arturo (Voz da Concencia) e a Mendiga (Voz da Morte) — que a un tempo van xogando e ditando e declarando a peza, n-un xeito que Antón Villar Ponte chamou pirandeliano, ou no xeito de Lope de Vega de «Un soneto me manda hacer Violante». A final, o misterio se non desvenda, coma se iba desvendar? senón que sinxelamente é abandonado. A forma mesma ten o seu significado.
LOS PAZOS GALLEGOS, Cuaderno I, Vigo, 1928.
En sobre certificado, contra reembolso de 5 pesetas, e co-enderezo trabucado, temos recibido esta publicazón que dirixen o Marqués de Quintanar, de Xavier Ozores Pedrosa e Xosé Cao Moure, posta baixo unha rúbrica de *regionalismo sano*, esterilizado con todas as protestas de fidelidade que se supoñen, e que nós fariamos tamén se cadra, embora fose faguéndoa depender de certas condicións — coma puñan á sua os nobres d'outro tempo ó prestaren preito homaxe ós seus reis, conservando o dereito de se desnaturaren se non eran cumpridas—. Contén esta obra os pacentes traballos de Xavier Ozores, hai anos adicado con antusiasmo a esta tarefa e que coñece fondamente o asunto. O cuaderno iste traí os pazos de Pena d'Ouro, Mariñán, Meyrás, Gutiérrez de la Peña, Sargadelos, Bóveda, Casa Grande da Puebla, O Corgo, Casa Grande de Villoria, O Castro, Vilaseco, Castrelos, A Picoña, O Thomé, unha photo e unha reseña de cada, e as armas en deseño dos Varela, Mariñas, Pardo Bazán, G. de la Peña, Ibáñez, Pedrosa, Valcarcel, Quiroga, Florez de Losada, Sanjurxo, Temes, Valladares, Troncoso, Goyoso, Ozores, Villao, Sotomayor, Sarmiento, Silva, Sequeiros e Zúñiga. Moi atinadas as verbas do Marqués de Quintanar cando dí: «El hombre está poniendo cuanto puede de su parte por afear las ciudades y las aldeas y los campos de Galicia...» Invitamos ós arquitectos a que ollen, lean e mediten...
REVISTAS
ELEUSIS, revista mensal de cultura filosófica, Lisboa.
Dirixe esta preciosa publicazón o noso distinto colaborador João Antunes. E
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/4b/4bf8/4bf88356-395a-4f05-b624-dd5680998cef/115720119.xml
Pardo
Óptico Científico
Preguntoiro, 32
San Andrés, 50
Santiago
A Coruña
Casa exclusivamente dedicada a óptica científica
Fotograbado
Si quer qu-os seus fotograbados sexan o mais perfeito posibres, convenlle envialos aos
Talleres de fotograbado ESPASA-CALPE S. A.
Rios Rosas, 24-Apartado, 547 MADRID
Xa está a venda
O PORCO DE PÉ
(NOVELA)
por Vicente Risco.
Os pedidos a nossa administración
F. ROMAN e SACO
DROGUERIA
e FARMACIA
Pereira, 19
Teléfono 28
OURENSE
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/4b/4bf8/4bf88356-395a-4f05-b624-dd5680998cef/11572015.xml
se
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/4b/4bf8/4bf88356-395a-4f05-b624-dd5680998cef/115720111.xml
NÓS
cargado de cucharós
zoupa, zoupa, nos ladrós.
VIII
¡Ail que me doe a cabeza
¡Ail que me doe a moleira
de carretar area
do areal de Cedeira.
IX
As rapazas de San Xurxo
pequeniñas e ben feitas
bótalles a bendición
coa tua man directa.
X
Adiós Ferrol e a Graña
Mugardos e a Maudia
eran os catro rincós
onde eu m'adivertía.
XI
Estando eu na Habana
aló ó poñente do Sol
sentín tocar as campanas
no muelle de Ferrol.
XII
Adiós parque de Ferrol
dentro me queda unha frol
se non-a podo coller
eso si que é o peor.
XIII
Qnen me dera ser tan alto
como a estrela do Norte
para ver o que se pasa
en Mandía esta noite.
XIV
Santa Comba está na isla
San Martiño en Raxón
e San Xurxo n'unha insua
e San Xohan n'un rincón.
XV
Non te quero nena
non te quero nón
que mozas coma tí
téñoas en Narón.
XVI
Na porta do Canido
me pisaches o pé
me chiscaches de ollo
ben che sei por que é.
XVII
Na porta do Canido
houbo unha riña
c'oas mulleres de Cobas
e as da Marita.
As de Cobas decían
non berrar tanto
que nos poden oir
no Camposanto.
XVIII
En Cobas e na Mariña
xa temos o que queremos
temos leiteiras a par
que pagan a todos precios.
XIX
Meu divino San Andrés
onde te foron levar
entre penas e penascos
aló na veira do mar.
XX
En Cobas hai boas mozas
na Mariña a flor delas
e na aldeia de San Xurxo
hai chanclos para cancelas.
XXI
Nenas de Porto do Cabo
vide lavar ó meu río
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/4b/4bf8/4bf88356-395a-4f05-b624-dd5680998cef/11572013.xml
BOLETIN MENSUAL DA CULTURA GALEGA
Ano X ★ Ourense 15 Outono 1928 ★ Núm. 58
O CRUCEIRO
D'unha fé popular esprendente
era proba iste santo cruceiro
qu'hai dous séculos tallon un canteiro
metido á escultor.
Coma tiña moi pouco d'artista,
salen tosca e non ben rematada
a figura, na cruz encravada,
do Noso Señor.
Mais a fé que ó canteiro l'enchía
o seu peito sinxelo e honrado,
deulle á imaxe do Crucificado
tal sinceiridá,
qu'anque n'era unha boa escultura,
dos labregos qu'adoito pasaban
i ó cruceiro unha ollada botaban,
erguía a piedá.
que xiquera deteñen o paso,
pois ningún do cruceiro fai caso
d non ser
catro vellas mirradas qu'iñoran
as ideas modernas que veñen
e, quizais que por iso, inda teñen
costume de creer.
E ó pasar á carón do cruceiro,
eu pergunto, de dudas tolleito:
¿é feliz o que leva no peito
a chama da fé
qu'alumeou ó pedreiro do conto,
anque iñore os sacrelos de cencia,
ou quen ten carros de sabedencia,
mais non cré?
AVELINO RODRÍGUEZ ELÍAS
Hoxe pasan milleiros de xentes,
Vigo, 1928.
Adicado ó xenial dibuxante
Alfonso R. Castelao.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/4b/4bf8/4bf88356-395a-4f05-b624-dd5680998cef/11572016.xml
NÓS
184
xeneraliza o costume d'estudal-a psicoloxía das caricolas) e aquil si qu'iba ser un compromiso. Pra non expórmonos á il, mais valeu que non me dera por levar mais adiante o experimento.
Morra o conto.
Dou volta pol-o carreiriño estreito, xa escurecido, solagado na sóma. Somentes, á mau esquerda agora, s'enxergan as rosas antr'os follatos das roseiras, pois a noite non chega á matar de todo a sua lumiosidade de primavera sonrosada e virxinal.
Silenzo. As sedas aéreas das arañiñas voadoras apéganse na face faguendo cóxegas imposíbeis de localizar, e senqu'un consiga apañalas: asina deben ser os fios astrales dos encantos, as cadeas invisíbeis que forman as palabras máxicas. Con fios d'iste xeito está encadeado Merlín aló en Broceliande...
S'un se sentar arastora nos sofás de buxo, os cinifes formarían arredor d'un unha orquestra de silfos, e os seus aguillóns asañados prenderían na nosa pel o coxo que proe oito días seguidos, se se non frega aixiña con vinagre, ou se non apreta forte c'un patacón, ou co-a folla d'un canivete. Millor é seguir pra diante, pasar por baixo do parasol de buxo, abril-a cancela de ferro das escaleiras, que xira c'un xemer lixeiro e péchase c'un golpe especial, e baixar agusto ó paseio longo d'abaixo, e devagariño irse pra casa, ollando as luces da vila que borran os perfís das casas...
Non volvin vel-a caricola.
Nin o experimento foi adiante, nin a vida da caricola, tendo trocado o seu camiño n-un instante—e todol-os instantes poden ser decisivos—volveu ser a mesma vida qu'iba ser—ou cecais foi—tivo que ser—de todos xeitos á qu'iba ser, porqu'o o seu encontro comigo cecais estaba previsto tamén.
Arestora, il e mais eu imos camiñando por baixo das estrelas.
VICENTE RISCO.
Allariz, mes de Sant'Ulago, 1928.
Grabados en Linoleum
por Xaime Prada.
Conto de Guerra
por Camilo Díaz Baliño.
Dous volumes artísticos que non deben faltar en ningunha biblioteca galega
https://biblioteca.galiciana.gal/es/catalogo_imagenes/descargarAlto.do?path=1157201&posicion=1
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/4b/4bf8/4bf88356-395a-4f05-b624-dd5680998cef/11572017.xml
NÓS
CATÁLOGO DOS CASTROS GALEGOS
PUBRICADO POL-A SEIZON DE PREHISTORIA
DO «SEMINARIO D'ESNUMERO XVI CASTRO DE OURILLE
EMPRAZAMENTO. — Na provincia de Ourense, concello de Ve freguesia de Ourille e a 300 metros cara ó sul do lugar de San Vicente.
O río Sorga, afluente da Arnoia bica pol-o sul e pol-o oeste o pé do monte onde se asenta o castro.
OBSERVAZÓNS. — Pol-a banda do noroeste eisiste unha forte penedía que coincide co linde da área aplainada, e por baixo de ela ábrese unha especie de prataforma de 28 metros de ancho que quizáis sexa unha prolongazón en antecastro das obras defensivas.
Sinálase no recinto terminal a aparizón de numerosas tégulas.
FOLKLORE. — Unha muller chamada Marixohana conta:
«A miña nai era de San Vicente e téñolle ouvido, que no castro hai por baixo da terra unha plaza grande e mais abaixo ainda sarillos e devanadoiros de prata.»
«De unha vez foron ó castro uns homes na compaña de un crego. Levaban co-iles un libro e un cabrito branco cos dentes negros e unha vela. Denque leron no libro e alcenderon a vela, abríronse as portas e apareceron moitos cabalos revoltados.»
«Entón falaron dende dentro e dixeron:
—Aquietade, aquietade.»
«E despois faláronlle ós homes.
—Que queredes?
—Queremos diñeiro.
—E traedes prenda?
elles no intre botáronlle o cabrito.»
«Despois de iste sucedido foron uns rapaces, apañaron as pingotas de cera que cairan da vela, puxéronlle unha torcida e alcendérona. De aquela abríronse de novo as portas entraron pra dentro algúns rapaces, mais de súpeto pechouse a porta e pra sacar de alí ós rapaces houbo que ir buscar ós homes que foran desfacer o encanto.»
Emilio González dono de unha mera situado no castro contounos que tiña ouvido decir que por baixo do aplainado do remate había campos e unha eirexa.
DEFENSAS. —Ten un soio recinto de forma case circular, cinguido por un terraprén, cuio revestimento de cachote óllase aínda n-algúns lugares. Non é doado o determiñar a caida de ista defensa que se confunde ca natural do monte, que ca forte pendente me de de 35 a 28 metros nos distintos lugares da sua volta.
Non se conservan por ningures restos de parapeto.
MENSURAS. —Mede iste castro:
Do norte ó sul .......... 60 metros.
Do leste ó oeste ........ 48 metros.
BIBLIOGRAFÍA. —Inédito.
(Catalogado por Fermín Bouza Brey e Florentino L. Cuevillas.)
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/4b/4bf8/4bf88356-395a-4f05-b624-dd5680998cef/11572012.xml
Nós BOLETÍN MENSUAL da CULTURA GALEGA
Direitor Literario Vicente Risco Direitor Artístico Alfonso R. Castelao
Adeministrador ANXEL CASAL
DIREICIÓN E REDAUCION: Sto. Domingo, 47—OURENSE ADEMINISTRACIÓN: Real, 30 1.ª—A CRUÑA
ABONAMENTO
Doce números, na Península 600 pesetas.
Fora da Península 800
Número suelto 0'70
Os pagos son adiantados e os gastos de xiro de conta dos suscritores
NOTA
Este boletín non publicará mais orixinais que os que foran directamente solicitados pola Dirección. Tampouco se fai solidario das ideas n-eles emitidas, a non ser dos que por non iren rubrados, enténdense que son da Redacción.
SUMARIO
O Cruceiro, por Avelino Rodríguez Elías.
Memorias de Pouco Tempo, por Vicente Risco.
Catálogo dos Castros Galegos, da Sección de Prehistoria do S. E. G.
Arquivo Filolóxico-Etnográfico de Galiza.
Os homes, os feitos, as verbas, por A Redacción.
Reloxería ZENITH M. CALVIÑO - Ourense
MAQUINAS PARLANTES DISCOS AGULLAS e ACCESORIOS
Vicente Risco
Elaborado
Sto. Domingo, 47-2°
Ourense
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/4b/4bf8/4bf88356-395a-4f05-b624-dd5680998cef/11572014.xml
MEMORIAS DE POUCO TEMPO
No serán do mes de Sant'lago, ó sol posto qu'ainda tiña unha crareira d'ouro atrás das xestas que limitan o horizonte curto e achegado, vou camiñando pol-o carreiriño estreito. Á mán esquerda, andivo a tesoura do infame Le Nôtre recortando nos buxos sofás moles e frescos ond'un s'afunde e semella que perde a gravedade, e remates herrerianos. Gracias á ferraya e ás ortigas do paseio, ós couselos da parede, ós corpos retorcidos de lurpia vexetal dos sarmentos, ás lagartiñas vestidas de pano labrado, ós abesouros que van tocando o violoncello, ás arañas peludas aforcadas en fíos de prata, vellas tecedeiras de lenzos de cristal pra boda das rosas sonrosadas, que se poñen bermellas co-a espranza dos beixos da primeira noite... Gracias tamén á qu'os bruxos son moi vellos, e os sofás e os remates herrerianos son obra d'un frade excraustrado.
Á mán dereita, a parediña, con estes de pedra pr'o parral, que sabe latín do tempo do frade e que terá escoitado cada cousa si é certo qu'as pedras óien... Achegadas arrentes da parediña baixa, hai roseiras que aínda amostran rosas sonrosadas, das qu'a coor conmove e esperta lembranzas que fan bater o curazón no peito, e que com'o beixalas daría aínda maior sede, bótalles un a mau pra cheiralas, e sorbe un na y-alma un cheiro qu'aixiña pasa, que marcha lonxe, breve com'os istantes d'éxtase, mail-os dedos fican cheos d'arrecendo que tira d'un salayos de saudade, ditosos e tristeiros, co-a lembranza do que non está lonxe...
Carreiriño ond'as limachas mouras estiran o corpo visgoso e os catro cornos, ou encólleno untado da sua baba cristaiña. Apañei unha caricola outoniza, vella e longa, de corpo drapeado, coma vestido da pana que levan os peisanos vellos de face plisada e barbas de dúas semáns, de cuncha ond'os deseños en espira vanse esmorecendo d'ancianidade com'o pelaxe dos cabalos roíns, e funme co-il car'un curruncho preferido, sombrizo de buxos, parral e enredadeira, asombrado de paredes vellas, do tempo do frade.
Curruncho outonizo e tristeiro, co-as pedras vellas cobertas da sua tona de prata, na parede lateral ond'hai unha porta d'outono, de vendima e de mostada, de solpór e d'emporadecer, porta moi vella, que vai perdendo a pintura bermella, pechada de cote con chave e ferrollo, tarabelo e tranca, practicada na parede anterga, dando á unha verea tradicional, verea longa que camiña cara todal-as vilas, cara todal-as cibdades de pedra e de ferro, con alma ou sen ela, cara todal-as aldeias e todal-as herdades e todol-os montes e todol-os desertos, dando volta ó novelo do mundo, mais que por gracla déixame a mín eiquí, n-iste curruncho outonizo que ten coor de vendima e de mostada, quedo, caxque tranquío, en compaña d'unha vella caricola.
Hai ell unha vella mesa de pedra, mesa dolménica, que resulta románica e que foi feita cand'o barroco agoniaba. Estrana mesa sacrificial, resume dos tres tempos da nosa historia. Hai un banco de pedra pra se sentar á ela.
Pousei a caricola riba da mesa. Primeiro dubidou moito tempo. Alargou os cornos deic'o lindeiro máisimo da sua elasticidade e revolveu o pescozo adispaciño, primeiro moi agustiño pr'a dereita e logo con moito tino pr'a esquerda, dando a volta ata apegar os cornos á cuncha parda, e despois outra vez pra dereita, c'un movemento brando e lene de visgo vivente, e aínda atentou mais outra vez pr'a esquerda, ás tentaruxas. N-esta esproración levou un bó anaco. O qual non deixa d'estar adentro da lóxica da historia, asegún nol-a presenta Mr. Henry Berr. Porqu'a caricola fora tirada do vieiro por onde camiñaba chamada pola vida, e obrigada á facer un viaxe aéreo que foi
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/4b/4bf8/4bf88356-395a-4f05-b624-dd5680998cef/115720117.xml
Pardo
Óptico Científico
Preguntoiro, 32
Santiago
Casa exclusivamente dedicada a óptica científica
Fotograbado
Si quer que os seus fotograbados sexan o mais perfecto posibles, convénlle envialos aos
Talleres de fotograbado ESPASA-CALPE S. A.
Ríos Rosas, 24 - Apartado, 547 MADRID
Xa está a venda
O PORCO DE PÉ
(Novela)
por Vicente Risco.
Os pedidos a nossa administración
F. ROMAN e SACO
DROGUERIA
e FARMACIA
Pereira, 19
Teléfono 28
OURENSE
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/4b/4bf8/4bf88356-395a-4f05-b624-dd5680998cef/115720120.xml
Use o novo cristal PUNTAL, fabricación de Zeis, e escrusiva da
CASA DE LOS LENTES
Plaza Mayor, 18. OURENSE.
Droguería e Farmacia LUIS FÁBREGA Progreso, esquina a Luis Espada OURENSE
MERQUE VOSTEDE Plumeiros RAFIUM De mais dura qu'os de pruma e limpan millor. Véndese en todol-os estabrecimentos do ramo Andrés Perille - OURENSE
Lea vostede Os Camiños da Vida por R. Otero Pedrayo.
BODEGAS GALLEGAS, PEARES E OURENSE Viños finos de mesa: Tinto TRES RIOS. Blanco BRILLANTE LOS GALLEGOS blanco e tinto Macía e Valeiras, Apartado 18 - Ourense
SANATORIO QUIRURGICO DE SAN LORENZO SANTIAGO DE GALICIA DE LOS PROFESORES D. Fernando Alsina y D. Antonio M. de la Riva CIRUJANO GINECÓLOGO Establecimento dotado de todol-os elementos que exixen a terapéutica e a hixiene modernas, situado nas aforas da poboazón, moi cerca do paseo da Ferradura Teléfono número 195 Pra detalles, calquera dos Direitores ou o Médico interno
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/4b/4bf8/4bf88356-395a-4f05-b624-dd5680998cef/115720112.xml
NOS
190
XXIV
anque o río non é meu está no meu labradío.
Rapaciñas andurgueiras de Sequeiro e de Meirás os mozos fanlle as veiras e elas vólvense atrás.
XXII En Cobas hai boas mozas criadas con pan centeo moi amiguiñas dos mozos gústalles o parraféo.
XXV
Animaliño de loro mira onde foi parar alá ó fondo da Mariña cansadiño de voar.
XXIII As de San Xoan de Esmelle guapiñas e placenteiras moi amiguiñas dos mozos que andan picando nas pedras.
Recollidos por R. M. L.
OS HOMES, OS FEITOS, AS VERBAS
PAISAJES MENTALES, por Abdón Rodríguez Santos, Madrid, 1928.
Abdón Rodríguez Santos é un home namorado do trascendental, que cultiva ise xénero filosófico que chaman ensaío, co-a afeizón mais decidida, e co-a mais firme fé nas suas ideas. Ten iste xénero un ilustre precedente antre nós co P. Feixóo «libre cibdadán da República das Letras», e efectivamente, é o xénero mais doado pr'os que queren ser libres cidadáns, non xa pro P. Feixóo, home suxeito, mesmo sumiso á estreita disciplina da crítica, senon mais ainda pr'os que como Abdón Rodríguez Santos desbotan —ou pol-o menos semellan desbotar— todas as disciplinas do pensamento, que moitas veces quixera ceiba de toda pexa. Precisamente queren esto pol-a fonda fé que teñen no pensamento, fé que é un pouco confiada de mais, porque co-esa fé pódeselle perder o medo ás contradicións, cousa qu'agora parés que non se leva. Pol-a contra, a filosofía volve andar en precura d'un camino reto e sen volta.
Mais Abdón Rodríguez Santos non é precisamente un filósofo, senon un moralista que procura tratar os problemas da vida práctica, cunha visión outa e nobre, un criterio independente e persoal de «hombre de la calle», un estilo craro e desenfadado e unha sinceridade inteira, sempre sen suxeición a sistema. Ten ensaios (Voluntaristas e intelectuais, Los patriotas, La ficción de las clases, Sobre Colón gallego) moi ben pensados e ditos.
DE CATRO A CATRO, por Manuel Antonio, Editorial NOS, A Cruña, 1928.
Con este libro de Manuel Antonio a lírica galega, d'un pulo elástico e ben medido, púxose ó par de calquera outra do momento. E tocáballe a este mariñeiro coa pértega do mastro mais esguío dal-o brinco ás extremas latitudes da poesía contemporánea. Porque é él en quen todol-os mozos vemos a ecuación lírica do presente galego e o feixe mais brando de sanas insumisións. E Manuel Antonio con este libro —tan inxustamente cativo de aparencia— dou cumprido acougo á nosa cobiza. Sin medo á hipérbole podemos dicir que ningún poeta mozo de Castela se pode por a sua par.
«De catro a catro» é, antes de nada, a revelación d'un mar non visto aínda por ninguén. Un mar puro, sin ribeiras nin costas perdido entr'as constelacións. Un mar en coiros e latexante coma unha virxe mercada. Afei
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/4b/4bf8/4bf88356-395a-4f05-b624-dd5680998cef/115720114.xml
192
NÓS
tazóns de comedias, ca regalada e amabel vida conventual de freiras clarisas de estirpes soadas no Reino. Doce, danzas, o ledo desenfado deceoitesco decorre pol-as páxinas do libro gracias ós libros da Colexiata, dos mosteiros e das feligresías do Concello que rinden escelentes materiais ben aproveitados pol-o autor pra afrecer a visión conxunta de unha época pol-os únicos medios con que hoxe contamos pra coñecela. E tales fontes históricas deitan pra o Sr. Braga notizas reveladoras en outro grado.
F. B. B.
O PORCO DE PÉ, novela de VICENTE RISCO, A Cruña, NÓS, 1928.
Coidamos nós que na Galiza non ten aínda Vicente Risco toda a consideración de que é merecente. Coidamos: que si Vicente Risco, en troques de vivir n'Ourense, vivira en Madrid e traballara aló a metade do que aquí traballa, hoxe sería un dos nomes d'intelectuais que mais sonara na España. E non só isto, senón que ó vir de vranxeiro á sua terra, recibiría honores e agasallos á feito. Pol-o fetichismo que anda afincado aínda no espírito «provinciano» de moitos dos nosos conterráneos no respectivo ós que viven na corte e actúan na corte. E xa non decimos nada si Vicente Risco fose catalán. D'aquela á estas datas tería un fondo prestixio en toda a Iberia. Pro como reside n'Ourense e ollá pouco para Madrid, as cousas acontecen d'outro xeito.
Emporiso, a sua labor é—para os que nos decatamos ben do que temos que decatarnos—xurdia e trascendente. Vicente Risco, notábel ensaísta, bó orientador político, folklorista concienzudo, poeta inspirado, crítico serio, polígrafo de outro releve, temperamento de filósofo é tamén un novelista moi inte-
resante. Probóunolo co «A Coutada», c'os «Europeus en Abrantes», c' «O que lle aconteceu o doutor Alveiros», c' «O porco de pé».
Ista derradeira novela que inda ten recendos do frescor da tinta da imprensa é das que se lén d'unha asentada e das que fan pensar moito. En calquera lingua que s'escribise sería un belo libro. É escrito en galego resulta un libro galeguismo. Pois a forma e o fondo se comprenden, dándonos ó froito maduro do humorismo racial. Que Vicente Risco, coma todol-os pensadores galegos, é, inda tratando das cousas mais serias, un sotil e socarrón humorista.
Ao longo de «O Porco de Pé» a fondura do anecdótico que serve de eixo á obra se mistura c'o episódico cheio de gracia e de bó senso criticista, para mostrarnos na historia d'una familia e d'un ambiente que si non foi puido ser, a historia de moitas familias e moitos ambientes que foron e son sendo. Realismo, idealismo e humorismo andan collidos da man nas páxinas vizosas de «O Porco de Pé», choutando axilmente sobre amplias e belidas largacias culturais. Sio estilo é o home, como dixo Buffón, e antes que él dixo o hespañol Fox Morcillo, na derradeira novela de Vicente Risco está todo Vicente Risco. Pol-o menos asin nol-o pareceu a nós.
«O Porco de Pé», pois, non é un libro mais, senón un bó libro galego, onde hai unha cousa céntrica: o humorismo racial deitando dondamente pol-a campía da sensibilidade moderna, com'a i-auga dos regatos pol-as leiras multiformes das nosas terras de minifundio.
Vicente Risco que, cal poucos, douse por enteiro á Galiza é un home admirabel cuia prolificidade intelectual asombraria á todos n'un país onde houbese maior conscencia que no noso. E, emporiso, un outo cumio do pensamento e do sentimento galego d'hoxe. Un valor rexo e indestrutibel. A. V. P.
Está á esgotarse a
Historia Sintética de Galicia
por Ramón Villar Ponte. Pida axiña o seu exemprar á nosa adeministración
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/4b/4bf8/4bf88356-395a-4f05-b624-dd5680998cef/11572019.xml
NÓS non caiberon dentro, alargando a cachola, pra non perder detalle do que pasa dentro, motivando con esto, un rotundo xuramento do invitado que está detrás ó sentir sobre os seus pes os de un veciño, ou ben algún berro de algunha moza tímida.
Ó fin, alá sobre as 12 da mañá dá cabo a cerimonia e principia a saír a xente.
Primeiro, saen os noivos; ela muy emperifolada, lucindo no peito un monumental ramo, e il, todo endomingado, sostén na mau unha saqueta da que ela estrae anacos de pan trigo, que bota á caninea de rapaces que os preceden, e que se botan sobre o pan, como lobiños famentos berrando:
—iTrigo! ¡E trigo! —pelexándose hastra que un sai correndo co corrosco na mau e mais de un chichón na cachola.
Detrás dos noivos, veñen os seus pais; ela chorosa e compunxida; il teso, estirado, envolto na sua grosa «pañosa», e faguendo por que se lle non salten as bágoas, pois en medio da sua tristura, comprende, que dada a importancia do seu papel, ten que se manter serio e impoñente, en armonía co-as circunstancias.
Detrás sai o alcalde, seguido de todol-os concexales dispoñíbres e das autoridades militares (o cabo da Guardia Civil). Os primeiros envoltos nas suas capas de dous dedos de grosas, suando unha gota por cada pelo baixo un sol que estantina. Mais dada a importancia do auto tivéronse que vestir de «etiqueta» e cada un, botou sobre os lombos, o pesado capote con xeito resinado pero sin pensar en contraveñir o «protocolo» local.
As autoridades militares (o cabo da Guardia Civil, como xa dixemos) retorcen os seus empinados mostachos, lanzando olladas provocativas ás mozas que acompañan á comitiva. Acompañan tamén ó alcalde, o segredario do Auntamento, o do Juzgado, o Bigairo, etc. etc.
Despois ven a múseca, composta por un gaiteiro, un tamborileiro, o do bombo e o múseco do trombón que tamén se adheríu á comitiva.
O gaiteiro, arrogantemente plantado co-as pernas entre abertas e os pes cara afora anda acompasadamente, ladeada a monteira e balanceando as bolras do roncallo, lanzando ó aire as notas de unha muíñeira, acompañado pol-o redoblar do tambor e o bater do bombo. O do trombón, traxeado cun uniforme incompleto, sopra e resopra, suando pra lle arringar ó vello istrumento algunhas notas que saen airadas e furibundas, pola oxidada boca do trombón.
E por último, detrás de todol-os graves persoaxes anteditos, pasan os mozos co-as suas chaquetas de pana, ribeteadas de terciopelo negro, e os seus pantalós con rodilleiras do mesmo pano, as mozas endomingadas, os vellos co-as suas capas e as vellas cos mantós pol-a cabeza.
Pol-a porta da hermida, sai correndo o crego, aborchando os derradeiros botós da sotana e seguido do sancristán, e incorpórase á cabeza da comitiva, berrando:
—iAgardai por mín! ¡Agardai por mín que alá vou!
Chegados á casa da noiva, ésta retirase ás «suas habitacións» acompañada da sua nai, namentras o pai, entretén os convidados no corredor acadando o xantar.
En cabo séntanse á mesa, e entón ven a noiva con un ramo de que van dependuradas, rosquillas, mazás e mil comeschamos de fabricación caseira.
Ó se sentar á mesa a noiva entrégalle o ramo ó noivo, quen llo dá ó alcalde que é o