https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/37/372f/372fda6e-02f6-4847-98c1-f75f87deaab0/115717859.xml
GRAN HOTEL ARGENTINA
É o mellor, o maor e o de mais numeroso persoal
AUTOMÓVIL PROPIEDADE A TODOL-OS TRENES
Teléfono 74
Telegramas (ARGENTINA)
Telefonemas
Senra, 8, 10 e 16
SANTIAGO
GRAN CAFÉ ESPAÑOL Rúa do Villar
RESTAURANT
AMERICAN-BAR
Instalado na Ferradura
Propietario: MANUEL RAMILLO GONZÁLEZ :: SANTIAGO
GRANDES CONCERTOS-ARTE-LUXO-CA-
LEFACCIÓN-CHOCOLATES-TÉS-COCK-
TAILS-CERVEZA-APERITIVOS-MEREN-
DAS-CAFÉ-EXPRES
Hernández H. nos
ORFEBRERIA
ARTE COMPOSTELANO
Santiago - Vigo
OKO
LIMPA TODO
CARLOS VALENCIA - Farmacia - OURENSE
OS CHOCOLATES
FABRIL REAL CORONA
son os preferidos pola sua fina elaboración e gusto exquisito
CRASES GARANTIDAS
PÍDANSE EN TODOL-OS ESTABLECIMENTOS
preferidos pola sua boa calidade, elaboración esmerada e gusto exquisito
José Benito Pardo :: Lugo
https://biblioteca.galiciana.gal/es/catalogo_imagenes/descargarAlto.do?path=1157178&posicion=1
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/37/372f/372fda6e-02f6-4847-98c1-f75f87deaab0/115717836.xml
26 traballadas, de grandes y-esféricas volutas, algús con cabezas monstruosas no centro, devorando a de unha persoas; outros teñen loitas de animais monstruosos entre si e con persoas; de follas sinxelas, superpostas como ballestas, en pequenas volutas de pouco vao e
vigoroso trazado: de entrelazos con volutas y-un rostro de monstruo; de follas que volven en piña ou de acaulo de pouca voluta; de follas fortes e bicudas; de grandes palmetas, lanceoladas e bicudas tamén, y-asi polo estilo: teñen do moitos de estos capiteles o collarino funicular. Os ábacos, que volven en cornisa polo piar y-arrodean o esteo da nave principal, teñen por molduras un canelo y-un listel, y-algún, círculos entrelazados a maneira de adorno.
Os semiesteos da nave principal teñen maior altura y-os capiteles, cúbicos; mellor dito, non teñen capiteles, sinón que foron cortados c'uns dados, como os de ingreso a o presbiterio y-a os brazos do cruceiro, pra que d'eles poidesen arrancal-os arcos transversais, que son moilo mais modernos, rebaixando así tamén a altura de esta nave (que quizais buscase coa sua a do cruceiro) pra poñer a pano a nova cuberta de madeira de toda a igrexa, na reforma que debeu sufrir no século XVII, pois todas as románicas teñen mais altas os esteos da nave principal e coroadas por capiteles da época e do estilo, y-aqui, hasira as molduras do ábaco d'os capiteles cúbicos estános decindo a diferençia d'o estilo e da época.
A directriz dos arcos formeiros ou divisores das naves, é semicircular de mucho peralte, o que confirma a gran altura que debeu ter a nave principal; os arcos das naves laterais foron casi todos reconstruídos e rebaixados, notándose en algús a diferençia d'a dirección e d'altura nos arranques; mais por outros que se conservan, deberon ser todos tamén semicirculares e de gran peralte; e como por fora, c'os muros, na parte mais alta foron tamén modificados e rebaixados os contrafortes, algús d'os arcos de estas naves non tendo no punto do empuxe o contrarresto debido, cederon n'o medio, con certo perigo de fundimento. O perfil rectangular d'os arcos formeiros e d'os de comunicación co cruceiro, que son os vellos, é doble; e penso que todos deberon ser así como é natural e propio do estilo.
O muro norte das naves ten calados os seus vanos por saetelras, de arco abocinado a o interior, y-o do sur, cuberto en parle pola casa mosleiro que oxe fai de rectora!, ten, ademais das saetelras, unha porta antiga no vano terceiro, de arquivolta semicircular adornada con billetaxe e boceles, oxe toda cuberta de cemento.
Os brazos do crucetro, que foron d'os partes da igrexa que mais sufriron na desgraciada reconstrución que botou a perder este moimento, teñen arcos novos, como dixen; mais conservan inda nos arranques bastante parle vella dos muros pra ter a seguridade do seu trazado e da sua antigüidade, pois ademais da entrada ás escaleiras de caracol de que falel, no muro oeste do brazo norte ábrese unha fermosa ventán románica que tanto por dentro como por fora ten arquivolta semicircular de boceles y-outras molduras, rodeadas de arquiños de ferradura, faltándolle os esteos un por lado, que tiña nos code/os; e no mesmo sitio d'o outro brazo nótase por fora o comenzo de outra ventán polo estilo: mais non sabemos onde os brazos terminaban, pois
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/37/372f/372fda6e-02f6-4847-98c1-f75f87deaab0/115717844.xml
NOTA
«Allaz! Ar Vretoned zoleun a velkoni!»
¡Ail os bretóns acogúlanse de tristeza!
«Lonxe da sua patria» — din M. M. Benoiston de Chateauneuf e Villermé, nun escrito tan imparcial como asisado en col da Bretaña — lonxe da sua patria os bretons non eisisten mais qu'a medias. A miudo morren de pesar por non ollar a sua terra. Cóntase qu'a antiga Compañía das Indias tiña moitas perdas antro equipaxe dos seus barcos, formados cuasque todos por mariñeiros da Bretaña, que, levados ás orelas do Ganxes, choraban sen acougo a patria ausente ata morrer de dór. En cada navio da Compañía embarcaron entón un tocador de biniou. Ó son d'iste instrumento querido pol-os bretóns, que lle doaba a sua música, l-as suas danzas, endozaban o longo desterro e as suas saudades (1).
Traduzón de
J. NUÑEZ BUA
(1) Rapporte d'un voyage fait dans les cinq départements de la Bretagne en 1840 et en 1841.
30 F.
Per délicatesse
J'ai perdu ma vie
Rimbaud
Lo neno morreu atordoado, bolidor. ¡A nat Marela, Marela Salateira, tola, non aturou; o pobo, denantes rexoubeiro, esquecérase d'elo: anduriña, anduriña atordoada.
Pralo, pro San Xoan benzoaria-no n'a eirexa; entón runflaria c-o ll n'oadro, pra qu'o pobo, ruín, axouxeiro, parolase. ¡A Marela, soñadora, recolleita, es queceu seu xantar.
Mais o neno morreu: fillo d'unha solteira, casamenteiro d'o adro: xa o dixera o crego d'Alais. Marela, Marela salateira, teu pano bermello xa non che compre.
Marela: pra ti xa non canta a rula, nin os mozos ribeirans teñen galanelos; pra ti a paisaxe non ten cór, nin teus dazanove anos alalás — Ei Marela!
A Marela adorme isa arela felta de lembranzas e salalos: seus ollos vagarinos, azús, xa non ruben acesos o vieiro d'Alais; en denantes, troulans, galanos, esquecian os mozos d'o seu vagar; entón rubian as cantigas coma un sortidor, eslumidas e gabaxeiras: eslumidas e gabaxeiras, coma ela n'oulrora.
Mais agora... agora a paisaxe non ten cór, nin os paxaros rechouchíos.
As bateladas d'a eirexa lonxana non son as mesmas; en denantes tiñan un pulo mais outo, cecais chegaran o Noso Señor.
N'as roladas d'a muiñeira xa seu fuxir non ten duda: compre-lle a Marela unha maor presa n'os amieiros.
A gaita, lonxana, alampa a sua anguria: non; non s'afai n'as foliadas.
Ten a Marela n'a sua finistra un maño senso de virxen aldeán: ¡as suas meixelas, paseniño, achega-se a serán, namentras as horas, parvas, preguiceiras, peneiran a sua anguria.
Marela: pol-o rueiro d'Alais van mozos e mozas camiño d'a festa; o aturuxo rube coma un foguete, fuxindo pro val; e n'a serán ateimada de rechouchios, cauta trovlan o carro.
Repinican ledas as campás i-o sol faille as veiras — Arela se casar?
Non-o sei.
— Marela: temos d'ir alá!
FERNANDEZ MAZAS
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/37/372f/372fda6e-02f6-4847-98c1-f75f87deaab0/115717843.xml
NOS
31
CANTOS POPULARES DA BRETAÑA (1)
MORRIÑA — (DIALECTO DE CORNOUAILLE)
Argumento Un mozo das montañas d'Arez, embarcou de mariñeiro nun barco de guerra -enfermou de morriña. Tiveron que deixalo perto de Bordeaux, onde morreu, de saudades e probeza, antre a palla d'unha corte. Iste amor pol-o curro da sua nacenza é un dos sentimentos decote mellor espresados pol-os poetas populares da Bretaña. Non hai quinto que non faga a sua canzón ó deixal-a Bretaña. Tales canzóns están cheas de sentimento anque carezan de poesía. O mariñeiro das montañas bretoñas fixo tamén a sua canzón, qu'un seu compañeiro adeprendeu i-espallou pol-a sua terra.
Istes datos foron donados por un aldeán de la Feuillé, a quen lla adeprendeu un vello muiñeiro; amigo da infanza do mariñeiro-poeta, quen teria agora, si vivise mais de 160 anos.
ANN DROUG-HIRNEZ — IER KERNE
Ann eoriou zo savel, selu ar flik-ha-flok: Krenval ra ann avel, mont a reomp kaer a-rog: Stegna reeur ar gweliou, ann douar a bella: Va c'halon, siouaz d'in! ne ra med huanada,
Kenavo neb am c'har em parrez tro war-dro: Kenavo, dousik paour. Linaik, kenavo. Ar c'himiad ma rann d'id, ken evid da guitat, Narteza siouaz-d in, da viken, evit mad.
'Vel cunn evnik lammet gand eur sparfel, er [c'hoad, Deuz a gichen he far pa oant d'en em barat, Meuz ket kalz a amzer da zonjal d'am glac'har, Ker buhan am lammel digandann neb am c'har.
Evel eunn oan a zen, pelleet deuz he vamm, N'echanann da oela, dadeurl klemmou estlamm; Ma daou-lagad bepred troet trezeg ar plas Elec'h oud-de chomet, va mignonezik vraz.
As áncoras erguidas; xa comenza o flik-ha flok; o vento é duro; fuximos á presa cas velas cheas; a terra alónxase; ¡ai! o meu corazón sómentes sabe lalarse.
Adeus os que me queren na parroquia e na bisbarra; ¡adeus, Linaik, miña queridiña, adeus!; douche o meu adeus ó deixarte, cecais pra sempre.
Tal qu'o paxariño roubado pol-o miñato na carballeira, de carón da sua amiga, no tempo dos niños; non tiven cáseque tempo pra me decatar do longor da miña oura. ¡Tan súpeto me tiraron da veira de quen me quer!
Como un añiño lonxe da sua nal, eu non paro de chorar e saloucar, cos ollos virados car'o curro onde fi ficas ¡Ouh, miña dóce amiga!
Decontado os meus ollos non fitarán non sendo o mar, que baixo de min freme, que chouta e se fende, e que, cando maxino, que todo finou pra min, e que xa fico no fondo das augas, bótame car'o ceo.
Cando entrei no barco foi grande o meu asombro, ollándoo tan grande com'un castelo movido pol-o mar azul; i-os oltenta cañós corenta por costado, emporcallados e pintados de negro.
A riveira, o redor, lonxe de min, semella un circo qu'en dous divide mar e ceo; o cabo dos palos mals outo está encol da auga qu'a cima do mais oulo campanario en col do chan d'un adro.
Víchedes ó redor do fento que medra no monte fios sin número cruzados ó largo i-ó través; hal mais cordas ó redor do palo que fios de tea d'araña ó redor d'un pé de fento.
¡Ai! Os bretóns acogúlanse de tristeza! Véiseme a cabeza; xa non podo pensar ren; ábreseme o corazón; fago ista canzón en val: cecais non ma oiredes cantar.
(1) Da obra Barzaz Breiz por Le Vicomte Hersart de la Villemarqué (Perrin e Cie - París - 1923, páx. 460).
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/37/372f/372fda6e-02f6-4847-98c1-f75f87deaab0/115717817.xml
NOS
Aires, aires...
A Eugenia de Castro, poeta, lembrando con él outro poeta; seu biografiado Feliciano do Castilho; o vidente cego.
¡Cantos os ceguinhos, ceguinhos de todo, os cegos da y-alma os cegos do corpo!
Pasan os aires que increpou a ousada Musa qu'é carpazona de por vida; Pasan ulindo á herbiña, ó sol curada, E a frouma dos piñeiros desprendida.
Todos chámanlle coitado A quen perde o millor don; ¿onde há don com'o da vista entre cantos Deus nos dou?
Saudade – oh, a Triste? – que a espreitar Mais ¿qué val ollar as cousas, – cantas andan d'arredor – se levados pol-o alleo e quitando do de nós damos tanto ruín e d'oxe, e tampouco de despois?...
¡Mal dixéralle coitado a quen garda o millor don, e, cegando pro de fora, sempre a ollare no interior, que, co espiritu, no invisibel a enmortal postrer visión!
D'o Rodeiro No mais ermo cantinho, un sabugueiro Mostra abelorios nas miudiñas frores...
E ¡nin reparan!: son indiferentes Ó enlevo d'as doíñas relucentes. Y-ó pranto qu'amargura os ruiseñores
Ventura dos cegos, ceguinhos do corpo, se téñen da y-alma ben craros, os ollos!...
ANTONIO NORIEGA VARELA MARQUÉS de FIGUEROA
A úneca pubricación de novelas galegas que ve a luz na nosa terra é
LAR
onde colaboran os millores escritores Se vostede é amante das boas léturas e quer conocer o que hai de mellor na novela escrita na nosa fala
Suscríbase a LAR 1'60 os 6 números Real, 36 1.º — A CRUÑA
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/37/372f/372fda6e-02f6-4847-98c1-f75f87deaab0/115717813.xml
NÓS
pouco somellantes ás dos portos (Muros, Ba» yona, Pontevedra) diferente pol-o caraute mais pechado propio de Compostela e pol-a falta dos balzós sinxelamente adornados que parecen agardar, nas casiñas da velramar, a chegada da onda levián da mareia. N-ista rua de resoantes laxes, de farol afeito a botar n-oulro tempo lús de posibre drama sobre dos bultos dos cospiradores, vivía o estudante. Meu pei. Era probe, soilo lle mandaban da casa douscentos reds ó mes. Pol-as cartas, pol-os retratos, por notas soltas deixadas en libretas, por anacos de conversas e de lembranzas que lle tiña ouvido dende neniño e que dend'aquila data xurdíanme ordeados na memoria, figurábame cando meu pai ía cara Sanf'Yago n-unha mula guiada a pé pol-o Sr. Estebo da Pobanza, un home qu'inda eu vin tolleitino, enfiando cebolas ó pé d'un cabaceiro, n-un sol-pór d'outono.
Unha noitiña chegaban a Lalín. Xa dend'a campía ouvían o bater do tambor. A Guardia Nacional estaba formada na estrada, saían propios con plegos pr'os alcaldes. Era a Revolución de Setembre.
Nos viaxes sentían ouvear os lobos, cruzábanse con inquedantes fatos de mornos viaxeiros, recibían de cheo a lampada d'ollar analíteco dos espías de ladróns, negrexaban ó empardecer as cruzes que sinalan ó sitio do crime. Mais tamén o alento forte dos vals montesíos viña carregando ó recender ledo das carballeiras e das colleitas, o xamón de Tras-Deza i-o viño chirlán i-escumoso agardaba nas pousadas, sentiase correr sobras xesteiras o vento, sempre mozo, das serras.
O estudante tiña a lús acesa a mór porción da noite. O Sant'Yago d'entón asulagado na moura sombra das pedras e da noite, resoaba de berros de villéus, de cancións politecas, de serenatas románticas ás novas señoritas, ás costureirinhas da rua de San Pedro. A luciña do estudante na rua de Mazarelos caía riba da testa loira e riza, incrinada sobrios libros. Neumayer, Mata, as leucións clínicas de Trousseau no Hotel-Dieu de París. Que pensaría o estudante de París onde espricaba aquil doctor Trousseau, de maxistrales patillas? París: centro de cencia, estudos inquedantes da Sal petriére, a Morgue, ruas formiguexantes dispostas a se cobrir de barricadas, bruentes cenas
d'emigrados (o polaco tráxico e calado, o atolado irlandés, o carbonaro incomparábel mestre en revoluciós). París: outra Nosa Señora de cencia e liberdade, Victor Hugo no rochedo de Guernesey, miragres de vontade, o ecoar das pisadas de Napoleón, un mundo aberto ós rapaces de xenio... O estudante pensaba de seguro n-istas e n-outras cousas. Hai no sigro XIX un romantismo centifeco: seguindo a topografía das veas e dos músculos no cadáver, un estudante intelixente sentía, apesar das afirmacións positivistas en moda nos espíritos fortes, un certo arripio, unha non confesada desesperanza nada do firme contraste antre o estudo triunfante da materia i-a formación espiritualista da raza.
O estudante tiña a verba fermosa, segura, limpa e forte. Fixo oposicións a interno: ríase, de vello, contando as circunstancias do seu triunfo contra un certo opositor noyés que chegaba cinguido de grande sona e con longas barbas médicas.
Os estudantes con barbas. É cousa que hoxe apenas podemos maxinar. Os estudantes d'entón tiñan moito de fidalgos d'aldeia. Entón os señores, probes ou ricos, inda se non aparecían do campo. Ca mocidade das Escolas entraba en Compostela o ar dos pazos, das aldeas, das ribeiras e das montañas de Galiza.
N-aquiles días, xa lonxanos, vivín o Sant'Yago da mocidade do meu pai. Era eu un neno enloitado. Paseaba pol-a solaina onde gosta demorarse ó sol, ou soñaba no tristeiro despacho que ten unha ventana ó Norte e garda ó grande mapa de Fontán.
A grandeza imperial de Roma non s'atopa en Sant'Yago; Iste é un lugar eleito pol-o espírito, unha terra millor que un tempo. Nas cátedras de San Pedro ou de Letrán fálase cón ar dogmático; definen, percisan, distinguen, ordean, condenan. De Sant'Yago non fen xurdido ningunha lei, ningunha obrigación pr'os homes. Certa cousa latexa baixo do chán, certa vós ou arume irmán das voces e dos arumes que se forman no selo das almas individuais mais desemellantes e lonxanas. A xente, ó espertar nas craras mañáns, co-a arela do perelinaxe compostelán, ven pra confirmar.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/37/372f/372fda6e-02f6-4847-98c1-f75f87deaab0/115717849.xml
D). A Coba das choyas (fot. 1.9) chámase así, sin dúbida, porque «choyas» é o nome que teñen en Parada os gabilás, que aniñan nas covarochas do outo talude fragoso onde se abre acova. Asentradas d'éstaque semellan, de lexos, dous arcos de oxiva, están a nivel do chan e chegan cáseque ó teito. Estas dúas grandes fenestras miden uns 8 m. de outo por 4 de ancho. A cova terá uns 6 m. de fondo, 10 de ancho e outros 10 de outura. As dúas entradas están separadas por unha que desde fora parece coluna salomónica; mais
GRUTAS PREHISTÓRICAS SITAS A URDIÑEIRA (RIÓS)
esta coluna alóngase cara adentro formando unha sorte de muros, que por pouco non chega a partir a cova en dúas que corresponderían ás respetivas entradas. Y-o mais notábel é que no medio e medio de este «muro» hay unha abertura, unha sorte de fenestra de contorno moi irregular, e que mide uns 3 m. de outo por 1 m. de ancho - no mais ancho. Polo feito debe haber filtracións no inverno; pro non hay que pensar en formacións de cal. A fraga é de xisto pizarrento.
E) O Castelo (dibuxo I) é, como dixemos, o remate S. E. da Urdiñeira. Con relación ó cumio de ésta, o Castelo forma un pequeno petouto, situado en plano algo mais baixo; pro polo S. amostra unha ladeira moi alongada que vai morrer ó río Mente por frente ó Navallo. No curuto ten por este lado ladeiroso unha muralla, conservada n'algún punto y-esborrallada en boa parte. A pequena ladeira da parte N., que mira ó cumio da Urdiñeira, está formada por fragas empinadas, e ten cerca da base un ancho foso, perfectamente apreciábel, como que ten sitios de uns 4 m. de abertura. Este foso cingue a croa polo O. hasta pouco antes de escomenzar o parapeto, e mais polo N., N. E. y-algo do E. Por este lado a cara de adentro do foso está formada por un muro que está pegando da terra da croa. A poucos metros por fora dos restos de parapetos y-esparexidas no outo da ladeira do S. están as cases.
Porque ha de saberse que o Castelo ten casas de planta circular, ovalada ou en forma de castañola, de medidas que abolan entre 3 e 8 m. de diámetro e coas demáis características que os arqueólogos lle asinan as casas das citanias (lots. 2.9 y 3.9). As paredes de sete de estas casas están a vista e moi ben conservadas. Hay algunhas que teñen en pé cerca de un metro de muro formado por pedras de regular tamaño, labradas esteriormente, e postas en dúas fiadas horizontás. Algunha vez (fot. 2.9) está aproveitada a cara alisada de unha peneda pra aforrar un cecho de muro.
Mais abalxo de estas edificacións non se abesullan restos de obras defensivas. En troques, dentro do espazo defendido só se poden apreciar (y-eso dubidosamente) restos de unha ou dúas construcións de pedra. Este recinto fortificado, de superficie moi irregular e forte mente incrinada de N. a S. ten forma lexeiramente oval e mide 120 m. no diámetro meirande e 40 no pequeno.
II. AS LENDAS Y-A TRADICIÓN
Temos ouvido a xente das Ventas, de Pedroso, do Navallo e de Parada os seguintes relatos:
1.9 No cumio do Castro de Pedroso había, inda non fai moito, unha fonte na que en certos días y-a certas horas se vía ballar unha moeda como de dúas pesetas. Esta moeda era a señal de un tesouro que había enterrado no
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/37/372f/372fda6e-02f6-4847-98c1-f75f87deaab0/115717823.xml
NÓS
moltas representacións de todas para poder nos vere libres de apreturas, de agobios.
Em. - Non soñes, Herminia; ti vaste xa fora da realidade. Eso é mais dificile, imposíbele coase.
Her. - ¿Imposíbele? ¿Pois non cobras dereitos?
Em. - Non cobro. Para lograr ver representada a miña obra tiven que renunciar aos dereitos. Ademais outras diversas circunstancias impiden dar mais representacións.
Her. - ¿Daquela tanto estudar, tanto traballar para nada?
Ern. - Baixo o teu punto de vista, é certo, para nada.
Her. - Non te disgustes pol-o que che digo. Mais ben sabes que hoxe o diñeiro é todo. Xa ves: o médico dí que lle demos á Xeliña moitas xemas d'ovos e mucho leite; ti mesmo precisas te facer un traxe, que ese xa coase o non podo recosere mais... Tamén é comente que os nenos van moito á rua, e decote están metidos na casa por non podermos pagar unha criada... ¡Necesitamos tanto, tanto, aumentar algo os ingresos!
Ern. - Si, tes razón, tes moita razón; todo o meu traballo, todos os meus degoros para facer unha obra, esa obra que hoxe esirenouse e mereceu os aprausos do público, non é nada, non serviu de nada ¡toda a miña gloria de hai un instante derrúbase agora, na intimidade da miña casa, ante o fracaso, o enorme fracaso, do meu ideal que non sabe procurarse diñeiro!
Her. - Perdóame, Ernesto. Viñas ledo e son eu a que che causo un desacougo, unha dor, neste día para ti tan ditoso: perdóame.
Ern. - (Bicándoa) Non és ti non: é a realidade, é a vida... Anda, ímonos deltar que xa é moi tarde; mañán teño que tre á oficina.
LEANDRO CARRÉ
A CASTAÑEIRA DE SANT-IAGO
(DE UN LIBRIÑO QUE ANDA LABRANDO F. FERNANDEZ ARMESTO)
De mañanciña, moi cedo, cando o lubricou silandeiro val tanxendo principalmente as somas car'ás encrucilladas, l-os alxibes das campas repretos de noite sacúdense en afiados estremecimentos, a castañeira abre a porta da sua chociña, e mentras ela sai unha veta de craridade matinal métese zaramalleira a brincar ás catro esquinas co'as sarten l-os candis relucentes pendurados da espeteira.
Pol-a rua empeza a desfilar un cortexo de luces que van quedando penduradas, coma dun-a antena, da muradana da cestañeira, tremante cal pingados d'orballo.
O tinglado da castañeira — caixos coxos, palanganas vellas, fardos sucios — somellan un patíbulo funambulesco erguido pra cazar, co reclamo da fogueira, os pichons cando rosos i-alborozados das luces, e retorcerlle, logo os pescozos, con xesto landruesca.
A tarde comenza a marcharse, pol-os vieiros que trillou a mañan, pesadamente. A man renegrida, dura, esquematizada, da castañeira, fía de cruces o bostexo que repite, con alxebraica proicición, e villeu de enfrente.
Un fósfaro estoupa coma un beixo roxo na faciana campante d'un difunto, os torgos comenza a arder, as castañas douradas bafeanse na cachoeira da chama, e un berro fino, alongado coma un sancristán, ¡quentiñas! arrebola de susto a brétema.
Cará esquina da castañeira, por todol-os vieiros que circundan o Mundo ven o rixelo branco da mañanciña brincando a comba co'as montanas.
Xea, todo se para atrecido. O fogon da castañeira quece amorosamente os pés espidos dos soportees.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/37/372f/372fda6e-02f6-4847-98c1-f75f87deaab0/115717818.xml
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/37/372f/372fda6e-02f6-4847-98c1-f75f87deaab0/115717830.xml
conocer, nin un tan siquera se atopa de este mosteiro. E no «Archivo Histórico Nacional» somentes gárdanse tres pergameos dos anos 1205 a 1413 e un legajo de papeles. Din, e teño por certo, que no «Archivo xeral de Galicia» consérvanse bastantes documentos referentes a cesións, vendas, etcétera, e hasta teño noticia de unha copia de un lumbo que se garda non sei onde; mais a forma en que o dito Archivo se conserva, non permite de momento investigalo como é debido pra o noso traballo, que por outra parte, non quere ser precisamente histórico, sinon descriptivo.
Temos, pois, pra fixar-o orixen de este mosteiro, que valernos de moltos datos xa conocidos.
O P. Yepes di que a primeira escritura do seu archivo era do ano 942 e que n'ela consta ro dos ditos abades seguiu no cargo o seu sobriño D. Nuño (ou Munio) quen entregou mosteiro, facenda y-escrituras a os seus irmans Gutierre y-Aloito.
López Ferreiro, que debeu lér á vista documentos, dinos que o mosteiro de Cambre foi fundado, ou restaurado, a mediados do século IX pol-os irmans o Conde Alvito (ou Aloito), Visleberga, Urraca e Odrocia (que Yepes non cita), a os que supón irmans tamén do Conde D. Pedro, o que desbaratou a os normandos cando por segunda vez viñeron a Galiza, enumerando con mais detalles que o P. Yepes, os bens que lle dearon, entre eles as vilas de Cambre, Elviña, Leira, Coiro e Taramancos e as eirexas de Roo, Boa e Sigrás; di lamén que as escrituras depositounas Alollo, na eirexa de Oviedo, de onde, por necesitalas, recolléron.
que dous irmans Gutierre y-Aloito, monxes, fixeron donazón y-entregaron o seu mosteiro de Sta. Maria de Cambre a Adolfo, Abade de San Pedro de Antealtares, e que n'ela se fai relazón do Abade Nuño (ou Munio) e de outro, antes de éste, chamado tamén Aloito, quen cos seus irmans doña Westriberga e doña Urraca, véndose sin fillos, edificaron unha eirexa no lugar de Calambre, adicada a o Salvador y-a Sta. Maria, dándolle un coto moi cumprido con seus vasallos e xurisdizón civil e criminal, outro coto, o de Talamanca, xunto a Noya, e eirexas de presentazón. Fixa, pra que mellor se entenda, a existencia de dous abades chamados Aloito, un, o fundador, y-outro, o que incorporou o mosteiro de Cambre a o de Antealtares; decindo que a o primeiro
nas os monxes mais adiante, en lroques de 800 sueldos de plata que lle ofreceron a Alfonso III pra que llas deixara traere.
Mais adiante dinos, como Yepes, que os irmans Gutierre e Alvito (ou Aloito), agregárono a Antealtares por encargo do seu irmán o Abade D. Munio á hora da morte según certo extracto da escritura de que Yepes nos fala, que viu entre os documentos de San Martín Pinario na Biblioteca da Universidade Compostelán, decindonos que entre as cousas que Gutierre y-Alvito entregaron a o Abade de Antealtares, Adolfo III, figuran as escrituras que «seu pai recollera de Alfonso III. E añade que tamén protexeron a este mosteiro, Hermenegildo e Iberia, os fillos do Conde Pedro, e tal vez sobriños dos fundadores, que loitaron
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/37/372f/372fda6e-02f6-4847-98c1-f75f87deaab0/11571783.xml
Dr. MOSTEIRO Médico Odontólogo
Medicina e Cirugía da boca -- Electricidade -- Rayos X
A Clínica Dental mais completa de Galicia
SÁNCHEZ BREGUA, 5
A CRUÑA
LUIS FÁBREGA
DROGUERIA E FARMACIA
Progreso esquina a Luis Espada
OURENSE
MERQUE VOSTEDE
Plumeiros RAFIUM
De mais dura qu'os de pruma e limpa millor
Véndense en todol-os estabelecimentos do ramo
Andrés Perille - OURENSE
Reloxería ZENITH
Máquinas parlantes, Discos, Agullas
e Accesorios
M. Calviño
OURENSE
SOMBRERERIA
JEMUS
A mais económica de Galicia
AXIÑA
APARECERÁ
HOSTIA
POR
ARMANDO COTARELO
SANATORIO QUIRURGICO
DIREITORES
Manuel Peña Rey
José Mosquera Blanco
Ginecología e Partos
Cirugía xeral
Especialista na gorxa, nariz e ouvidos
Situado frente á Alameda do Cruceiro, ten todal-as condición precisos. Practícase toda crás d'operacións. Dado de todol-os adiantos que pód' a actual Cirugía. Modernas instalacións de RAIOS X pra diagnóstico e RADIOTERAPIA superficial e fonda con voltaxe de 220.000 volts. Aparello de Diatermia pra tratamento de Auxílios e procesos inflamatorios. Aparelho de Electroterapia. Lámpara de cuarzo pra sol dafiud e aliz violeta pra tratamento d'escrofulosis, raquitismo, alopecias, eczemas, etcetera. Admitense embarazadas, e cóntase con material esterillzado pra fora da cibdade en casos d'urxencia. Podem colaboraren todol-os compeñeiros, previo consentemento dos direltores.
BODEGAS GALLEGAS PEARES E OURENSE
Viños finos de mesa: Tinto TRES RIOS Blanco BRILLANTE. LOS GALLEGOS blanco e linto
Macía e Valciras, Apartado 18--Ourense
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/37/372f/372fda6e-02f6-4847-98c1-f75f87deaab0/115717847.xml
NÓS
Namentras, o frascastro ten como suas aquelas leiras, o pinal mais ao lonxe e aqueles poucos carballos que agariman a vellez do pardecento lugar — catro casas e un palleiro — chamado, non-o dubidades, o lugar do Trascastro. Dende alí xa se non ollan as defensas do monte que están pra a outra banda e vanse esmorecendo conforme se aproisiman. Tampouco é tan traballosa por alí a rubida ao castro, suavizase a costa e non afloran pedras nin valados.
Concretemos por romale, a siñificación de estas verbas que non vin recollidas nos dic-
zoalros. Valladares tral so-castro fora do seu lugar, no artigo so. Ao vocabulario do porvir poderían pasar eisí:
Socastro: chairra existente ao pé de moitos castros, diferente das chairas dos reductos que forman o castro propiamente dito, e no que se ouservan restos de antigas culturas.
Cabicastro: terras inmediatas ao castro, perléiscentes ao lugar onde iste asenta, por baixo do socasiro e sin formar parte, como o socastro forma, do moimento total.
Trascastro: Terras opostas á parte dianteira do catro, ou sexa a aquela onde acumula as suas obras defensivas.
F. BOUZA BREY
PARÁBOLA
(Pra MANUEL ANTONIO)
Tópome ancrado na noite dos mistereos. Botan a sua face pra faguerme siñaes. Non sei quen para á miña veira e leva os pensamentos pra deixalos feitos farrapos, pendurados nos mastros das chamineas incertos. Dou a volta non sei que man á lousa borrallenta dos ceos (os epitafios quedaron do rivés) i-entras sombras latexan ameazas — son os secadeiros mordegos — e pasa o tren do Xuicio Final sacudindo as argolas no silenzo.
Qué pasa? Venceron os diaños — di Miguel — e fuxeu Deus pol-o postigo aberto.
Lubricán. O rodicio do día o sol rompe a virxinidade dos hourizontes. Despertas as aldeas — picariños en cofros — dibúxanlle bigotes á mañán c'as chaminelas de lapiceiros.
Cun atruxo de prata, o río pol-o val — mozo que ven da tuna — acoitelou as sombras derradeiras. i-o galo, brandendo o sable, bótase ás barricadas do día novo dend'o fortín do galiñeiro.
Á noitiña. Tras das finestras a miña moza chora — sabe que son ateio — o sapo dalle leuciós á fonte a leval-o compás, direutor pitagórico, no tamboril do tempo.
As estrelas amortallan o día aforcado na cume derradeira. Os osos, zugados pol-as horas do campa, [nario- engarabítanse no vento mentres unha muller — non sei si canta ou freza — ten man da vaca pol-o comareiro.
OTERO ESPASANDÍN
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/37/372f/372fda6e-02f6-4847-98c1-f75f87deaab0/115717819.xml
NOS 9
EU SON DA TERRA CELTA...
Eu son d'a terra celta d'as néboas e d'os fumes, d'os días de Sol, mornos, d'as noites de luar...: a d'as frolidas veigas, a d'as inxentes cumes, d'os regos bulizosos, d'o maino ou rouco mar.
Eu son d'a nobre e forte Galicia, a malfadada, a d'as morriñas santas, a xenerosa fiel; d'os xeórxicos nouturnios, de musa namorada, baruda de costumes, fidalga de broquél.
Alí, d'a lus enxérganse acesos resprandores d'a miudiña brétema pol-o cribado túl; orquestran os outeiros, seríns e reiseñores, as noites son caladas, o ceu de dombo azúl...
Cecais, s'a fé vos guía, cal milagrosa estrela, que no sidério espazo a un santo aloumiñóu, irés de pelengrinos á nobre Compostela a orar onde o Apóstole groriosa crita achóu.
Entón verés os montes cubertos de ramaxes, as prácidas ribeiras qu'o mar bicando está, xardíns esverdexantes, campías e paisaxes, e populosas vilas qu'o mundo amira xa.
Contemprarés d'os castros as poétecas ruínas, románecas igrexas, sagrarios d'a sua fé, roseiras y-arboredas que croben as colinas, e prateadas augas que cantan ó seu pé.
Oirés as brandas trovas que riman seus poetas, as lendas e fazañas d'un pobo que loitou, a hestoria d'os seus sábeos, seus nautas, seus ascetas, e como, pol-a pátrea, a liberdade amóu.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/37/372f/372fda6e-02f6-4847-98c1-f75f87deaab0/115717848.xml
Notas pra un estudo da Urdiñeira
Limítano o río Mente, que corre de N. O. a S. E. y-o regueiro de Parada, que se xunta co anterior despois de abrazar a Urdiñeira de N. E. a S. E. Polo parte N. avencéllase co groso do Invernadeiro por medio dos montes de Sahguñedo.
Na punta N. O. da Urdiñeira está o Castro de Pedroso; no fondo da ladeira do S., Valmedo; no medio de esta ladeira, a Fraga dos mouros; no cumio, mirando ó N. E. a Cova das choyas; e no remate S. E., pouco antes de xuntarse o Mente co regueiro de Parada. O Castelo.
A) O Castro de Pedroso é un monte de forma cuasicónica, situado á beira da aldea que lle dá nome, e arredada do resto da Urdiñeira polo pequeno regato de Cabras. A ladeira do S. é moi empinada, e pola parte do N. hay restos de paredes - parapetos? - esborralladas.
B) En Valmedo hay, preto da xuntanza do Mente co regueiro de Cabras, un espazo achairado e con unha parede por un lado, no que se ven unhos tonteliños que amostran o aspeito de mámoas. Arredor de cada un hay montós de pedras puídas do río, das que tamén está feita a devandita parede.
C) A fraga dos mouros non amostra ren de particular. Os vellos das Ventas aseguran que ten no medio un foso que vai sair á Castro de Pedroso; mais nós non puidemos dar con él. O que se vé é unha fonda escavación feita - segundo soupemos - por os veciños do Navallo en percura de un tesouro.
I. OLLADA XERAL
A Urdiñeira é, como queda indicado, un estribo montañoso da parte S. do Invernadeiro.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/37/372f/372fda6e-02f6-4847-98c1-f75f87deaab0/115717845.xml
NOS
O tecnicismo da prehistoria galega
PREFIXOS DA VERBA CASTRO
STE craro rio cabdal que é o n oso idioma vai sendo esprorador esculcado, enrrequentado dia por dia de mansiño, de mansiño. Foron ouvidos dimpos de cento e tantos anos os laios aloumiñantes de Sarmento; mais non quixo, deica agora, Deus que se manifestase o miragre de un noso leisicólogo e velaiquí que fallan os diczoalros histórico e etimolóxico da lingua galega, tendo como lemos molto adiantado cos xurdios estudos do Irmán Portugués.
Eisi é que compre unha xuntanza de homes de boa vontade – de aqueles homes a quen Xesús lles pormeteu paz na terra – que escor-mencen a laboura, laboura magna, laboura de vocabularios monográficos, sin dúbida, laboura benedictina, de afervoado sagrifizo que nos repartiríamos todos. Uns a traballar no tecnicismo náutico o das verbas de suma sonoridade (treu, ronsel, bourel...); outros no astronómico de diczóns pluriverbaes, compostas (estrela-de-fartura, carro-do-ceo, sete-estrelo..); aquéles no artístico de verbas nobres, de recendor medieval (cousela, obradoiro, ousia, boula, cáustra...) ístes no prehistórico.
Do prehistórico queremos falar hoxe.
E como a cencia prehistórica é unha cencia nova, o problema do seu tecnicismo prantéase na Galiza do mesmo xelo que se pranteou n-outras partes e de idéntica maneira que preocupa na actualidade aos nosos veciños os leisicógrafos casteláns, (1).
Os franceses esculcadores porfiños denantes que outros pobos na virxinidade prehistórica espallaron pol-o mundo unha nomencratura tan arbitraria e sobor de todo tan imprecisa que houbo que facela moitas vegadas. ¿Quen lembra os periodos calcéutico, metabático e demás?. Non anda tampouco moi sigura a que rixe e por isto reaccionan os demais pobos revisando e creando palavras acomodadas á formazón fonética do seu idioma e axvitando as francesas mesmas que fiquen insustituíbles por corresponder a estazóns prehistóricas tipos de sona universal.
En Galiza velaiquí que lemos que facer esta nomencratura ao menos pra nomear a nosa prehistoria característica. Vexamos as fontes de creación.
Asisadamenies tomaron os contados prehistoriadores galegos que escreben no noso idioma as voces técnicas do portugués, mollas dos que andan xa aceptadas pol-o mundo científico. Eisi citania que desina un xacimento típico da nosa cultura prerromána; eisi castrexo co que se indica todo aquel material relativo aso castros. Algún dos nósos houbo – vento que foi Murguía – que creou con grande tino un vocábulo pra desiñar o característico arte rupestre do Naroeste, insculfura, que debemos empregar preferentemente por acomodarse o seu siñificado etimolóxico ao xeito de ser de istas gravuras.
Abandada a teoría que airibuía orixe céltigo aos moimentos líticos, caeu por terra a nomencratura de ístes, formada de verbas bretonas e, anque mol metida nos ouvidos e na testa das xenles, van desusándose as paroles dolmen, crómlech menhir... en tanto fican perennes as crásicas nosas, as populares de anta, arca, pedrafita.. que dormen nos vellos documentos.
Pols. como de cote socede, lemos que mer-gullarnos na entrana popular, ucha onde se garda o bon pano idiomático, pra conquerir o tesouro das verbas ancestraes, o instrumental do noso trafego. Non nos esirane pol-o tanto que algunha parola galega de ista procedenza fose aceptada de bon grado pol-os eruditos do mundo enteiro; tal socede con mámoa, cn
(1) Vide Carballo «Excavaciones en la Cueva del Rey en Santander» Madrid, 1923 e principalmente Cotarelo e Mori don Emilio: «El Tecnicismo de la Prehistoria» do mesmo lugar e ano.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/37/372f/372fda6e-02f6-4847-98c1-f75f87deaab0/11571784.xml
AUTOMÓVILES
RENAULT (TURISMO e CAMIÓS de 1 a 5 toneladas)
MERCEDES-BEUZ
CITROEN
HUDSON
ESSEX
REPRESENTANTE XENERAL EN GALICIA
MANUEL NEIRA - (Vigo)
N'OURENSE -- O REPRESENTANTE DA CASA
JUSTINIANO R. BOUZO
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/37/372f/372fda6e-02f6-4847-98c1-f75f87deaab0/115717814.xml
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/37/372f/372fda6e-02f6-4847-98c1-f75f87deaab0/115717855.xml
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/37/372f/372fda6e-02f6-4847-98c1-f75f87deaab0/115717835.xml
NOS
hay tres esteos por lado, dous de eles, os mais interiores, aparellados, con base e capitel común; todos teñen o fuste ben proporcionado, esbelto, exento e monolítico, sobre bases tóricas, con tendencia a os perfiles clásicos, con garras no plinto e pequenos dados, algús esculpidos con lixeiros relieves, e todo sobre un basamento común á portada. Os capiteles, voluminosos e ben traballados, inda que lambidos pol-o tempo, son todos interessantes; os dous de fora, de follas superpostas, un de eles, o da dereita, de tradición visigótica, como algús da portada principal de Moraime, o outro xa mais románico; d'os dobles, o da dereita ten a representación do Xulcio Final ben esculpida, bastante mellor tratada que na elrexa de Arcade: San Miguel coa balanza desnivelada y-o demo enfrente, e detrás de éste un monstro que arrepía, e unhas follas carnosas, acaracoladas, de franco estilo compostelán; do capitel esquerdo, esculpido con monstros, pol-o gastado e lamido non se adiviña o asunto; os ábacos de todol-os capiteles están ben traballados a gran relieve.
Por riba da portada ten unha cornisa ou tornachuivas adornada con pequenas flores, sobre seis modillós ou canciños, esculpidos con unha cabeza de boi, outra de monstro, dos cas, unha folla de acanto, unha figura cun libro no regazo y-outra tocando un violín: os intercaniños, cousa rara n'unha fachada tan rica, son lisos e non escuplidos como están en Santiago da Cruña, Colexiata de Xunqueira de Ambia, eirexa de Feá e Catedral de Santiago.
Enriba ten un fermoso rosetón, un dos poucos románicos que teñen as nosas elrexas, fora das catedrais, pois inda que moitas son as que os presentan, a maioría, ou son de transición, como o de Bergondo, ou francamente oxivaes como os de Santa Maria do Campo da Cruña e San Francisco de Belanzos. O de Cambre, que é moilo maior que a xeneralidade dos románicos das nosas elrexas rurais, que os de Mezonzo, Porzomillos e Tiobre, rodeanno uns relieves delicadisimos por fora, logo unhos arquiños de ferradura entre cavetos e sobre un forte bocel, como en Carboeiro, e no centro ten un óculo ou círculo, rodeado de oito, abertos ou calados nas pedras y entre finísimos relieves, algús dibuxando arquiños de ferradura, de pouca profundidade e de traballo delicadisimo, que semella moilo pol-a maneira de estar feito, a os relieves do estilo plateresco.
N'os outros vanos da fachada ábrense unhas ventas bonitiñas, de arcos semicirculares peraltados que cerran un pouquiño nos arranques, dándolle certo aspecto de arcos de ferradura que, lixeiramente acusada, vemos ás veces no románico galego, como na porta principal de Sta. Maria Salomé, de Santiago e na do sur de Santa Maria do Campo, da Cruña. As dúas ventás teñen un esteo por lado nos codelos, de fustes esbeltos e ben proporcionados, exentos e monolíticos; as bases son tóricas con pouco dado, y-os capiteles, unhos son de follas estreites, de pouco relieve, y-a cada lado, n'un de eles, un paxaro corpulento, y-outros de entrelazos revoltos, quizais compostelans, e de lolita de animais monstros. A arquivolla da ventá da isquerda, que arranca como a outra d'unha cornisa cun caveto por moldura, ten cinco arquiños de ferradura e rosetas n'os ocos, y-a da dereita, outros cinco, pentelobulados, y-a o redor, fino e pequeno billetaxe.
Apoyos - Os piares d'as naves, fora d'os do cruceiro, son de planta cadrada, y-en cada frente teñen un semiesico adosado pra recibir o empuxe vertical dos arcos; as bases, tan variadas como os capiteles, leñen, en xeral, perfil tórico donosiño, inda que n'outros varíe o perfil, non o donaire, e todas con garras reforzan o plinto; os dados non s: ven por fundidos no chán. Os piares do cruceiro, mais fortes, como pra recibir un empuxe moilo maior, pra armonizar c'os brazos de aquel rompen na esquina o trazado rectangular, e distribuyen os semiesteos, según as direicións d'os arcos; y-os dados, mais ergueltos que os outros, teñen moilos de eles floreciñas esculpidas.
Os capiteles, en xeral fermosos e ben traballados son, pol-os motivos e pol-a maneira de estar tratados, francamente compostelans, pois algús son hastra iguais a moitos das naves altas da catedral de Santiago. Hai nos de follas fortes e carnosas que volven en grandes volutas y-adornan os centros con rosarios de doas; de follas lanceoladas, sinxelas, resistentes, de gran relieve, de follas de canto formoses moi
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/37/372f/372fda6e-02f6-4847-98c1-f75f87deaab0/115717815.xml
NOS
Unha friaxe oristaiña cria o viver forte dos cumes. Os aires carregados d'augá mariña ó chegar ós cotos de Sant’Yago, emocionase en brétema, en orballo. Síntese no rostro o bico da montana ó igual de cando rubimos un camiño encostado e chegamos diante d’unha casa fidalga. Na solaina ond’o amo nos recebe, nas grandes salas, nas pedras da eira, feina un ambiente enérxico que fai pensar nas outas arelas, nas decisiós destemidas. Iste ar de Sant’Yago ten ademais o sopro que sai das pedras: da pedra en si, tallada en grandes poliedros e dos espazos (claustros, naves, cúpulas, ruas, criptas...) cinguidas de pedra. Nestes espazos o ar gárdase en individualidades que baten nas frentes de diferente maneira. E pódese distinguir o ar da catedral, do acugulado no pazo de Xelmírez, do estancado na Quintana, do que vibra pol-o cantareiro empuxe das fontes nos páteos do Hospital.
Alóngase o convento de Santa Clara ó decórrer da carreira. Nesta carreira da Craña comana veciña rua dos Loureiros, todo élongo, unha das pontes da vila car’a campía espallada e erma. O convento non vira pra carreira inda que s’abran a ela moitas ventanas. Mira pr’o interior e pr’as hortas e pra Santo Domingo i-o Pico Sagro. Aquelas hortas teñen todas unha tristeza de convento. Si non é o paraíso dos couselos, coma Belvis, é pol-o menos unha das insuas do silenzo no grande archipélago de soedades que é Sant’Yago. Santa Clara – co Carmo, son as dúas primeiras probes ascéticas que están axoelladas na estrada da vila. Son ceguiñas milagreiras. Virxes cheas de ledicia do ceo espallado, da fé dos horizontes cristaiños do Tambre. O convento, a eirexa é unha obra rara. Toda xeometría: feita d’unha maneira de tolería de sólidos, unha cristalización de cubos, dados, pirámides, unha cousa cubista. No cima un tonelete parés perder un equilibrio inestabre. Parés que vai cair rolando, cristalño, infantil, xogo de nena cándeda. Dentro hai un campiño sempre verdecente, ca herba que nasce non ant’as xuntas das sepulturas que é herba diferente, s’non de ermida campesia. Co-lse campiño teñen d’ahondo as relixiosas pra lembrar o úneco do mundo que poden lembrar as monxas sin door: a nenez, cando xogaban cun cordeiriño no campo semellante da sua aldeia, un canciño. Aquela herba sempre está igual. Fuxen d’ela os moscardós d’outono. Ten o verdor das herbas d’amorque sementan na auga as raparigas. Alí está enterrada unha abadesa feta de Muley Hassan. Unha granadina enterrada n’un gla- clar. O convento quedou deserto na guerra dos séle anos. Entón o vento entrou libremente. De seguro unha cabirta paceu na herba do campiño.
En Sant’Yago hai un forte estrato de húmus humano, pechado na feitura de nave ou de arca das tumbas, ou sscularmente misturado nos vellos enterramentos co torrón primixenio. Un infindo censo de mortos figura no padrón de Sant’Yago. De mortos pre e post-apostólicos. Dos primeiros, dos celtas loiros, afeitos a xuntarse ó pé das grandes carballas abéas das que hoxe ruben litúrxicamente ó vello castro da Ferradura, soilo se pode dicir qu’o seu home e sua historia son terra e coma tal os mais nosos dos ñosos mortos. As cámaras dolménicas erixiron seus altares de laxes agarimadas pol-a coberta de terra e sinxelamente participan do esprito caladamente musical do chán. Soilo os mortos do Medulio teñen unha sona histórica. Os outros teñen vida cósmica da epopeia sen versos dos nosos orixes.
O Apóstolo é o Grande Morto de Sant’Yago: os seus ósos, o seu probiño esquelete canso das loitas avanxélicas, enchen o solar da cidade. A sua santidade comunicouse a toda a Terra i os que cavaban faciño con certo lino e respecto, moi amodiño pra non lixar o chán apostólico. Sant’Yago fíxose vila com’unha roseira que medrara riba d’unha sepoltura. Mais a lembranza namorada, ademiradora, simbólica que teñen en toda a parte as sepolturas, foi eiquí lembranza i-espranza viva de fé. Sant’Yago leva o nome d’un dos mortos que mais viven na conciencia europea e ten na humanidade un prestixo maor que o das Constantinopla, Aleixandrias e Seleucias.
Os mortos de Sant’Yago foron nados en moitas terras lonxanas; cantos perigos chegarian ca íntema arela de deixar os seus ósos n’iste cemiterio ecuménico! Primeiramente foi
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/37/372f/372fda6e-02f6-4847-98c1-f75f87deaab0/115717841.xml
Dibuxo por FERNANDEZ MAZAS
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/37/372f/372fda6e-02f6-4847-98c1-f75f87deaab0/115717822.xml
Borrador OCR local de apoyo. Úsalo solo como pista débil cuando la imagen sea ambigua; si contradice claramente la imagen, prioriza la imagen:
rr.
eae
< i » pS Nowe DE TRUNFO
toda a emoción que me abalaba! Cómo se algún ser invisibele me falara no Ouvido, escoilei unhas verbas alentadoras: +O púbrico escolta calado porque a obra interésalles ¿Sería certo? ¿Sinificaba interés, atención, aquel silenzo medoñento? De súpeto estalou un aprauso ao finar unha escena. O meu pelto arfou: alentel ¡O púbrico non sabe ben canto se agradecen e como se desexan estes primeiros aprausos no día do esIreno! Despois a cousa fol rrellor xa; algunhas risadas subrayaron as falas do actor cómico, e Novos aprausos resoaron nun mutis. Ao romatal-o acto fol expontáneo e sinceiro o baticar de mans. e algunhas chamadas ao autor fixéronme sair para agradecere aquela simpatía con que fol acollida a obra. Os outros actos gustaron ainda mais. Moitos amigos acudiron ao taboado para me felicitar, entre eles tamén alguns señores cós que non falara na miña vida,
Na homilde sala de xanlar de paredes caleadas, ante o guarda louza onde se reserva a baixela dos dias de festa e mais un servicio de café, ambos regalo de boda. Herminia cose un vestidiño que somella de boneca, tan pequeniño é; un pouco arredada a mesa para recibir mellor a luz da lampada con abat-jour de vidro dependurada do teilo.
Ao mais levián bruido quesinte ergue a cabezaeescolta.Somella algo desacougada. Acampá do Concello xa tocou unha hora da mañá
Pasen quince minutos mais e Gese abrir a porta da rúa; despois rubir as escaleiras á modino para non facer barullo. Herminia érguese e vai abrir a porta, arelante.
Ernesto, resprandecente de ledicia, como aureolado pol-a salisfaicién do trunfo, entra sorrindo, os ollos coruscantes.
Herminia. - ¿Qué?
Ernesto. - (Selándolle a boca c'un bico) Ben:
Her. — Arturo non faltaría?
moi ben
Ern. - ¿Arturo? Engánaste, Foi precisamente un dos que nada me dixo. Ma non molesiou a sua ausencia do coreto de louvanzas. Ben sel que nestes casos non todos son sinceiros e de cote abonda o esaxero, ainda n-aqueles que ao dal-a volta son os primeiros en desprestixiar aun. Arturo non apareceu á pé de min e non cerlamente porque a envexa Ile roera no peito. Mais Arturo é tamén escritor, conocedor do xénero atoparialle á obra defeltos que outros non atinaron á ver, Ademais, seria un trunfo enc me se agradara en ausoluto á todos; eso ainda o non acadan os mestres para canto mais un principiante.
Her. - ¿Gustou? ¿Apraudiron moito? ¿Chamá» ronte?
Ern
- Gustou, apraudiron; chamaronme ¡Cán» to sinto que non estiveras alí!
- Agradariame ire; mais non podia deixar os nenos, Xeliña despertou, Figúrate se vira qu'eu non iba á pé d'ela ¡pobrina!
hier,
—É certo: mais, estas satisfaiciés tan grandes e tan íntimas parécenme incompretas cando non podes ti gozalas ¿non ves que sobre todo son adicadas 4 ti, son un froito mais do noso amor...?
Em
- Outro día a verei, Hoxe confórmome coa satisfaición de sabere que gusiou e que che apraudiron o teu traballo.
Her
Ern
- As primeiras escenas pasaron en silenzo. Un silenzo ausoluto. Sentín frío; parecíame o sllenzo da morte. Des. acougado daquela escoltel aos acto» res. ¡Oh! Seu poidera comunicarlles
Her, - O comprendo; pero eu quixera que O teu trunfa fose o mais sonado,
Em. - ¿Coldas que eu o non desexo? Her. -Despois, mais e mais obras, ¢
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/37/372f/372fda6e-02f6-4847-98c1-f75f87deaab0/115717853.xml
XASTRERIA
CRECENTE IRMANS
[?]
REAL, 28
A MILLOR DE GALICIA
A CRUÑA
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/37/372f/372fda6e-02f6-4847-98c1-f75f87deaab0/115717827.xml
NÓS
Encol da etimoloxía da verba Cambre, que algús outros lugares de Galicia levan, algo falaron certos autores, habendo quen discurre (1) que, por chamarlle os documentos medioevaes de este mosteiro, Santa María de Calambre ou Calambrio, tal vez veña de Lambriga ou Lambrica, a cibdade que Pomponio Mela silúa, según certo autor, n'esta terra; e Cortés reduce a Cambre o Cambrín do Anónimo de Rávena.
A visita a este vello mosteiro é fácil e cómoda, pois non distando a vila de Cambre, a redor de uns doce quilómetros da Cruña, e tendo via férrea, e boas carreteiras que por ela pasan, así como casas onde ben xantar, é un dos paseos mais fermosos e gratos que poden facerse, sendo un dos puntos obrigados de turismo pra cantos recadan na Cruña.
BIBLIOGRAFÍA
Santa María de Cambre é un dos momentos mais coñecidos pol-a sua importancia e pol-o moito que de él ocupáronse os autores, inda que algús, si reconheceron e divulgaron o seu grande mérito, non acertaron sempre nin n'os xuízos que de él fixeron nin na época precisa a que o atribuíron. Quizais por esto mereza, mais que moitos, o concretare ben canto a él se refira.
O P. Yepes na sua «Coronica» (2) feila ás veces sin coñecelos momentos, nin os arquivos, e guiado moitas por aquela copla dos documentos y-aqueles datos que os monxes lle remitían, ofrécenos os primeiros datos históricos de este mosteiro, e fainos unha lixeira descrición da igrexa, da que nos di que está trazada como a de Santiago, e que detrás da capela maior hay «séis ou sete capelas moi ben feitas», o que proba que ou non tomou ben as notas ou que llas mandaron trabucadas.
Ambrosio de Morales tan soo cita a igrexa de Cambre como Prioral de Benitos suxeto a San Martiño Pinario, e falando da suposta hidria que conserva, él mesmo nos di que os datos que publica van según llos mandaron, que él non foi por ald. (3)
O P. Carbajo, que historiou o famoso mosteiro cistercense de Santa María de Sobrado, tamén por incidencia ofrécenos algús datos pra historia d'o de Cambre, d'os que logo falaremos.
A primeira descrición que de él se fixo foi na «Illustración Gallega y Asturiana» por Segade Campoamor, en 1881, (1) aproveitando os datos históricos do P. Yepes, e recollendo e publicando, coa interpretación de López Ferreiro, algunhas das inscricións que conserva, non todas ben copiadas; é a parte mais interesante de este traballo.
D. Bernardo Barreiro, en 1884, fixo, por nota a unha pequena monografía encol da hidria, de D. Román Castro Arias (2) e por fotografía, a descrición da fachada e outros elementos da igrexa de Cambre, non sendo estraño, pol-o tanto que nos fale d'as ventás bizantinas e de seus triples ábsides, xuntando dúas inscricións en unha, cousa que Segade, de onde as tomou, non-o fai.
O noso mestre Murguía non debeu coñecer esta igrexa, pois limitase a citala como belísima y-a dala como feita por Miguel Pérez no ano de 1194, segundo a xuntanza de inscricións que fixo Barreiro. (3)
López Ferreiro publica algús datos históricos, e sin describila dinos, tamén por nota, que a igrexa é unha das mais bellas da Diócese, reproducindo nas suas, Lecciones de Arqueología Sagrada, algunhas partes da sua fermosa fachada. (4)
Fainos unha segunda e mais completa descrición de este moimento o Catedrático do Instituto da Cruña, Sr. Vicuña, en 1895, quen minuciosamente nos fala de cantos elementos o forman, de algús con certa lixeireza, pois dinos que a fachada, que é unha das mais ricas da terra, é «parca, moyparca en ornamentazón» e fálanos do «gusto árabe» dos arquiños de ferradura que adornan o rosetón y-unha ventán, da «reminiscencia arábiga» dos arcos semicirculares peraltados que separan as naves, do decorado estalactítico de unha ventán da
(1) Número 19 correspondente ao 8 de Xullo. No número anterior publicárese un ben grabado, a plana enteira, da fachada.
(2) Galicia Diplomática, t. II, páx. 291.
(3) Galicia y sus Monumentos, páx. 360.
(4) Historia de la Iglesia de Santiago, t. I, páxs. 267 e 311-2, e páx. 274 del t. IV. — Lecciones de Arqueología Sagrada, páxs. 79, 82, 84 e 86.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/37/372f/372fda6e-02f6-4847-98c1-f75f87deaab0/115717816.xml
a cidade unha colonia de mosteiros arredor da Basílica: os primeiros monxes tiveron o primeiro cemiterio. Logo as igrexas tamén se cingiron d'un valado de cobas.
O cemiterio da Quintana baixo a música poderosa — de pedra e bronce — da catedral, ó pé dos muros teolóxicos d'una das Summas de granito dos beneditinos, ten certo caraule de burguesía civil. As cobas n-iste centro da vila seguiron preto de todol-os movementos, ouvindo os falares de todo o mundo. O cemiterio de Sar é campésio, labrego. O vello de Bonaval, ó pé das fiestras lanzales de Santo Domingo é un cemiterio romántico. Logo cada igrexa, cada mosteiro ten a sua asemblea saudosa de sepulcros.
Compostela non se pode entender sen os seus mortos. Falan as pedras das cobas co mesmo grave i-eterno lema do soar da torre Berenguela.
O Sar humilde e sinxelo cruza cego as campiñas verdecentes sen saber da vila ilustre que o cobre de poderosa sombra.
Van decorrendo sobr'as laxes os fríos cristais da y-auga virxinal: criada na fría rexión do ar, no seo das nubes peregrinas, refelta no duro cerne dos granitos eternos. A pedra conmovida da montaña déixase penetrar pol-as augas do ceo que logo rexurden en fontes de bágoas. A corrente nai baixa chamando garimosamente todal-as augas do monte, vai criando un suco seu, un camiño afondado musicalmente. A súa voz todal-as augas pequenas vanse chamando e xuntándose e din: "imos en procura da nosa irmá". Choutando pedras, encorada en lameiros, vai descendo a y-auga dos cotos. As raíces dos torbiscos, os torgos dos amieiros, báñanse na fresca corrente, alma da terra, i-o cantar dos pifeirales.
Aconsella ca grave vós dos bardos o camiñar atolado das-augas.
Regueiros saloucantes no rochedo, regueiros musicais dos lameiros estrelados de corolas irmás das estrelas! Tamén o camiño de Santiago é un regueiro de luz no lameiro frío dos ceos.
O río xa forte baixa do alto com'o lobo, com'o pastor montésio en procura da farta beleza do val garimoso. As montañas mirano pasar com'os pais miran os nenos xogando os homes.
O río sinte a escravitú das pontes e por iso baixo d'elas pasa caladamente deixando de cantar por non dar gosto ó inimigo.
A sombra de Compostela no sol-pór baixa medonhenta com'unha mau que viñera refrescar na y-auga virxe a quentura ardente do seu sangue: a mau formada pol-os dedos de sombra das torres. O río ó sentir en si a sombra vóltase mais frío, ten frío de medo e soilo se contenta cando no ceo nascen as fontelas estelares e pasou aquela sombra frielra de pedra.
A y-auga corre e ben sabe onde vai: vaise afundir e dilatarse n-un nirvana ideal, verdecente e infinito. Ali descansará da sua carreira nos recunchos e seos da mar d'Arousa espallada principalmente antras loiras praias l-as verdecentes terras.
Indefrente a Sant'Yago, soilo ten o Sar dous istantes de pracer que lle dan o vivir imorredoiro da lembranza; Leva ó mar a Saudade de dúas almas: a da igrexa campésia e graciosa que lle dá o nome i-a da veiga de Padrón bañada pol-a y-alma de Rosalía. Os vellos misioneiros de Herbón escoitan na noite o pranto do Sar e o seu canto coral vai rimado pol-o salayo saudoso do río.
RAMÓN OTERO PEDRAYO
O Dr. MOSTEIRO.
Trasladou a sua Clínica Dental a Sánchez Bregua, 5-1º. A Coruña
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/37/372f/372fda6e-02f6-4847-98c1-f75f87deaab0/115717851.xml
NOS
1893 Na sua Terceira Parte, que leva o sub-título «Os tesouros da Galliza», inserta, ademais de outras cousas rarisimas, os «Inquerimancos de S. Cipriano, ou prodigio do diabo.
(historia verdadeira, acontecida na Galliza, onde se supón á nosa Terra sementada de tesouros e se fai vir a un labrego francés pelegrinando polo Camiño de San-Thiago, e unha «Relação dos thesouros da Galliza, extrahidos d'un pergaminho achado no século XI», advertindo: «O precioso pergaminho, que vamos publicar pola primeira vez, foi encontrado nos alicerces do castello mourisco de S. Gutierre de Altamira, no anno de 1065, época em que D. Fernando o Grande, rei de Leão entregou os dominios da Galliza a seu filho Garcia. Existe actualmente en Barcelona na Biblioteca Académica Peninsular Catalana, de D. Gumersindo Ruiz Castillejo y Moreno, estante n.º 76 - A - onde pode ser visto pelos curiosos que o reclamarem. Damos aqui a copia fiel do orixinal, traducido para o noso idioma».
Pois ben. Na «Relação dos thesouros e encantos (extracto do pergaminho) non atopamos ningunha referencia ó Castelo. Mais o caso é que unhos homes do Navallo anduveron cavando ali en procura de un tesouro; y-o pior do caso foi que cavaron cuasemente no medio de un toutelo que hay pouco mais arriba do pozo e que ben poderia ser unha mámoa. Atoparon -según ouvimos- «tres ou catro espetos de pedra formando cerco; logo, dentro do cerco, sinales de carbón desfeito; e, cavando mais, o fondo de un pucheiro de barro, que lina cuase unha cuarla de anchor.»
lil. OS ACHÁDEGOS
Ademais do que podia haber de certo na descoberta que acabamos de referir, na Cova das chayas foi atopado un punzón de óso, de unhos 5 cm. de longo, con fiesira redonda n'unha punta, e de feilio pouco acabado. Chegou a noso poder, mais tivemos a disgracia de perdelo. E pra que se vera que nestes epuntes non é todo pantasía, digamos axiña que no fondo da ladeira que comenza ó pé da Cova das choyas foron topados, xa perto do río; dous brazaletes de ouro e un ouxeto redondo. De este achádego falou a prensa de Ourense, dando orixen pre-romano ás devanditas brazaletes. Temos notícias cuase certas de que todo veu parar ás mans de un conhecido colecionista de Santiago.
VI. RELACIOS
Non muy lexos da Urdiñeira, no cumio de un monte que separa a Parada de Erosa, descubríuse, deitada no chan, unha lápida de pizarra, de 1'45 x 0'50, que ten no comenzo da cara de fora esta inscrición A-HCOQ-Q-AIQZYM en catro ringleiras dispostas do xeito que aparece no dibuxo II.
Perto do Navallo, n'un altiño que lle chaman
Lápida da Parada
A Vidueira, hay unha peneda que ten unha cara sementada de «ferraduras» e outros sucos: os que mais se repiten son as «ferraduras», as cruces y-os puntos (fot. 12) dibuxo III.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/37/372f/372fda6e-02f6-4847-98c1-f75f87deaab0/115717857.xml
PLUS-ULTRA
Compañía Anónima de Seguros Xérales
(antes Centro Catalán de Aseguradores)
FUNDADA EN 1887
Domicilio Social: BARCELONA, Parque, 1
Dirección Organizadora: MADRID, Pl. das Cortes, 6
Transportes,
Incendios,
Vida,
Maquinaria,
Accidentes,
Delegado para Galicia
SANTIAGO CRESPO MONJARDIN
Velázquez Moreno, 24 - VIGO
Autorizado pol-a Inspección Mercantil e de Seguros con fecha
22 de Octubre de 1925
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/37/372f/372fda6e-02f6-4847-98c1-f75f87deaab0/115717811.xml
BOLETIN MENSUAL DA CULTURA GALEGA
Ano VIII ★ Ourense 25 Xulio 1926 ★ Núm. 31
A VELLA FANCHUCA
STA morea de pedras e tellas, de latas tomadas e táboas podres, que semella un cortello abatido, foi o tobo en que viveu moitos anos a vella Fanchuca.
Esta figueira de ponlas ensarilladas foi o amparo da vivenda. Os figos ningún degaraba comelos porque sabían a miseria.
A vella Fanchuca pregaba de porta en porta, alá cando nas nosas aldeas había mais fartura de pan que de diñeiro. Ainda era no tempo en que cada esmola recibía un bico de quen-a daba e outro bico de quen-a collía; porque as esmolas non eran cachos de cobre acuñado, que eran codelos de pan ou espigas de millo.
A siñá Fanchuca, por ser tan probe e tan vella e por estar tan perto da morte, ía tornándose terra e xa se confundía de lonxe co-a lama dos camiños. Mais a vella Fanchuca sabía remozarse o día da festa prendendo na roupa moitos remendiños bonitos: adobíos da sua probeza, que o sol e a choiva de tod'o ano ían trocando en novos farrapos terroeiros.
A vella Fanchuca contaba máis de catro veces vinte anos e portaba nas roupas os remendiños de total-as festas, talmente como levan as plumas os paxaros calivos.
A primeira mostra de probeza que fitaron os meus ollos foi a siñá Fanchuca e dende aquela viven tan aparelladas na miña memoria a vellez e a miseria que aínda hoxe todol-os vellos enrugadiños parécenme probes de pedir pol-as portas.
CASTELAO
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/37/372f/372fda6e-02f6-4847-98c1-f75f87deaab0/11571782.xml
B O L E T I N M E N S U A L
d a
C U L T U R A G A L E G A
D I R E I T O R L I T E R A R I O
Vicente Risco
D I R E I T O R A R T Í S T I C O
Alfonso R. Castelao
D I R E I C I Ó N E R E D A C I Ó N
Sto. Domingo, 47 - O U R E N S E
A D E M I N I S T R A C I Ó N :
Real, 36 1.º - A C R U Ñ A
A B O N A M E N T O
Doce números, na Península 6 pesetas
Fora da Península 15 ..
Número sollo na Península 1 ..
Na Arxentina 60 centavos
En Cuba 30 ..
O S P A G O S S O N A D I A N T A D O S E O S G A S T O S D E X I R O D E C O N T A D O S S U S C R I T O R E S
Este boletín non pubrica mais orixinás qu'os que foran directamente solicitados pol-a Direición. Tampouco se fai solidario das ideas n-eles emitidos, a non ser dos que por non iren rubrados, enténdense que son da Redaución.
S U M A R I O
A vella Fanchuca, por Castelao; Meditación do Sant’ Yago, por Ramón Otero Pedrayo; Airiños, aires, por Noriega Varela; Poesía, do Marqués de Figueiroa; Un vilancico galego no ano 1818, por Armando Cotarelo; O paspallás, por Xosé Filgueira Valverde; O Amor, por G. Díaz Herrera; Noite de trunfo, por Leandro Carré; A castañeira de Santiago, por Felipe Fernández Armesto; Festa no ceo e na terra, por Augusto María Casas; Santa María de Cambre, por Anxel del Castillo; Cantos populares da Bretaña, tradución de J. Núñez Búa; 30 F., por Fernández Mazas; Notas pra un estudo da Urdiñeira, por Anxel R. Cerdeiriña. Dibuxos de Castelao e Fernández Mazas.
L E A V O S T E D E A N O S A T E R R A I D E A R I U M D A S I R M A N D A D E S
Administración Real, 36 - A Cruña
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/37/372f/372fda6e-02f6-4847-98c1-f75f87deaab0/115717861.xml
Augas bicarbonatado-sódicas de
MONDARIZ
FONTES DE GÁNDARA e TRONCOSO
Propiedade dos FILLOS DE PEINADOR
MONDARIZ—BALNEARIO está situado a 35 quilómetros de Vigo e a 20 das estacións de Porriño e Salvatierra de Miño
O Hotel do Estabelecimento está aberto do 1º de Mayo a 31 de Octubre
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/37/372f/372fda6e-02f6-4847-98c1-f75f87deaab0/11571788.xml
AUGA DE COLONIA
“LA CARMELA”
para teñir as canas
BOMBONS DE CREMA XIADA
NANOUK
PATENTADO
“Los Castellanos” Rúa da Oliva
Pontevedra
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/37/372f/372fda6e-02f6-4847-98c1-f75f87deaab0/115717852.xml
40
Aguén quixo coutar as nosas fantasias decindonos que todos estes sinos serian cousa de algún desocupado bulron. Mais xa o desconfiado ten dúbida de abondo dende que inquirimos que en Mansaforos, a unhos 40 Km. da Vidueira, hay un monte que lle chaman Monte da pia e no cumio dél unha pedra c'un burato no medio e con moilas *ferraduras*, cruces e puntos gravados no bordes da *pia* (dibuxo IV).
NOS V
Este último apartado coidabamos adicalo ás obrigadas concrusións, con nomes e sinificación de *pantasias*; pro xa tornamos o acordo, porque, acabando de esgarabatar estes apuntes, soupemos que o estudo en serio da Urdineira non tardará, felizmente, en ser un feito, grazas ó intrés y-a autoridade do noso amigo e irman Florentino L. Cuevillas. E xa comprenderedes que, estando o autor de A Edade do Ferro na Galiza disposto a poñer maus no asunto, o anunzo das suas científicas afirmacións sírvenos de abondo pra aforzar as nosas cativas pantasias.
ANXEL R. CERDEIRIÑA
As Ventas, V - 926.
**
Soio dúas notas os feitos lan teimosamente ouservados pol-o noso amigo e irman Romero Cerdeiriña.
Refírese a primeira as xoias da Urdiñeira cuia reproduzón pode ollarse no B. de la C. de Monumentos de Ourense, vol VI, núm. 140 ano de 1991, e que teñen boa paralela nos brazaletes que aparezeron en compaña das diademas de Melide, e a segunda pra facer notar soamente a aparición na nosa terra dos sinos a xeito de ferradura e de M, estilizazón derradeira de mulleres de pé e de homes e mulleres sentados, formas que ata de agora non apareceran en fatos na Galiza se non illados entre outras composizóns (Mogor, Eira dos Mouros).
De unha e de a outra cousa falaremos de vagar en dous traballos que temos en prepara e que se publicarán no Bulleti de l'Associació Catalana d'Antropología, Etnografía e Prehistoria.
Non remataremos sen felicitar o Sr. Romero Cerdeiriña pol-as suas fermosos descobertas.
F. L. C.
Imprenta LAR. Real, 36 - A CRUÑA
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/37/372f/372fda6e-02f6-4847-98c1-f75f87deaab0/115717825.xml
ARQUEOLOXIA GALEGA
SANTA MARÍA DE CAMBRE
SITUAZÓN
Moitos son, pol-a suaimportanza, os molmentos de que pudéramos falar, prescindindo das nosas catedraes, que teñen historia ben conocida e foron xa ben clasificadase definidas por canfos d'elas se ocuparon; mais entre as moitas igrexas que espalladas pol-a nosa terra, consérvanse como lembranza de tempos fuxidos, ningunha ten pra min, de momento, a importancia artística, arqueolóxica e lexendaria que a de Santa Maria de Cambre.
Non é que precise como moitas o descubrila, que de abondo ocupáronse de ela as xentes sabidoras, nin que a sua historia teña pra nós tal importancia que haxa necesidade de investigala e escribila, non; é o seu propio mérito, o seu valor, a sua significación, que permiten clasificala como un dos moimentos máis interesantes da nosa arquitectura, e dos que máis poden definir as características do noso arte románico; sin que as verbas y-os xuicios dos que de ela se ocuparon, aforren o estudiala, porque non todos acertaron a entendela e poucos atinaron a ben describila. Por iso eu quero facer o meu traballo encol da igrexa de Cambre, sin que pretenda mais que contribuír ao mellor coñecemento da nosa arquitectura galega, tratando de fixar, dentro de ela, a significación e a importancia de un dos seus máis interesantes moimentos.
Érguese a igrexa de Santa Maria de Cambre nas Mariñas dos Frades, no antigo Arcedianato de Nendos, entre vales ridentes e fermosos paisaxes, preto do castro do mesmo nome, unha terra chea de lembranzas e de moimentos de outros tempos, espallados por en're os pequenos outeiros y-as revoltas, cheos de verdor e cubertos de carballos, de piñeirais e castiñeiros, que fan de esta parte das Mariñas, unha das máis fermosas da nosa terra.
Coróanna os outros castros de Alvedro, de Meixigo, de Sigrás, de Sésamo, de Pravio, de Guísamo e de Iñás; consérvanse n'ela as igrexas románicas do Burgo, de Sigrás, de Sésamo, de Celas, de Culleredo e Vilaboa, y-os restos, románicos tamén, da célebre Bailía do Burgo de Faro, dos freires do Temple, que co seu poder tentaron a arrincal-a importancia da vila da Coruña; inda non cairon algúns dos castelos feudais que a asoballaban e que erguian se n'ela, como a torre de Val de Veiga, coroada inda pol-o peituril y-as almeas: abundan os pazos vedraños, como os de Anceis, de Guísamo e de Cecebre, y-alravesan as augas do Mero, que rega as súas orlas, a ponte vella de Cela y-a longa do Burgo.
A importancia, pois, que esta terra tivo n'outros tempos, foi moitísima, e a que oxe ten pra cantos aman o pasado, y-adicanse a estudar los restos que d'eles se conservan, ben amosiran a existencia de tantos moimentos, algúns de gran interés pra nosa historia, como os que ás lixeiras indiquei fan soo pra que se vexa canto pode significar a igrexa monástica de Cambre, ergueita no medio de estas terras tan interesantes.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/37/372f/372fda6e-02f6-4847-98c1-f75f87deaab0/115717837.xml
NÓS os muros dos testeiros son, dende os cimentos modernos. O que teño por seguro é que deberon erguerse por riba das naves laterais, á altura da central; pois non se explica que estuveran, como oxe, a pano coa cuberta xeral de todas elas, e menos por encima dos arcos que oxe ten.
Xirola - Os arcos de ingreso á xirola son semicirculares, ergueilos sobre semiesteos de alto fuste, mais teño pra min que os ditos arcos foron erguidos de novo, como o trunfal do presbiterio, que pra adaptalo á reforma que n'él fixeron, rozaron os seus semiesteos, rebaixando a súa altura como na nave principal.
O trazado da xirola, como dixen, é poligonal na planta, pra poder emplazal-as capelas; mais as ventaniñas, que ten nos ángulos que o polígono forma, c'os seus arcos, fan de pechinas ou paso a outro polígono de máis lados, quedando así no cume ou cornisa que o coroa, dividido en lados alternativamente maiores e menores. Inxeniosa disposición que levaba a facilitar a solución, tan dificultosa n'aqueles tempos, d'o abovedamento da xirola.
A cada lado d'as capelas, dando fronte ao presbiterio e buscando os ángulos do polígono que na cornisa forma a xirola, ten un semiesteo adosado y-é curioso que as súas bases, pra que o fuste non se reforcese sobre si dada a diferencia d'os dous trazados, siguen n'a planta o d'a cornisa. O seu emplazamento y-a súa fortaleza estanos decindo que foron ergueilos pra soster arcos; e inda algunhos, non todos, os sosleñen de cantería.
A dificultade pra sabel-a solución do abovedamento está en que estos semicirculares y-os piares monocilíndricos do presbiterio non se corresponden, pra poder supoñer que os arcos foron de unhos aos outros, dividindo a xirola como oxe está; e inda é maior esta dificultade porque os ditos piares non están radicalmente erguidos.
Que a xirola foi construída pra bóveda o di a gran fortaleza do muro onde ábrense as capelas (a pesar do contrarresio que xa representan estas) (pois chega a medir 1'70 m. nos ángulos, y-a resistencia dos fortes piares do presbiterio). Mais a desgraciada reconstrución que, non sabemos por qué razós nin por qué necesidade, sufriu esta eirexa, n'a que lamén perdeuse toda a parte superior do muro de ce-
rre da xirola co a sua cornisa e cancillos, e n'a que modificaron o presbiterio, facéndolle arcos ás beiras, destruíndo o triunfal, botándolle bóvedas (xa sean de cantería ou xa de ladrillo revestido, como o crucelro) e cerrando os espazos de entre os piares (oxe descubertos pol-a acertada restauración que alí fixo n'estes derradeiros anos o Abade D. Xaquín Sánchez, xa citado, merecente por elo dos nossos aplausos), botando a perder o mérito principal de esta notabilísima eirexa, non nos deixan de momento cavilar, como sería a solución d'as bóvedas n'esta xirola.
As capelas absidaes teñen arcos de ingreso apuntados, con forias boceles desfacendo as aristas, arrancando de semiesteos adosados, de fuste recto e ben proporcionado; fortes nervios que se xuntan en florós, moldurados con un gran bocel e dous cavelos con listeles, sostidos por casi esteos entelros, de fustes donosiños, adosados no muro e ergueltos sobre ancho e corrido basamento, en forma de sentadoiro, axudan a soster as súas bóvedas non habendo, entre os ditos nervios, o contrarresto directo que debería (dado o número de eles si estuveran ben distribuídos), e que solo presentan os que marcan o comenzo do semicírculo e pol-o tanto da bóveda de cascarón que os cubre; sendo curioso que, como xa dixen, o tramo central das capelas, salvo n'a primeira da esquerda, é maior que os outros.
As bases dos esteos da xirola e das capelas teñen diferentes perfiles, casi sempre dentro do lórico ou clásico, y-algunha de elas, as molduras adornadas con perlas, florecillas e outros relieves, e garras reforzando o plinto. Os capiteles son variadísimos e de distinta man na execución: hainos de follas bicudas e doas no frente, de palmetas sinxelas, follas acaracoladas, francamente compostelanas, etcétera, algúns de eles admirablemente traballados, tendo moitos o colariño funicular, e reservando un dos tipos mais fermosos pra repelilo en todos os da capela central, como si con ela quixera facerse unha distinción; os ábacos dos ábsides teñen diferentes perfiles, inda que a maioría son, como os das cornisas que por eles corren, de un listel y-un caneto; os dos capiteles da xirola, que corren por ela como cornisa, están adornados con lo-
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/37/372f/372fda6e-02f6-4847-98c1-f75f87deaab0/115717840.xml
so é que esta eirexa comenzouse n'a segunda mitade do século XII, e que Inda que a xirola non se concluíse hasta os anos primeiros do XIII, as naves y-o cruceiro pertenecen por completo á duodécima centuria.
Non estou conforme, pol-o tanto, en que esta eirexa sea necesariamente posterior, toda ela, a dito século, como di o Sr Lampérez, e menos que a inscripzón do capitel coa fecha de 1194 se refira á consagración de outra anterior. pois non se explica, ademais, que aos poucos anos de ergueran xa que derribala; como non estou lamp ouco con que todol-os caracteres da eirexa de Cambre non sean anteriores ao século XIII, cando precisamente poucos exemplares habrá do noso románico, que tantos elementos teñan nas naves anteriores, ao dito século como a de Cambre, segundo vimos a o facel-a descripción y-a o comparala con outros moimentos nosos da segunda mitade do XII, d'a que tantas eirexas conservamos; e a mesma doble influencia compostelán que presenta, unha a da parte da Catedral xa concluída en 1128, y-outra a da obra do Maestro Mateo, d'os anos casi derradeiros do dito século XII, non autorizan as verbas tan radicais do Sr. Lampérez, e permítenos, en troques, fixar-a cronoloxía do moimento tal como o fixemos, y-a inscripción do capitel y-a donación de doña Urraca Fernández o confirman.
CONCLUSIÓN
Moito poidera decirse encol da importancia que esta eirexa ten dentro da nosa arquitectura; pero repilo, o tempo non da pra mais e leñen que quedar pra mellor ocasión con outros datos arqueolóxicos que conserva, as moitas reflexións que nos inspira o análisis detido de tan notabilísimo moimento.
Mais antes de concluire, e sin me deter moito, que pol-a presa non podo, eu pregunto: si as xirolas son propias ou das catedrais, onde concurren as multitudes, ou dos grandes mosteiros de Cister, ou d'as eirexas onde se gardan as cinzas ou reliquias de santos, ¿qué razóns poido haber pra que a tuvese a de Cambre? ¿Qué importancia relixiosa ou lendaria pudo ter pra que n'ela se construíse?
Era tradición, recollida pol-o P. Yepes, que nesta eirexa conservábase un corpo santo, y-hasta creíase que estaba baixo a pedra con inscripción sepulcral na veira, empotrada no muro da nave da Epístola, que fai de dintel a unha ventán, antigamente cegada e oxe descuberta. A eirexa foi adicada a S. Salvador y-a Virxe, pero baixo a mesa de pedra do altar antigo, metido n'un currnacho de outra pedra que un esteo sostiña, encontrouse fai poucos anos, buscando unha cripla y-o corpo santo, que non apareceron, un cuatrifolium ou relicario de barro verde vidrado, pequeniño, con cinzas, ou reliquias. ¿De qué santo serían?
Os milagres da Nosa Señora de Cambre eran xa famosos antes do século XVI, y-a sua imaxen, xa lida por vella entón, merecía tal devoción da comarca que de todas partes viña a xente en romaxe e peregrinación, ardendo constantemente lámparas diante do seu altar, e cando os ingleses desembarcaron na Cruña, en 1589, e correron as terras, os monxes fuxiron c'o Sacramento e con ela.
Na eirexa consérvase aínda unha fermosa pía, de alrosiña figura, y-a oparecer de pedra de Coimbra, románica de estilo, Inda que allea a o noso arte, como vemos de outras terras, que as xentes tiñan por unha das sete hidrias das bodas de Caná, que Barros Sivelo (antiguedade de Galicia) di que segundo documento do 1675, trouxéronna de Palestina, na segunda cruzada, unhos cabaleiros de Galicia; atribuíndolle as xentes poder milagreiro a os polvos que de ela arrancaban.
Y-entre as pedras que baixo o altar se atoparon e que na orta apareceron, hay ladrillos romans e tellas de reborde...
¿Qué segreda relación garda todo, e cal pudo haber sido o orixen de este santuario, que debeu ser de importancia n'os séculos medioevaes?
¿Non parece xustificar todo esto o emplazamento da eirexa y-a importancia arquitectónica que c'o tempo lle deron?
E termino, sentindo non contar con mais tempo para tratar, c'o detenemento que merece, d'unha eirexa tan importante pra nós como a de Santa Maria de Cambre.
A Cruña, 1924. ANGEL DEL CASTILLO
Planos e dibuxos do autor.
Este traballo foi presentado con 17 fotografías, 23 dibuxos e 3 planos.
Premiado co premio do Presidente ds R. A. Gallega don Francisco Ponte Blanco.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/37/372f/372fda6e-02f6-4847-98c1-f75f87deaab0/115717824.xml
FESTA NO CEO ENA TERRA ()
POEMA ENGEBRE
Ao irmán LOÍS TOBÍO
A GAITA
Pol-as estradas do ceo que teñen lama d'estrelas, ven a gentiña de somas, de volta d'algunha festa. Un aturujo ven valente bica as meijelas da serra. Cal perto de namorada sospira a gaita galega. A gaita, gaita, gaitiña ten o punteiro de pérolas. Tral-os piñeiros, a lua tece saudosa muiñeira. Diante vai da gente, dona Margarida, probe tolleitiña que non pod'andar. Vai entre ramallos ben adormecida, ben adormecida porque fai luar. Unha vella, vella, toda recollida, fala mui baijiño, di qu'ha de curar. Un mociño loiro chora ás escondidas pol-a tolleitiña que non pod'andar. Jan non ven de festa, vai atafegado na compaña aquela, triste namorado... ¡Jan n'ista romaje fai de sancristán! E pol-os camiños, mouros cal mantelos, vai a Margarida... brilanlle os anelos, cánd'ergue as manciñas pra berrar: meu Jan.
UNHA CÁNTIGA
Aló, baljo as carballeiras se afoga o rin-rin da gaita... Com'unha pomba ferida voa d'un peito ista cántiga:
Quixen amores e teño, un noivo que me non quere i-un noivo que non-o quero.
LUAR
Empolva a lua chea as pálidas meijelas da probe rapariga malfadada; t-adorna os seus cabelos con estrelas... Nos ollos mil refrejos da terra aluarada. Os mozos toleirós tecen cántigas, cántigas de saudade e de tristura. Pra dona Margarida as raparigas, fijeron d'un ramallo a fermosura. Ó longe, longe, berra a gente. Baixo o craror da lua ferve o val. O fato de festeiros ledamente volta da romaría do Cristal. E dona Margarida, probe dona, olla pra Jan, é Jan home de ben. Nas verbas homildiñas d'infanzona, o Jan, o probe Jan, n'a entende ren. No ceo brila a lua. Nos camiños unha linda rapaza tolleitiña. Leva nas mans anelos e brinquinhos. No bico a verba doce da naiciña.
O MIRAGRE
Unha noite de Nadal, noite saudosa, un meniño nasceu, fermoso, loiro... Cando nasceu, morreu a rosa, unha rosa nascida d'un luceiriño d'ouro. A gente do lugar di dend'a aquela que dona Margarida, malfadada, morreu com'unha rosa n'una estrela, bicando o neno loiro na terra aluarada.
AUGUSTO M.ª CASAS
(1) Este poema foi lido no Seminario d'Estudos Galegos, noite do 27 de Fevereiro do 192[?].
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/37/372f/372fda6e-02f6-4847-98c1-f75f87deaab0/115717828.xml
fachada +a usanza musulmana pra concluir decindonos que o constructor de esta eirexa mostra molta afición sa o arte Musulmán. (1)
O mesmo autor, anos mais tarde, volve a definir y-a clasificar esta eirexa, dándolle a debida importancia, inda que ás veces erra en certos detalles que debeu tomar lixelramente, pois nótase n’eles certo trabucamento cousa rarisima en tan ilustre arqueólogo y-arquitecto (1).
O ilustre arquitecto Lampérez, en 1903, fal a primeira critica técnica da eirexa de Cambre, publicando o seu plano y-o seu alzado, e deducindo de eles a importancia arquitectónica do moimento, que describe e clasifica como da escola compostelán, meténdose a discurrire encol de quen poidera sere o Miguel Pérez, arquitecto que a fixo: mais estando o plano de
Villaamil e Castro, que tanto recorreu a nosa terra estudiando os nosos moimentos, e publicando tantos, non conoceu o de Cambre, pois n'as suas *Iglesias Gallegas* limitase a repro-
PRIMEIRAS CAPELAS DA XIROLA, DA DEREITA
Lampérez, cousa rara tratándose de un home tan entendido, mal trazado na xirola, e fundamentalmente distinto de como é o moimento, a rectificación de él e de certos xuicios impóñen se, como logo veremos. (2)
ducire o plano de Lampérez y-a Interpretalo en poucas verbas, poñendo tan soo, como xuicio propio, que é a mais notable das eirexas ruraes de Galicia (2).
Miss Georgiana Goddard King, a ilustre profesora de Historia do Arte, en Bryn Mawr (Pensilvania), que conoce ben a nosa arqui-
(1) Segunda excursión escolar. A Cambre, traballo publicado no diario La Voz de Galicia, da Coruña, o 22 de Mayo do 1898 e reproducido pol-a Revista Gallega, da mesma cidade no número 25, o 18 de Santos do 1940.
(2) Santa María de Cambre, traballo publicado no Boletín de la Sociedad Española de Excursiones, número de Xusto do 1900, e reproducido pol-a Voz de Galicia do 22 do mesmo mes e ano.
(3) Historia de la Arquitectura Cristiana española en la Edad Media, páxs. 571-3, t. I.
(4) Páxinas XIX, 206, 227, 252 y 266.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/37/372f/372fda6e-02f6-4847-98c1-f75f87deaab0/115717839.xml
NÓS
eirexa sufríu especialmente nos allos, torres que Lampérez non víu e que pol-o tanto non puxo no plano, e que pra min teñen certa importancia por si levaban a o cruceiro, desaparecido, ou a o camiño de ronda si a eirexa foi, como moitas, afortalexada, pois outra torre tamén cilíndrica ten na fachada que tampouco figura no plano publicado; o non acusar a ventá románica do brazo norte do cruceiro, detalle de moito interés pra o valor do trazado da eirexa; nin as saeleiras dos alzados laterais das naves, dándolle unha amplitude que non teñen a os espacios entre os ábsides; e alguns outros pequenos erros mals, non tan esenciaes como aqueles que afectan a o trazado da xirola y-as consecuencias que d'el poden deducirse pra a sua época, estilo y-escola.
E tamén é necesario ter en conta que Lampérez supón a xirola cuberta con segmentos de bóveda de cañón, as capelas con bóveda de crucería e non de forno, y-o semicírculo do presbiterio con bóveda por poligonal cando é de cascarón, así como certo trabucamento d'os datos por él recollidos e publicados, pois no mesmo traballo feito á vista do plano dinos que as capelas son semicirculares, e como poligonaes as da na sua *Historia de la Arquitectura cristiana española en la Edad media*.
Pois ben, si inda así o Sr. Lampérez, cos seus fondos coñecementos, basándose no número e distribución das capelas e nos piares monocilíndricos, atópalle á eirexa de Cambre influencia compostelá, con mais razón se pode afirmar agora, que sabemos que as capelas absidaes teñen a mesma planta y-a mesma bóveda, (inda que reforzadas por nervios), que as de Catedral de Santiago e, como nela, a central de maiores proporcións inda que non exactamente do mesmo trazado; datos que veñen a demostrar c'os capiteles y-hasta c'os bichos da arquivolta da portada principal, que esta eirexa é un d'os exemplares máis definidos da escola compostelá e pol-o tanto, d'o románico galego; sin que algúns detalles que poidan tomarse como franceses, por exemplo, a separación y-a forma do dintel da dita portada, lle poida quitar-o seu carácter galego, porque ese detalle é precisamente un d'os que asimilou a nosa arquitectura románica, como pol-os exemplos que puxen pode deducirse.
Pero é necesario convir en que ou a eirexa se começou pol-a fachada, ou a xirola é posterior ás naves, pois os arcos apuntados do ingreso nas capelas y-os baquetóns das aristas, así como os nervios que decoran, mais que reforzan, as bóvedas con que elas se cubren, non son precisamente dos mesmos anos en que se erguía a sua fachada y-as súas naves, tan netamente románicas como poucas habrá n'a nosa terra.
Pra min, dende que a eirexa começou a se edificar, pol-as naves, alá na segunda metade do século XII, hasta que se concluíu n'os primeiros do XIII, pasaron os anos precisos, non moitos, pra que a xirola fose de transición e n'ela traballasen, influenciados tamén pol-a escola compostelá, ademais dos artistas que a começaram, outros novos, como parecen confirmalo a diferencia d'os procedimentos constructivos y-hasta a mesma execución de algúns dos seus capiteles, distintos d'os das naves y-en xuntanza con outros como os d'elas.
Unha inscrición que se conserva n'un arco formeiro, di que o arquitecto da eirexa foi Miguel Pérez (Micahel Petri me fecit); outra que ten un capitel que debeu estar nos brazos do cruceiro, con a abreviatura *PE. de Petrus*, da o ano en que, cando menos, as naves da eirexa deberon terminarse (era 1232, ou sea ano 1194); n'un plar do presbiterio hai o final d'una inscrición que parece referirse a doña Urraca Fernández, a filla do Conde D. Fernando Pérez de Traba, pol-o menos len a derradeira letra do nome e todo o apelido, y-esta dona como dixen, fixo en 1159 unha doazón *pra obra da eirexa*, o que proba que entón se facía; n'un fuste da nave da Epístola hai un nome, Ario, quizais outro donante como doña Urraca; n'outro piar monocilíndrico do presbiterio volve a figurar o nome de Petrus nunha inscrición hastra de agora mal lida: e no frente d'un esteo da derella do ingreso á capela central da xirola, lése claramente *Rudericus*, tendo tamén a abreviatura de este nome *R.* outro fuste da mesma capela.
O estudo delido de todas estas inscricións levaría mais tempo do que temos pra facer este traballo, pero é posible que na obra intervisen tres mestres, Michael Petri, Petrus e Rudericus, o primeiro pra as naves, o segundo pra o cruceiro y-o presbiterio, y-o derradeiro pra as capelas da xirola. O que está fora de dúbida.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/37/372f/372fda6e-02f6-4847-98c1-f75f87deaab0/115717846.xml
34
bretón ga/ga/. Lémbrome de un de istos achádegos del élsico prehistórico que chamouanosa atenzón. Tivo lugar no castro de Couso, freguesía de Sta. Maria de Couso, perío da Pontevea. Foi o caso que andiveran os canteiros a tirar pedra do curuto do monte algúns días antes da nosa visita, e ao me dirixir a unha velliña que gardaba gando pra inquirir folklore e mais novas de achádegos feitos nos traballos ditos, a muller espricoume como se tiñan topado casarellas. Logo puiden ollar eu mesmo como en efecto andaban esparexidas pol-a croa alicerces de casopifias circulares antre as que topamos a característica cerámica castrexa. De aquela, matinei de como a verba casarellas era doada pra figurar no vocabulairo que se lencione, con preferenza dende logo á de palloza con que se coñecen no Cebreiro as típicas construcións, supervivencia das prehistóricas, porque iste derradeiro nome fai relación á teitume de taes habitazóns e nas primitivas non parece que fose constante o utilizar a palla como material das cubertas. casarella, pois, co seu feitio de diminutivo despellitivo, espresa compridamentes o feble ouxeto que a vella quixo dar a entender.
Outraveadeléisico que deita líquido d'abondo é a topografía. Dende logo no onomástico xeográfico de Galiza a verba que mais se repete e que mais aportazóns fai ao vocabulairo de que tratamos é castro. Os seus derivados e os seus compostos son moilísimos, porque aparte dos diminutivos e aumentativos de ela mesma, orixina por adizón infinidade de nomes de lugar. Lembrémonos antre os primeiros, n-este Intre, de castrillón, castriño, castrigo, castrelo... Nos segundos a variedade imensa de Castromao, Castromán, Castromil, Castromovo, Castrofeito, Castrogudin... Todos aportan o seu haber ao futuro tecnicismo. Pro agora querémonos ocupar de tres compostos, indispensabels pra o mesmo empeño de creación, que recadamos nas nosas andanzas en percura de castros.
Son eles, cabicastro, socastro e trascastro.
Cabicastro = cabo do castro, perto do castro.
Socastro = baixo do castro, ao pé do castro, dependente do castro.
Trascastro = pol-a banda de tras do castro, ás costas do castro.
NOS
Fórmanse, como pode ollarse, pola xuntanza á verba devandita de prefixos que son: n-un caso a proposizón cabo (lat. caput); no outro a partícula inseparabel so (lat. sub) e na terceira, en fin, pola verba tras (lat. trans.)
O castro, que enche ca sua morea a peisaxe levando cara a í a atenzón dos ollos e inzando cas suas léndas a imaxinazón campesia, soxusga tamén a toponimia labrega das veciñanzas. Por iso xurden os tres nomes que damos a coñecer n-esta xeira, correspondéndose con tres situazóns de Istas terras veciñas en relación co castro. Elsi serán terras do cabicastro no noso peisaxe imaxinativo, aquelas fragas vizosas por onde bule o gando e reloucan os rapaces gardadores, sempre tapizada de herba de cote a frolecer, e será do cabicastro aquel fontegal nado baixo a peneda das coviñas (outra verba pra o noso vocabulairo que arreda á francesa fosseffe e á castelán cazoleta) que vai prado abaixo veireado de espadainas e bimbieiros a se filtrar na terra labrantía multiplicado en regatos.
Pertéscerán ao socastro aqueles terreos das abas do castro mesmo, onde iste morre suavemente sobor do val n-unha derradeira ondulazón. Están a toxo na nosa peisaxe imaxinaria; pro ainda se ollan con facilidade anacos de valados, alicerces de obras defensivas, muíños de man esnaquizados e cerámicas roxas e grosas espalladas polo chán. Istas terras son... e non son terras do castro, porque si ben é certo que a civilización mais antiga fica enriba, que na croa e nos reductos está o castro verdadeiro ca sua cultura do ferro e tal vez do bronce, lamén é verdade que eiquí n-estes touzales onde as xestas medran antre traballadas pedras houbo unha vida mais adiantada, balizada do cume quezáis.
O Cuevillas faloume da sua malinazón de si taes chairas do pé dos castros serían lugares onde os romanos obrigaran a se recoller aos indíxenas pra mellor vixilalos, facéndoos abandonar as ouluras, dimpois da conquista. Pois ben; elas constitúen o socastro (1)
(1) Lembramos agora os castros de S. Cristobo de Alobre e da Bouza en Vilagarcía, o de Figueiras na freguesía de seu nome e o de Lamiño na de Brión, en todol-os que topamos con esa chaira e o derradeiro dos nomeados figura no folk-lore ca espresa denominanza de Horta do Rey Mouro.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/37/372f/372fda6e-02f6-4847-98c1-f75f87deaab0/115717858.xml
O PAZO DE XUSTICIA DA CRUÑA
Contratista: D. SEVERIANO MONTOTO
Arquitecto do proxecto: D. JULIO GALAN
Arquitecto da contratación: D. PEDRO MARIÑO
Todo o cemento que se empregará n-eslas obras + uñas dúas mil toneladas - será
**Portland Rezola Ancora**
contratado cos seus vendedores exclusivos para as provincias da Coruña e Lugo
**INSUA y VIZOSO S. L.**
OFICINAS: Avenida de Rubine, 1 -- A CRUÑA
Esta casa acaba de contratar tamén 1.500 toneladas para as obras do muelle da Puebla do Caremiñal subastadas pol-os señores Fontao e Malvar
**Insua y Vizoso S. L.**
VENDEDORES EXCLUSIVOS
MATERIALES DE CONSTRUCCION E SANEAMENTO
**R E Z O L A**
A CRUÑA: Oficinas e Exposición Avenida de Rubine, núm. 1
Almacén: Plaza de Pontevedra, 29 e Francisco Mariño
PARA AS PROVINCIAS DE
FERROL: Oficinas e Exposición: Real núm. 183
Almacén: Baterías, 1 - Espartero, e Real, 148
Asfalto da Compañia do Asfalto da Maestú
Tallas plana "Imperial" e ladrillaria "Tresueto" Ladrillos Puente Cesures
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/37/372f/372fda6e-02f6-4847-98c1-f75f87deaab0/115717834.xml
Fachada - A fachada, acusando a distribución en naves, ten, ou tina, porque un lle falta, catro contrafortes sencillos, de sección rectangular, mais salentes os do centro, para mellor cobixal-a portada n'a maior espesura do muro no vano central, y-unha torre cilíndrica apenas acusada por fora, y-aberta á dereita da porta» que hoxe leva á espadana.
Os ditos contrafortes centrais, como que rendo xa encadrar a portada principal e compoñer con ela, teñen no frente, y-hasta certa altura, fortes semicolumnas adosadas, de bases tóricas (unha lle falta) e de capiteles de grandes e vigorosas follas de acanto que volven en fermosas volutas de colariño funicular no da esquerda, que alg» deberon conter enriba, que
CAPITELES DA ENTRADA DA SEGUNDA CAPELA DA DEREITA DA XIROLA
hoxe falta, porque o voo dos capiteles ben-o di y-o contraforte, que sube, o demostra; quizais un pórtico ou alpendre. O ábaco destes capiteles volve pol-o contraforte e termina na portada.
Nos codelos, onde a porta comeza, unhos esquinales en forma de fustes, sin bases, teñen capiteles de follas mui recortadiñas e traballadas, como labor visigótica.
A portada é unha das mais fermosas das nosas igrexas medioevales. Ten arquivoltas semicirculares que limitan e descargan, un tímpano esculpido admirablemente có Agnus Dei ou
NÓS
Cordeiro pascual, con unha cruz procesional de palmas, dentro de un nimbo circular lobulado sostido por dous anxes voando, moi ben tratados y-entendidos, e c'un ropaxe sollo, admirablemente feito; asunto que tamén vemos mais ou menos desenrolado nas portas románicas de Santiago da Cruña e Santiago do Burgo. Ferreira de Guntín, Sayar, tímpano que foi de San Pedro de Afora (de Santiago), Mezquita, e porta de paso ao claustro da Catedral de Ourense.
É curiosa, como recurso constructivo intelixente, e pra o caso, interesante, a descarga que fai do tímpano, con pequenas dovelas e coa separación completa do dintel, marcando n'éste a liña radial dos salmeres do arco, e sendo, o dito dintel, apuntado no centro, como moitos pentagonais, que léndose por franceses deorixen, chegaron a ter en Galiza unha importancia grandísima y-a ser unha das características da nosa arquitectura románica (igrexas de Carboeiro, Culña, Corticela, capela das torres de Oeste e palacio episcopal de Xelmírez)
Sosteñen o dintel dúas ménsulas con outros dous anxes, nimbados, ben esculpidos e proporcionados, o da dereita c'unha cartela vertical, y-o da izquierda c'un libro aberto, como as dúas figuras das xambas da porta principal de Santiago da Cruña, que representan o vello y-o novo testamento.
A arquivolta mais interior está traballada con pequenas floreciñas cruciformes, como os esteos de Chartres, segundo Miss King; e de dentro afora siguen un fino bocel y-un relieve como si fose un tallo ondulante, un caveto con floreciñas e logo, como cabalgando ou facendo figuras, n'un bocel, unha serie de monstruos e bichos pequenos, uns cadrúpedos y-outros de forte pico, como os das bases do Pórtico da Gloria, algúns de eles loitando, e no centro, entre dous leóns deitados que a miran, hai unha pequena figura de home con longas barbas y-un libro aberto no regazo: representación do Padre Eterno que preside moitas portadas; a presenza dos leóns nos lembra, pol-o asunto, da fachada das Platerías da Catedral compostelá; a arquivolta final é de follas de pouco relieve, estilizadas, e de finísimo billetaxe.
Nos codelos ou currunchos das xambas
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/37/372f/372fda6e-02f6-4847-98c1-f75f87deaab0/11571785.xml
Motores & Máquinas CELTA
MARCA REXISTRADA
Suministros Industriales -- INSTALACIÓN
Gasolina, Petróleo, aceites pesados SHELL
Cubiertas - Cámaras-Macizos BERGOUGNAN - MICHELIN
José Ramón Pérez Cid
Progreso, 54 c 90 - OURENSE
Gran Fábrica de Calzado
DE
ANGEL SENRA
- Casa fundada ño ano 1879
CAPACIDAD: 1.000 PARES DIARIOS.
A CRUÑA
Sucursales: A CRUÑA - VIGO - FERROL
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/37/372f/372fda6e-02f6-4847-98c1-f75f87deaab0/115717860.xml
Casa MORAES
Taller de Pinturas Decorativas e de Edificios
San Andrés, 9
Taller de pintura de Automóviles
Con estufa de calefacción, única en Galicia
Juan Flórez, 28
CASA CENTRAL, SAN ANDRÉS, 9
A CRUÑA
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/37/372f/372fda6e-02f6-4847-98c1-f75f87deaab0/11571789.xml
VISITADE o
Gran Balneario de La Toja
CONFORTA[?]
SUN[?]OSO[?]
ABERTO DENDE O 1. DE SAN XOHAN O 30 DE SEPT[?]EMBRE
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/37/372f/372fda6e-02f6-4847-98c1-f75f87deaab0/115717821.xml
PASPALLÁS
Aquela liña eu pechado na gayola o paspallás que collera meu pai pol-o San Xohan antre os centeos dos agros de Sober.
A gayola pendurábase todal-as mañáns na porta do sobrado. A carón d'ela sentábase na soma do patín a miña aboa co argadelo, ca pateliña dos novelos e cas agullas da calseta. Rubia eu as escadas brincando en tornado da escola e topaba no patín, xuntos de corte, os falares decideiros, os contos l-os soños con que a miña aboa libertaba o seu esprito da prisión da vellés encadeirada e mais os voos foleiróns do paspallás a lembrar tempos ledos. Xuntara eu xa no meu maxín a velliña i-o paxaro. Cando bicaba á miña aboa pasaba a man garimosa pol-as canas verdes da gayola como se o paspallás fose o arume, a fala, o xeito da miña aboa i-o aloumiñalo a aloumiñase a ela.
O paspallás é, de seu, por novo que sexa, un paxaro vello. Ten a vellice das follas do outono, dos ermos de carqueixas murchas. É como as balocas, as noces l-as mazáns reinelas que non teñen a mocedade do millo, do caíño, do espadeiro, nen a ledicia de neno das cereixas e dos amorotes.
O malvis ten a vos chea e asubia asisadamente como un ome andado. O carrizo ten unha cántiga bulideira como o falar das mozas que fan beilada nos soulelos. O sirin ri ca gargallada rebuldelra dos picariños. O paspallás ten o besbellar das vellas que gardan na cara entallada de buxo, o sorriso adonairento e argalleiro dos rodicios. Emporiso cando a miña aboa falaba con aquel seu falar de retesia o paspallás revoaba na gayola magoando a testa nas canas e cando a miña aboa acaroaba a testa pra durmir no cabezal da cadeira, durmía no chan da gayola o meu paspallás. Don Rosende como era alcumado por nós.
Todal-as mañáns cando o abrente do día escrarexaba o sobrado pol-as fendas das fiestras e das portas, Don Rosende espertaba a casa co batelar da sua gorxa de madeira. Coidaba cicals nos melros, nos carrizos e nas colovias que cantaban nas ponlas do noso pomariño. Arelaba tornare a voar pol-os centeos dos agros alongados de Sober. Tamén a miña aboa falaba a cotío no esperlare das xeiras dos seus anos mozos.
Nun día de outono a miña aboa sa non sentou no patín. No recanto do sobrado fiearon esquecidos co argadelo os novelos i-a calceta. Tamén quedou ali por ves primeira a gayola do paspallás sen se pendurare na porta.
Amoriefaguialle as voltas á miña aboa. Chegada a noite fixerome deitar. Non durmín. Eu coidaba que na morte a vida fuxia do corpo co sangue. Ca testa agachada balxo as sabáns camiñel pol-as horas de aquela noite medoñenta. Agardaba que a l-alma da miña aboa alomase ó pasal-as trebas como un foguete roxo. Non morréra aínda a miña aboa no abrente cando o paspallás escomenzou a sua cantiga cotián. Sentía que n'aquel intre morría a miña aboa. O paspallás seguía o sillenzo co renxer de campana choca da sua cántiga, tesa como unha risada de vella argalleira e bulrista. No sobrado troupelexaron os pasos do meu pai. Calou o paspallás pra sempre. O meu pai entrou no meu cabán pra levarme a ver a miña aboa morta. Tiña nas mans unhas pingotas de sangue.
XOSÉ FILGUEIRA VALVERDE
Pontevedra - Mes do San Xohan - Ano Santo de 1936.
O AMOR
O amor é a madeixa
Que se colle pra enmarañarse
E logo se deixa
Pra non cansarse;
E si se quer voltar a coller...
Ah! ¿Onde estará o novelo
D'aquel vello querer?...
G. DÍAZ HERRERA
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/37/372f/372fda6e-02f6-4847-98c1-f75f87deaab0/115717856.xml
EL PROGRESO
FÁBRICA DE CARAMELOS E BOMBÓS -- Especialidade en caramelos refrescantes
GLACIAL CITRON
FÁBRICA: Galera, 50
DESPACHO: Real, 50 e 5
A Cruña
GRAN TINTORERÍA
"LA DIOSA"
TALLERES A VAPOR CON TODOL-OS ADIANTOS MODERNOS
En SANTIAGO, Fuente de San Antonio, 15
e FERROL, Ruvalcaba, 83
Despachos na rúa Real, 125 y 126
Sucursales en
Betanzos, Puentedeume, Villagarcía, Tuy e Noya
VERDADERA PRONTITUD, ESMERO E ECONOMÍA EN TODOL-OS TRABALLOS
XOSÉ DOMINGUEZ
ULTRAMARINOS
FARIÑAS
CEREAIS
Ponte Maior - Canedo - Ourense
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/37/372f/372fda6e-02f6-4847-98c1-f75f87deaab0/11571786.xml
USE VOSTÉ DE COTE
Crema dentífrica “ORZAN,”
É MOI AGRADABRE
É DESINFECTANTE
É INOFENSIVA
É.... GALEGA
Entre as de outa calidade, é tamén a mais económica
TUBO: 1'50 ptas.
O IMPORTE DO TIMBRE A CARREGO DO CONSUMIDOR
Véndese en todas partes
DROGUERÍA
Sucesores Eudoro Pardo Labarta
ESPECIALIDADES FARMACÉUTICAS
PINTURAS PERFUMERIA
Puerta del Sol, 14 - Vigo
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/37/372f/372fda6e-02f6-4847-98c1-f75f87deaab0/115717850.xml
38
medio do monte; mais nalde se podía atrever a collela, porque lle podía acontecer a quen tal fixera unha grande desgracia. A natureza de esta desgracia non se precisa.
Os restos das paredes que hoxe se ven no Castro foron antigamente casas de unha certa xente (mouros ou franceses) que alí vivía. Os veciños apañaron moitas pedras do Castro pra facer as casas de Pedroso.
2.º Na Fraga dos mouros hay outro tesouro. Eiquí saía a peitearse algunhas mañanciñas unha moura moi fermosa que vivía n'un pazo dentro do Castro e que chegaba hasta esta fraga, por un camiño que hay debaixo da terra. Neste sitio atopouse, fai tempo: un coitelo de ouro. Non se sabe quen o topou.
3.º Na Cova das choyas viviron os mouros. Tamén se asegura que arranca de alí outro camiño souterrado que vai dar ó Castro de Pedroso.
Un home que estaba arrancando lorgos cerca da Cova das choyas viu vir cara él, chouchando pola ladeira abaixo, un cubeliño que brilaba coma se fora de ouro e que ó chegar ó medio de unha lameira que alí hay, enterrouse, facendo surxir un oulisimo chorro de auga. Si o home non se asustase e lle volara enriba unha chaqueta de lá, o tesouro quedaría desencantado.
Outro home viu no mesmo sitio un grandísimo culebrón, que era un tesouro encantado.
4.º Ó Castelo iba sair outro enterrado camiño, por o que viñan os mouros dende o Castro cando traguían o gando a pastar.
NOS
Tamén no Castelo se vía a moura fermosa, que eiquí amostrábase levando unha grande pedra enriba da cabeza.
E agora ouvide as grandes cousas que nos contou un home do Navallo certa tardiña que tornábamos de votarille unha ollada ó Castelo.
Como levábamos unha guincha pra escarbar na pranta de unha das casiñas redondas, o bó do paisano tomounos por buscador de tesouros e saudounos rindo con picardía e dicindo:
- Ahí, ahí o dá o libro.
Votamos un pito e turrámoslle pola lingua. Y-o home aquel dixonos, trasladando o que liña ouvido ós mais vellos do lugar:
- O entrar os franceses no Navallo os veciños escapáronse pra este monte e fixeron esas casas pra acollerse y-o foso y-as paredes pra se defenderen. Logo, así que pasou a guerra, volveron pró lugar y-estas casas quedaron abandonadas.... Por certo que d'aquela os nemigos xa eran donos de toda a Hespaña; só lles faltaba esta provincia. Mais eiqui tocoulles perder, porque hasta as mulleres pelexaron contra eles... Contan que un home que tiña un cañón foi morto polos franceses, y-estonces a muller, toda enrabechada, colleu o cañón de seu home púxoyo no tellado da casa y-o acercarse un montón de nemigos, disparouno, matándoyos a todos....
O libro de que nos falara o labrego, e que acadamos a conquerir - despois de traballosas xestións - resultou ser "O grande libro de S. Cypriano" - edizón brasileira, Rio de Janeiro.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/37/372f/372fda6e-02f6-4847-98c1-f75f87deaab0/115717810.xml
F. ROMAN E SACO
DROGUERIA
e FARMACIA
Pereira, 19 Teléfono 28 OURENSE
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/37/372f/372fda6e-02f6-4847-98c1-f75f87deaab0/115717820.xml
Alí témprase a y-alma n'un padescer sin nome, n'un matinar sin trégola, xa cansa de sofrir; escrayos d'o terruño, é un heroi cada home, e martre a compañeira qu'endolza seu vivir.
Alí, d'os seráns fuscos, ocasos misteriosos, seréas alboradas dé vago amañecer...; nostálxicos os ceos, os yales saudosos, mimoso seu lenguaxe. inxénuo seu querer.
Por iso somos trístes; por iso, anque alexados d'o vello terrón nunca podémolo olvidar; jun máxico feitizo nos fonde, namorados, e no seu colo amante queremos acochar!
¡Beni'aquel chan querido qu'unxéu os meus amores, pr'a él eu teño un tempo d'amor no corazón; consólame n'as cóitas, amingua os meus delores, e pon n'as miñas cántigas marmullos d'orazón!
LISARDO R. BARREIRO
Do libro proisimo a salir: Escumas e Brétemas.
Fai foxe un ano que LAR fixose cargo da impresión e adeministración de NOS, e resucitou a meritisima revista creada no 1920 baixo a prestixiosa dirección de Vicente. Risco e Alfonso Castelao, suspendida en 1923 por diversas circunstancias.
Neste tempo servíronse con regularidade os doce númaros correspondentes, ficando d'este xeito confirmada a espranza manifestada entón de afincar unha revista de tanta importancia para a cultura e a espiritualidade da nosa Terra, da nosa Raza.
Coa axuda dos bós galegos esta grande obra seguirá adiante levando o nome glorioso de Galicia aos grandes centros culturaes do mundo enteiro como representación da sua persoalidade. Tamén como unha afirmación da sua existencia enxebremente considerada.
Querendo contribuir tamén á lumiosa celebración do Día de Galicia, pubricamos foxe este númaro extraordinario; e supricamos a cantos nos axudan, a todol-os que nos leen que continúen dispensándonos a sua atención e propagondo esta revista entre as suas amistades.
Saúde e Terra
A ADEMINISTRACIÓN
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/37/372f/372fda6e-02f6-4847-98c1-f75f87deaab0/115717838.xml
28
As bases dos piares monocilíndricos do presbiterio teñen molduras y-os capiteles, de pouca altura e pouco voo, relieves follas sencillas y-outras acaracoladas por adorno.
As ventanas abertas nos codelos da xirola son, como as das capelas, semicirculares.
1- ALIO
2- ORE: FECU:
3- RERÉ
4- PEORCAH DELOILS
5- NFRNSDI
6- ERAM: P CCXXXNE
7- V:ETQVOTVM:II:ID:R:RVGT
8- ANC
1 Nun fuste do primer pilar da dereita, entrando. (Inédita)
2 No salmer do derradeiro arco formerio da dereita.
3 No fuste da columna da dereita do ingreso á capela central da xirola. (Inédita)
4 Nun pilar monocilíndrico da xirola; como filla a mitade tapada con muro pode darse como inédita, incluso pol-a lectura e interpretación.
5 Nun pilar da xirola (inédita).
6 Nun capitel gardado xunto a bidria.
7 No borde de pedra que serve de dintel a unha ventana no muro Sur dos naves.
8 No salmer do arco que dá ao brazo Sur do cruceiro na nave da dereita (inédita).
rodeándoos unhos estreitos boceles y-outras molduras que encerran e cobixan unhas saeteiras; solo que as dos ábsides tamén están por fora adornadas do mesmo xeito que por dentro, algunhas con billetaxe; e pra seguir distinguindo a capela central, as molduras das suas
NÓS
ventás tanto por dentro como por fora, teñen doble o bocel.
Sostén por fora a vella cornisa das capelas, que é onde únicamente se conserva, unhos canciños, lisos, a bisel, etcétera.
IMPORTANZA E CLASIFICAZÓN
En conxunto a eirexa de Cambre é un dos mais interesantes moimentos románicos da nosa terra, con certos elementos de transición; mais antes de clasificalo, temos necesidá de señalal-os erros do plano de Lampérez xa que n'el se basa o seu xuicio crítico, único en realidade hastra de agora razonadamente formulado, pois as verbas con que Miss Kingseñala, unha influencia bizantina e francesa sobre unha raza estranxeira, mais se refiren á portada principal que a o edificio en conxunto, e son, mais que un xuicio razonado, unha impresión persoal de lan ilustre profesora que, por d'ela, ten pra nós toda a importancia da sua autoridade.
É necesario fixar esos erros, porque inda que a rectificación de eles confirme a súa clasificación do moimento, sirvelle en parte pra fundamentar que a eirexa de Cambre non é anterior ao século XIII. Os ditos erros son: poñer de planta de ferradura as capelas absidaes, cando como dixemos, teñen os arranques paralelos (aproveitando o grosor do muro), terminan en semicírculo; o dar a todas iguais, cando a do centro ten maiores proporcións: estas dúas cousas son tan importantes nesta xirola que o que non aparecía pra neda no seu plano alópase agora, y-é o seu trazado compostelán; é dicir tirante a o da xirola da catedral de Santiago; o darlle a os tramos do semicírculo das capelas o mesmo tamaño, cando o central é maior; o poñer como abertas as dúas ventás inmediatas ao ingreso nas capelas que, pra mellor parecer, son simuladas por dentro, pois alí corresponde o grosor do muro que corre a xirola; e simuladas tamén, e non abertas, gardando a mellor armonía, son as dúas de cada capela inmediatas a os muros dos brazos do cruceiro (ao que están unidas e non aisladas como pon Lampérez, porque ali corresponden as torres ocultas y-embebidas nos muros, que levaban non sei a onde, despois da reforma que está
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/37/372f/372fda6e-02f6-4847-98c1-f75f87deaab0/115717832.xml
https://biblioteca.galiciana.gal/es/catalogo_imagenes/descargarAlto.do?path=1157178&posicion=42
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/37/372f/372fda6e-02f6-4847-98c1-f75f87deaab0/115717862.xml
Reembolso
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/37/372f/372fda6e-02f6-4847-98c1-f75f87deaab0/115717833.xml
NÓS xar de ser de herdeiros, ou pra fundarse de novo, como o foron os de Sobrado e Caveiro, e pra erguer, por aquel entón, a notabilisima eirexa que inda hoxe se conserva.
Incorporado o mosteiro de Antealtares a San Martin Pinario, de Santiago, en 1487, con él quedou lamén suxeto a difa casa o de Cambre.
DESCRIPZÓN
Trazado- O seu trazado é de planta de cruz latina ou de brazos desiguaes, como as grandes eirexas de Cister galegas, Melón, Meira y-Osera, ben acusados inda que non moi longos; con tres naves divididas, a un andar, en catro campartimentos desiguees. O presbiterio, que ten a o comenzo a forma de un rectángulo, é semicircular a o final, e ten, ao redor, unha coroa ou xirola (que das dúas maneiras din os documentos galegos), de trazado pentagonal na base, como si procedese de un octógono regular abríndose n’ela cinco capelas absidoes, de arranques paralelos que logo cerran en semicírculo, semellando, por fora, os ábsides das nosas eirexas románicas pequenas, esendo o do medio de mayores proporciós que os outros.
Estructura— A estrutura arquitectónica de este moimento é distinta pra as naves e pra a xirola. Aquelas cúbrense, como en casi todas as nosas eirexas monásticas, Xubia, Bergondo, Mosteiro de Ramirás, Pombeiro e Cines, de madeira a dúas vertentes, inda que por dentro o telto da nave principal, por ben parecer, puxéronno chao; os brazos do cruceiro teñen tamén a mesma cuberta de madeira que cobre as naves, a dúas vertentes y-o centro, unha bóveda das chamadas baidas de ladrillo revestido, que pol-a forma, materiais y-o cupulín que a coroa y-alumea, estános decindo que é de tempos mais recentes, con toda seguridade dos derradeiros anos do século XVII, inda que as proporciós dos piares que o forman, como observou Lampérez, por ter proporciós moito mayores, indiquen pol-a sua mayor fortaleza, que o cruceiro, calquera que fose a sua forma, tifa de sere ou abovedado ou mais ergueito que os brazos y-as naves, como é casi seguro.
Carga a cuberta das naves nos arcos for- meros e transversais que as dividen en com-
25 partimentos, e reciben este empuxe os plares compostos, de sección cadrada, con semistvos nos frentes, y-os muros da fachada e laceras, noutros semisteos que teñen adosados por dentro; grandes contrafortes rectangulares por fora dos muros, contrarrestan o empuxe lateral dos ditos arcos y-acusan a o exterior a estrutura das naves de esta eirexa. Mais pol-o que poida importar diremos que toda a parte superior das naves, xa pol-o incendio dos ingleses en 1389 cando desembarcaron na Cruña, ou pol-o que fose, aparece modificada, habendo perdido os muros toda a cornisa y-algunhas ringleiras de sillería, estando algús dos arcos feitos de novo, como os primeiros da nave do Epistola, entre outros.
É, pois, a estrutura das naves, como a das nosas eirexas de planta basilical: Moraime, Mezonzo, Penamayor, etc.
O presbiterio, separado da xirola por uns arcos modernos a os lados, — temerariamente abertos si ali houbera, cando os fixeron, a bóveda que o cubre - e por fortes esteos monocl-índricos, ergueitos no fondo do semicírculo, ten bóveda de cañón semicircular y-a o final, unha de carto de esfera ou cascarón con resaltos radiaes, que dudo molto que ambas sean de cantería, e de selo, xa de feito non teñen a antiguedade do edificio; a xirola ten bóveda simulada, pois é de barrolillo revestido, en segmentos trapeciaes de cañón semicircular divididos por arcos de cantería, uns, e outros seguramente de ladrillo revestido. Rodean esta xirola ou paso, a o comenzo, unhas escaleiras de caracol que levantan por entre os muros a o cume das naves, hoxe a o desván, dende os brazos do cruceiro; e as cinco capelas absidaes, cubertas con bóvedas de cañón semicircular, primeiro, e de cascarón, despois, sobre fortes nervios que apóyanse en esteos, e que a o exterior están contrarrestadas por uns estribos ou pequenos contrafortes de sección rectangulares.
Por fora, os muros, tanto das naves como da xirola, érguense sobre resaltos ouescalonado basamento, en parte fundido no chan, e por dentro rodéanos en forma de sentadeiro, inda que nas naves, como moitas das bases dos csteos, apareza soterrado e cuberto pol-o pavimento, como o estaba tamén, antes de descubrilo, nas capelas da xirola.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/37/372f/372fda6e-02f6-4847-98c1-f75f87deaab0/115717854.xml
PALACE HOTEL
RESTAURANT
Rúa do Príncipe, 9 e Policarpo Sanz, 10 - VIGO
Inaugurado o 1.º de Xunio de 1926
SITUACIÓN ÚNICA
Edificio, mobiliario e material moderno e novo. - Ascensor. - Auga corrente fría e quente en total-as habitacións. Quince cuartos de baño. - Habitacións con cuarto de baño. - Excelente cocina. - Omnibus. - Garaxe.
PONTEVEDRA -- PALACE HOTEL
Director e propietario: VICENTE MANUEL LOSADA
Restaurant do Kiosko Alfonso - A Cruña
Director e propietario: MANUEL LOSADA
Granxa Monteporreiro
PONTEVEDRA
AVES e HOVOS de raza para plantel.
COCHOS de distintas razas, puros e cruzados.
Variedade de COELLOS XIGANTES.
VEGONIAS e VIVEIROS de plantas de producción e adorno
Esta Granxa ten sido premiada pol-o Xurado, no concurso celebrado pol-a Excelentísima Diputación Provincial celebrado o primeiro de Novembre de 1925 con dez premios pol-as súas diferentes razas puras de aves, coellos e produtos de Agricultura
PREMIO EXTRAORDINARIO DE HONOR EN RAZA PORCINA
Pedir informes e detalles de venda á Adeministración
FRANCISCO HERMIDA
TELÉFONO, 32
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/37/372f/372fda6e-02f6-4847-98c1-f75f87deaab0/11571787.xml
Casa RODRIGUEZ
Progreso, 97 -- OURENSE
TELÉFONO 83
Comedor
Renacimento
hespañol,
da Casa
Rodríguez
d'Ourense
Esta Casa, a millor de Galiza na sua arte, ten sona dentro e fora da nosa terra pol-os moblaxes de luxo, que traballa EN TODOL-OS ESTILOS ANTIGOS E MODERNOS, entrepretados con fino gusto e fonda coñecencia das artes suntuarias de todol-os tempos e nacións
Ten exposición permanente de MOBLAXE ARTÍSTICO, e fermosas TAPICERÍAS nacionás e estranxeiras, mais traballa tamén en MOBLAXE ECONÓMICO, do que ten unha importante sección.
Encárgase ainda de faguer ISTALACIÓNS de Cafés, Bars, Hoteles e calquera caste de traballo achegado á Ebanistería. Pódenselle pedir ESTUDOS e PROEITOS.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/37/372f/372fda6e-02f6-4847-98c1-f75f87deaab0/115717829.xml
NÓS
lectura, porque aqui veu a estudiala, e leva publicado bastante das nosas eirexas, en unha das suas interesantísimas notas á edición que ela fixo en 1914 da *Gothic architecture in Spain* de Street, (1) describe con moita xusleza a de Cambre, e tanto n'esta nota como nas verbas en que, anos mais tarde, en 1920, volve por incidencia a falarnos de ela, señala certa extraña influencia francesa que lle atopa (2).
Con motivo da restauración, ben intencionada, que un dos derradeiros párocos de Cambre D. Xaquín Sánchez fixo con fortuna, na xirola, publiquei un traballo (3) fixando, de
descripción de este monumento na *Geografía General del Reino de Galicia* (15).
O valor de esta bibliografía está no orde histórico, nos datos, aínda que poucos, por únicas, que suministran o P. Yepes, o P. Carbalho e López Ferreiro; no descriptivo, tendo en conta a época en que cada autor escribiu nos traballos de Segade, Vicuña, Lampérez e Miss King; e no da crítica, o máis interesante e difícil, nos xuicios que formulou Lampérez, clasificando a eirexa como Compostelán, e Miss King, observándolle certa influencia francesa, opinión que no fondo pode que coincidan; mais antes de estudiala, analizando os
INTERIOR DENDE O CORO (A NAVE DA EREITA DA FOTOGRAFIA E TAMEN A DA EIREXA
maneira concisa, o seu valor dentro da nossa arquitectura medioeval, señalando os erros do plano de Lampérez y-afirmando con él, a influencia compostelán, que inda as propias correxós do plano confirman.
E, finalmente, o Sr. Carré, aténdose a os xuicios de Lampérez e reproducindo as inscrizóns publicadas por Segade, fai tamén unha
xuicios alleos, imos facer-a descrición aténdonos á sua estrutura arquitectónica y-a cada un dos elementos que a integran, fixando anles, até onde se poida, a sua antigüidade.
HISTORIA
Poucos mosteiros habrá na nossa terra tan carentes de documentos pra sua historia como o de Cambre. Revisando as numerosas e valiosísimas colezóns diplomáticas publicadas, n'as que tantos e tan interesantes se deron a
(3) *Some account of Gothic architecture in Spain* by O. E. Street, 1, páxs. 186-7.
(4) *The way of S. James*, t. III, páx. 408.
(5) *Monumentos antigos de Galicia: Santa María de Cambre*, na *Voz de Galicia*, no número do 16 de Outono do 1921.
(6) T. I, páxs. 717 a 719.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/37/372f/372fda6e-02f6-4847-98c1-f75f87deaab0/115717826.xml
FACHADA PRINCIPAL.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/37/372f/372fda6e-02f6-4847-98c1-f75f87deaab0/115717812.xml
ÉMBROME hoxe da serán lonxana na que chegaba cos meus condísciples á pequena estación de Barbantes. Unha lembranza que non xurde com'unha néboa feble, apenas percisada, no decorrer de sombras, d'asociacións malnas, de repentementos, de pormesas e-esperanzas sen figura que enchen esta serán d'hoxe pasada á veira do braseiro a carón de libros valeiros polo momento de siñificanza... Sinon que é unha lembranza viva, con todol-os caracteres d'una realidade presente, urxente, imperiosa. Alento no ar d'aquilla serán morta xa hai tantos anos.
Finaron as vacacións de Nadal i-os estudantes do Preparatório voltaban pra Sant'Yago. Foran os meus compañeiros no Instituto e inda vivíamos na irmandade criada no unánime espertar das nosas vidas. Eu era estudante por libre. Soio ía co-iles haste Barbantes pra dend'alí rubir á miña aldea. E sentía con fondo desacougo que nas manelras ben coñecidas e-estimadas de todos eles había unha cousa nova: mais no tono e no matiz que no propio contido das verbas. Cando ó tren saíu, i-eu quedel na pequena estación, alguén cousa sentín que me fixo mirar cramente o meu isolamento. Lles eran estudantes de Sant'Yago; xa non vivía na sua intimidade; faltábame rubir unha estaxe superior na vida. Foi unha data na miña mocidade: por primeira vez considereime lonxano d'ús rapaces c'os que me cinguía un agarimo tan entranabre que nos derradeiros anos do Bachilerato sentía bágoas nos ollos ó pensar no día da separación, nos primeiros tráxicos pasos por diferentes camiños.
Rubindo a costa dos piñetrales, ó compás do erguerse das montañas no horizonte mais espallado a cada volta da estrada, íbame enchendo de ledicia saudosa un sentimento de Sant'Yago. Aquela noite dinme conta de coma Sant'Yago latexa (son tan amprías e fondas as vibracións da sua-p-alma!) en todol-os currunchos de Galicia. Na miña casa aldeán urdían lembranzas escompostelás: na casa que eu inda percorría com'un neno e con ollos de rapaz ollaba o paisaxe doce que fai o xardín de roseiras e buxos sobrio fondo dos arborejos e das searas. Inda levaba lolto por meu pai. No despacho tristeiro, acugulado de lembranzas, inda estaban tal coma il as deixara os feixes de cartas, recortes de pródicos, fotografías ameradas pol-os anos, libros do tempo da estudaitina. As cartas do meu abó ó seu fillo foran pra min de firentes evocacións n'aquiles días d'isolamento e maleiconía. Gárdoas na mesma caixa. Teñen os sobres pequeniños, un pouco alongados, pechados con oblelas; levan o franco d'Isabel II e din: «Sr. D... cursante en la Universidad de Santiago.
Eu maxinaba a carta indo de mau en mau pol-os cartelros labregos haste chegar ó coche correio. O estudante vivia na rua de Mazarelos. Cando fun a Sant'Yago procurei con áncia aquila rua t-alopeina en tudo igual ó que pensaba d'illa: pequenelra, sinxela, casilhas un
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/37/372f/372fda6e-02f6-4847-98c1-f75f87deaab0/115717831.xml
SEGUNDA CAPELA DA IZQUERDA (DA XIROLA)