https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/34/34f6/34f62228-6201-48fc-9f83-885c28342650/11571455.xml
É un intre calquera d'un día sin cousas. A quietude do encerro alonga as horas hastra o infindo i-un non sabe do camiñar dos reloxes, porque non hai senso do tempo nas horas inútiles. O cuarto e un dado branco i-eu n-el unha cousa gardada. Pol-a xanela fuxiron as ideas, i-as preocupacións. É un intre dos que moitos chaman felices, un intre valdeiro, no que un home é iguala unha cousa.
Eu ando a ollar o branco das paredes, e a rillar, cos dentes, o guincho dunha uña, coma un pícaro da escola. Decátome de que estou lonxe de min mesmo, e síntome tan ben, coma si tivese feito o troco da miña concencia, con un rapaz ledo. Viñeron os homes a me ver, e fóronse; viñeron os berros dos rapaces que xogan na rúa, e calaron; veu a monxa mainiña a saber de min, e díxome adeus. Agora o vixilante, anda a morder no tempo c’os seus pasos fortes, máis aló da porta, i-eu estou só. Na outa xanela hay unha reixa historiada, que dibuxa o ceu gris. De moi lonxe ven o chorar maino dunha fonte antiga, qu-eu conozo ben. Eu sinto a grandeza desta casa á que son alleo, vouna querendo mais que por sí mesma, e toda a casa é pra min, agora, este cuarto branco, no que se espreguiza a cama, e un “Cristo dorme pendurado na parede. Eu son eu na miña soedade, pro os meus pés están trabados por unha orde que veu, ninguén “sabe de onde, e a miña soedade esta-ía a esmagar o paseo dun home enmascarado, que vixía o silenzo da miña sumisión.
Moitas veces vexo os homes, coma rodas frías dunha máquina infernal. As miñas mans humans queren acariñar a intimidade
dun home lonxano, e topan c'oa codia dura de moitas cousas inhumáns, que afogan cáseque totalmente unha candeíña invisibre de humanidade probe. Entón penso que nada se pode faguer xa c'oa humanidade, e sinto afogos de auguria, e anceios tolos de soedade, pra poder sentir en min a todol-os homes, tal como eu os quero, como a doces irmáns, fillos de Deus, dese Deus sin nome nin eisixencia, que eu sinto en min, i-en todo. Agora estou lonxe de todal as cousas, que noutrora matinan na concencia con doores eledicias. Agora son unha cousa fría e valdeira que deixa correl o tempo sobre de si. Os ollos pasean quedamente pol-as paredes brancas a precura das formas estranas que fan as nodoas esvaídas, i-as escarchas do cal. O Cristo non ten razón neste quarto valdeiro. Un almanaque esquencido, canta os días dun ano que morreu fai tempo. Pendurado dun cravo, o vello Avenzoar, médico muslime, quer aviscar a sua estampa, na faciana porca, dun espello recomido da friaxe. Todo e frio e mol coma un corpo morto. Nas outas torres que non se ven, alguén bate os badaxos das campás, i-o són desce mainamente sobre do pobo, coma unha bendición de bispo vello. Eu sinto caer as badaladas mornas, tan coñecidas, pra morrer no silenzo; elas contan as horas, pros que queiran seguil-o correr do tempo; pro eu estou afastado de todo, e todal-as cousas me son alleas sin que seipa o porqué. Eu descanso na miña ausenza conscente, síntome ben no silenzo de soedade, e non penso en nada, nin sinto anceios de ningunha compaña. E coma si estivese a dormir, sin soñar con ninguén, ando a contar as táboas engadidas que
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/34/34f6/34f62228-6201-48fc-9f83-885c28342650/11571457.xml
NOS
zo. Pol-as arcadas da solaina rebulen somas de lembranzas imprecisas; dentro de min trema unha inquedanza. Meus ollos escrutan o vagalume do serán; meus ollos teñen xa visións de sono, tróuxollas o embruxo das formas, as arcadas da solaina, a lanzal figura da torre do homaxe. Os días non morren na concencia, esquécense somentes. Agora os ontes viven de novo frente a min mesmo. Son eu, fora de min, a tremer nun degaro insatisfeito; son eu, ca miña vida nos beizos, nos ollos, e nas mans, i-ela abrazada a min. Andamos a ollar o Tesouro, andamos a decatarnos das cousas, pra darnos conta da nosa realidade; dous pícaros ensoñados. Buscamos a outura pra estar sobre das cousas, pra ter un espazo mais grande en que navegar; o mundo é pequeno pra nos os dous. ¿Sabedes?, ter baixo da man, o que non se pode acadar con ningunha apreixa; sentir a ingravidez do propio corpo, i-a febleza de todal-as cousas; ollar o ceu coma un trono, i-o mundo coma un vieiro frolecido; ser un plenamente, nunha concencia que está fora dun. ¡O que non se pode decirl
As escadiñas estreitas ruben como unha serpe pol o corpo duro da torre, i-o final está o balcón mirador. A cibdá é un campo de tellados, e máis aló a quietude recolleita e misteca da paisaxe posta de xionllos. Nós ollamos sin ver; os seres tremen na emoción do intre. ¿Non sabedes?, un quixera a eternidade pura do intre inconmensurábel; un quixera matal-o tempo, pra quedar pra sempre no extasis; non hay máis alá. Sorrín o ceo e a terra, coma si foran padriños comprensivos; sorrí todo, dentro e fora d'un, e xuntanse os beizos, i-os corpos, i-as almas, nun puro avatar mútuo, que abendizoan as cousas ca súa presenza.....
Aquelo foi. Agora é só a noite fría e a soedá. A miña i-alma pode saír de sí mesma pra abrazarse ás cousas; pro todos sabedes que as cousas non son as persoas; todos sa-
bedes que a soedá pesa, cando un home quixera que a súa vida non fora como é. Aquelo foi, ¿e por qué non é, si é qué foi?; ¿por qué se van as cousas?; e si teñen que irse, ¿por qué se lembra un d elas?.
A noite metéuse no meu cuarto coma unha néboa medoñenta. A mín quedóume unha malenconía enfermiza que ceiba door sobre de mín; é un andar á roda sobre d'un mesmo, coma o cán que quer dormir. Enfiado nun matinar unilateral, todo tén unha realidade pesimista sobre de sí. A vida é ir galgando sobre dos feitos, pra deixare en cada un, un anaco da intimidade; a vida é un ir esnaquizándose miudamente en todol-os degaros, pra non chegar nunca a unha posesión; a vida é inxusta sobre todal-as razóns. Dentro d'un nacen anceios porque si; emerxen da i-alma necesidades máis fortes que a da mesma vida, e un corre tras d-elas pra romper a testa en todol-os fracasos, sin que seipa nunca o porqué.
Aquelo foi, tan real e pleno como é a noite; pro xa non é. Así foron moitas cousas. Así foi a miña fé, a miña fé nos homes, en mín, no mañán, nas cousas, en Deus; ese rosario de fés que engaiola a vida, e faino, a un, sorrir sobre todol-os fracasos, e sobre todol-as doores; así foi, e xa non é así. ¿Por qué se van as cousas?; ¿por qué non esquencemos as cousas que se van?, ninguén sabe. Eu ando a patuxar nas somas, i-a escarabellar en mín mesmo, coma un sádico que se quer complacer.
As badaladas descén mainas, das outas campás, contando nas horas; o vixilante sigue a morder o tempo i o silenzo cos seus pasos, a torre sigue ergueita na noite sin luz. A miña razón dí, que é parvo perguntar ás cousas; que é negativo volver atrás os ollos; dí, o que eu xa sei d'abondo, o que teño en conta sempre. Pro, ¿qué queredes, que se lle vai facer?..... Hay intres así.
Sant-Iago, 1934.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/34/34f6/34f62228-6201-48fc-9f83-885c28342650/115714520.xml
NÓS
OS HOMES, OS FEITOS, AS VERBAS
O PRIMEIRO CONGRESO NACIONAL PORTUGUES D’ANTROPOLOGIA COLONIAL
Con ocasión da gran Exposición Colonial Portuguesa, que vai ter lugar na cibdade do Porto, terase alí, por iniciativa da Sociedade Portuguesa de Antropologia e Analogía, o Congreso de Antropología Colonial, que ha de ser do 7 ao 11 d'Outubre.
Estará repartido en tres seizóns: unha adicada á Antropología física, biología étnica, cruzamentos, grupos sanguíneos, baixo da presidenza do Prof. J. A. Pires de Lima; outra d’Etvografía, folklore, Linguistica, psicología, sociología e religiós, baixo da presidenza de Mons. Dr. Manuel Alvesda Cunha; e outra de Prehistoria, arqueología, geografía humana, migraciós, demogratia, etc., baixo da presidenza do Conde de Penha García.
Fora dos asuntos que libremente escollan os congresistas, o Congreso proponse certo número de temas de especial intrés centifeco e d'apricación, aos que quer adicar o maor esforzo.
Ademais, a Exposición Colonial ofercerá aos congresistas unha rica documentación etnográfica. Todo elo fará que o Congreso de Antropologia Colonial sexa un verdadeiro acontecemento centifeco.
LETRAS DE AFORA
ELEXIA DO SANTO ROMAN IMPERIO
Viena (está millor como se dí en Portugal Viena de Austria) cerdeira en frol ao pé dos neveiros do Alpe. Fáise o monte parque e o Donau liederdiza ao pé das fiestras du salón. Ténse falado moito da sotil política dos Hapsburg, de Metternicht. Pódia ser, mais a persistencia do imperio sobre tantas xéntes e falas de órbitas diverxentes ¿non sería obra amtifónica da canzón? A slavaya, a hungara, a tirolesa, a morava, todas as canzóns collen ritmo universal en Viena. O barroquismo grande ordeador de esenzas cosmopolitas. Chega Liszt na carroza de cristaes, as rodas brancas do pó da puzta. Chega Beethoven co aer da primadeira hercynian. Viena, mistura de Venezia, París, Roma, München, urbaniza en vals os temas populares e trunfa por o sorrir. Carlomagno sabía faguer ben as cousas. Puxo dous marcos diante o bosque e a estepa. Brandemburgo e Viena. Un espiño e unha roseira. O Santo Imperio soupo vestila cos lumes de longo solpor.
Sabía Viena, cecais dende o «Requiem» de Mozart e dende a cabalgada dos húsares de Murat, que morría, e xogou ca morte como co luar a auga dos lameiros, ceibando soms de medo e bulra sans, de neno. Non bizantitina nin tampouco estóica, gardou a pulpa de froita e deixouse mordiscar por dentes novos pra sempre lavados co sabor vienés.
Sabían Schneider e Hoffmannsthal o trunfo da morte, mais disimulábano no decorrer de ensoños ou na sátira dando perfil ás vidas burguesas. Esboirar da tona de lazo «lebacle» afogando o vals de Strauss, fói o 1918. Agora Xosé Roth fái na novela «Radetzky Marsch» a elexía do Santo Imperio e chora a torre de encaixe de Sto. Estebo. A figura do Imperador-símbolo, Franz Josep, preside o amor dos hérois, os Trotta, militares e funcionarios ca ética do reximento e da cancileiria. Elas son o eixe de un patriotismo sen pátria. Ven a Gran Guerra. Os oficiaes ao chegar o parte dos tiros de Serajevo cantaban a marcha trunfal de o vello mariscal Radetzky o vencedor de Italia no tempo ainda romántico de Novara. Deseguida ao chégar a nova, a marcha trunfal trócase mainamente na fúnebre de Chopin por todos beilada co sorrir coscente do ser o derradeiro.
A novela - longa agarda disimulada de un remate fadal, técnica de témpos e fuxidas comparabele ca musica— semella encobrir unha idea de traxedia sen a crásica feitura mais coa mesma maneira de acontecer.
A NOVELA DO TRÓPICO
Precísase pr’a novela un tempo de esprencia histórica. Esprenza urban sobretudo. Europa tarda moito en ir adiquirindo posesesión novelística dos novos escearios. Cone boreal entende ao norde mais se non afái no trópico. E xa fai tempo dende a ilusión de ter descoberto a Edade de oiro con Bernardin de Saint-Pierre ou a do parque romántico amedrado en savana, como a «Indiana» de George Sand.
Farrére ou derradeiramente André Malraux fan novela de paixóns oucidentaes sobre o fondo caseque indefrente e lonxao da colonia ou do terreo da «concesión». Nin os ingreses de América saben vivir no trópico. En canto se chéga preto do golfo de México deixan o estilo de Boston e tampouco saben sinon ser brutos ou vexetaes. Paixón e tipos figuran xigantescos e non pasan de ser mé-
https://biblioteca.galiciana.gal/es/catalogo_imagenes/descargarAlto.do?path=1157145&posicion=1
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/34/34f6/34f62228-6201-48fc-9f83-885c28342650/11571454.xml
A luz erraba, tola,
coma unha femia encoira.
A vestía a túa ollada
de veos de dozura.
Os galos
dábanche a benvida.
Por ti,
craríns do mediodía,
en todos os quinteiros
rosarios de rubíns
chovían.
RICARDO CARBALLO CALERO.
Do libro, que anda a editar Nós, O SILENZO AXIONLLADO.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/34/34f6/34f62228-6201-48fc-9f83-885c28342650/115714511.xml
NÓS
MITTELEUROPA
(Proseguimento de Da Alemaña)
por VICENTE Risco,
I PRAGA
Pode dar tamén qu'o sistema de Tycho Brahe non fora mais qu'a aititude espirtual d'un home superior a quen incordian as porfias, que se decatou perfeitamente de que tanto ten unha cousa com’a outra, de que no fondo, ao millor non é mais qu'un asunto que pende no punto de mira onde cada un se poña, e que n-unha arrautada d'humorismo, bota pol-a rua do meio, ben pra pór paces, ben pra rirse singelamente dos seus colegas.
De calquera geito que seña, a min simpatizame Tycho Brahe, e adicolle esta lembranza diante d'istes aparellos do seu tempo, n-algún dos quales pode qu'andiveran as suas mans.
Tamén hai, naturalmente n iste país de músecos, istrumentos antigos, e outras moitas cousas: porcelás douradas, siluetas, bordados en seda e liño, vestidos e abanos rococó, máis louza, algunha moi semellante á de Sargadelos, cristalería de coores, esmaltada e dourada, mobles incrustados, antr’iles un fermoso pupitre-escribanía, lámpadas de Sinagoga, cerámica popular bermella con deseños marelos, candieiros, traballos barrocos en prata, relós, camafeios, o manto d'armiño d'unha Abadesa, unha carroza arcebispal, un órgao d'eireja, etc., etc.
Vin o teatrillo de monifates de Matiei Kopecky, qu'andivo co-il repersentando obras n-idioma checo. En homage á sua obra nacional, un medallón perpetúa a sua simpática image, n-unha vitrina. Os bonecos qu'il facía falar alí están tamén, dependurados das suas cordas.
Vin as tremendas armas dos hursitas: lanzas, bisarmas, machados de rabo longo, martelos, mallos reforzados de ferro, mazas pendentes d'unha cadea, imensos mandobres, cascos checos e cotas de malla, istrumentos d'unha guerra bárbara e cruel, ond’ os mortos debían ficar esmagados, esnaqui-
zados, escuartizados, esmembrados, reducidos a zorza sangrenta. Ollando estas armas, sintense escachar os ósos da cabeza coma cascas d'óvo, e vense esbarar os miolos pol a frente fendida, escapal as tripas como serpes retortas da barriga aberta en canal, e quedar as pernas escarranchadas no cabalo, namentras a outra mitá do corpo cai na terra segada d'un golpe, deitando un lago de sangue.
Tamén vin ferramentas de labrego e d'oficios, moi materiás e primitivos, que facian jogo co-as armas, e unha cerámica popular incisa, do século XVI, que semellaba prehistórica.
Vin unha mitra de metal, un anel episcopal que podería servir de pulseira, cálices, ostensorios e incensarios góticos.
Cheguei canso á seizón de Prehistoria, que é moi rica. Faciame difzle a interpretación os letreiros en checo: K. hradistni, Stradonické, Slezská. Outros comprendianse ben: Latenskd, Doba Zelezná, Doba bronzová. Mais ja non podía atender mais, pois já levaba ali mais de catro horas, e tiña qu'ir jantar.
No Museu ainda hai moitas mais cousas: coleizós botánicas, mineralógicas, petrográficas, geológicas, paleontológicas, zoológicas, que non tiña tempo de visitar; unha Bibrioteca con 400.000 volumes e 7.000 manuscritos, parte d'iles espostos, con lembranzas de Wicleff, Johan Hus, Tycho Brahe, Wallenstein, Comérius, Gustavo Adolfo. Tilly, etc., e o Arquivo de Bohemia.
STARÉ MIESTO.
Eran as dúas cando sain do Museu, e fun pol-a Vaclauské ná miestí, unha longa praza en costa, domiñada no outo, pol-o moimento a San Wenceslao, rei de Bohemia, qu'está no outo d'acabalo, e qu'é o centro da vida de
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/34/34f6/34f62228-6201-48fc-9f83-885c28342650/115714518.xml
56
días nun campo público, e o probe tamén viña co seu traxe, e o cura paseaba pr'on lado e o probe pr'outro, e o probe decíalle ao cura:
Acabácheme co capital, pero fixécheme millor, tu non traballas pero eu tamén non che traballo.
(Macendo --Antonio Reza Paz-- 1931)
CABALOS DE FOLES
Un chefe calrista cuio nome hoxe non se coñece, arreando uns cabalos que roubaran na casa de Foles, dicía:
—Arriba, cabalos de Foles.
Qu'atrás dos dos ricos veñen os dos probesl
(S. Salvador de Vilasante —José García Gallo— 1931.)
COMO HAI QUE TRATAR AO PEISANO:-
Un deudo da casa de Pacio —que gozou de gran sona pois era das de «Soga y Cuchillo»— adoitaba recitar iste refrán:
Ao peisano non lle fagas mal, que nono merece, nen ben, que nono agradece.
(Id. id.)
O VENANCIO DAS PITAS (1)
Estaba en Celanova un preso —coñecido ladrón de longa historia— que chamaban o das Pitas. E díxolle un día ao carceleiro:
—Déixeme sair da cárcere ás doce da noite, que volvo aixiña.
O carceleiro díxolle que non podía faguer eso, que podían despachalo do empleo, e contestoulle o das Pitas:
—Déixeme sair que ás catro da mañá estou de volta con seis mil pesetas e a vostede doulle duas mil.
(1) Son sen conto os casos que se refiren d'iste sonado Venancio das Pitas, mais ben rapufielro que bandido (din que nunca fixo violencia a ninguén pra sacarlle os cartos). O seu alcume venlle de ter emprincipiado a sua carreira por roubar pitas. Lóubase moito a sua agudeza e fino ingenlo. É persoage relativamente recente, e hai notiza de que rematou a sua vida honradamente, vivindo d'un negocio. Outros dín que se fixo crego en Portugal.
NÓS
Dixolle o carceleiro:
—E logo, a quen vas roubar?
—Ao cura de Mourillós.
Por fin, o carceleiro deixou sair ao das Pitas e roubou ao cura de Mourillós, pero ás catro da mañá já estaba de volta cos cartos.
Pra o outro día, o cura foi dar parte do ladrón, pero dixéronlle que non podía ser, porque o das Pitas estaba preso; mais o cura insistíu en que fora il. Pra convencer ao cura levárono á mesma celda onde estaba o das Pitas.
O ladrón, ao enteirarse, deu parte do cura e prenderon ao cura, e soltaron ao das Pitas. Así quedou o cura roubado e preso.
(San Miguel de Berredo —Carmen Somoza Pato— 1932.)
MATAMOLO TODOS
No tempo dos fauciosos, ocurríu un caso nun lugar que lle chaman a Bouza. Viña un faucioso pedir carne e pan; entonces os veciños matárono, porque tamén os fauciosos eran moi malos e tamén mataban a quen encontraban. Pero despoixas que os compafieiros souperon que o mataran os da Bouza, mandáronlle un recado pra que viñese junto d'iles o que o matara.
Entonces os da Bouza, sen matinar o que lles iban facer, marcharon todos alá, dicindo un dos veciños:
—Mateino eu.
E outro tamén dixo:
—Non, mateino eu.
E outro tamén, e todos así, foron dicindo qu'o mataran iles, porque os fauciosos dixéronlle que era un escapado, e que lles iban dar unha gran recompensa, e entón todos querían decir que o mataran.
Mais os fauciosos dixeron que lles iban dar a recompensa a todos, e metéronos no meio d'iles, téndoos arrodeados por todas partes, emprincipiaron a tiros e matáronos a todos, que eran uns vintecinco. (1)
(Macendo —A. Reza Paz— 1931)
(1) Cóntase coma feito histórico. Ten semellanza, coma se vé, co tan soado conto do Meco, anque s'arreda d'll bastante.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/34/34f6/34f62228-6201-48fc-9f83-885c28342650/115714519.xml
NÓS
O CORPO DO DELITO
Ao abade de Santamaría a Graña, aló pol-os anos da primeira guerra calrista, secuestrouno unha partida de fauciosos, que o levaron ao monte, namentras os chefes s'istalaban na casa reutoral coas suas queridas, pasando alí a gran pándiga.
Cando o abade volveu, despois de ter pagado un forte resgate, fixo un «auto de fé», queimando pubricamente as camas todas que había na casa
(Penosiños - Ramirós —Purificación González Feijóo— 1932.)
OU SUBÍU A PEDRA, OU BAIXOU A ESTRELA
Na casa de Navin (Quiroga-Lugo) viveu a principios do século pasado o «Astrólogo de Navin», home de costumes estranas, a quen a gente apuña gran cencia e sabencia. Cóntase que n-unha ocasión uns peisanos quixeron probar onde chegaba a cencia do Astrólogo e a tal fin puxeron un papel debaixo da pedra onde adoitaba sentarse no seu paseo cotián do empardecer. Pouco tardou en chegar o Astrólogo, e os labregos chegáronse a saudalo, acompañándoo deica a pedra. Inda ben non se sentou, escramou en voz alta:
—O el cielo bajó, o la tierra subió.
Deixando pasmados aos peisanos (1).
Tamén contan que 4 sua morte, os señores de Lamela, cos que tiña estreita relación, levaron os legujos que tiña escritos, antre os que supoñen que irían as soadas Táboas de logaritmos, que dispois pubricou o ilustre Vázquez-Queipo, da casa de Lamela.
(Quiroga-Lugo —Dolores Fernández Quintás— 1932.)
(1) Igual caso refiren en Lalín do sabio matemático D José Rodríguez González, «o Matemático de Bermés», encol do qual pubricou un documentado traballo Don Ramón Aller no vol. III dos Arquivos do Seminario de Estudos Galegos. D. José Rodriguez rubía tamén a unha pedra pra ouservar Os astros e tamén co-il fixeron os peisanos a proba do papel. Il notouno, e dixo:
—Ou rubíu a pedra ou baixou a estrela.
Atal era, asegún a gente a sua agudeza pra o cálculo das distancias.
OS DOUS GALOS
Na freguesía de Vilarrubín (Peroxa), había dúas familias qu'ainda levan os alcumes de Faco de Alende e Cazu1ro, que proveñen dos antepasados.
Dín que había dous galos, un no lugar da Alende e outro no de Casdeguistala, onde vivían os cazurros e que cando cantaba o da Alenda, decía:
—Ay cazuuuurro!
E cando cantaba o de Casdeguistala, decía:
—Faco da Aleeeende!
(Cinconogueiras (Peroxa) —Elisardo González Paradela— 1931.)
OS DE CHOUZAN
No lugar chamado Chouzán, arredado d'Atán pol-o río Miño, onde hai unha familia encarregada de pasar n-unha barca con remos a todol-os viageiros, chámase iste sitio Barca ou Porto de Chouzán. O dito que dín alí é o seguinte:
Os de Chouzán, no tempo dos figos, si s'encontran nun camiño e lle perguntan de donde son, contestan (facéndose moita cousa):
—De Chouzán, quere descambiar un peso?
Dinlle isto porque hai moitos figos, véndenos, 'e por iso teñen moita calderilla. En troques, cando non hai figos, pergúntanlle:
—Donde és?
E contestan moi homildes:
—De Chouzán, deme un peso pra pan (1).
(S. Esteban d'Atán, Pantón (Lugo) —Josefa Rodriguez Vázquez—1932)
(1) Istes casos, referentes As alternancias de riqueza e da miseria n-un pobo no decurso do ano, refírense moitos. N'Ourense, por eixempro, refirese unha cousa semellante dos de Seixalbo, aldeia As portas da capital, con ricas hortas, Istes pol-o vran, cando venden seu froito, din:
—Son de Seixalbo: quer V, algo?
Pol-o inverno, que non teñen cousa que vender, din come coltados:
—Sou de Seixalbiño, déame un ochaviño!
O DÍA DE GALICIA, APARECERÁN:
Os Dous de Sempre, por Castelao.
A Romeiria de Gelmirez, por Otero Pedralo.
O Silenzo Axionllado, por Carballo Calero.
Os Evanxeos da Risa Absoluta, por Antón Vilar Ponte.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/34/34f6/34f62228-6201-48fc-9f83-885c28342650/11571458.xml
46 NÓS
A ROMEIRIA DE GELMIREZ
DA NOVELA DE OTERO PEDRAIO QUE VAI APARECER
AL será o engadego doncel de ista terra? Ela non semella ricaz, non a poboan ilustres vilas, nin disfroita do canto coral de soados mosteiros, alenta lonxe dos camiños das pelerinaxes... Supoño que non remanecerá do demu iste gostoso vivir. Ben pensado a gracia e serenidade dos hourizontes lembra a dos espirtos que sendo rexos na Fé non esdeñan o bon viño, a conversa e o xantar acarón do lume. Dinantes da esgrevieza dos montes aquece iste acougo...» Falaba Oduario.
Debera ter chovido arreo por o norde pois os ríos viñan escuros e medrados. ¡Terra de Borbón! Xohán da Isorna alagaba no ditoso azul de ela. Tinxialle a ialma e o sentimento. Grises de nubens voltos azul ao resbar o lombo dos montes, azues, as somas, as lonxanías dos labramios, azul esmaltado por as fogueiras dos albres amerados, o tremar das augas fuxitivas. Terra de Borbón.
Engadiuse un home aos galegos, tamén camiñante pra Italia, mais sen figuranza de «clérc» apesares do composto i-erudito da sua conversa. Tiña barba moura en ponta, as mans brancas e afiadas, montaba unha égoa de mao caris, e levaba unha espada vella. Fuxindo das perguntas desviaba falando da terra que cruzaban con singolar xusteza i-eleganza na frase: —«Ainda a xénte tén fé nas potencias das frolestas e das fontes. Hainas grandes e belidas, quentes e xiadas, algunhas fermosas ao igoal da de Cahors. N'un tempo estaban adicadas as pirmeiras ao demo por os antigos considerado deus, chamado Bormo ou Borvo, de onde remaneceu o nome de ista terra. Xa os antigos dician «nullus locus sine genio est». Eiqui as xentes miran nas fontes algo semellante ao choutar dos cabalos, a sua podente fermosura. Tamén o diabo Neptuno repersentábase de xeito semellante. Teñoo mirado nas roínas de Roma».
—¿Quen será iste paxaro? preguntaba o Anaia—de fixo un pagao afeito a filosofía dos alarbios. Coidará conquerire groria ou amor ou mocidade por os contratos co demo nos bosques ou nas idolátricas roinas».
Despoixa de unha xornada fadigosa pousaron a noite no castelo de La Ferté, grande e fermosa mansión xurdida enteira cas catro torres redondas do cerne do coto contorneado por as rebuldeirascorrentes do río. Estaba o señor lonxe, na Cruzada ou ao menos navigando n'algunha nau de Sicilia ou Venezia, pois dende seu embarcamento en Amalfi se non soupera mais de il. Rexía o esteso féudo unha dona andadiña, a nái do señor, Ana de Montreuil, outa, cangada, rexo esquelete vestido de pergameo, mais c'un lume nos ollos e unha estrana sonoridade no acento semellantes aos dos ispirados ou tolos. As mans sempre aruñaban con impacevza raivosa as péles do manto. As guedellas griseiras voábanlle arredor das siés afondidas, abaneadas por o vento dos páledos érmos onde teñen suas xuntanzas as bruxas. Tiña seu mariscal, seu gardaselos, seu senescal, tiña unha corte enteira de dinatarios e acotío eran sagrificadas dúcias de empregas pra mantenza das suas xéntes e os millores anacos eran pra a crudel bandada de azoreiros e xerifaltes que ociosos i-enoxados curtaban con chios de fera e vibrare de aas o silenzo da mansión sombriza. Ela, a señora, vivía probemente na cámara de pedra xiada sempre da torre do norde, sen axuda nin compaña de ninguén. Ali manxaba soia calquera vianda, mais na grande saa de aparato estaban dispostas a toda hora as mesas carregadas de fontes de escolleitos compangos, dos millores viños do orbe Intino, acesos os outos candieiros arxenteos, flamexante a fogueira da chemineia. Sabedora do viaxe de un bispo sinalado, mandounos chamar saudando un pouco lonxana i-esdefiosa a Gelmirez, e voltando deseguida a sua celda. Perante o xantar dos cregos e capitás na mesa de honra, o senescal do castelo falaba da sefiora con voce respeitosa deixando traslocire
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/34/34f6/34f62228-6201-48fc-9f83-885c28342650/11571453.xml
BOLETIN MENSUAL DA CULTURA GALEGA
Ano XVI ★ Ourense 15 de Marzal de 1934 ★ Núm. 123
Ti apareciches. Cada surrisa túa era unha felicidade.
Eras como unha abedoeira frorida.
Ao teu redor, doncelas de longa cabeleira prendida con estrelas, zoaban como abellas.
Lonxe de tí, cen mozos debecían pol-o teu corpo de ouro.
Cada fror que te ollaba unha cita che daba.
Do ceo chovían telegramas Inquirindo noticias da túa i-alma.
O vento ía perdido n-unha fraga de espadas. Sanguento i esgazado, os teus pés percuraba.
A gorxa che cinxia un colar de anduriñas.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/34/34f6/34f62228-6201-48fc-9f83-885c28342650/11571452.xml
BOLETÍN MENSUAL da CULTURA GALEGA
Direitor Literario Vicente Risco Direitor Artístico Alfonso R. Castelao
Administrador ANXEL CASAL
DIREICIÓN E REDAUCIÓN: ADEMINISTRACIÓN:
Sto. Domingo, 47—OURENSE SANTIAGO
ABONAMENTO NOTA
Doce números, na Península 6'00 pesetas.
Fora da Península 8'00
Número solto 0'70
Este boletín non publicará mais orixinais que os que foran directamente solicitados pola Dirección. Tampouco se fai solidario das ideas n-eles emitidas, a non ser dos que por non iren rubrados, enténdense que son da Redacción.
Os pagos son adiantados e os gastos de xiro de conta dos suscritores
SUMARIO
TÍ APARECICHES, por RICARDO CARBALLO CALERO.
O QUE FOI, por LUÍS MANTEIGA.
A ROMEIRÍA DE GELMÍREZ, por RAMÓN OTERO PEDRAIO.
MITTELEUROPA, por VICENTE RISCO.
ARQUIVO FILOLÓXICO I ETNOGRÁFICO DE GALIZA
OS HOMES, OS FEITOS, AS VERBAS.
IMPRENTA “NÓS”
Facturas - Estados - Libros - Revistas
e toda crás de traballos tipográficos
Trasmitanos os seus encárregos
Rúa do Vilar, 15 SANTIAGO
Vicente Risco
Abogado
Santo Domingo, 47-2º OURENSE
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/34/34f6/34f62228-6201-48fc-9f83-885c28342650/115714515.xml
NÓS
Eu non sabía que facer, se marchar ou quedarme, porque vin que logo iban encomenzar o servizo. Temín que me dixeran algo, e saín. Fixen ben, porque na entrada hai un rótulo que di en hebreu, checo, alemán, francés e inglés: «Os señores extranjeros que desexen visitar a sinagoga, son avisados que non poderán entrar namentras dura o servizo divino».
MAIS ASTRONOMÍA
Volvín pol-a Parizská deica e eirexa de San Nicolás, a eirexa dos husitas, qu'estaba pechada. É un gran edificio barroco, que din que ten dentro soberbios frescos e outras pinturas. Os husitas forman hoxe a Eirexa Nacional Checoslovaca, que ten poucos fideis, pois case todos os checos e os alemáns de Bohemia son católicos, e ata beatos.
Despois fun ver o gran reló astronómico do Pazo Municipal antigo. É unha maravillosa obra de mecánica que n'unha combinación de circos, agullas, radios e siñás, amostra a hora do día cos minutos e segundos, a hora da saída e da posta do sol, o mes do ano, o día do mes, a posición do sol no Zodíaco, a posición da lua no Zodíaco e as súas fases, as horas planetarias pra o horizonte de Praga, e as festas do Calendario cristiano. Ainda ten máis cousas: os doce Apóstoles que surten por dúas portiñas ao dar a hora 24, a Norte que volve o reló d'area e toca a campaiña, un galo qu'ergue as ás e cacarexa, e outras figuras de movemento.
Tan fermoso moimento ao tempo que pasa, que cola e que se vai, en qu'a astronomía ten un senso cronológico, é d'unha fondura de concepción que fai baixal-a cabeza e matinar moi longo. Iste gran reló comunal non é mais que a gran reprodución humana do gran reló celeste, do gran coro dos astros que, s'imos ver, ao millor non teñen mais finalidade qu'a de midir o tempo que foge.
BAIXO DAS ARCADAS
Por frente ao reló, hai uns soportás longos e estreitos. Dinme ise gusto: andiven de paseo por iles, pra arriba e pra baixo, coma faría n-Ourense. Había unha chea d'estreitos pasadeiros e corredores, canellós, portais fondos, envoutados. Había ben tempo que non andaba paseando d'iste xeito. Metinme logo por unha rúa estreitiña, con moi boas tendas, novos aspectos cheos d'intrés, tendas no fondo dos pasadeiros, etc.
Volvín de novo pol-a Celetua e Na Pirkopia, esta derradeira, coma já anoitecera, chea de lus e de xente elegante, comercio luxoso, un escaparate ond'había teas azúes sementadas de follas de prata e un maniquí todo feito d'espellos. Moitos autos e moito barullo. Tamén estaba chea a Vaclavtská. Estiven n-un amplo pasadeiro cheo de cristaleiras de tendas, cafés e xente qu'agardaba pra entrar n-un cinema. A vida moderna toda das horas en qu'o traballo rematou, e compre bulir apresa pra troulear canto máis se poda.
Pol-a Skretová, a Mglická e a Polská, cheguei ao hotel. Fun ao restaurant do día antes cear uns óvos con touciño fritido c'un bó vaso de cervexa, e despois funme pr'a cama.
VISITAS
O segundo día erguinme e fun procurar ao Profesor Jungbauer. Vocelová, 10. O Profesor Bolte, de Berlín dérame dúas tarxetas: unha pra o Prof. Jungbauer e outra pra o Prof. Poliuka, da Universidade Nacional checa, seu colaborador nos formidábeles comentarios aos Contos de Grimm. Primeiro fun ond'o Prof. Jungbauer.
Vaise pol-a Safarikova e séguese de cote cara o Norte pol-a Belehradská ulice, atravésase Tylovo namiesti, co seu mercado cheo de xente, e a segunda rúa a man esquerda é a Vocelova. Rubin unha escaleira que, gracias ao costume de poren nas portas os nomes dos vividores, anque non señan médicos, nen abogados, nen agentes de seguros, nen comisionistas, levoume á morada do Prof. Jungbauer.
Abreume il mesmo a porta. Home moi outo, moreno e canoso, tipo de persoa, coma din, moi natural e cortés, c'unha bondade que se manifesta dend'o primeiro instante. Na casa éntrase por unha galería, e alí mesmo ond'a porta, dediante d'un biombo, fixome sentar n-unha cadeira de junco a carón.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/34/34f6/34f62228-6201-48fc-9f83-885c28342650/115714521.xml
NÓS
dra vizosa de monocotiledoneas ou de caimáns. Posibrementes a novela do trópico terána de faguer os Péles-Roxas e os pretos. Como Lawrence, William Faulkner fái escola. Figuran ser entramas, escolas de vencidos por erotismo ou bestialidade. Sálvaos cecais o estilo e a lingoa infindamente eispresiva, popular dos tipos de lingoa de rua e peirao. Faulkner na fadalidade que il nin discute, do furacán, da léi de Lynch, da histeria erótica move persoaxes e moitedumes de portada de Magazine e fondura de bosque ou negro arrabaldo industrial, endexamais de campía labrega. O sol que nas vellas culturas conténtase con madurecer ácios ou sucalcos de thé, atolece as xentes no duro mes enxoito de «Dry September» e na navigazón meio pirática de «Un furacán na Jamáica». Sángue preta cas suas rebeldías, estrondosos fracasos de puritanismo, medran na jungle de istas páxinas que cheiran a rhum e can policía. Está visto que pra o trópico ainda estamos no tempo dos viaxes.
LEITURA DE PRIMADEIRA
Hai moitas falseiras inquetudes. Por exemplo a novela rusa (agás os vellos mestres da perspeitiva) o marxismo e os grandes funeraes do esprito eseurialense. Háinas verdadeiras, ceibadoras, benvidas, na literatura. Pro agora ao chegar o tempo da sesta non fái mal a leitura da traxedia de André Gide «Perséphone». Todo sabido, todo esquencido mais un certo crasicismo aquece, fáinos estudantes e do mesmo modo que os antigos puñánse zumesugas na primadeira, convén iste xogo inocente do malino Gide en certo estilo non lonxao ao mais grave xogo da «Ifigénia» de Goethe cos seus limpos coros do cabaleiro Gluck e na «Perséphone», un ritmo no verso, de canzón da Illa de Francia ou da Villette irmán do que chouta como a mañán na rua na frouma pecha do unanimismo de Jules Romain, «Amour, couleur de Paris». Ista de Gide poderíase chamar poesía coor de.crase de grego aos quince anos con vacaciós en perspeitivas nos labramios de San Xohan.
AS CARTAS DE ROUSSEAU
Porras de selva alpina, angusteosos pétalos de xardín, papeis lixados de tristeiros vicios, correran pol'os camiños da Europa, pousaron entrando por a fiestra na mesa dos ministros, no bufete dos puritáns, na alcoba das donas elegantes. Agora apreixadas en dúcias de volumes, si se lles quixera procurar un tídoo axeitado sería iste: Reconquerimento da inocenza.
R. O. P.
LIBROS
HOMENAGEM A MARTINS SARMENTO. Miscelânea de estudos en honra do investigador vimaranense, no centenario do seu nascimento (1833 1933), Guimarães (Portugal), 1933.
A sociedade Martins Sarmento, coma lembranza do centenario do insigne arqueólogo de Guimarães, verdadeiro descobridor da cultura galego portuguesa da Edade do Ferro, esprorador das citanias de Britviros e Sabroso, e esculcador das fontes antigas da nosa historia —que tan brilantemente se celebrou n-aquela cibdade portuguesa, editou un fermoso e valioso volume de 472 páginas, onde, en homaxe a aquil home ilustre colaboran 68 persoalidades portuguesas e extrangeiras, con traballos moitos d'iles d'un enorme valor.
'Eis a lista de colaboradores e traballos: Dr. Georg Kraft, Feuersteinbeile westlicher Eorm in Baden.—Dr. Herbert Künt, Westgolische Durch bruchschnallen.—Dr. Bolko Freihen von Richthofen, Zur Bearbeitung der vorgeschichtlichen und neuren Rundbauten der Pyrenäenhalbinsel.—Dr. A Schulten, Segeda.—Dr. L Wickert, De nonnullis miliaritis Bracarensibus.—Dr. Georg Wilke, Die Bestattung in Bauchlage und verwandte Bräuche.—Dr. Hans Zeiss, Spätrömis che stempelversierte Keramik aus Portugal und Spanien.—Dr. L. Siret, Origen y significación de las corridas de toros.—Dr. Pedro Bosch Gimpera, Los celtas en Portugal y sus caminos.—Dr. F. Bouza-Brey, Máscaras galegas de origen prehistórico.—Juan Cabré Aguiló y María de la Encarnación Cabré Herreros, La espada de antenas tipo Alcacer-do-Sal y su evolución en la necrópolis de la Osera, Chamartín de la Sierra, Ávila.—Florentino López Cuevillas, A área xeográfica da cultura norte dos castros.—Dr. Manuel Gómez Moreno, La cerámica primitiva ibérica.—Dr. Julio Martinez Santa Olalla, Monumentos funerarios celtas, As «pedras fermosas» e as estelas en forma de casa.—Prof. José Ramón Mélida, Ídolos lusitanos de hueso.—P César Morán, Salamanca en la pre-historia.—Dr. José Pérez de Barradas, Necrópolis visigótica de Daganzo de Arriba (Madrid).—Dr. Luis Pericot, La representación serpentiforme de la citania de Troña (Galicia).—Dr. Vicente Risco, Notas encol do culto do lume na Galiza.—Dr. B. Taracena Aguirre, Tribus celti béricas, «Pelendones».—Conde de la Vega del Sella, Asturienses, capsienses y vascos.—Comte Bégouen, Alfátoirs pour pointes d'os en France et en Portugal.—Abbé H.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/34/34f6/34f62228-6201-48fc-9f83-885c28342650/115714522.xml
Borrador OCR local de apoyo. Úsalo solo como pista débil cuando la imagen sea ambigua; si contradice claramente la imagen, prioriza la imagen:
60
Breuil, Moule á figurine humaine schemattque de l’Oural.—Chansine P. M. Fauret, La hache gardienne des tombeaus á l'époque neolítique, en champagne.— Dr. Albert Grenier, La Voie Régordane et Mercure.— Doctor L. Soleaud, Le rôle des coquillages marins fosséles et actuales dans la magie berberre. Raymond Lantier, Les dieux orientaux dans la Peninsule Ibérique.--Dr. Emile Linckenheld, Observatións sur les sieges primitifs des senons cisalpins.—Dr. G. H. Luquet, Gravures rupestres de Villadesuso. --Comdt Octobon, Les gravures du Pay de Lacan et leurs relations avec les figuratións anthropomorpes.— Dr. Felix Oswald Un indice presumable de la presence de la huitieme légion en Angleterre.—Dr. Edgar Prestage, Portugal: a Pioneer of christianity:—Dr. C. A. Ralegh Radford, The Culture of Southwestern Britain in the Early Iron Age.—E. Thurlow Leeds, A Milestone in Western Archeology. — Dr. J. Kostrezewski, Four a minarai datant du Is. aprés J. C. de convert á Mechlin, arrondt. de Srem, en Grande Pologre.—Dr. Eduardo d'Almeida, A mocidade literaria de Sarmento.— Francisco Manuel Alves, Bragança e o Dr. Francisco Martins Sarmento.— Doutor F. Alves Pereira, Os vestíbulos das habitações citanienses.— Dr. Alfredo Athayde, Ossadas pre-históricas da gruta dos Refugidos.—Dr.: Antonio Baião, O arquivo do Estado português no princípio da nossa nacionalidade. -Teria permanecido em Guimarães?—Dr. Claudio Basto, Canto do Cisne. Capt. Mário Cardozo, Dr. Francisco Martins Sarmento (Esbogo bio bibliográfico).— Dr. Joaquim de Carvalho, Sobre a autenticidade dos sermões de Fr. João Xira.—Luis Chaves, Notas etnográficas colhidas na obra de Martins Sarmento.—Dr. Joaquim Fontes, Figuras rupestres astrais no santuário pré-histórico de Gido (Arcos-de-Valdevez). — Dr. A. de Amorim Girão, Sepulturas antropomórficas abertas em rocha.—P.* Eugenio Jalhay, Uma nova hipótese sobre a utilização da industria lítica de tipo asturiense. —Dr. J. Leite de Vasconcelos, Lapida lusitana romana da Amida-das-Vinhas.—Doutor A. Magalhães Basto, Algumas páginas inéditas de Fernão Lopes?—Dr. Jaime de Magalhães Lima, Francisco Martins Sarmento. O seu legado e o seu carácter.— Dr. A. A. Mendes Corrêa, Valencianos e Portugueses.—Dr. Manuel Monteiro, Um Génio tutelar. —Tent. Afonso do Paço, Vaso de bordo horizontal de Vila Fría.—Dr. Luis de Pina, Notas para a Prehistoria vimaranense.—José de Pinho, Considerações sobre a religiosidade dos citanienses de Briteiros e Sabroso.—Dr. José Maria Rodrigues, O Périplo de Hanão e o seu primeiro comentador.
NÓS
—Dr. Gonçalo Sampaio, Coro das Maçadeiras.—A Santos Graça, A crença do Póveiro nas «Almas penadas».—Dr. J. R. dos Santos Júnior, A cerâmica campaniforme de Mairos (tras-os-Montes).—Dr. R. de Serpa Pinto, O Castro de Sendim. Felgueiras.— Dr. José de Sousa Machado, Casa da Ponte em S. Salvador de Briteiros. Árvore do costado até aos terceiros Avós.—Dr. Alberto Souto, A «Pelagia Insula» de Festus Avienus, —Alberto Vieiro Braga, Influência de S. Tiago da Galiza em Portugal.—Dr. Pedro Vitorino, Um discípulo de Sequeira.— Dr. L. Xavier da Costa, Páginas da «Historia Resumida das Belas-Artes em Portugal no século XVIII».—Dr. C. S. Nicolaescu Plopsor, Les Celtes en Oltenée.—Dr. W. Deonna, Un ex-voto délien: la pivoine.— Dr. Eugène Pittard e J. Wietrzykowska, La grandeur du trou occipital en fonction de la capacité cranienne.
Iste manifesto volume em que colaboraram personalidades d'Alemaña, Bélgica, Catalunha, Hespaña, Francia, Galiza, Ingraterra, Polonia, Portugal, Romenia e Suiza, profusamente ilustrado e primorosamente editado na «Imprensa Portuguesa» do Porto, foi subsidiado pol-o Ministerio d'Istrución Pública e mais pola Junta de Educação Nacional.
REVISTAS
LOGOS, boletín católico mensual Pontevedra, xaneiro, 1934.
SUMARIO: «A Liturxia da Eirexa», Dom M. Arias (O. S. B.). «O fin do mundo», Ramón M. Aller. «Estampas Compostelanas», Xesús Carro. «O canto da Eirexa», D. V. González (O. S. B.). «Bibliografía: Crecente Vega», «Codeseira», J. A.
Fevereiro 1934
SUMARIO: «San Froilán», P. G. Placer (O de M.). «Algo sobre imaxes do Universo», Ramón M. Aller. «O Cardeal Fr. Manuel García Xil», P. A. Pardo (O. P.).
O INSTITUTO, Coimbra, 4.ª serie, vol. 16.º, núm. 3.
SUMARIO: «Civitas Aeminiensis», A. de Amorim Girão. Breve noticia «sobre o médico português Isaac de Sequeira Samuda», Dr. Augusto d'Esgay. «Amieira-Do antigo priorato do Crato», Tude Martins de Sousa e Francisco Vieira Rasquilho. «A mutualidade em Portugal», Domingos da Cruz. «Sideróstatos, Helióstatos, Celóstatos», F. de P. Leite Pinto. «Tratamento da úlcera gástro-duodenas--A Pepsinoterapia», Mario Simões Trincão.
Imp. NÓS - Rúa do Vilar, 15 - Santiago
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/34/34f6/34f62228-6201-48fc-9f83-885c28342650/115714516.xml
d'unha mesa con tapete. Falamos, houbo troque de libros, espricadeiras, etc. Estaba il soilo na casa porqu'a dona iba fora. Púxose aixiña ao meu dispór, surtimos juntos, e fumos procurar ao Prof. Poliuka, na Londinska.
O Prof. Poliuka non estaba en Praga. E foi o modo de non poder já entrar en relación con ningún checo.
O profesor Jungbauer levoume cambiar a un banco a cuio direitor me presentou, no seu despacho, levoume ao correio, e levoume por fin jantar ao Hotel de Roma. Coma n-Ourense, en Praga hai tamén Hotel de Roma, anque non veña na guía Grieben. E namentras coil estiven, contra a costume ouservada en Berlín, non me deixou pagar nada.
Despois, comida feita, compaña desfeita, il foise pr'a casa, e eu funme de novo a ruar, anque quedoume én vir procurar ao Hotel ás sete en punto.
MERCADO
Volvín á cibdade vella onde nunca cansa un de ver cousas, e non digo moimentos, senón ises pequenos recunchos raros, tan preciosos com'os moimentos, nos qu'as horas do día e as suas luces cambeantes collen unha espresión máxima; cousas nas que non se tivo intención de criar beleza, e a beleza fíxose de seu, resultou, coma se dixéramos por obra de certa gracia infusa, d'unha sorte de arte inmanente.
Andiven pol-o mercado da Havelská, unha praza chea de caraute e d'esa beleza pouco aparente.
Había unha chea de postos e tendas, con caixas d'esas de cú apretado, com'as caixas dos difuntos, asegún já eu vira en Berlín, e grandes cestos de vimbio do mesmo feitío, e tamén outros estreitos e outos. Moita gente por antr'os postos, como n-unha feira das nosas. As tendas das casas tamén eran semellantes: había roupas feitas, panos da cabeza e dos mocos, e mantas penduradas nas portas, novelos de cordas e torres de caldeiros de zinc.
Pasaban carros, zorras com'as nosas e com'as de Berlín, e carros com'os alemás,
NÓS
de cú apretado, con ladrairos, en feitío de caixas de difunto, e as veces, os estadullos dos lados levan uns esteos que van apoiar no cubo da roda. Van turrando d'iles cabalos percherós, enormes con patas peludas. Levan unhas coleiras com'as alemás, somentes que mais ergueitas e outas, apuntadas pra riba, adubadas con adornos dourados, e as veces c'un pondón ou unha borla bermella de estame na punta. O mayoral deixa a tralla metida n-unha das coleiras.
MODERNISMO
Metinme pol-a Melantrichova, torcín á dereita pol-a Kozná e despois á esquerda pol-a Zelezná, ruas estreitas, con faroles, porqu'o alumbrado é de gas, con pasarellas e páteos interiores ben curiosos, e atopeime de novo na Staromestské namiesti.
Entón fun ver o moimento a Johan Hus.
Non me gustou nada. É unha esplanada baixa de pedra, e enriba as estautas de bronce do reformador e os seus compañeiros, no estilo modernista, ruín estilo, de fís do século pasado. O moimento é de 1915, máis novo parez. É cousa probe e de pouco gus-
Cans de Prey.
to, sen chiste ningún; nen xiquera as figuras son respeitosas.
É qu'o modernismo aquil foi unha cousa especial. Apesares d'andar Ruskin no conto, nas artes plásticas foi un tempo tan miserento coma foi grande na literatura. Coñécese qu'as forzas de creación plástica iban esgotadas. E mais o deberan estar hoxe, e así e todo, agora fanse algunhas cousas con gracia. Tamén d'aquela, na pintura ainda quedaban algús impresionistas. Foi a escultura a que mais morreu —da arquiteitura já nen falar— coma que foi aquil o tempo de Rodin, o pior escultor de todol-os tempos.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/34/34f6/34f62228-6201-48fc-9f83-885c28342650/115714512.xml
[?]
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/34/34f6/34f62228-6201-48fc-9f83-885c28342650/115714524.xml
MERQUE VOSTEDE Plumeiros RAFIUM
De máis dura qu'os de pluma e limpan millor.
Véndense en todol-os estabelecementos do ramo.
ANDRÉS PERILLE --- OURENSE
Sanatorio Quirúrxico de San Lorenzo
Santiago de Galicia
Dos Profesores
D. Fernando Alsina e D. Antonio M. de la Riva
CIRUXANO XINECÓLOGO
FOTOGRABADO
Si quer qu-os seus fotograbados sexan o máis perfecto posíbeis, convénlle envialos aos
Talleres de fotograbado ESPASA-CALPE S. A.
Ríos Rosas, 24-Apartado, 547 MADRID
A sua biblioteca non será unha biblioteca galega, mentras non adeqúira as obras editadas por
NÓS PUBRICACIONS GALEGAS E IMPRENTA SANTIAGO
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/34/34f6/34f62228-6201-48fc-9f83-885c28342650/11571459.xml
NÓS 47
un certo medo:—«Foi belida dona, pertendida por duques de Flandes e de Aquitania. Encol do seu berce voaran sete águias. Casou c'un barón o fondador do castelo, doente da ambisón de lle disputare aos Capetos a croa da Francia.
Mais finou novo e nin xiquer ca morte dos cabaleiros. Foi esnaquizado por un cervo xigante preto da chamada fonte das pombas. Dín que o cervo portando o morto nas ponlas dos cornos deixouno lonxe da fonte, din que pronunciaba palabras en lingoa eistrana e dende logo é raro caso por seren os cervos do seu nudural bestas pacíficas e dadas. Ficoulle á señora un fillo, o señor, arestora na Santa Cruzada. Era a ilusión e a groria da nái. Desposouno aixiña c'unha doncela de ilustre nacencia e cativa herdanza, do sangue dos antigos margraves do Frioul na marca do Imperio carolinxio. Teño pra min que fóno mouros corvos agoirentos e non outas águias os que voaron sinalando un destiño riba do berce da señora. Ela, amedr..ba o dominio, xunguíalle casaes de labregos, adiquiría e conquería novos feudos, armaba de bastidas as pontes, fortalecía os esquinaes do castelo, era avara, amoreaba pra o fillo serras de ouro, mantiña relación cas castes podentes pra un día con formidábeles elementos de lluita, derrubare o poder dos Capetos. O neno nacera millor pra monxe que pra guerreiro. Resaba as horas, gastaba os días cas fermosas miniaturas dos libros carolinxios, apenas faguía mentes das artes de cabaleiro que a sua estirpe demandaba. Somentes exercitábase na caza, non pra luxárese co sangue das bestas, sinon co anceio de atopar no seo do bosque co cervo que o privara de pái. Por ben pouquiño tempo dous filliños, neno e nena, dúas doas, foron ledo sol na friaxe de istas pedras. O neno amañeceu á mañán afogado no berce c'unha negra serpe añudada ao colo, das criadas no foxo lamiguento do castelo. Poucos días despois a nena morría no colo da nái, xiada de espavento, os olliños chantados na fiestra como si por ela tivera xurdido a visión do demo ou o basilisco infernal. Envelleceu a aboa como si lle botaran ás costas un fardel de anos. Mandou aforcare as criadas que coidaban aos nenos. Perante un ano enteiro se non acendeu lume no castelo. A nai perdeu a fala e fóise recoller no mosteiro de Sta. Ottilia nas montanas da Barbaria. O mesmo día o señor tomou a crus. Non voltará ou alagaráse n'un craustro tamén...»
A soma penduraba no treito, viña axexando dende os mouros corredores, petaba silandeira as estreitas fiestras e cas somas chegaban os medos. Tamén se ceába nas cociñas. Con soldados e criados do castelo xantaba Xohán da Isorna. Nos espaciados íntres de silencio ouvíase algún anaco despeiteado do eterno monólogo da señora na súa cámara de pedra.
Ceába nas cociñas soio, escuro e calado n'un recanto, o estranxeiro descoñecido. Non semellaba eistrano ás traxedias nin ao témero ambente do castelo. Chegoulle un recado da torre e aló foi percurando non sere mirado. Rubíu a pina escadeira de degraus estreitos e usados. No desamparo da cámara da señora había apenas un leito báixo c'uns rolos de vellos pergameos. Queimábase na fiestra o lume de unha ardente estrela roxa.
A vella cravuñaba no estranxeiro os ollos furadores:—«Sei quen es, Xohán de Siena.
Sei non sere ista a pirmeira ves que pisas as lousas de ista casa. Sei a sona da tua cencia. Dime ¿éla ven de Deus ou do Demo?»
«Miña probe céncia vai por seu camiño e non cóida ser nemiga de Deus.. Toda ela está ao voso servicio» respondía o italián.
—«Ti coñeces a disgraza da miña caste! Cecais veña da tola ambizón de ista vellal Cecais non tiven valor de abondo pra lluitar... Son vella caducante; algúns téñenme por bruxa e por ben merecidas as miñas mágoas... No acougo de istas longas noites cavilo na céncia. ¡Si ela poidera donarme un pouco da mocidade! Teño loitado demasiado confiada, hoxe ca eisprencia, si voltar a ser mosa, non sería por ninguen do mundo domeada. As noites ¡Ouh, como sofro nas noites! Téfiolles ódio. Houbera desexado afogalas, retorcerlles o pescozo dondo da ialba como foi afogado meu neto El Rei da Francia...»
https://biblioteca.galiciana.gal/es/catalogo_imagenes/descargarAlto.do?path=1157145&posicion=10
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/34/34f6/34f62228-6201-48fc-9f83-885c28342650/115714517.xml
NÓS
KLEMENTINUM.
Din a volta pol-a Uradnice e a Marianské namiesti, e atopeime no formidábel Klementinum, qu'está por frente ao novo Pazo do Concello, n-unha fermosa praza, onde viñan por unha rua do lado ises raios do sol cando se deita, que teñen en min un efecto mágico.
O Klementinum foi ergueito pol-os jesuítas, qu'ali tiveron colegio, e é il soilo unha vila. É algo imenso de grande. Hai tres grandes eirejas metidas n-il. San Salvador, San Clemente e a Asunción. A primeira é a dos católicos alemás, e n-ela padricase, ré-
zase e dinse as novenas n-alemán; a porta estaba chea d'anuncios todos n-alemán, sen unha verba en checo. As tres son barrocas. Hai ademais unha chea de páteos grandes coma prazas, de coor marela, arcadas toscanas e piso de coyo e laxes mal postas. Pérdese un pasando d'un n-outro.
O Klementinum di da forza que tiveron os jesuítas. Ben se sabe o rol que jogaron nos países eslavos católicos, que graças a iles non cairon no protestantismo. Non hai qu' esquecer que Pedro Canisio foi dos fundadores do Klementinum.
(Continuarase).
Arquivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza
CASOS E ANÉCDOTAS
ZORRO POR LEBRE
Ao sacristán de Melias viñalle pol-o viño un que lle chaman «o Lalín». Un día, en canto medían o viño, o Lalín mandou pór a mesa, e dixo qu'il traguía unha lebre arreglada. Pero ao acabar de cear, o viñateiro púxose a berrar:
—Dous dous! Dous dous!
Que é como berran os zorros (1) e coisto
(1) É cousa dina d'estudo a imitanza das voces dos animás. Téñense feito algúns estudos d'esta caste, que teñen un doble intrés: un intrés linguístico (relacionado co problema das onomatopeias e mais co da representación gráfica dos fonemas) e un intrés etnográfico, polo que nos di do concepto que se ten dos animás, especialmente observacións encol dos seus costumes e psicología que teñen ou que se ll'apón. Tocantes a estas imitanzas do falar dos animais en galaico-portugués, ten recolido moitas cousas o eminente Dr. J. Leite de Vasconcelos, algunhas das quales han figurar na etnografía portuguesa, que está a se pubricar.
Ante nós, é bastante corrente imitar a fala do zorro dicindo: Dous dous! Témola observado no Castro de Caldelas, val de Lemos e outras partes. Ben sabido é que o zorro é unha das persoaxes importantes do folklore europeo, e polo tanto do noso.
Imitanza da voz dos animais hai tamén no caso tidoado «os dous galos», que ven mais adiante. No caso dos galos, a interpretación literaria e humorística do seu canto polo pobo é variadísema.
comprendeu o sacristán que lle metera zorro por lebre.
(Recollido en San Miguel de Melias —Coles— por María Sánchez Fernández, aluna da Normal d'Ourense. 1932.)
ABUELA DOS BURROS
Indo unha muller pra feira de Monterroso con dous burros cheos d'anos e mortos de fame, pasaron por alí dous estudantes e dixéronlle:
—Bós días, abuela dos burros.
E respondeulles ela:
—Moi felices, meus netiños.
(Monterroso, Amadeu Varela. 1931.)
O BENEFIZO DA PROBEZA
Un individuo tivo unha questão co cura, e o cura, acabou co-il; e viñéronlle embargar todo, e nada máis lle quedou a casiña e tivo que ir pedir. Mais logo juntou pra mercar un traxe, botouno, e a limosna víñaa comer á casa.
E dispois, o cura andaba paseando todolos
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/34/34f6/34f62228-6201-48fc-9f83-885c28342650/115714513.xml
NÓS
tura de Tycho Brahe... Eu podería escribir eiqui a descripción cumprida e mais a historia inteira d'esta eireja, com'as dos demais edifizos de Praga. Pra elo non levaría mais traballo qu'o de traducir unha guía calquera, As quales non lle quero tirar a venda, e pol-o tanto, morra o conto.
Fun dar a unha praza pequeniña, chea d'alma e de silenzo, d'anos e de beleza, unha praciña ond'un quixera demorar moito tempo, cos longos ventanás da Teynkirche por unha banda, unha tenda de ferro vello, unha casa ojival e outra barroca con estauta na esquiña. A y alma encorada nas pedras, unha verdadeira poesía do espazo, o misteiro das fondas portas silandeiras de portas arqueadas, todas eran chamadas e vencellos que houbo ao fin qu'esgazar, cand'unha atirage mais forte me fixo meter por un pasadeiro adiante, escuro e estrano, cheo de anti guidade e d'unha beleza ultra-romántica, que me levou embobado por antr'as solpresas de non sei cantos canellós e cul de sac A Jakubská ulice, a rúa do Apóstplo Sant'lago, ond'está a eireja do noso Santo, hoxe de frades franciscos.
Á rúa dá unha portada lateral barroca, enriba da qual aparez Sant'lago pelegriño, con bordón e cunchas, o noso. Na eireja de Sant'lago había qu'entrar por forza, posto qu'eu son galego e veño pelengriñando. É unha boa eireja barroca, c'un altar en cada coluna e outro en cada intercolunio, dourados e pomposos. A capela mór, longa e manífeca, ten un imenso altar barroco c'un gran cadro pintado invisíbele, con rico marco sostido por anjos barrocos encoiro. Da tea non vin qu'a estensión escura; asegún a guía Grieben e obra do pintor bohemio Wenzel Reiner, no século XVIII e representa o martirio de Sant lago.
Do lado da Epístola, había un altar de Santa Teresiña do Neno Jesús, no pano do qual dicía: Svatá Terezicko od Jezulatka, oroduj za nás! (Santa Teresiña do Neno Jesús, rogai por nós!) N un reclinatorio, había unha fotografía da Santa e debaixo unha ladaiña en checo.
Do lado do Evangeo, a gran sepultura do Conde Wratislau de Mitrowitz, d'un barroco gigante. Seica nunca vin cousa tan fa-
chendosa, tan finchada e tan disconforme. Unha composición de gusto imperial e clasicote, con gran ostentación de mármores: o Conde d'armadura compreta, manto e ca beleira riza, unha figura matronal apuntando prao ceo, o vello chronos, a Historia chorando e un anjo escribindo... E logo falan dos portugueses!
Ao sair d’ali já non sei por onde me metin. Vin outra eireja pechada sen nada de particular, unha casiña vella, unha sinagoga estulo arabigo na que quixen entrar e metinme n-un paleo e entrei n-un sitio onde habia letreiros n-hebreu, mais por fin din volta. Logo outra eireja con cruz arcebispal e un edifizo grande, todo pechado. Aquela parte tiña un aspeuto un pouco compostelán. As rúas estaban soilas, sen gente, as casas pe chadas, non sei se vin pasar un auto ou dous. O piso d'adoquín estaba moi gastado e meio desfeito, mail-as casas tiñan bó aire, eran boas e limpas, e diría un que n-elas debía vivir boa gente. Mais semellaba un barrio morto, soilo, quedo, silandeiro, agrisado e frío. Por onde sain d'alí? Me non lembro; cecais pol-a Dusní ulice.
O caso é que fun dar á beira do río Ultava qu'os alemás chaman Moldan. Praga ten oito pontes, pra pasal-o río, que comunican o corpo principal da cibdade, qu'está na beira dereita cos barrios da outra banda: Holesovice-Bubny, Dejvice Bubenec, Hradchany, Malá strana e Smichov. Torcín á esquerda e cheguei a unha das pontes: Most Sv. Cecha. Fun pol-a ponte e estiven contemplando o río. Alí non é moi largo. Andaban barcas e unha motora de zoco, com'as dornas do Miño n-Ourense.
Cheguei a un parque posto na ladeira d'un monte, Sady Leteuské, ou Belvedere-Anlagen, con pecho arboredo. Mais estábase pondo o sol e dín volta.
OS JUDEUS NO SEU TOBO
Voltei pol-a Parizská, boa rúa, larga, fermosa e con gente. Vin os triángulos entrambilicados, d'unha sinagoga, mirei no plano, fun e volvín, e por fin atopei. Báixanse unhas escaleiras, e n-unha rúa moi estreita, debaixo da Parizská, había moita gente
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/34/34f6/34f62228-6201-48fc-9f83-885c28342650/11571456.xml
44
pisan os meus pés; son corenta e oito, seino ben, dun cabo a outro do cuarto. Tamén sei cantos pasos podo dar en cada direución, son déz de curro a curro, e sete dun xeito, e oito de outro. Conozo o meu ámbito, como a pel das miñas mans. Ningunha cousa o chega a min, ningún engádego o fai dino d-aprezo, i-eu sintome abrazado a él coma un monxe á sua celda. Mañá, calquer día, levaránme d-aquí pra outro corruncho, ou pra porme na rua cos camiños abertos a miña vontade i-eu non sentirei door, nin ledicia; e tampouco sei porqué.
Non, non pensedes que xa me abonda a miña compaña, pra vivir no mundo, non. Inda hay moitas cousas, e moitos homes, e moitos anceios, que me fan estremecer. Inda non lle dixen adeus ós homes, nin ás cousas. Teño moitas feridas gardadas na i-alma, feridas fondas que non pecharán nunca, i-a pesar d’eso, sintome novo e tremante, coma nos días en que cada cousa aviscada, tiña un saudo primeiro pra miña concencia. Estou de volta de total-as cousas, e non renunciéi a ninguna. Pro este é un intre socegado, coma o repouso dunha grande laboura.
A reixa da outa xanela, fai arabescos de soma no ceu gris. Foi un día mol de inverno, sin dentes, nin bruar de ventos, nin solagaduras d'auga, nin rayolas de sol. Un día que n-este intre, quer acabar. O gris albeado do ceu, vaise esbaindo, com'a cara dun mulato que morre. Nos recunchos do cuarto, baixo de min, baixo das cousas, rebulen xa as somas da noite a outa xanela olla a praza magna, que a Galaxia siñala pol-os camiños do mundo. Eu só vexo o cumio dos tellados que se alonxan do corazón do pobo, i-o guerreiro albeado no frontis do pazo. É a hora recolleita dos rezos, a hora da larganza dos traballos, a hora en que a cibdá comeza a sua vida atolada e falsa Cen sinos distintos cantan o Angelus, o seu son cristaíño ven a espertar en min horas perdidas pra sempre, horas tan lonxanas, com'a cega mocedade esquencida. A voz baruda da outa campá responde severa a todol-os sinos, e a sua badalada aletea moito tempo no espazo e non se vai, porque se crava nun. Eu sinto dende eiquí, toda a maxia solemne dun pobo que durme a sua vida, a carón dun mito.
NÓS
que non se atreve a matar. Eu sintome vagar pol-as ruas empedradas, á veira das igresias e dos mosteiros, que non son aínda mámoas esquencidas. Eu sinto rabuñar a emoción dos soños vividos nas horas medoñentas das noites; nesas horas en que todol-os homes semellan somas claustraes, e os pasos propios van roendo no tempo e no silenzo, coma si alguén contara os intres, tras dun. E sintome collido no sono do pobo, nese sono medoño en que non pode dormir a miña descreenza, e decátome entón de que todo é a maxia d'un intre, e ceibo unha gargallada de bulra pra min, e pras cousas, e volvo a contar as táboas engadidas do piso, a ollar as paredes, a refregar nas mans pr'as aquecer. Pro xa non teño aquela pasividade tranquila do denantes. Agora sinto unha cousa fría na concencia viva, coma si alguen me estivese agatuñando un anaco da i-alma; coma si acabara de sair dunha grande door.
Cousas imprecisas, sin forma, póñense de pe na concencia a berrar sin razón nin porqué. É un intre inquedo en que unha cousa lonxana, que non sei que é, volve sobre min. Rinchan as táboas cos meus pasos, os pasos longos e fortes do vixilante petan eu min, coma si andiveran a mazarme o corpo. Sinto o aldraxe do asoballamento, a forza das cousas sobre de min; e vexo que non é por esto a miña door, que é por algo mais fondo e mais íntimo que non quero lembrar, e unha rabia medoña me colle as mans con anceios de aforcamento; e todo é inxusto, com'a rabecha dun rapáz mimado, que apaña un recurso.
A noite vense de mais aló das cousas i-éncheo todo. Na grande praza acéndense as candeas das lumieiras, i-o ceu é cada vez dun branco mais escuro. Silenzo de anoitecer. Unha pombiña branca vense a pousar na xanela, i arrula docemente Deus sabe que desacougos. Eu brinco de pés na cadeira pra acadar a pombiña. Quixera sentir o seu corazón saloucar inquedo nas miñas mans; quixera acariñar a seda das suas pennas brancas; quixera ter algo vivo e puro xunto de mín, a pombiña fuxe con voo rumoroso e vaise pol-a noite hastr'a solaina de pedra da catedral.
Ninguén na praza, só as pedras i-o silen-
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/34/34f6/34f62228-6201-48fc-9f83-885c28342650/115714523.xml
Os pobos somentes son grandes pol-a cultura.
Mercade Libros Gallegos.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/34/34f6/34f62228-6201-48fc-9f83-885c28342650/115714514.xml
agardando, homes e mulleres. Teatro? Cinema? Baixei: homes con barbas, vellos, rapaces, señoras, señoritas, homes ben fardados, homes farrapentos. A sinagoga.
E non unha sinagoga calquera: a Alte-Neu Synagoge de Praga.
Entrei. Un vestíbulo c'unha araña e unha tristeira luz eléctrica. Rempuxei a porta e entrei sen tiral-o chapeu. Era a primeira vez qu'entraba n-unha sinagoga.
Un recinto ojival antigo, de dúas naves, con colunas de pedra, bancos arredor, en dúas fías, con pupitres. Homes sentados ou de pé, falando. A sala é outa e escura, caleada, con moitas arañas de prata sen velas, e algunhas luces eléctricas. Todo moi estreito, que non se revolve un. Un valado de ferro cingue un lugar mais outo, onde hai atriles con libros e caixas cilíndricas coma sombreireiras. Tres señores con barbas, bimba e gabán están alí refollando nos libros. Hai cadros con letreiros n-hebreu, e nas paredes, pracas de prata con velas diante a maneira de cornucopias.
O mais interesante son os tipos. Afora había señores de meio tempo con boa pinta, donas elegantes, rapazas lindas, non de todo de coor de ceruda, unha realmente fermosa, morena, leda, sorrinte, espresiva, con meixelas acesas de quente coor, espigadiña e lanzal, ben vestida. Adentro había señores d'ises com'outro calquera, vulgares de corpo e d'indumento, que non din nada nen case se ven; había algún señor apersoado; había un sentado ond'a porta un de chapeu craro e bigote recortado, pequeno, fachoso, d'aspeito sórdido; había rapaces novos, un de gorra bilbaina, das apegadas a cabeza, sentado, quedo, langoroso e canso, moi feble e moi longo, de face soave e estreita, c'uns imensos anteollos de cuncha, e outros dous de pé, un d'unha elegancia fina e requintada, c'un sinxelo vestido azul, outro de gorra calzón curto, d'unha gran beleza morena, d'esas que se meten nas mulleres, e istes dous, cecais pol a sua superioridade estética, semellaban ledos e seguros de si mesmos. Mais os outros...
Os dinos d'estudo eran os outros, os vellos de bimba e gabán ou levita negros, de longas barbas escuras, de enormes narigós finos de cotorra ou gordos e bermellos caidos pra baixo, uns sentados, outros de pé, falando en pequenos grupos, os mais n-alemán ou en calquera cousa semellante, cecais en yidisch, baixo e en segredo, acenando moito. Istes, istes si que son; os outros tamén, os outros tampouco se despintan, mais os clásicos son istes, os judeus de novela.
Tipos encollidos, sen pescozo, cetrinos, sudorosos, marraus, con grasa na cinta da bimba, con caspa no cuello de terciopelo do gabán, con uñas reberetadas de negro, con dentes coor de tabaco. Tremen ao falar as barbas, negrecentas, con fías de prata ou marelas, as barbas intonsas que se deixaron medrar o que puderon, longas e agrisadas nas patillas. Encollen as hombreiras ao abriren os brazos pr'acenar afundindo a testa botada pra trás, e rin cos bicos negros d'orella a orella, enchéndose d'enrugas travesas debaixo dos ollos, c'unha ledicia chea de pillada, que chisca os deus ollos a un tempo. Torcen a cabeza pra un lado, e as veces o corpo todo, encollen as pernas pra'acrequeñárense. Eu na miña vida vira movementos, nen modos, nen espresiós semellantes. Tefien algo de ratas e algo de macacos; é algo único, homes com'os demais non son, ou disimúlano. Nada deixa eiquí ver a sua forza formidábile, o poder imenso da Raza qu'eiqui vai celebrar seu Sabbath. Porqu'eso si, isto d'aquelarre, algo ten...