https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/10/1094/10947539-3289-458a-9c8c-8707dfa05386/11572007.xml
NÓS
cebadas. Hastra na aldea se nota iste troque; fai doce anos unha muller coidábase avergoñada de beber un vaso de viño, fora dos xantares; faciales mal e sobrezodo, non parecía ben, había que ter conta de sí. Hoxe debúllano n-un dicir Xesús. Nas vilas hai istantes nos que se dubida si os Sacramentos da Eirexa deitaron un pouco de grazia sobre as greas de burgueses e burguesas e burgués impón o seu tipo na carballeira humana das vilas onde tamén medran moitas outras flores que se non precisan o primeiro ollar. Traballan con fís utilitarios os médicos, os enxenheiros, os negociantes, os esquirtores. Todos levan fartura material que asulaga os ollos en lixos noxentos. Enchen as eirexas e os locais das conferencias c'un ser confiado que dá medo. As inquietús paran na primeira curtiza sensitiva da i-alma. O burgués, dono do mundo, da cátedra e do laboratorio é cauto como un vello, comerciante pra non deixarse mermar unha faragulla de goce. Toda fidalguía figura desterrada da Sociedade. Avergónzase d'un traxe vello, d'un parente probe, d'unha casa deixada. É certo que xa se baña a cótio, e hastra ten os seus libros e as suas comedias ben purgadas de todo elemento que lle faga albiscar o terror—e a ledicia—metafísica. O mesmo desprezo pola política, soilo quer dicir unha nova baixa de valor espiritual. Hastra onde chega a áncia do corpo, hastra ali se delimitan as actividades do espírito servo. Os vicios xa non teñen un carácter de rebeldía; contra qué lei social? Críanse os fillos fortes, nus, con todas as regras hixiénicas pra que ó chegaren á mocedá non teñan mais arela que vivir ben e ganar diñeiro. Manda no mundo unha confianza completa. Coñecense todol-os camiños. Pra qué esculcar outras cousas? Toda a paisaxe vai sendo o parque do burgués de corpo farto. Hai tamén e vaise criando a aristocracia sportiva. Xiquer figura afastarse un pouco car'un ideal de forma e de ener-
RAMÓN OTERO PEDRAYO
Ven de aparecer editado por “NÓS” o libro-homenaxe
O G A L O
obra póstuma de Amado Carballo.
https://biblioteca.galiciana.gal/es/catalogo_imagenes/descargarAlto.do?path=1157200&posicion=1
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/10/1094/10947539-3289-458a-9c8c-8707dfa05386/11572002.xml
NÓS. BOLETÍN MENSUAL da CULTURA GALEGA
Direitor Literario
Vicente Risco
Direitor Artístico
Alfonso R. Castelao
Adeministrador
ANXEL CASAL
DIREICIÓN E REDAUCIÓN:
Sto. Domingo, 47—OURENSE
ADEMINISTRACIÓN:
Real, 36 1.°—A CRUÑA
ABONAMENTO
Doce números, na Península 8'00 pesetas.
Fora da Península 8'00
Número solto 0'70
Os pagos son adiantados e os gastos de xiro de conta dos suscritores
NOTA
Este boletín non publicará mais orixinais qu'os que foran directamente solicitados pol-a Dirección. Tampouco se fai solidario das ideas n-eles emitidos, a non ser dos que por non iren rubrados, enténdense que son da Redaución.
SUMARIO
As cantigas do berce, por † Amado Carballo.
Un ensaio encol do tempo d'hoxe, por Ramón Otero Pedrayo.
Catálogo dos Castros Galegos, da Seizón de Prehistoria do S. E. G.
Arquivo Filolóxico i-Etnográfico de Galiza.
Os homes, os feitos, as verbas, por A Redaución.
Reloxería ZENITH
MÁQUINAS PARLANTES. DISCOS
AGULLAS e ACCESORIOS
Vicente Risco
Abogado
M. CALVIÑO - Ourense
Santo Domingo, 47-2º
Ourense
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/10/1094/10947539-3289-458a-9c8c-8707dfa05386/11572008.xml
NÓS
CATÁLOGO DOS CASTROS GALEGOS
PUBRICADO POL-A SEIZON DE PREHISTORIA
DO *SEMINARIO D'ESTUDOS GALEGOS* DE SANT-YAGO
Número XIII
O FURRIOLO
EMPRAZAMENTO. — No cume do monte do Furriolo, un dos que fan a divisoira entre os vales da Arnoia e do Limia. Pertence á provincia de Ourense, concello da Bola e freguesía de Santa Baia, e na marxe izquierda da estrada de Ponte das Poldras á Pontevedra.
DEFENSAS. — Consta de un recinto prin-
fortes vestixios de estar revestido por unha muradella de cachote. Pol-o norleste e pol-o leste dexérganse con claridade restos de un parapeto e pol-o norte un lixeiro afundimento do terreo denunza a existencia de un antigo foso. O antecastro moi ben aplainado, determínase en todo o seu desenrolo por un terraprén de 5 metros de outo.
MENSURAS. — Mede o recinto principal:
Do norte ó sul. . . . . . 83 metros.
Do leste ó oeste. . . . 125 metros.
O ancho máisimo do antecastro dixemos xa que é de 21 metros.
OBSERVAZÓNS. — Non ollamos por ningures alicerces de casas nin tégulas nin cerámicas.
FOLKLORE. — Soio poidemos acadar que o castro é *cousa de mouros*.
BIBLIOGRAFÍA. — Inédito.
(Catalogado por Fermín Bouza Brey, Senén Rodríguez e Florentino L. Cuevillas.)
Número XIV
OUTEIRO DE RUBIÓS
EMPRAZAMENTO. — Na provincia de Ourense, concello de Celanova, freguesía de San Lourenzo de Cañón i-en terreos raianos cos do concello de Verea.
Chámanlle co aquil nome á un fato de tres outeiros, situados n-unha meseta, outa, estesa i espida de arboredo que remata o monte que levando as denominazóns de Monte da Neve, Monte Puxares, etc., érguese ó sul e por riba mesmo da vila de Celanova, indo despois a xuntarse cos devalos das serras do Vieiro, das Motas e de Penagache.
cipal e de un pequeno antecastro situado na banda do sul e cuio ancho máisimo é de 21 metros. O recinto principal óllase cinguido por un terraprén de 2 metros de outo, con
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/10/1094/10947539-3289-458a-9c8c-8707dfa05386/11572005.xml
NÓS
flores e por servos. Saben coma ten qu'apodrecer pra que fique ceibe outra cousa ceibe pra gozar de Deus ou pra sofrer no Inferno. O castigo da penitenza morde as carnes reás e as carnes prebcias. As revoltas do corpo, os banquetes de epopeya, a sensualidá dos asaltos, o luxo das donas polo mesmo que teñen de violento sinalan que van contra unha lei. Hastra as donas pintan, douran e procuran cobrir o corpo hastra desfaguerlle todo aspecto de nudeza. Os pecadores buscan na artificiosidá minuciosa do tocado e do adorno, un esquecemento do pecado de non atender, diantes de nada, A i-alma. N-un senso o corpo e a i-alma distinguense en ser o primeiro algo fixo, demarcado que se sabe hastra onde chega, namentras a fluideza da i-alma non deixa detremiñala. Está nacendo á cada instante, enche o mundo sin se ver coma non sexa nas suas obras e de fixo enche o tempo tamén. Ista elemental difrencia foi pensada por todol-os pobos, n-unha escala, infinda, de maneiras. Nos séculos que se acostuma a chamar Edade Meia as aristocracias coidaban non do corpo, sinón do sangue é decir n-un elemento espiritual na realidá pois ela garda e trasmite a i-alma da familia, unha entidá superior diante da que non é ren o individuo fuxitivo. Ista idea foi v cerne das aristocracias. Procurábase unha euxenesia de carácter, non de corpo. Nos spors d'entón o fito era amostrar valor, prudencia, costancia; virtús. E tamén curtesia, outra virtú. A curtesia ven a ser un respeito un homenaxe pr'as almas, por iso cando se exerce nos probes, nos enfermos, nos gafos faise caridá que se dirixe ó consolo, non á curación; á i-alma, non ó corpo ou si vai a iste é perparando a millor eisaltación do esprito pr'a cando chegue a hora desexada da morte. Figura que o descubrimento do corpo debía ir de par c'o descubrimento da natureza, e non foi así. Pr'o home de esprito misteco hai pecado na natureza, mais non ten comparanza c'o pecado do corpo. D'iste soilo aprecian as partes mais achegadas e mais carregadas de esprito: as mans e os pés dos Santos Sanguentos de estigmas, os ollos que deixan ver nos ceos e na terra a grandeza de Deus, o curazón centro das virtús, sempre perigoso, mais c'a axuda divina
165
trunfo da i-alma. A comida santificase c'unha oración coma pedindo dispensa por o pracer que deixa e igoal todalas funcións corporás. Soilo o corpo espiritoalizado, o menos corpo posibre é dino d'unha relativa estimanza. Falamos dinantes de tempos de paralelismo antr'os dous factores e ven deseguida a lembranza da Grecia e do Renacimento. Mais istas cousas están de tal mancira envoltas en literatura, tiveron tan pouquiña realidá na xénesis dos sentimentos modernos, d'hoxe, que será millor non falar d'elas. Agora a xente figura non vivir sinon pol-o corpo. Endexamais se viu tan trunfador e rufo. É o froito lucente, zumoso, brilante, sinxelo e nú d'unha longa civilización. Figura lonxe da idea do pecado. O pecado pode chegar pol-o esprito. Queremos dicir o pecado social. D'outro non-os astrevemos á falar inda que sospeitemos que se materializa cada vez mais. A inversión é compreta, radical, inda con relación a un tempo non lonxano: ó 1890, e 1870—por exempro. Tampouco teimamos sifialar si se trata de alborada ou de solpor, de nacencia ou de morte. Mais pedimos licenza de esculear n-algunha das raíces do cámbeo. E xurde unha palabra eiqui coma en todol-os problemas sociás; burguesía. Figura estrano. A burguesía semellaba o mais lonxe da forza do corpo e do ar libre. As donas burguesas tapáronse moito. Imos con tempo. Os nados no derradeiro terzo do XIX levamos unha idea de burguesía incompreta inda que sexa verdadeira. Procurar un pouco de lús nos complexos sociás ten un só camiño; procurar unha determiñante xeneral. En-istecaso a determiñante non pode ser s crara: burguesía, ciudadanía, xente da vila, da cidade, a primeira xente que principiou a vivir pr'o corpo mais que pr'a i-alma. Parece estrano que o culto do corpo dera principio no medio onde o corpo fui menos falla. No castelo e no agro o corpo loitador ou traballador está sempre en xogo. No mostrador precisase mais abelencia que forza. O comercio desenvolve factores en certo senso espirtuás, inda que sexan de baixa, de epidermática espiritualidá. Mail-o comercio crea unha fartura que non ten apricación pr'a i-alma. ¿Que l'importa o diñeiro ó esprito? O corpo man-
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/10/1094/10947539-3289-458a-9c8c-8707dfa05386/115720017.xml
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/10/1094/10947539-3289-458a-9c8c-8707dfa05386/115720013.xml
NÓS
bailan os asturianos actualmente, pero ahora n-iste país bailase pouco o solto, porque casi todo é agarrados e cada vez mais escandaloso, y esto dicen que procede da emigración, porque os que veñen das Américas sempre tran cousas novas e particularmente por ise estilo.
Ruadas.—Algún día pr'as ruadas había moito humor, pois xuntábanse os vellos e vellas, mozos e mozas, rapaces e rapazas de cada pueblo e iban todos xuntos tocando panderetas, ferrillos, cóchegas, etc. y así que chegaban ó campo, bailaban todos, cada un como sabía; e como dicen os vellos: bailar e beber. Pero agora non pasa así; cada un toma su madre gallega, como dicen; marchan cada un cando lle ven ben, pero antes hasta cenaban de campo cando eran noites de luar.
Fiadeiros.—Os fiadeiros por orden regular facíanse nas cortes do gando ben estruturadas; as mozas fiaban e ganchillaban e tamén remendaban a roupa vella, pero tamén levaban a pandereta pra tocar, cantar e bailar; y-os mozos iban pra bailar e parrafear; e cando salían roubaban fachos de palla nos palleiros, cando eran noites escuras e viñan facendo trastadas pol-os camiños; e algunhas veces hasta apagaban a luz no fiadeiro pra apalpar o que lles estaba prohibido.
Xogos de nenos e maiores.—Os nenos en canto son de dous ou tres anos, con calquera cousa enredan, pero dispois ós nenos gustalle moito enredar cos carros, martillos, clavando puntas, facendo casavellas de pedra e de tellas, e facendo charcos nos regos da auga, e xogar ós palotes y-ós escondites; e desde que teñen de oito a doce anos, xa xogan o *sen que casa hai lume*, *a mariquita*, *os mudos*, *os cegos*, *a pica la berza*, etc. As nenas desde que teñen catro anos a sua diversión é co-as muñecas, cosendo trapos e lavar rollas; pero dis le seis a dez ou doce anos, todo se volve aprender cántigas e aprender a tocar a pandereta e bailar. Os mozos y-os homes xogan a briscar, o xuego dos soldados, a porca, o mal casados e outros varios.
Festas do Ano.—Empeza o ano co día de San Manolo ou Manuel a antes, unha reunión de casados andaban desde as doce da noite cantándolle versos ós Manuels, de casa en casa, onde os había, felicitándolle o día do Santo; y-os Manuels abren a porta e danlle as copas de augardente, viño, licor, tostado, etc. e botaban esi a noite toda hasta que viña o día. Pero agora non andan os casados e andan os solteiros con armonios, flautas, ferrillos, panderetas, cóchegas etcétera. Esto en realidade é unha molestia pra todos.
Santos Reis.—É costume antiga o formar pandillas de casados, solteiros e nenos, e todos cos instrumentos como antes indicamos, cantando os villancicos de casa en casa e en todas as casas dan de beber, noces, castañas, dulces, etc. e en cada casa tócase unha muiñeira y-on pasodoble e co-a mesma vaise á outra casa; esto bota toda a tarde do día seis e toda a noite. Esto os grandes, que os pequenos polo día co interés das cadelas e do que lle dean.
Entroído.—Ten tres festas, que son: fareleiro, corredoiro e entroido. Polo fareleiro que é quince días antes do entroido, andaban os mozos con medias, calcetís e saquetes todos cheos de borralla, e pegando nas espaldas con iles pra manchar a roupa, todo de broma. Por ise día acostúmbrase a comer os chourizos mais gordos, de cebola, con patacas. Agora vaise perdendo esa costumbre.
No Corredoiro, que é oito días antes do entroido, acostúmbrase a comer touciño con patacas ou vica de fariña milla esto o que pode e á tarde xúntanse os mozos i-as mozas e tamén os casados e cada un leva as olas de barro ou cacharros rotos pr'o campo e póñense todos en curro e empezan a xogar aquiles cacharros, tirándoos unhos ántros, o na mao donde rompa, dispois os outros to dos, aturubánlle e silbánlle ós oidos hastra que queda abonxado, i-esta é a festa do corredoiro.
O entroido é día en que se come a mitá da cachucha do marrão, un lacón e chourizos de carne e de cebola —o que o ten—ise día a xente come carne hasta que queda sobra, pero dispois hasta a Pascua nona proban por respetar a cuaresma. Agora solo se respetan os viernes de cuaresma e xoves e viernes de Semana Santa i-as vixilias reservadas de
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/10/1094/10947539-3289-458a-9c8c-8707dfa05386/115720019.xml
NÓS
Si acaso pra vulgarizado, atopámolo técnico de mais.
ARQUEOLOGIA E HISTORIA, pubricazon da Associacáo dos Arqueólogos portugueses, volume V.
Volume de 1926, en homaxe ó presidente de honra da Asociación o eminente José Leite de Vasconcellos. Trai discursos en loubanza do sabio homaxeado, do Dr. Félix Alves Pereira e Joaquín Moreira Fontes, logo:
Comunicaçáo de J. M. Cordeiro de Sousa acerca d'unha estela discoide. Algumas síglas e abreviaturas usadas nas inscripçóes portuguesas, dende o fim do século XII até ó principio do século XIX, por J. M. Cordeiro de Sousa. —Uma escursáo arqueológica á Galiza, por Joaquim Fontes. Estuda as estacións de Pasaxe, Camposancos, Oya, Santa Tecla, o utillaxe de pedra, insculturas rupestres, e ouxetos do Museu Pro-Monte... Lástima que «sño da Galiza moitos dos mais notabeis políticos espanhois». —Subsídios para o estudo do missal de Estevam Gonçalves Netto, por J. Cardoso Gonçalves. —As mais antigas vistas panorámicas de Lisboa, por A. Vieira da Silva; a primeira d'unha Cosmografia alemá de Seb. Munster, século XVI, en madeira, e outras duas en cobre, da Civitates orbis terrarum de Jorge Bravnio, impresa de 1572 a 1618 varias vezes; e anteriores, dous deseños en pergamiño iluminado, ou da Chronica delrey Dom Afonso Henriques, de Duarte Galvão, e outra da Árvore genealogica da Casa Real de Portugal, que son as ouxetos do traballo. —Historia da Egreja de Santo Estevam de Lisboa, por Monsenhor Couto. —Relatorios sobre a vida da Asociación.
TERCER CURSO DE CONFERENCIAS do Centro Gallego de Montevideo.
Recibimos os folletos coas conferencias feitas por: Dr. Francisco Alberto Schinca, América a través de la emoción de los descubridores y conquistadores; Dr. Antonio Goicoechea, La obra pasada y la actual de España en América; Don Eleazario Boix, Castilla en tiempos del Descubrimiento de América entrevista en un viaje por tierras Solares; Dr. Antonio Sagarna, Un magnífico procer civil de Hispano-América (Don Felix de Azara); Don Enrique Rodríguez Fabregat, El Cantar del Mío Cid; Funeral cívico en honor del Dr. Justino Jiménez de Arechaga; Homenaxe da colectividade hispano-la ó mesmo señor.
N-estas conferencias non hai, coma se vé, nada que se refira á Galiza, nin que faga pra qu'a nosa Terra seña coñecida na cultisma República Oriental, nin pra exaltar os nosos valores ós ollos da refinada intelectualidade de Montevideo. Son precisamente os oradores uruguayos os que mais semellan lembrarse de Rosalía de Castro. Somentes debemos salientar o Homenaxe á Galicia, no que os nosos amigos Blanco Amor e Suárez Picallo disertaron coa mestranza n-iles adoitada, o primeiro sobre: Guía para un estudo integral del Renacimiento gallego, e o segundo: Interpretación emocional del paisaje gallego.
ALBERTO V. BRAGA, DE GUIMARÁES: TRADICIONES E USANZAS POPULARES, Espozende, 1924.
Ó redor da sombra gloriosa do Martins Sarmento, agrúpase na cidade fidalga de Guimarães un fato de sabios investigadores que fan da Sociedade que leva o nome de aquel ilustre arqueólogo un dos centros culturais mais conspicuos de Portugal.
Dificilmente poderá toparse en poboacións da importancia da que nos ocupa un grado tal de exaltazón por todo canto siñifique ciencia e arte; parez como si o pulo creador de Afonso Henriques se continuase nos espíritos dos vimaranenses pra maior honra e glória da sempre desperta e firme nacionalidade lusitana. E asi esta lexión de esculcadores—prehistoristas, bibliógrafos, paleógrafos, folkloristas—teñen ó seu cargo un dos millores museus locais, instalado esplendidamente, depositario de soberbas coleizóns epigráficas, etnográficas e arquitectónicas; a conservazón de Briteiros e Sabroso, as estazóns foco das explorazóns sarmentinas; a biblioteca municipal... todo revelador de un ambiente saturado de cultura fonda e de meditado estudo, norma i-exemplo de pobos con tradición histórica prestixiosa, sin contar ca «Revista de Guimarães» que acocha nas suas páxinas interesantisimos traballos, verdadeira tesouro pra os calaicos de alá e de acá do Miño.
A terra de Guimarães, rica de abondo na parte etnográfica como na prehistórica ten nos Sres. Luís de Pina e Alberto Vieira Braga dilixentisimos rebuscadores que en contacto íntimo co pobo saben esprimir todo o seu saber.
O libro que temos diante é o primeiro de unha serie con que o noso ilustre amigo o Señor Vieira Braga nos vai regalar. Comprende tradicions e costumes referentes á terra, ó traballo, á muller, ó amor, á morte, ó ceu, menciña e adaxios e decires.
Si as suas páxinas son de tan outo intrés
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/10/1094/10947539-3289-458a-9c8c-8707dfa05386/115720011.xml
NÓS
MENSURAS.—O Castromao é de forma case circular e mede:
Do norte ó sul... 150 metros.
Do leste ó oeste... 130 metros.
OBSERVAZÓNS.—Temos practicado n-iste castro a apertura de dúas zanxas esporatorias; a primeira ó longo do terraprén onde puxemos ó descoberto o muro a que denantes nos referimos, e a segunda cortando de través un dos lados do anel aplainado, no que afondamos mais de un metro, asoellando os obxetos que van reproducidos na figura 1.
Trátase como se ve de catro anacos cerámicos, pertencentes, tres ó borde e un ó fondo de outras tantas vasixas feitas de terra marela abrancazada, torrada con moi escasa uniformidade e abondosamente incrustadas de grauciños de seixo. O grandor de semellantes vasixas debia ser considerable, podéndose calcular que o fondo de unha de elas (fig. 1., núm. 4) teria de diámetro trece centímetros.
Iste mesmo tipo de cerámica témola alcontrado na citania de San Cibrán das Lás e foi designado como «grandes vasixas de paredes grosas, boca ancha e borde pouco revirado». A identidade entre os eisemprares da dita citania e os do Castromao, estabrécece non soio pol-o perfil dos bordes (fig. 2., números 1, 2 e 3), senón tamén pol-a calidade da terra e pol-o seu coor e groso que vai de 5 a 13 mm., amostrando a falla de estrías regulares a técnica de fabricazón á mán.
O outro obxeto (fig. 1, n.º 5) é un machadiño de ferro, moi comesto pol-o óxido, e c-unha fura central de 2 centímetros de diámetro. Dexérgase ben aínda sobor de todo n-un dos cabos o fío do gume, aparecendo n-outro menos acusado.
Respeito da natureza e destino de iste instrumento, coidamos que pode pórse en comparanza cos machados guindadeiros coñecidos na panoplia céltiga co nome de cateias. En efecto, a pequenez e cativo peso de iste machado parez escruir toda idea relativa ó seu emprego pra uso corrente de ista crás de uteis e por outra parte a sua utilizazón coma martelo queda descartada pol-a presenza dos gumes, que son-por demais estreitos e atiados pra servir de ferramenta á un canteiro.
Parécenos pol-o tanto o mais seguro, que o machadiño do Castromao fora empregado coma arma pra guindar. Temos diante os ollos reproduzóns de cateias atopadas en Ornavasso i en Sant-Michael (Carniola), que polo seu grandor aseméllanse moito á atopada por nós, anque a sua forma de un soio gume mui desenvolto fagan que se imiten.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/10/1094/10947539-3289-458a-9c8c-8707dfa05386/115720020.xml
150
pra facer estudos comparativos cas usanzas de un pobo calquera imaxínese o que ten de ser pra Galiza onde existen paralelas as mesmas creenzas e ainda os mesmos ditos. Lembremos ó achar algunhos.
A clasificación dos homes nas catro castes de homes, homiños, macacos e macaquinhos témola en Fornelos da Ribeira (Salvaterra de Miño) sin a menor variante, que aparez en troques na invocazón ó arco da vella pra que se retire sin traer a choiva:
Arco da vella
vaite de aí
que as nenas bonitas
non son para ti.
corrente en toda Galiza. E tamén varía a invocazón á choiva que eiquí é:
Vaite chuvia,
vente sol,
pol-os campos
de Ferrol.
Do tempo que fará no mes dice eiquí:
Non é como pinta, senón como quinta
e se como quinta octava, como empezou [acaba,
que se reduz en Guimarães a
Onde quinta dai trinta
se aos nove (en vez de oito noso) non dese [quinta.
No capítulo dos animais hai o mesmo medo ó abesouro e o mesmo amor á xuaniña; na parte dos refráns, repítese a voz do pobo con minudíce: Ave de pico non fai ó amo rico. A madrasta ó nome lle basta. Non hai Sábado sen sol nin María sin amor. Viño de Marzo non vai ó cabazo... e cáseque todol-os agrícolas e meteorolóxicos. Un está recollido que tal e como ven (páx. 429) non se adiviña o que queira decir. A versión mais completa que nós temos recollido é:
Febreiriño, rabo torto,
cos teus días vinteoito
que si tiveras mais catro
non quedabas can nin gato
ou millor unha que empeza:
Vaite Febreiriño tolo...
e que seguindo coma a anterior remata:
Febreiro contestou moito,
— Xa virá meu irmán Marzo
que ós teus bacoriños oito
xa chos converterá en catro.
O de Ruivos ó mar, velhas ó asoalhar, ten o seu correspondente entre nós e ade mais coñecemos istes paralelos: Rubias ó nacente, chuvia de repente. Rubias ó Miño, vellas ó niño. Rubias ó sol nado pegoreiro andará mollado; rubias ó sol-posto pegoreiro andarás enxoito.
Pro dixemos os refráns cuia identidade en moitos casos entre terras lonxanas non son debidas senón a seren eles o depósito das ideas nais dos pobos, o recipente onde se condensa ó instinto das xentes, e véxamos as páxinas adicadas ós encantos ou á menciña popular: Nos primeiros a identidade das lendas na maioría dos casos é absoluta ali e aqui. Os rapaces que gardan ó gando na serra de Penas Libres tiran con ouró cando se apedrexan como sode no monte do Poxeiros (páx. 265); nas citanias de Briteiros e Sabroso hai fontes encantadas, mouras peiteándose, ouxetos de metaes preciosos como nos nosos lugares arqueolóxicos. “A oración pra tirar a disipela é a mesma que en Galiza...
En fin sería interminábel a laboura comparativa porque é comparar cousas idénticas.
Libro é ó do Sr. Vieira Braga indispensábel pra todo ó que traballe na nosa Terra en custións de etnografía; libro que presta un servizo magnífico tanto á Galiza como ó Portugal onde tantos e tan sabidos traballos se teñen dado á estampa; libro que hai que ter presente en calquera das nosas investigacións e que fai que agardemos ansiosos os seus compañeiros, que o autor promete, adicados á asuntos que como as adiviñas, ó linguaxe, os contos, á arte e á industria de Guimarães no senso popular teñen pra nós tan especial e firme interés.
F. B. B.
Imp. NÓS, Real, 36-1.º A CRUÑA
LEA VOSTEDE A REVISTA MENSUAL NÓS BOLETIN DA CULTURA GALEGA
Suscríbase a
A NOSA TERRA
Idearium das Irmandades da Fala
Redaición e Adeministración
Real, 36-1.º A Cruña.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/10/1094/10947539-3289-458a-9c8c-8707dfa05386/115720010.xml
sentáronse n-unha, que coidaron trabe, que estaba deitada no chán. Pouco tempo durara a pousa, cando sentiron rebulir a trabe, e viron con espanto que era unha serpe grandisma que despois de beber na poza quedara adormiada. Disparáronlle os seus fusiles, mais tiña tan duro o coiro que as balas non lle entraban; i-entón foi cando un dos soldados mandou que colleran un anaco de carne e que o prenderan no cabo de unha corda. Feito isto, déronlle a carne á serpe i-en canto lle entrou nas gorxas ataron a corda á un penedo, e a serpe morreu no instante mesmo.
«De entón é que chaman á poza A Poza da Serpe.»
BIBLIOGRAFÍA. — Húbne (CIL., 2.519) ó falar da estatua de guerreiro galego que tiña a inscripzón, ADRONO. VEROTI. F, di tirándoo de Castella Ferrer (Hist. de Santiago, f. 159, v.) que esta estatua fora atopada no Castro de Rubiás non lonxe de Aranxo e do Mosteiro de Celanova.
Ceán Bermúdez (Sumario de las antigüedades romanas que hay en España, páxina 218) di:
«Castro de Rubiás o Rubión, castillo antiguo en la provincia de Orense, distante una legua al norte de la iglesia de Santa Comba. Se encontró en él una estatua de piedra, de hombre, vestido con un sayo largo y con los brazos y piernas desnudos. Tenía en las manos un escudo redondo con estas letras en derredor: ADRONO. VEROTI. F.»
Hai que convir en que a identificación entre o lugar citado por Castella e Ceán e o Outeiro de Rubiós non é doada. Os dous lugares que levan o nome de Aranxo, pertencen ó concello de Lovios e distan de Celanova mais de 30 quilómetros. Por outra parte a distancia entre o Outeiro que nos ocupa e a igrexa de Santa Comba é superior a 15 quilómetros, mais tendo en conta que Rubiós queda entre Celanova e Aranxo e ó norte de Santa Comba e que por outra parte, non hai en toda a bisbarra ningún nome que se imite mais á Rubiás ou Rubión, coidamos que foi no xacimento catalogado onde apareceu a efixie de Adrono fillo de Veroto.
(Catalogado por F. L. Cuevillas.)
Número XV
O CASTROMAO
EMPRAZAMENTO. — Na provincia de Ourense, concello de Celanova, freguesía de Castromao, e ó ponente e por riba mesmo do lugar de iste nome, do coal queda desviado uns cen metros.
Atópase construído no cume de unha montana longa i-estreita que dende Celanova vai rubindo cara os termos de Acevedo e Vilameá.
DEFENSAS. — A natureza penedenta da montana impediu, sen dúbida, aplainar de xeito uniforme o cume do castro, cingui-
ndo-se os seus construtores á achairar unha espe-
cie de anel, de ancho variable entre 12 e 15 metros, ó redor da penedía central, partindo do borde esterior de iste anel un terraprén case vertical, outo de 18 á 20 metros, revestilo por un muro, feito de cachote seco, ancho de 2 metros, que afrora ainda pol-o norte e pol o oeste, amostrando que outrora debeu erguerse en parapeto.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/10/1094/10947539-3289-458a-9c8c-8707dfa05386/11572006.xml
tense, come, con traballo, o traballo do corpo queda santificado. O diñeiro érguese por riba das necesidás primeiras do corpo. O labrego da campía debulla unha cunca de castañas con leite. Abóndalle. O mercader florentino xunta cartos e cartos; mercados co-eles os alimentos e os traxes, inda lle sabrán. Que fará co-eles? Non se poden rillar floris nin sirven pra mantenza da i-alma. Hai que aplicalos á outra cousa: ó corpo, mais n unha escala insospeitada, facendo o corpo centro d'un orgaismo de luxo. Pois primeiro foi a comodidá da casa e despois o triunfo do corpo. Hai outra solución; gardalos cartos, crearuntesouro. Mais nin é xeral nin nos serve pr'á nosa tesis. O avarento está ben crasificado na ética. O seu pecado e terrible. Si fora do corpo sería mais doadamente perdoado. Mais é pecado do espírito pois teima encher o espírito c'unha cousa noxenta, a única que Noso Señor non tocou endexamais cando baixou entre nós. Por iso a avaricia foi sobretodo nos tempos en que s'ollaba e palpaba o diñeiro un pecado de xente intelixente e de vellos; a esprencia ensiñaballes a forza do diñeiro e eles figurábanse ter no diñeiro encobado n-unha parede unha especie de garantía, un poder in potencia que por unha elegancia espiritoal do dono non se facía in actu xa que todo acto siñifica unha perda e o avaro vive n-un mundo seu, en algún senso, ideal. O que acugula terras e castelos, o conqueridor, non é un avaro. Sempre pensa en levar unha lei, un goberno mais ou menos escuramente sentido. O diñeiro nas vilas fíxose deseguida criador de comodidás, de egoismos refinados. Foi o primeiro dereito que alcanzaron os burgueses: unha casa inviolabre, unha estensión do corpo inda servo, mais pronto á se redimir. Boa difrenza c'a casa da aldea aberta ós pelingrinos e ós probes coma a casa do pai de Mistral e onde os señores comían na mesma mesa dos criados. Namentral-as colleitas foron o signo da riqueza non era posibre a formación da burguesía. Por moito tempo e con moitas variacións asegún as terras, a xente tivo tamén vergonza do seu diñeiro. Hai que ter en conta coma nas burguesías xurdiu o sentimento liberal das ideas, e de que xeito a educación antiga (humanidás, matemáticas) impuña unha elegancia na sua ordeación de valores. Isa elegancia foi desaparecendo axiña. Inda fai quince anos figuraba pouco fino tratar de diñeiro nas conversas dos cabaleiros e a mór porción deles eran de cepa burguesa ou campesia. Tamén compre notar iste feito. Hoxe cada día se aparta mais a cidade do agro, e con tal afastamento medrou a potencia do diñeiro. O amolecemento xeral da sistemática antiga, o positivismo, a mór riqueza, o sentirse o home soilo responsable diante si, sin ter pra se sufincar o nervo de unha idealidá superior, todas estas (e outras causas, moitas, entrambilicadas, qu'inda se non enxerguen ben) foron erguendo o valor do individuo garantido polas constitucións, foise considerando o mundo millor, mais quente, mais amabre. Fuxían as grandes epidemias, multiplicábanse os praceres, o esforzo empezou a ser recompensado n-iste mundo. Entón sentiuse a importancia do corpo. Pra disfrutar de tantos bens había que gardalo forte pra un longo vivir. Foi un antropocentrismo mais forte que o antigo, que consideraba no home un espello de Dios. O proceso é longo, variable, matizado. Serían precisos moitos exemplos pra ilustralo. O certo é que a xente xa non se coidou de ter o corpo escravizado. O fatelo romántico somentes deixa ceibes as partes fidalgas: a cabeza, as mans, e tende á domear o corpo que non tradús afora as súas formas sinón formas impostas por unha idea. D'eiqui a elegancia musical do tempo, e de feito a música foi a millor eixpresión romántica. O espírito deitaba polo mundo en mil fontes franqueadas. Craro que non hai que misturar a rapaza que bebe vinagre e se derrete no balcón ó luar ca paixón superior dos verdadeiros románticos. E contodo n-isa rapaza cursi hai o signo do tempo, propende ó espírito, o mesmo que a dona morta tiseca polo corsé. O corsé foi maldizoado polos médicos qu'eran cuáseque todos positivistas: o corsé procura unha tradución no corpo da idea d'alma lanzal, esguía, cha- ma ardente ou crebado raio de luar nos lixos do vivir. Hoxe o mesmo tipo social de rapaza anda c'o corpo solto, e fártase de xantares, cerveza, chourizo de Pamplona e per-
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/10/1094/10947539-3289-458a-9c8c-8707dfa05386/115720015.xml
NÓS
do purgatorio. Tamén aseguran que se te ñen aparecido en procesiós desde as doce da noite á unha da mañá i estas procesiós que son particularmente nos cementerios. (O que suscribe conoceu a un señor que tiña visto as ánimas en procesión. No meu concepto ise señor merecía boa reputación, e eu conocino tres anos e medio que estuven na sua casa; por outro lado, pareciame imposible o crélo anque o asegurou varias veces).
Aparicións. Moitos aseguran que os difuntos se aparecen, pero non se aparecen todos, nin a todos tampouco; pero que si se te ñen aparecido a algunhos requeríndolle actos relixiosos, como son misas, novenas e promesas ofrecidas por iles mesmos, i outras veces mandalas ter sen telas ofrecidas, pero pra así poder entrar no ceo.
Poder do demo. A xente a maior parte d'ela non duda de que o demo ten un poder anxelical, porque como anxel que foi, non lle foi quitado ise poder. Poder que se aparta d'un co señal da cruz, e traendo crucifixos e medallas da Virxen, pero estes crucifixos e medallas han de estar benditos.
Pauto co demo. A mesma Iglesia non rechaza a creencia de que se poden facer pautos con él; pero as obligacións que o demo quere que lle fagan, han de ser sempre co-a alma de un mesmo ou co de algunha criatura que un mande n'ela.
Endiañados e modo de curar. Todos os que teñen pautos co demo están endemoniados e poden curarse por medio dos sacramentos da confesión, penitencia e comunión e acompañados de reliquias sagradas e medallas da Virxen María, irlle ofrecer o prometido, e como o demo escapa donde están as almas limpas e onde estean estas reliquias e medallas, o pauto queda desfeito.
Pero podemos entender por endemoniados a aquiles que teñen os diablillos metidos en si e dados por un que teña algún pauto coil. Entón hai que agarralos e levalos a Igrexa, porque iles non queren ir e un sacerdote que teña potestade pra eso, lérlle os evanxelios e desconxurarllos pra que salgan. Ise é o modo de curalos. Tamén pol-o día de Corpus Criste, na mesma Catedral de Ourense se teñen curado algunhos, estando na misa desde Santos até consumir, é cando lle salen ises diablillos; pero teñen que estar agarrados de outros, porque fan moita forza por non querer estar alí.
Supersticións, Meigas, bruxas, sabias, feiticeiras. N'iste pueblo chámanlle meigas ás mulleres que botan moitas maldicións e que case todas lle salen acertadas.
Bruxas. A xente non lle pode poñer nome a nadie, pero sempre sospeita en alguén, pero de todas as formas, é tan seguro que as hai, porque se teñen visto cousas que non queda outro remedio que creelo e librarse delas, e pra eso, a xente usa moito do allo, porque dicen que é bo pra que non entren as bruxas; tamén usan rescritos e reliquias sagradas, que con estas dúas cousas téñense visto milagros propiamente ditos; tamén usan medallas, rosarios e cornos de ganado vacuno.
Mal de ollo. Téñense coñecido varias persoas de mala vista, e entre elas un señor que era tanta a forza da vista que tiña, que andar con lentes pra acortar a vista e usando cristais dobles, non podía mirar de fronte pra ningún ser vivente, porque do contrario mataba aquil ser pra que miraba. Algunha cabeza de ganado, como foi unha becerra d'un veciño d'iste pueblo que era mui bonita e como lle gustaba tanto, mirou moito pra ela e caíu morta, pero il como era rico abonoulle a becerra ó dono d'ela, solo que il tiña moito cuidado de non mirar de fronte pra nadie.
Fadas. Tense ouvido moito de fadas; entre tantas, citaremos unha que foi un fillo d'un matrimonio, que iste xa estaba casado e parecíalle que o pai d'il que comía moito i entón comproulle unha barcaleta pra lle botar cli o caldo i os outros manxares como si fora un marrao; o vello aguantou todo porque non tiña outro remedio, menos que fose pedir unha limosna; pero o mesmo pasoulle ó fillo dispois e o mesmo ó neto; pero veu o visneto que iba co-a mesma marcha e pensando un día en que era herdación, rompeu a barcaleta e queimouna e entón acabouse a fada.
Trasgo. Tense oído dicir que antes sentían varias veces o trasgo na casa, e que lle parecía que andaba tirando os muebles pra fora; outras veces que lles tiraba co-as pare
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/10/1094/10947539-3289-458a-9c8c-8707dfa05386/11572004.xml
UN ENSAIO ENCOL DO TEMPO D'HOXE
Si voltara ó mundo un home, un clerc, do tempo de San Bernaldo coidaría que un fato de demos andaban soltos mais de fixo, despois d'unha miga de cavilación, non'os temería desmasiado. Corpos nús nas praias e nos montes, corpos coidados coma froles ús, outros coma fermosos animais de luxo. Unha Ética, unha Estética, pra razoar o trunfo do corpo. O clerc teólogo terialle mais medo ós pecados do espírito. Non sabe que hoxe o espírito non peca porque perdeu a sensibilidade pr'as tentacións. Si a pantasma rexurdida fora a d'un romántico a sua door quizais fora mór que a do asceta. (Todol-os cleres teñen unha mistura de ascetismo), sin dúbida porque o romántico fiase mais do elemento aparencial. Hai un século teimábase dei xar decorrer baixo a lús do día e da lua, baixo a lús da lámpara, a mór cantidá posibre da alma. Os homes de pensamento figuraban Prometeus comestos pol-a águia do corpo; levaban esquirta na fronte, no ollar, na maneira de camiñar, a contradicción fundamental do home. Trazando c'as mans no ar ises circos qu'hoxe nos parecen decramatorios, facían decorrer unha cantidá de espírito que os envolvía n'unha atmosfera raiolante. De feito cada un procuraba ir pol-o mundo envolto n'un manto d'alma, e como istes mantos se queiman deseguida, sacaban outros e outros hastra semellar o seu vivir unha tráxica danza de veos que remataba por matar o corpo despreciado. Hai moitas formas de rendir e vencer ó corpo: o ascetismo e o seu contrario, a paixón desenrolada. A Edad de Mística e a Romántica puxeron a porfía a quen millor esquecía o corpo. As grandes penitenzas e as grandes esmorgas—S. Hernaldo e Byron—levaban por camiños diferentes un mesmo fin respecto do corpo, inda que pensaran futuridás opostas. Somentes fixamos os dous momentos ditos pra millor resaltar o tema do noso tempo de hoxe. Pois cando a historia chegue á suxetar e superar a técnica dos seus materiais, será doado trazar as verdadeiras épocas da historia verdadeira. E teremos tempos de paralelismo no senso euclidiano, tempos de erguementos alternativos do espírito ou do corpo. Hoxe cruzamos un dos derradeiros, endexamais tan xustificado e sentido coma a verdadeira arte do vivir. N'iste ó igual que en todol-os problemas do mesmo xeito hai que considerar o diferente ritmo das crases sociás. As mais outas impoñen á cada tempo unha fisonomía diferencial namentral-as baixas—paisanos, artesanos—prolongan un mesmo tema, o mesmo substratum por baixo do xogo variábel e sucesivo das d'enriba. Hoxe, no centro do trunfo do corpo sportivo, ou sinxelamente ben mantido e folgado, os paisanos seguen desprezando o corpo. Cobren a nudeza como unha vergoña, téñeno como un instrumento necesario que non é merecente de educación nin de aprecio mór do que demandan os bois de traballo. A forza e a saúde do corpo son pra iles cousas naturás, istintivas, sin as que non se pode vivir mais coma non'as pensan non lles conceden categoría superior. Pol-o corpo forte sintense escravos. Si foran febles e finos serían señores. Todo o aprecio ponse nas colleitas e no bó goberno da casa que son froitos espirituais en certa maneira, do traballo escravo do corpo. Apenas se pode maxinar un labrego sportivo; nin xiquer paseian pol-o gosto fisiolóxico de andar. En conxunto ven a ser a idea cristiá, a dos séculos XII e XIII por ex. Entón as moitedumes vestidas de fatelos tecidos na casa axionllábanse ó pé dos altares. Tempo de loita esgrevia de home contra home, de cidá contra cibdá, loita da aldea c'o bosque, c'a noite, c'o medo. Mais por riba de todo impera unha grande idea que se fai sentimento vital de todos. Ela guía as artes, o costumes, o vivir todo. O corpo, cousa noxenta, vergoñosa, que se non lava nin mima, é sentido d'un xeito igual por Se-
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/10/1094/10947539-3289-458a-9c8c-8707dfa05386/115720022.xml
Pardo
Óptico Científico
Preguntoiro, 32
San Andrés, 50
Santiago
A Coruña
Casa exclusivamente dedicada a óptica científica
Fotograbado
Si quer qu-os seus fotograbados sexan o mais perfecto posibles, convénlle envialos aos
Talleres de fotograbado ESPASA-CALPE S. A.
Ríos Rosas, 24-Apartado, 547 Madrid
Xa está a venda
O PORCO DE PÉ
(Novela)
por Vicente Risco.
Os pedidos a nosa administración
F. ROMAN e SACO
DROGUERIA
e FARMACIA
Pereira, 19
Teléfono 28
Ourense
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/10/1094/10947539-3289-458a-9c8c-8707dfa05386/115720024.xml
AGUAS DE MONDARIZ
FUENTES DE GANDARAY TRONCOSO
Propiedad de los Sres Hijos de Peinador
Véndese en total-as
Boticas, Drogueirías
Hotels,
Depósitos d'augas
minerás,
Restaurants e
vagós-camas de
todol-os trés
Estas augas, de sona universal son o remedio enxebre e eficacísemo
cand'un quer combater o
Artritismo, a Diabetes, Desnutrizón, Obesidades diversas, doenzas do Aparello dixestivo, Anemia e Neurastenia
Riquisma auga de mesa gaseada naturalmente
MONDARIZ-BALNEARIO Áchase á 35 Km. de VIGO
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/10/1094/10947539-3289-458a-9c8c-8707dfa05386/115720021.xml
Use o novo cristal PUNTAL, fabricación de Zeis, e eserusiva da
**CASA DE LOS LENTES**
Plaza Mayor, 18. OURENSE.
Droguería e Farmacia
**LUIS FÁBREGA**
Progreso, esquina a Luis Espada
OURENSE
MERQUE VOSTEDE
Plumeiros **RAFIUM**
De mais dura qu'os de prima e limpan millor. Véndese en todol-os establecementos do ramo.
Andrés Perille - OURENSE
Lea vostede
**Os Camiños da Vida**
por R. Otero Pedrayo.
**BODEGAS GALLEGAS, PEARES E OURENSE**
Viños finos de mesa: Tinto TRES RIOS, Blanco BRILLANTE
LOS GALLEGOS blanco e tinto
Macia e Valeiras, Apartado 18 - Ourense
**SANATORIO QUIRÚRGICO DE SAN LORENZO**
SANTIAGO DE GALICIA
DE LOS PROFESORES
D. Fernando Alsina y D. Antonio M. de la Riva
CIRUJANO GINECÓLOGO
Establecimiento dotado de todol-os elementos que exixen a terapéutica e a hixiene modernas, situado nas aforas da poboazón, moi cerca do paseo da Ferradura
Teléfono número 195
Pra detalles, calquera dos Direitores ou o Médico interno
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/10/1094/10947539-3289-458a-9c8c-8707dfa05386/11572003.xml
BOLETIN MENSUAL DA CULTURA GALEGA
Ano X ★ Ourense 15 Septembro 1928 ★ Núm. 57
AS CANTIGAS DO BERCE
Un carrizo namorado
afogouse nun luceiro;
chora o monte y-a campía,
de loito vistius'o vento
Como un paxariño horfo
nas mans morreusem'o día,
arrechegueino ao meu peito
por ver si lle daba a vida.
Vaite choiva e vente sol
qu'imos a xogar a leira
co moneco bonitiño
que meu pai trouxo da feira.
Aquil berce está valeiro
y-a naiciña anda a chorar,
o meniño está no ceo
coas estrelas a brincar.
A campía escurecida
chora tremando co frío,
a probiña quedou horfa
qu'o día afogou no río.
† AMADO CARBALLO
De «O Galo» que ven d'aparecer editado por NOS.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/10/1094/10947539-3289-458a-9c8c-8707dfa05386/115720016.xml
NOS
176
des da casa, e así sucesivamente, pero son contos mui vellos.
Tronantes e escoleres.—N-esta parroquia houbo un cura que cando tronaba moi forte, desconxuraba os tronos e facía beixar os escoleres dos astros, e dicían que tiñan a forma de esqueletos pero mui negros e que se desfacían en fume negro que se subía outra vez os astros.
Cencia popular: Predizón do tempo.—Hai varias señales e maneiras de predecir o tempo. Os que padecen de remantismo antes de chover xa iles o dicen i-é porque lle atacan mais fortes os dolores e cando vai parar de chover ou de estar húmido o tempo, cálmanlle.
Outra maneira de predecilo é polas aves que cando vai chover non volan tan altas como cando está o tempo seco. Tamén dicen que cando as pitas se catan moito que é señal de que vai chover.
A aparición dos corvos n-esta ribeira é prueba de que nos altos hai neve, e polo tanto o tempo está frío.
Según a dirección dos ventos, sábese que temporal se espera; así, si o tempo está de chuvia e empieza a tirar o aire norte, dicen que a chuvia vai parar, e reciprocamente, si o tempo está bo e empieza a tirar o aire sur, dicese que vai chover.
E tamén se sabe por o sonido das campanas, cando se sinte a grandes distancias, tempo revolto, e cando non se sinten, tempo firme.
Meiciña popular.—Primitivamente usábanse mais os remedios caseños que agora. Algún día cando lle daba un costado a calquera, o primeiro que facían era darlle unha sangría ó enfermo, e logo dous ou tres días de dieta, co demais algúns non querían guardar xa tantos días a dieta nin a cama, e según dicen, era remedio eficaz.
Pros dolores de cabeza tomaban augas cocidas con manzanilla, té, tila, maría luisa, etcétera cargadas de mel ou azúcar e non había outros remedios.
Pros dolores de barriga, auga de malbabisco, e fregas con aceite rustrido con ruda, acecuta e follas de asentes.
Pros catarros, auga cocida con follas d'eucalipto ben azucarada, leite fervido ben dulcificado e viño ben quente con grasa.
Pra madureiros, cataplasmas de malvas cocidas con aceite, as berzas do caldo con aceite, follas de tira, de viña e primavera.
Pra cortaduras, o bálsamo, as orinas d'un mesmo, o sal molido e outras varias.
Pra reuma, fregas con grasa de culebra—remedio eficaz.
Pra mulleres de parto, caldos de pita e de vaca e un pouco de cerdo, pero con especialidade, a grasa de culebra.
Arte popular.—Non hai cruceiros nin petos de ánimas. Hai unha imaxen da Santa Marta grabada en pedra no mesmo muro dos diestros do cura, ond'o mesmo cementerio.
RAFAEL SILVA
OS HOMES, OS FEITOS, AS VERBAS
FIGURAS DO «ANCIENNE REGIME».
Pou menos no vivir, na escolleita da sociedade, dos libros, dos interiores e na-quil regosto polos recunchos das frondas do grande e domemosgrande e mais feble século. Lois XIV e Lois XV. Todo o XIX francés e o XX tamén gardan anacos fondos de sombra do antigo Rèxime. É unha door qu-entre nós se teña esborrallado tan cedo. Pois houbo unha arte de vivir nos pazos que se perder e non pola revolución sinón polos cambios da base económica e de vanidades sociás. Porqué Sant-Iago non gardou seu ritmo antigo? Quizais pola falta de comunicación coa Europa. O modo millor d-apreciare a riqueza da soedade de manter a vibración d-un pasado prestixioso non pode ser outro que o contraste con cambios. Coidamos, que o mór coñecemento de Galiza pode servir pra medrar na nosa vida as esencias galegas. Eiquí
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/10/1094/10947539-3289-458a-9c8c-8707dfa05386/115720023.xml
A hixiene nos nenos
é a garantía da sua saúde física e moral o día de mañá.
No diario asco dos nenos empree o “Jabón Sales de la Toja”, único que ás suas altas calidades meiciñás xunta toda a finura e pre-
fume d'un xabón de tocador.
Contribuie ó perfecto desenrolo das criaturas e evita o perigo da escrófula e o raquitísmo.
JABÓN
LA TOJA
ÚNICO EN EL MUNDO
O Xabón da Toxa
ademais de ser o mellor é un producto galego que nos honra no mundo enteiro
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/10/1094/10947539-3289-458a-9c8c-8707dfa05386/115720012.xml
NÓS
172
mais á outro machado atopado no castro de Troña (Mondariz) (Vex. L. Pericot e I. Parga Pondal, «La Temporada», Mondaríz, 29 Xulio 1928.)
No recinto cercado do Castromao non alcontramos ningúns vestixios de habitacións permanentes que se teñen atopado, en troques ben bastos, nas ortas que arrodean o lugar de Castromao, en forma de muros
FIG. 2
de casas, tégulas e moedas de diferentes emperadores romanos e aínda hai pouco tempo ó construírse un camiño veciñal que vai de Celanova á Acevedo pasando por baixo mesmo da croa do castro, asoelláronse grande número de tégulas que tivemos ocasión de ollar.
Na freguesia onde radica o castro apare-
ceu tamén unha pedra miliaria do emperador Carino de que logo nos ocuparemos.
FOLKLORE. — «Unha veciña de Castromao, tiña un porco que todal-as mañáns en canto lle abrían a corte marchaba pra o castro e non voltaba deica a noite. Desconfiou a veciña se os mouros lle daban mantenza, pois o animal non comía nin miga na casa e á pesares de elo estaba gordo que daba xenio velo. Mais cando chegou o tempo e a dona quixo facer a matanza o porco desapareceu da corte e nunca mais soupo de il cousa ningunha.
«No Castromao hai atuadas a cadea, a lámpara e a reixa da Raíña Moura.»
BIBLIOGRAFÍA. — Citada por Barros Sibela (Antigüedades de Galicia, páx., 186). Trata ali de identificar iste castro co Castro Manuarto citado pol-o Ravenate. Fai tamén referencia a alusións acadadas no Libro Gótico, de Celanova e na «Celanova Ilustrada».
Debe ser o Castro Mago de que fala Ceán Bermúdez (Sumario de antigüedades... páxinas 218 e 220 e no que di que existen «ruínas de población romana».
(Catalogado por Xulio Rodríguez e Florentino L. Cuevillas.)
Arquivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza
RESPOSTA A UN QUESTIONARIO (Continuación)
Santos. — A costumbre que houbo sempre eiquí de celebrar o día do santo de calquera, é de que o individuo calquera que sea cando é o día do seu santo, ten que convidar ás copas de licor, aguardente, anís, tostado, etc. a todos cantos o feliciten e na sua casa refestexar o día con comidas especiais según o poder que teñan.
O mesmo pasa cando se estrena un traxe, que hai que mollalo, como dicen, e esto pra que se paguen unhos vasos de viño a aquiles que o mandan ir mollar.
Bailes. — Primitivamente dicen que n-iste país non se coñecía mais baile qu'o solto e que era molto mais moderado qu'ahora. Os homes poñíanse todos a unha fila y-as mulleres autra e todos facían os mesmos puntos a mesma vez, parecendo esi o baile moi ben e en menos superficie beilaban mais parexas das que bailan agora; porque agora baila cada un a sua ruta. Como antes indicamos
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/10/1094/10947539-3289-458a-9c8c-8707dfa05386/115720018.xml
sificaciones de los críticos. Pues es un libro que, respondiendo perfectamente a su título, está tejido con estados de alma - expresión un poco anticuada, que ll'imos faguer! - de un escritor nuevo, de quien el prologador - José María Salaverría - dice con algún acierto: "alma llena de antigüedad y de religiosidad", y que va siguiendo, libro adelante, con detida y conmovida admiración, las pisadas de la sombra triste y grave de Jorge Manrique. También cabe decir que por cualquiera lado que uno abra este libro, en la curiosidad un poco distraída y vagabunda de quien colecciona un libro nuevo en la mano, apenas topa ni un engaño tan hondo y tan fuerte, una meiguice de pensamiento, de estilo, de castellanidad, de perfección misturada con tremenda inquisición, que de contado prende n-un, y obliga asoballadoramente a la lectura y a la meditación - más meditación aún que lectura - y deja por fin a un, a un tiempo satisfecho y sediento. Es un libro rico de ideas y de sentimientos delicada y miudamente y lúcidamente analizados y referidos n-un estilo que, siendo demorado, no cansa, porque tiene un sentido perfecto del suficiente. Un libro ond'atopamos o millor e o eterno da y-alma castellana, un poco como nos escritos d'Otero Pedrayo atopamos o millor e o eterno da y-alma gallega.
El autor de La Voz del Paisaje tiene una honda conciencia de sus clásicos - y de los suyos modernos, y más d'outros moitos clásicos y otros muchos modernos - y confiéceos com'erudito y más aún como filósofo - semella un poco moderno y pedante decir: pensador - y sabe dar nuevos frutos de su zelme sabroso. E pr'os que sabemos que n-esta fidelidad inmorrente está a grandeza de Castela, fica dito que tivemos que leer o fermoso libro de Teófilo Ortega con moito contentamento, mais tamén con envexa, non coma "pesar do ben alleos", senón coma saudade do noso ben.
EL REINO DE AREGIA, por Joaquín Arias Sanjurjo, Santiago, 1928.
N-iste libriño, o ilustre arqueólogo e erudito, tan versado nos escritos e documentos da Antiguidade e Edade Meia, trata de pôr en claro o misterio histórico dos Auregenses, mencionados por Idacio no seu Cronicón, e penetrar nas tréboas do tempo mais escuro da nosa historia, cal é o dos comienzos do que se chama Edade Meia. O Sr. Arias Sanjurjo, aducindo pra elo numerosas referenzas de fontes documentais, relacioa as xentes e montes Auregenses coa Aregia, mencionada por S. Isidoro a falar de Leovixildo, e reduz o país a Riviera Sa
crata, e Aregia o Castro Ares ou Castro Arias. Supón qu'aquil territorio formou cecais n-aquiles séculos - cecais ata o X - un reinado independente, que sostivo relacións coa Irlanda, e conservou a tradición apostólica o culto do Santo Graal. Diz qu'isto compre buscalo en moitas referenzas espalladas en fontes de diversos tempos, porque a fonte do século V, Idacio, non ten mais que o que interesa ós romanos. O Sr. Arias Sanjurjo asegura que Idacio representa a resistencia dos colonos romanos de Galiza, acollidos en Chaves cando foi da invasión, contra dos Suevos e dos Celtas d'Aregia, e qu'o seu Cronicón non é unha historia de Galiza, senón a continuación d'unha historia do Imperio Romano. A tése do erudito monfortino, verdadeiramente estrevida e orixinal, sedutora en moitos aspeutos, verdadeira moi probablemente no que a Idacio e a resistencia romana se refire, é de todos xeitos dina, non somentes de ser tida en conta, senón, d'encamiñar novos inquéritos pra comprobal-a chea de concrusións que d'ela se poden tirar.
AS MARIÑAS DE SADA, por Manuel Lugris Freire, A Coruña (sen datas).
En homenaxe á sociedade "Sada y sus contornos", axuntou o ilustre poeta n-esta plaquette co poema A fala e a terra, lido no xantar co qu'aquela sociedade festexou os primeiros exames das suas escolas o 8 de Xullo de 1928, outros poemas referentes a aquela sua amada terra. O estro viril e delicado do autor de Noitebras aparez eiquí coma sempre cheo d'amor á Terra e á Liberdade. E ben diz il que:
"O amor é a forza xigante
Que a humanidade descobreu."
Sempre hai que ter un aprauso gardado pr'a fé e o antusiasmo do poeta Lugrís, sempre mozo d'optimismo e fidelidade ó Ideal.
ALUCINACIONES? obra de vulgarización científica escrita por Ricardo Núñez, Médico, e adaptada á escena por Amaro Álvarez, Lugo.
É unha obra que ten moito máis de vulgarización hixiénica que de arte. A deusa Higea é n-ela glorificada pol-o antusiasmo d'un médico extraordinariamente creente na sua profesión e en todol-os métodos modernos, cousas que nós, crar'está - il é mestre n-iste asunto - non podemos de ningún xeito discutir. Artísticamente, se non pode sacar millor partido do asunto, de seu árido.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/10/1094/10947539-3289-458a-9c8c-8707dfa05386/115720014.xml
174
todo o ano. I-as tardes do domingo e do martes de entroido, disfrázanse moitos e dan a lata a calquera que non os conoza.
Semana Santa. —Primitivamente non se traballaba nada en toda a semana; toda a xente se destinaba a ir á Iglesia e pascarse; pero agora non se respetan tanto ises dias santos: os artistas non respetan ningún anque pode haber algunha excepción; pero a xente relixiosa respeta moito o jueves e viernes, visitando as igrejas e rezando o viacrucis.
San Xuan e San Pedro. —N-estas dúas festas a mocedá fai moitas trastadas co-as cancelas, portas e todo o que poden coller, levándoas pr'os camiños ou campos, ocupando esi o paso e causando grandes trastornos e moitas veces compromisos graves, pero esto é tradición mui antiquísima.
Difuntos. —Esa é unha festividá de tristeza; por ise día toda xente que ten familias enterradas, van adornar as suas sepulturas con flores e luces, e por ise día mándanlle cantar ó cura moitos responsos cada un por as suas familias finadas; hai ano que sal a procesión ás catro e media da tarde e dan as doce da noite e ainda o cura está cantando, ganando esi moi bó día. Nas comidas por ise día non diferencian, pero si polo día de Todos os Santos, que todos botan algo do marrao o pote; das cortadorías solo se vai cando hai enfermidades ou días mui distinguidos.
Festas da parroquia. —Hai a festa do San Antonio da Santa Marta do San Ciprián, do San Roque e outras que non son tradicionais; en todas estas festas se fan diferencias nas comidas, pero especialmente pola da Santa Marta que é a patrona d'esta parroquia, porque casi todos matan unha pirica, e botan a outra mitá da cachucha do marrao i-en fin esa é a festa en que mais gasta a xente d'iste pueblo.
Nadal. —Esa é unha festa interior solemente—ou festa de pote—donde hai tamén bastantes diferencias, particularmente nos postres.
Relixión. —N-iste pueblo non se conoce outra cousa mais qu'a católica, apostólica e romana; o que se pode dicir é que antes cumplían millor cos preceptos da Iglesia que
NOS agora; basta pr'a probar esto que antes os domingos ás tardes, un home que tuvese que falar con outro, ibao buscar á iglesia i-hora ten que o buscar nas tabernas; pódese dicir que o cincoenta por cen non van á misa xiquera.
Os Santos. —N-esta parroquia hai o San Antonio que é abogado pra moitas cousas, particularmente pra encontrar as cousas perdidas. A Santa Marta que de todas as Virxenes mereceu ela o segundo manto da castidá; é abogada en toda necesidá, porque en toda necesidá amparaba ós probes e particularmente atendía con todo o celo ós cuidados de nuestro señor Xesucristo. San Roque é abogado pra pestes, llagas e males estranhos, porque il sufria todos ises males con paciencia e resignación pol-os méritos de Xesucristo i-é tamén abogado dos peregrinos. San Ciprián é abogado pr'as tercianas. San Benito pr'as berrugas e luvillos e bultos estranhos.
Leendas piadosas. —E de piedá o ler libros relixiosos, como o Camiño Recto, Catecismo, a Cartilla de boa criansa, etc.
Romaxes. —Eiquí cando se vai de romería a calquera sitio, é costumbre levar a bota do viño i-algunhas veces levar a carabela da casa pra non gastar tanto no camiño. E cando van moitos xuntos, levan panderetas e flautas e outros istrumentos pra ir cantando e tocando. Son moi conocidas as romerías que van ós Milagros, Vilar de Flores, San Vitorio e outras varias; pero esto agora cesa de todo pola rapidez con que se cumplen as promesas, particularmente onde se vai en automóvil.
Ofertas. —Moitos ofrecen misas, velas, lacós, gúevos, pitos, marraos de cría, cachuchas, vestidos, aceite i-algunhas veces diñeiro; e outros ofrécense a ir descalzos, ayunando con pan e auga solamenie i-autros varios sacrificios.
As almas do Purgatorio. —Dicen que as ánimas teñen que purilicarse de moitos pecados, no mesmo sitio onde os cometeron, e que padecen de varias formas, unhas veces con moito frío, outras veces cou moita chuva, con tropezos etc. pero os pecados de deseos, pensamentos consintidos, e moitos varios, que os teñen que purificar nas llamas
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/10/1094/10947539-3289-458a-9c8c-8707dfa05386/11572009.xml
NÓS
OBSERVAZÓNS. — O sinxelo esame do terreo non amostra siñás de obras de fortificación, soio esparexidos pol-o chán óllanse cachotes que indican ter pertencido á vellas edificazóns.
N-unha quebrada estreita, que se desina co nome «da dos Santos», afroran os alicerces de unha antiga capela adicada á Ascensión, que foi derrubada aínda non hai un século, aproveitándose os seus materiais pra erguer unha nova ermida, que baixo a mesma advocazón, existe oxe ó pé de un dos lugares da parroquia. Á veira da capela derrubada, celebrábase en tempos unha romaxe ben soada en moitas légoas á redonda.
En toda a área do Outeiro de Rubiós, non se ollan tellas antigas nin modernas, así
«No Outeiro de Rubiós houbo unha grande cidade chamada San Salvador ou Cachiquimbra, nome que aínda leva unha parte do monte.
Ista cidade foi atacada pol-os romanos ou pol-os franceses que estaban no castro do Furriolo. Emprincipiou o ataque c-un grande fuego, sostido dende o propio Furriolo apesares da distancia de dúas légoas que os afasta, pois é sabido que os antigos tiñan millores armas e de mais alcance que as nosas. Fóronse despois acercando os enemigos a Cachiquimbra, puxéronlle sitio e remataron por destruíla, morrendo dos da vila 11.000 mártires, e dos atacantes mortos tamén.»
Mesmo os eidos que o cinguen son case que todos comunás, parecendo indicar istes datos que a despoboazón de aquiles lugares debeu verificarse hai moito tempo.
Mais o que millor falou a prol da antiguidade das ruínas de Rubiós, foi o seu folklore que ten caracteres por completo castrexos.
FOLKLORE. — Infornan Antón Peaguda, de San Lourenzo de Cañón e un seu veciño cuio nome non acadamos.
«Cando os sitiadores estaban xa ó pé da vila, uns soldados foron pousar unha miga á beira de unha poza, que aínda existe, e
PLANTA DO CASTRO DE MOURILLÓS
PLANTA DO CASTRO DE BERREDO