por González García-Paz, Sebastián
Ano IX, T. II (1927), n. 47 ; p. 10-13
Foi un historiador e arqueólogo galego, secretario do Seminario de Estudos Galegos.
Fillo de Bernardino González Paz. Estudou o bacharelato no Instituto de Pontevedra e Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela. Fixo o doutoramento en Filosofía e Letras en Madrid (1930), coa tese "El colegio de San Clemente de Pasantes de Compostela". Regresou a Compostela e obtivo a praza de auxiliar da Sección de Arte e tivo ao seu cargo as cátedras de Arqueoloxía e Historia da Arte. En 1931 conseguiu unha bolsa para ampliar os estudos de prehistoria e estivo en Francia e Alemaña. Colaborou co Seminario de Estudos Galegos, do que foi membro do Consello Director e para o que logrou uns locais no edificio de Fonseca, onde se instalaron a biblioteca e o museo de etnografía. participou xunto a Florentino López Cuevillas no proxecto de catalogación dos castros galegos e escavou, entre outros, os castros de Montealegre (Domaio), Santa Trega, Taboexa e San Cibrao de Las. Formou parte das Irmandades da Fala e asistiu á asemblea que se organizou na Coruña; máis tarde ingresou no Partido Galeguista. Foi membro correspondente da Real Academia Galega.
Trala Guerra Civil, e como consecuencia da súa pertenza ás Irmandades da Fala e ao Partido Galeguista, exiliouse en Puerto Rico, onde foi decano da Universidade de Puerto Rico, posto desde o que fomentou a fundación do Coro Universitario, do Museo da Universidade, do Seminario de Estudios de Puerto Rico e dun centro de Escavacións Arqueolóxicas. Polo seu traballo, o claustro nomeouno decano de estudos, reitor interino e senador vitalicio. Xulgado polo Tribunal de Responsabilidades Políticas, foi condenado en 1940 a inhabilitación absoluta, seis anos de desterro a máis de douscentos quilómetros de Santiago de Compostela e o pago de cinco mil pesetas.
Galipedia
por González García-Paz, Sebastián
Ano IX, T. II (1927), n. 47 ; p. 10-13
por González García-Paz, Sebastián
Ano X, T. III (1928), n. 49 ; p. 13-15
por González García-Paz, Sebastián
Ano XI, T. III (1929), n. 68 ; p. 133-137
por González García-Paz, Sebastián
Ano XI, T. III (1929), n. 69 ; p. 152-155
por González García-Paz, Sebastián
Ano XIV, T. V (1932), n. 98 ; p. 31-32