Blanco Torres, Roberto, 1891-1936

Imaxe do autor Blanco Torres, Roberto

Roberto Blanco Torres foi un xornalista e poeta galego.
Ademais de ser colaborador asiduo da prensa galega dirixiu varios xornais. As súas columnas desprenden o talante combativo que caracteriza toda a súa obra. Dende Cuntis, a súa vila natal, emigrou a Cuba. Alí comezou a colaborar na prensa da comunidade galega, para o que empregou o pseudónimo de Fray Roblanto. A fins de 1916 regresou a Galicia, onde coñeceu ao cura José Toubes Pego, un dos fundadores de El Ideal Gallego. Estableceuse na Coruña. Participou nas Irmandades da Fala e a comezos de abril de 1917 publicou o seu primeiro artigo n' A Nosa Terra. En outubro de 1920 fíxose cargo da dirección de El Correo Gallego de Ferrol, da que cesou en abril de 1921, e pasou a dirixir La Zarpa en Ourense ata 1923, cando foi redactor xefe de Galicia: Diario de Vigo. Foi o redactor xefe de El Pueblo Gallego. Dirixiu El Progreso de Pontevedra. En febreiro de 1933 fíxose cargo da dirección de El Noroeste. En 1935 dirixiu El País de Pontevedra, e dende maio de 1936 foi o xefe do gabinete de prensa do Ministerio de Gobernación, e participou activamente na campaña para a aprobación do Estatuto de Autonomía de Galicia.O Golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 sorprendeu a Blanco Torres na aldea de Amido, no concello da Peroxa, na casa familiar da súa muller; detido en setembro foi levado á prisión de Ourense, e o 3 de outubro de 1936 foi paseado polos falanxistas que o fusilaron no concello de Entrimo. Á súa figura dedicouse o Día das Letras Galegas de 1999. Galipedia

Grafo social

Artigos