Acuña, Manuel Luís, 1899-1975

Imaxe do autor Acuña, Manuel Luís

Foi un xornalista e poeta galego.
Fillo e neto de mestres, en 1920 trasladouse a Allariz coa súa familia. Tras facer maxisterio por libre ingresou en 1928 no Corpo Nacional de Maxisterio, exercendo en Ourense, A Coruña e Madrid. Codirixiu con Xohán Luís Ramos Colemán a páxina cultural "Viernes Literarios" de La Región e foi membro do consello de redacción de "Escuela del Trabajo". Militante do Partido Galeguista trala guerra civil foi depurado e viuse obrigado a dedicarse ao ensino privado.
Integrante da Xeración do 31, é autor dun único libro, Fírgoas (1933, editorial Nós) que a comezos do século XXI sería incluído na Biblioteca Galega 120.
Galipedia

Grafo social

Artigos