https://biblioteca.galiciana.gal/gl/catalogo_imagenes/descargarAlto.do?path=1157214&posicion=1
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/c7/c74e/c74e84eb-f235-4a23-80ac-3a0fee96c465/115721421.xml
169.
José G. Antuña: «Nuestra lengua y la expresión propia americana».—Gerardo Diego: «Actualidad poética de Fray Luís», «La Vocación poética».—Eduardo Blanco Amor: «Cateo y denuncia de un posible arte gallego».—Juana de Ibarbourou: «El Rey Alfonso y las Cantigas de Sta. Maria».—Luis Gil Salguero: «El excepticismo de Francisco Sánchez».
Sin falar das agudas conferencias de Gerardo Diego—un pouco estropeadas polo ascetismo pedagóxico dos Altos do Hipodró-mo, hai n'ista serie duas que nos intresan. Eduardo Blanco Amor é sempre o bó catador das esencias galegas e por riba das modas sabe siñalar os valores vidais da arte galega. O papel de Francisco Sánchez figura singolarmente amingoado na conferenza de Luís Gil Salguero: estima a Sánchez como un fondo pensador triste pola impotencia da razón mais sincera e valente que non pudo infruir nas escolas posteriores.
REVISTA BIMESTRE CUBANA, Ed. pola SOCIEDAD ECONÓMICA DE AMIGOS DEL PAÍS, Habana, Mayo - Junio 1930.
Sumario: «Marti en la prensa», por J. Hernández Carvajal. —«La extensión universitaria en la vida moderna», por Teodoro Johnson. —«La Sociedad como organismo», por Adrián del Valle. —«Sobre mitos brasileños y cubanos», por Fernando Ortiz. —«Nuevos datos para la biografía de José María Heredia» (conclusión), por Nicolás Rangel. —«Sobre el antiguo matadero de la Habana», por Héctor de Miranda. —«En torno a los nuevos», por Manuel Pedro González. —«Viaje por Europa» (conclusión), por José Antonio Saco. —«Los rayos ultravioleta en la isla de Cuba», por Aurelio M. Espinosa. —«Alejandro de Humboldt y la Sociedad Económica», por X. X. X. —«Cuba en el extranjero», por Mario Sta. Cruz. —Revista de revistas. —Bibliografía. —Indices.
PUBLICACIONES DEL CENTRO GALLEGO, IV Y V CURSO DE CONFERENCIAS, Montevideo, 1930.
Sumario: Ramiro Maeztu: «El sentido del Hombre en los pueblos hispánicos».—
GALICIA, Revista del Centro Gallego de Montevideo, Abril y Mayo de 1930. Número especial dedicado a La Coruña.
Artigos do Dr. Sánchez Mosquera, Blanco Torres, Estrada Catoira, Eladio Rodríguez González, Xosé Lesta Meis, Gumersindo Busto, Carré Aldao, Sigüenza, A. Vilar Ponte, Francisca Herrera, Cabeza de León, Ponte Patiño, etc. moi intresantes. Nin unha soila liña en galego.
F. ROMAN E SACO
DROGUERIA E FARMACIA
Pereira, 19 — OURENSE — Teléfono 28
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/c7/c74e/c74e84eb-f235-4a23-80ac-3a0fee96c465/115721423.xml
A HIXIENE DOS NENOS
é a garantía da sua saúde física e moral o día de mañá.
No diario aseo dos nenos empregue o
“Jabón Sales de la Toja”,
único que ás súas altas calidades meiciñás xunta toda a finura e prefume d'un xabón de tocador.
Contribuie ó perfecto desenvolvemento das criaturas e evita o perigo da escrófula e o raquitismo.
JABÓN
LA TOJA
ÚNICO EN EL MUNDO
O Xabrón da Toxa
é o mellor.
Honra á Galicia no
mundo enteiro
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/c7/c74e/c74e84eb-f235-4a23-80ac-3a0fee96c465/115721419.xml
OS HOMES, OS FEITOS, AS VERBAS
UN MOIMENTO EN SANT-IAGO
Inaugurouse o moimento de S. Francisco por Asorey en Compostela. Outra ordenación de pedras, carregadas de inspiración e dispostas pr'a eternidade na paisaxe artística de Sant-Iago. Agardámolo o outono pra chegar devotamente ó seu pé e sentir e falar ó seu carón.
CONFERENCIAS EN RIBADAVIA
O Club Artístico de Ribadavia orgaizou, e rematou brillantemente, unha interesantísima serie de conferencias galeguistas coa concorrencia d'unha enorme cantidade de xente e de canto hai de millor na vella e gloriosa vila ourensán. As conferencias tiveron lugar no mes de xullo, suxeitas ao seguinte orde:
O día dous, falou Otero Pedrayo en col de: «Galeguismo e galeguidade».
O nove, Florentino L. Cuevillas, sobre: «Prédica galeguista».
O dazaoito, Primitivo R. Sanjurjo, de: «A música galega».
E o vintetrés, Álvaro de las Casas, que disertou sobre: «O deber d'autual democracia galega».
A final o Club obsequiou aos conferentes c'un espléndido xantar ao que concurriron representacións da Irmandade Galeguista d'Ourense. En Ribadavia ficará por sempre un ledo recordo d'esta obra cultural que prendeu á xente no maior entusiasmo.
O MOSTEIRO D'OSEIRA
O 3 d'agosto posesioaronse solemnemente do antigo e admirabre mosteiro de Santa María d'Oseira, os monxes cistercienses que o van habitar na actual restauración.
Ao acto asistiu o Nuncio da S. S. monseñor Tedeschini o obispo d'Ourense Sr. Cerviño e catro abades mitrados, entr'eles o de Samos, fillo da Terra.
Ao parecer estes monxes propóñense facer na Martiñá o Monserrat galego, constituíndo un grande centro d'estudos adicados ao coñecemento e espallamento da cultura galega. Por outra, cunde a idea de facer eiqui o enterramento de todol-os fillos.
ASOCIACIÓN DE ESCRITORES GALLEGOS
Ao final xa está legalmente constituída a «Asociación de Escritores Gallegos» qu'era unha das organizacións mais precisas na nosa terra. Elementos sinaladísimos da nosa intelectualidade xuntáronse en Ourense, nomeando a seguinte directiva:
Presidente: Ramón Otero Pedrayo.
1.º Vice: Antón Vilar Ponte.
2.º Vice: Alfonso R. Castelao.
3.º Vice: Antón Noriega Varela.
Segredario xeral: Álvaro de las Casas.
Vice: C. Fernández Mazas.
Tesoureiro: Vicente Risco.
Contador: Roberto Blanco Torres.
Bibliotecario: Xacinto Santiago.
Vocaes: Valentín Paz Andrade, Rafael Dieste; Xesús Bal e Gai, P. Rodríguez Sanjurxo, Florentino L. Cuevillas e F. Fernández Armesto.
LIBROS
CINCOENTA HOMES, de CASTELAO
Fai ainda non unha lúa rexistrábamos «As cruces de pedra na Bretaña». Agora os «Cincoenta homes». Unha boa presa d'eles. Cada un no seu sitio dibuxado, demarcado, cravado na sua esenza co ise poder de maravilla que teñen os lentes de Castelao pra coller a detremiñante esenzal no decorrer d'augas de cada vila. Eles—os homes, cada un d'eles—non sospeitan nada. Riránse ó follear o fermoso, o crudel, o compasivo volume, pois como na traxedia os autores se non decatan do seu sino agás d'algún instante, un lóstrego psicolóxico, de borracheira ou de paixón insospeitadada. Estes homes non forman moitedume. Son todos terriblemente egoístas. Cando Castelao dibuxa moitedumes fai circular n'elas un va-
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/c7/c74e/c74e84eb-f235-4a23-80ac-3a0fee96c465/11572148.xml
156
ollamos á ningún paxaro tropezar en ningunha fronteira. E se non tropezan os paxaros ¿cómo podían tropezal-os nosos sentimentos e as nosas ideas!... (Apransos)
O que queremos é desatrancal-o camiño da Europa; aquel camiño branco que unía Galiza co resto do mundo civilizado, no tempo lonxano dos Cancioeiros e do Pórtico da Groria. (Aprausos)
Por arte, que ven á sel-o mesmo que por humanidade e que quer decir algo máis que por patriotismo, compre aguillour a concencia durmiñenta da persoalidade galega; porque nós, os fillos de Breogán, os homes que aínda conservamos no espirito «as calidades afeitivas d'ese xenio celta, que foi o noso fiat xenésico», temos obriga de levar sentimentos novos e orixinaes e xenerosos, á corrente da vida humán. ¡Hai que poñer a producir todal-as posibilidades d'un pobo diferenciado en ben, principalmente, da riqueza espiritual da humanidade! (Apransos)
O porvir do arte galego non está en tracer de fora un estilo novo sinón en crear, nós mesmos, o noso novo estilo. E todos cantos preferimos ser escravos da Natureza á ser escravos das leises dos homes, proclamamos a necesidá de que os sentimentos galeguistas sexan zume da terra e celme da tradición, non entendendo por tradición a serie de atualidades superpostas, sinón o eterno que vive acochado no instinto popular.
DEFENSA DA NATUREZA
Falei de Natureza, verba sospeitosa para algúns inteleituaes que xa non queren escribir-a con maúscula; mais eu escribiría con maúscula todal-as letras da verba Natureza, aínda que me chamasen panteista... E agora permitideme que faga unha lene defensa da Natureza, en ton humoristico para que non me chamen cursi.
Non sei se Deus lle puxo rabo ós cabalos sómentes para que tivesen con qué tornal-as moscas, e menos podo decir que nos dese nariz para cabalgal-os anteollos e orellas para trabal-as rendas das gafas. Pero hai homes de libros que aseguran á decotío que o pararraios siñilica un trunfo do
NÓS
home contr'a Natureza, cando de certo é unha defensa que a boa Natureza nos dou para que nos defendésemos dos lóstregos, pois se ela quixese os lóstregos enfiarian as cabezas dos homes e non as puntas metálicas. (Aprausos)
O home pode envanecerse de ter inventado o paraugas contr'a choiva, e bó é. (Risas e aprausos).
O ARTISTA E A SÚA OBRA
Mais aínda hai homes que pensan que fan fillos e din que fan fillos coa mesma seguridade con que un zoqueiro pode decir que fai zocos. A esta caste de homes, estúpidamente parvos e vanos, perteñecen moitos artistas que aseguran ser creadores, en absoluto, das súas obras de arte... ¡Non! O primeiro sorprendido diante d'una obra de arte é o seu propio autor, da mesma maneira que un pai diante da fermosura d'un fillo acabado de nascer.
O artista é pai das súas obras de arte, aínda que isto non priva de que sexa creador das súas obras ruins e perecedejras.
Os que renegan da Natureza para seren creadores, semellan ciclistas costa arriba, ciclistas escravos da bicicleta, unha caste de cabaleiros que levan o cabalo ó lombo. Pensan que o arte está nos miolos i-estrachan a cachola coma quén estrucha un tubo de pintura. (Risas e aprausos)
É a flagrante vanidade dos homes que moitas veces pretende ensinalle xeometría a quen fixo as leises porque se rixe o movemento dos mundos.
A ESPERANZA CELTA
Di Lamennais, o atromentado bretón, que cando a serpente chantou os seus ollos na grea dos homes, tremeron; que logo faloulles ó ouvido, e que cando os homes escoitaron a serpente comezaron á dicir que eran reises. E foi entón, cando nasceu o medo.
E eu digovos que compre non tremer diante dos ollos da serpente, nin darlle creto ás súas verbas garimosas, porque temos de
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/c7/c74e/c74e84eb-f235-4a23-80ac-3a0fee96c465/115721417.xml
NÓS
PESOS DE RÉDE E CHUMBEIRAS
pol-o Ténente AFONSO DO PAÇO
(ILUSTRAÇÕES)
Figs. - 1, 2 e 3
Figs. 4, 5 e 6
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/c7/c74e/c74e84eb-f235-4a23-80ac-3a0fee96c465/115721416.xml
NÓS de todol-os que a traicionan, de todol-os que a teñen aferrollada. (Aprausos).
164
centos idiomas diferentes, prohibidos no tempo dos zares?
Unha e outra corrente internacional, a que pugna pol-a entente superestatal e a que estimula o rexurdimento dos particularismos étnicos, lonxe de ser contradictorias, converxen ó mesmo fin: a supresión das fronteiras fiscais, de xeito que non haya países económicamente escravizados por outros e a redución dos exércitos, á fin de instaurar a paz e a liberdade permanentes na humanidade, ideal que endexamais se poderá realizar, mentras uns pobos vivan de asoballar á outros.
Pois esa cobiza universalista, —como vos decia Castelao—ese outro sentido humano, ven a ser un dos atributos ideolóxicos con que o autonomismo galego se define, se honra. (Aprausos).
VERBAS ÓS HÓMES SEN FÉ
Quero que as miñas verbas derradeiras, vaian dereitas á chantarse na concencia dos desilusionados, dos homes sen fé, dos que non profesan ningunha idealidade. España é o único país d-Europa onde ainda hai xentes que confesan sen rubor o seu indiferentismo político.
Pois á os que observan sistematicamente esa conducta de nugalla inhibitoria, a os que botan enriba de si o estigma d-esa vountaria interdicción civil, temos que denuncia-los pol-a responsabilidade que contraen co-a Terra. Eles son cómplices conscentes, aínda que por omisión, de todol-os que a aldraxan, de todol-os que a traicionan, de todol-os que a teñen aferrollada. (Aprausos).
Estamos na hora da loita. Ser ou non ser, é o dilema. E os que se neguen á axudar dende a esfera do seu valimento a causa da redención de Galicia, que é nosa tanto como d-eles, merecen ser resellados na categoría dos *emboscados*. Pra todos hai un posto nas milicias cívicas da galeguidade, mais os mozos non poden, menos que ninguén, esquecer que o seu deber está eiqui, porque o alento vigoroso e rebelde da xuventude ha de sel-a tónica das xornadas gloriosas que se aveciñan.
N-elas tampouco pode faltar a muller. Nós queremos que as nosas compañeiras, aspiren á merecer unha admiración mais duradeira, que a que en nos despertan pol-a súa xentileza e pol-a sua fermosura. Queremos que elas endexamais poidan chegar a ser un lastre morto par-os ideales do home, pois que tamén os deben compartir e defender, identificadas con eles cordialmente. (Aprausos).
Este Día, vigueses, abre unha era nova par-os destinos da Pátrea galega. Endexamais se diga de nós, que somos *almas rendidas*. Endexamais volva á ser Galicia territorio colonizado pol-as taifas electoreiras das vellas oligocracias. Fagamos do berrro *Terra e Liberdade* o noso lema redentor.
Galegos, vigueses, Galicia reclama a axuda de todos. E respondendo á chamada do poeta que hoxe nos preside,
*... En pé, sereos,
a limpa fronte erguida,
cantemol-o dereito
á libre, nova vida.
Ó redor da bandeira azul e branca,
ó redor da bandeira de Galicia!*
(Cramorosa ovación, que se alonga durante varios minutos. Vivas a Galicia).
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/c7/c74e/c74e84eb-f235-4a23-80ac-3a0fee96c465/115721424.xml
AGUAS DE MONDARIZ
FUENTES DE GANDARAY TRONCOSO
Propiedad de los Sres. Hijos de Peinador
Véndese en todas las Boticas, Droguerías, Hotels, Depósitos d'augas minerás, Restaurans e vagós-camas de todol-os tres.
Estas augas, de sona universal son o remedio enxebre e eficacísimo cand'un quer combater o Artritismo, a Diabetes, Desnutrizón, Obesidades diversas, doenzas do Aparello dixestivo, Anemia e Neurastenia
Riquisma auga de mesa
gaseada naturalmente
Mondariz-Baneario, áchase á 35 Km. de Vigo
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/c7/c74e/c74e84eb-f235-4a23-80ac-3a0fee96c465/11572149.xml
NÓS traballar sen medo, seguros de que xa non hai morte que poida matarnos.
A esperanza celta, manifestada en léndas de circia siñificación poética, é un símbolo vivente da nosa nacionalidade, e amostra unha indómita confianza nos nosos destinos. Todol-os pobos celtas teñen as súas léndas de esperanza: uns agardan pol-o rei que desapareceu na poeira d'unha batalla lexendaría; outros confían na resurreición das cibdades fabulosas que durmen, enteiras, no fondo das augas; outros, de máis forte imaxinación, esperan que un novo cataclismo devolva ó mundo a Atlántida sulagada. Leu penso que todal as formas da esperanza celtn non siñifican mais que unha cousa: a confianza no trunfo da nosa civilización de paz, de paz que pon por riba de todal-as riquezas materiais a imponderable riqueza do espírito. Porque nós, os celtas, amamos de tal maneira o espiritual, que si non eisistise a y-alma, seríamos capaces de creala, a forza de anceios; e se non ejsistise o Ceo, seríamos capaces de inventalo, para os nosos mortos. (Aprausos).
A FORZA SIMPÁTICA DO ARTE
Sen querer marcheime por vieiros de sentimentalismo, cousa natural n'un artista que aínda é d'abondo romántico. Deixádeme evocar un intre da miña recente pelerinaxe por Bretaña.
Fai por este tempo un ano atopeime unha tarde no Gran Bey de Saint-Malo, onde Chateaubriand durme o seu sono derradeiro ó xeito dos antigos druídas. Leváballe lembranzas dos románticos galegos, de Otero Pedrayo, de Lousada Diegues... Alí queixeime de que se quixese soterral o romanticismo, é xuraría que o espírito de Chateaubriand quixo consolarme.
Senteime ó pé da súa campa, chantei os ollos nas lonxanías do mar do poente i-escoitei:
—Ti estiveches en Fisterre, na punta do Raz, onde o Atlántico bate feramente. Pois ben; cando durme o mar todos son ollos para admirar a forma dos rochedos; cando o mar desperta todos son ollos para ademir-
ral-a súa forza. Certo é que o mar necesita dos cons para non morrer parvamente n'un areal; pero compre non esquecer que de cada loita que o mar sostén coa pedra, xurden os rochedos cunha nova forma. Eis o arte. O arte é un gran corazón, que para latexar e contar o tempo que pasa, necesita dúas forzas contrarias: cando a un corazón se lle corta o nervio frénico, o corazón tolea; cando se lle corta o nervio simpático, o corazón quédase. Estas dúas forzas eisistiron y-eisistirán sempre no arte, e n'un intre determinado da historia puderon chamarse romanticismo e clasicismo. Palabras... ¿sabes? O certo é que o romanticismo representa o predomiño da forza simpática do arte. Que o enterren, se é que poden. Ti non lles digas nada; mais eu digoche que o que enterran non é un cadáver, que é unha semente. (Apransos).
Dende aquela tarde bretona xa non teño dúbidas. Sei que o romanticismo dos nosos pais vai indo vello, e que moitas formas, luxadas pol-o uso, que foron ricos adobios da literatura romántica, deben morrer axiña; pero a forza simpática do arte é outra cousa: esa é a i-alma toda do Occidente, que aínda está para enxendrar moitos romanticismos novos. E nós, os habitantes dos Fisterres, os celtas do Atlántico, representamos o cerne mesmo d'esa forza creadora.
O QUE DEBEMOS Ó CENTRALISMO
As aspiracións permanentes do pobo galego, os seus anceios fondos, os seus instintos profundos, son combatidos pol-os patrioteiros de chín-chín, que moitas veces falan fachendosamente en nome d'un progreso imaxinario; mais é tempo de decirlles que o progreso non vai car'a uniformidade sinón cara armonia. E se o progreso fose cara esa unidade antipática, antiestética, antinatural e criminal, por enriba do progreso está a perfeición; e nós, por un desexo de perfeición e por unha dinidade que xa vai sendo dinidade persoal, non queremos que na fala dos nosos abós, que na lingua dos Cancioeiros, se siga eispresando, sómentes,
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/c7/c74e/c74e84eb-f235-4a23-80ac-3a0fee96c465/115721420.xml
por, nebocira ou lus, da ialma enorme da Galiza. Gracias á orgaización i-o tipo moderno da sociedá istes homes seguen cada un a sua órbita, sin chocare entre si. O home que se casou por amor propio esperta ideas de asesinato no home que non atopa oportunidade pra matar porque hai unha policia i é moi gustoso o viño da taberna. N'un tempo feudal e bravo os homes comerianse ús os outros, orgaizarianse en xerarquía de forzas e disfrutarian d'ise socego que lles dá licenza prandar pol-o mundo pra ser sorprendidos na maor intimidade. O prólogo de Castelao dí todo o que se pode dicir dos seus homes. Son cuáseque todos eles, homes da beiramar galega, beben viño branco, pasean bigotes, panzas, bocas avarentas, bigodeiras formidabres, leontinas e chapeus de mosqueteirismo de caciquería por laxeados e soportales mollados pol-a brétema atrántica. Os tipos nobres—o emigrante, o que foi home—pasean seus ollos pol-o consolo das paisaxes de val e costa. Castelao quixera outros homes, sabe qu'os hai. Contodo tamén ama á istes que dibuxa quitándolles os noxos desque os ceiba pol-o mundo. Tamén Balzac amnba os seus esquemas e sabía qu'eles xuntos non facian o pobo francés. Un nome que ven cando se fala de Castelao. Igoal poder e locideza. Ca ventaxe que n-é preciso debullar acuguladas páxinas de prosa pra chegar á realidade das vidas.
Dr. Aurelio Gutiérrez Moyano, CIRUGÍA EN LA TUBERCULOSIS PULMONAR, Coruña, 1930. Imprenta Moret.
CONFERENCIAS pronunciadas nas Xornadas Médicas Galegas, agora limpamente editada pra ben dos estudos médicos pois n'iste traballo preciso e obxetivo do Dr. Gutiérrez Moyano atópanse craramente eispostas as intervenciós quirúrxicas en tisioloxía con grande doutrina i-abondo de exempros.
Xesús Carro García, O TÍMPANO DA CAPELA DE DONA LEONOR, Pubricado en Arquivos do Seminario d'Estudos Galegos - V 1930, Seizón de Historia.
Precioso estudo no qu'o sabeo arquiólogo Sr. Carro García demostra como a capela chamada do Deián, na solaina do Obradoiro da Basílica compostelán débese chamar como n'outrora de Dona Leonor, pol-a d'iste nome Dona Leonor González, muller de Roy de Soga, moi partidaria do Arcebispo D. Berenguel, fundadora asegún as is- criptiós descobertas e os documentos estudados pol-o Sr. Carro. Rematada interpretación das esculturas do timpano, hoxe levado ó Museo da Catedral.
REVISTAS
GALICIA CLÍNICA, Junio de 1930.
SUMARIO: Dr. Royo Vilanova: «Los problemas de la medicina y la carestía de los enfermos».— Dr. Montes Nájera: «Consideraciones sobre el tratamiento endocrino de la esterilidad».— Dr. A. Nieto Méndez: «Crenoterapia».— Dr. Beato: «La reacción de Rafka a la parrafina».— Dr. Merino Simón: «Blenorragia crónica, su tratamiento».— Dr. Spyridián Oeconomos: «La infección colibacilar del aparato urinario».— Dr. H. Sicyro: «Pediatría».— Dr. J. Iruegas: «Aparato digestivo, nutrición y secreciones internas».— «Congresos y cursos de perfeccionamiento».— «Libros escogidos».— «Tisioterapéutica».— «Índice bibliográfico».— «Notas sueltas».
BIBLOS, Revista da Faculdade de Letras da Universidade de Coimbra, Fascs. V e VI.
SUMARIO: Manuel de Silva Gaio: «João de Deus». Guido Battelli: «Le Saudades Paganas». Di Anthero de Quental e la poesía clásica di Giossé Carducci.— Gonçalo de Reparaz Junior.— «Mestre Jacome de Malhoa», cartógrafo do Infante.— Vergilio Correia: «Da importância dos museus regionais».— Dr. José M.ª Rodrigues: «Ainda a dupla rota de Vasco de Gama em os «Lusíadas» V, 4-13, e a argumentação do Senhor Almirante Gago Coutinho».— Ambrósio Girão: «Esboco duma carreira regional de Portugal».— Mariano Saldanha: «O sati hindo e o centenário da sua evolução».— Ernesto Donato: «Os Reservados da Biblioteca da Universidade de Coimbra».— P. José dos Santos Mota: «Métrica de Camoens».
LA NOSTRA TERRA, Mallorca, Juny, 1930.
SUMARIO: «La Personalitat Histórica de Mallorca i la seva bandera».— «Mateu Obrador Bennàsser» (esbós biogràfic continuació), por Antoni Pons.— «Fonts lluminoses» «Pregària de Corpus, poemas de Guillem Colom».— «La Vida Humorística; Romanticismo», por Joaquim Verdaguer.— «La qüestió dels sauris davent la ciencia», por Bartomeu Darder i Pericás.— «Asocia-
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/c7/c74e/c74e84eb-f235-4a23-80ac-3a0fee96c465/115721415.xml
NÓS
noma, señora de sí misma, que sexa oficialmente o que ela é naturalmente. Levando os principios democráticos á sua mais radical manifestación, arelamos que o pobo galego entenda directamente nos seus problemas, sen intromisión de quen, alleo á eles, os resolve sen coñecelos, sen sintilos, sen vivilos, como poidera resolver os problemas do Congo. (A prausos).
Pero un rexime d-autonomía integral, que non sexa unha gracia gobernativa, senón unha forma xurídica recoñecida no Código fundamental do Estado. Unha autonomia-rexional asentada na municipal, con dereito ó uso da nosa fala, inxustamente desterrada das escolas e das cátedras de ensinanzas superiores; con igualdá de dereitos par-a muller e o home, adoptando o sistema electoral da representación acumulativa ou proporcional, con veto expreso contra elexibilidádos quen non traballan, pois quen non rende á sociedade unha función útil non ten dereito a representar-a; coa terra libre de gravames, pr-os que a traballan, tendendo á remediar a excesiva subdivisión das leiras, á declarar inembargables aquelas que o labrador precisa pra sua mantenza e precura pol-a sua man, á eximir da contribución urbana as miserentas chouzas en que viven moitos dos nosos labregos, a supresión do imposto de cédulas, á que se reconoza o dereito de retracto á favor do arrendatario e o aparceiro, a libre importación do millo e de canto precise a agricultura galega, a revisión da lexislación e da actuación foral da Dictadura... En fin o autonomismo galego presenta no seu programa solucións ás problemas económicos de Galicia, preferentemente agrarios, que aínda non foron hata hoxe debidamente defendidos (A prausos). Y-é que, en remate de contas, nós defendemos o que todos vós sentides. No autonomismo galego estrutúrase de xeito sistemático o que a xeneralidade dos galegos conscentes anséa par-a sua Terra, de xeito vago e difuso.
O AUTONOMISMO E O INTERNACIONALISMO
Antes de poñer remate ás miñas palabras, hei de me facer cargo d-un prexuicio que trata de nos colocar ós autonomistas, de costas ás correntes mais avanzadas do moderno internacionalismo. Non falla quen nos acusa, de pretender encerrar en fronteiras infranqueables a nosa Terra, cando precisamente tratamos de a reincorporar á Europa.
Nunca Galicia foi mais podeirosa como unidade autónoma, que no tempo d-aquel Arzobispo Xelmírez, que foi coma un verdadeiro Presidente de república galega, e nunca tampouco foi mais europea; posto que o camiño francés, como recoñeceu fai pouco Paul Claudel, fixo de Compostela o meridiano espiritual e cultural do Occidente. (A prausos).
Así coma na política nacional eu señalaba denantes a existencia de dous movementos coetáneos, un tendente á renovar, á democratizar á forma de Goberno e outro tendente a trocar a estrutura do Estado, tamén na política xeneral do mundo advírtese á hora d-hoxe dúas tendencias características da nosa época:
D-un lado, as ansias de chegar ó superestado, a unha entente internacional de todol os pobos. Briand projecuta os Estados Unidos de Europa. Wilson maxina a Sociedade das Nacións e fúndanse en Xinebra, a Cámara do Comercio Internacional, a Oficina Internacional do Traballo, a Oficina Internacional de Cooperación Intelectual, etc.
D-outro lado, as reivindicacións nacionalistas nunca se manifestaron en Europa, Asia e América con tanta puxanza como agora. ¿Quén pode negar que Sandino e Masaryck, De Valera e Gandhi, libertadores de Nicaragua e Checoslovaquia, de Irlanda e da India, son figuras epónimas, tal vez as mais gloriosas do noso tempo? (A prausos).
Y en canto ó exempro dos grandes pobos, ¿que son os Estados Unidos, senón unha Confederación de 48 rexións, politicamente independentes? E buscando o antípoda d-esa república capitalista ¿cómo pode esquecerse que a Unión Soviética está constituída encol de bases análogas, e que hoxe se ensiñan oficialmente nas dúas Rusias mais de tres-
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/c7/c74e/c74e84eb-f235-4a23-80ac-3a0fee96c465/115721410.xml
158 NÓS
A incultura e a probeza, que, por outra parte, lle debemos ó centralismo. (Aprausos). Que sigan chamándonos separatistas os ananuxos da política centralista. Nós segui- remos traballando ledamente, cantando; se- guros de que no vello tronco hispánico nas- cerá unha nova ponla frorecida. ¡Ouh aqueles versos de Pondall:
Non cantes tan tristemente,
Probe e desolada nai;
Non lle cantes cantos brandos.
Pr'adormece-lo rapaz,
Ond'está a cova do sono,
No céltico carballal.
Cántalle cantos ousados,
Qu'esforzad'o peito fan.
Cántalle o que xa cantara
O nobre bardo Gundar:
¡A luz virá par'a caduca Iberia.
Dos fillos de Breogán!
Dixen
(O púbrico tributa ó orador longos e afervoados aprausos).
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/c7/c74e/c74e84eb-f235-4a23-80ac-3a0fee96c465/115721411.xml
A NOSA DEFINICIÓN AUTONOMISTA
V. PAZ- ANDRADE
DUAS VOCES E DOUS CAMIÑOS
Señoras miñas, Señores:
Voces verdadeiramente auténticas de Galicia, das que recollen e sinfonizan na gama dos seus bariles acordes, os latexos mais íntimos das entranas da raza e os recendos mais enxebres e quentes da Terra, pódese decir que hoxe despecharon eiquí, a xurdia, lumiosa alborada do noso porvir.
No verbo fluente e cintilante do Ramón Otero Pedrayo, treme a y-alma lírica de Galicia, fecundada pol-a historia, arrolada pol-a leenda, debullándose en cantigas pol-os soutos e os camiños da paisaxe, e coutada agora na ensoñación do Día gro rioso, en que se han de cumprir as profecías dos bardos e se han de realizar as arelas dos loitadores.
Na palabra xenial do Castelao, coma nas liñas máxicas dos seus dibuxos, adiquire perfiles plásticos a y-alma dramática de Galicia, a vida escura do pobo asoballado, o espírito esquecido da lei do seu propio ser, que loita por atopar no mundo da arte a sua propia expresión e o seu acento orixinal.
Mais compre agora que se deixe ouvir, aínda que desmadeixada e probe pol-a cativa calidade do seu intérprete, a voz do pensamento galego, o eco humilde das cavilacións sereas e xenerosas nos destiños inmediatos da Terra, conxugadas coas inquietudes que esta hora histórica e solemne, ten de provocar no ánimo de todol-os homes conscentes d-un país, que sinte abrirse diante de sí, coma os términos do dilema de Hamlet, estes dous camiños: O da eterna servidume, ou o da proisima liberdade; o da permanente descalificación civil, ou o da decencia cibdadán reconquerida e trunfante; o do sometemento á sistemas e reximes incompatibles co-a sua Natureza e a sua prosperidade, ou o da emancipación salvadora, que faga de Galicia, en vez d-unha terra envilecida e despreciada, unha rexión viva e culta, poboada por homes libres. (Aprausos).
SETE ANOS XORDA, MUDA, CEGA...
¡Primeiro Día de Galicia, que celebramos trás da Dictadural! Hoxe fala a nosa Terra, despois de vivir sete anos xorda, sete anos muda, sete anos cega.
Xorda, hasta esquecerse de si mesma, do seu idioma esgrevio e amoroso, proscrito coma todo intento de reivindicación rexional; pro xorda tamén, pra non avergonzarse ouvindo o coro das rendidas adulações, que outros anos, por estes mesmos días, os asistentes de americana ofrecían á cantos entorchados, ebrios de mando, paseaban por Galicia a sua teatral fachenda.
Muda, porque nin siquera nos concellos expresóu seu sentir, suas arelas o pobo, e cando aínda quedaba na prensa un baluarte inconquistable, refuxio derradeiro dos loitadores xenerosos pol-a terra e pol-a liberdade, houberon de encañonarse contra él, hasta esborrallal-o en forza de multas, suspensión e encarcelamentos, as artillerías dos gobernos de provincia, militares e civís. (Aprausos).
E cega, cega pra non ollar o contraste
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/c7/c74e/c74e84eb-f235-4a23-80ac-3a0fee96c465/115721413.xml
NÓS
des cualitativas», «confins interiores», que cristalizan e se incorporan nas variedades rexionais.
España é hoxe un mosaico adeministrativo, retallado en medio cento de provincias, tan irreal, tan artificioso e tan frío com-os mosaicos cerámicos. As provincias, herdando este nome das divisións militares romanas, non podían ser outra cousa que os aparatosos, valeiros tinglados do cesarismo centralista. Hasta poideramos decir que as cabezas visibles das provincias foron moitas veces pretores, con un nome máis civil; pretores que algunha vez sintiron a saudade do triclinio de Heliogabalo, e outras convertiron o chan alfombrado do seu despacho oficial en pista de gladiadores. (Aprausos).
Do fracaso do rexime provincial, falan os feitos c-unha elocuencia insuperable. Endexamais as diputacións tiveron tanta amplitude de funcións e tanta folgura de meios económicos, coma dende que a Dictadura compuxo e promulgou ese torpe enxendro lexislativo, que se chama Estatuto Provincial. Pois a súa laboura segue sendo tan probe e de tan curtos alcances, coma nos mellores tempos do rexime anterior.
Cando unha diputación quixo desempeñar as súas xenuínas atencións de beneficencia, e prestar-a aos tolos, os xordomudos, os cegos, os leprosos, etc. da provincia confiados á sua tutela, topóuse na imposibilidade de cumprir isoladamente esa elemental finalidade. E houbo de reclamar o apoio das demais diputacións galegas, pra pensar en facer un Manicomio rexional, un Colexio rexional de xordomudos e cegos, unha Leproseiría rexional, etc. ¿Non é esta unha confesión paladina de que o rexime de provincias non responde ás necesidades, cada día máis complexas, dos pobos adeministrados? ¿Pódese amostrar máis forte argumento en pró da constitución da mancomunidade, ou, mellor, de que Galicia debe rexirse por unha Diputación única, que asuma o poder rexional? (Aprausos).
Pois lembrádevos de que o problema de beneficencia pública máis tráxico de Galicia, aínda está por desfrorar. Na nosa Terra, segundo as estadísticas morren vintecatro tísicos cada vintecatro horas, un en cada
hora do día. As dúas terceiras partes d-ese número son xentes probes, sen recursos pra unha curación eficaz. A inmensa maioría d-eles morren, porque as diputacións galegas aínda non foron d'abondo pra levantar, aos aires purísimos d'una montaña céltiga, un sanatorio siquera pra tuberculosos probes. (Aprausos).
A impotencia do rexime provincial é hasta unha ameaza pra nosa saúde e pra nosa vida.
O CESARISMO CENTRALISTA
Deciavos que a organización adeministrativa provincial, viña á ser o tinglado do cesarismo centralista. España é hoxe un país tan dominado pola obsesión centrípeta que ten hasta o dereito á respirar hipotecado a Madri.
O centralismo é unha organización incompatível con todo rexime democrático; pois ten condición de ser unha supervivencia do absolutismo. É o absolutismo exercido sobre os órganos internos e os sectores vivos da nación, caracterizándose polo imperio do «balduque» e da «covachuela» crásica, que estrucha e aniquila todol-os pulos da espontaneidade nacional. (Aprausos).
España padece d'un mal, que eu chamei n-outra ocasión «o narcisismo do ombrigo»; do ombrigo d-España, que non é outro, senón o seco e conxestionado ombrigo do páramo. Os intereses colectivos e os problemas xenerais que extravasan o circo umbilical, son intereses que non interesan, son intereses e problemas á marxe. Dixérase que España existe pra Madri, en lugar de Madri existir pra España.
O DESPERTAMENTO XENERAL DOS REXIONALISMOS IBÉRICOS
Estas premisas ideolóxicas i-hestéricas expresan os dous grandes movementos políticos que se rexistran en España á hora presente: un que pugna por mudar a forma do Goberno; outro que loita por trocar a forma do Estado, pra moldear de novo a que puderamos chamar anatomía constitucional de España.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/c7/c74e/c74e84eb-f235-4a23-80ac-3a0fee96c465/115721412.xml
160
irritante d'unha España relaxada dende o poder na mais escandalosa orxía d-ouro, mentras, por outra banda, solo á conta de Galicia as caixas do Estado facian economías. E así, un día nos arrincaban de SantYago a Escola de Veterinaria, outro día as Escolas de Náutica e as granxas agrícolas; hoxe se nos denegaba o Ferrocarril Central Galego e mañán decretábanse, pra deixar tolleita unha rexión sen camiños de ferro, as escrusivas por carreteira, ou se impedía, por protexer os trigueiros, a libre entrada do millo, coma se os nosos dous millóns de labregos non tiveran direito siquera, á comer no seu xusto precio un anaco de broa miserabre. (Aprausos).
Xorda, muda, cega e aínda despois, botada pol-o chan a Dictadura, cando Galicia coidaba recobrar os seus sentidos, a voz da sua gorxa e a lus dos seus ollos, tivo que os empregar desesperadamente en defender o único legado considerabre herdado d-aquel rexime, o ferrocarril Zamora-Cruña, disputado á Galicia mentras que á ningunha rexión de España se lle regateou un quilómetro de vía, nin se lle demorou un prazo da construcción. (Aprausos).
A DICTADURA E OS VELLOS POLITECOS
Mais, ¿non foi ese rexime nefando rexime do desenfreno par-os ricos e d-agobio par-os probes, rexime de asoballamento par-as arelas espiritoales e de relaxo par-os mais baixos apetitos—non foi ese rexime acollido con aprauso e saudado con xúbilo pol-a nación española? Eso din, buscando unha xustificación enganosa, os que foron botados da gobernación do país, pol-o couce displicente do dictador.
Compre saír ó paso d-ese sofisma, c-o que pretenden cohonestar a sua triste desapren sión, os que agora están de novo convertidos en acólitos serviles, da mesma maxestá que os repudiara denantes. Porque España non recibéu con ledicia o adveñimento ó poder do rexime dictatorial. Se tal fixera, habíamos de confesar que era, un país consubstancial co-a servidume. (Aprausos). España reloucóu de contenta, por se ver
NÓS libre—aínda que fora pra ensayar unha sustitución recusable—d-esas mesmas oligarquias que hoxe agardan, solertes e traiciociras, a ocasión de volver ó asalto dos feudos, de onde foron decepadas pol-a folla vingadora d'unha espada arrogante. No 1923 España refolgóu a gusto un instante, por se sintir ceibe, destrabada da opresión caciquil, da praga de polítecos caducos, co-a sua crásica colección de xenros, fillos, muñidores e pasantes, que na escala zoolóxica da politica integran a crasificacién dos parásitos comensules. (Aprausos). Eses mesmos que agora andan xa facéndolle o amor ós distritos, e mentras non chega a hora das enchentes presupuesta vanse axudando co-as bicocas dos Monopolios e os Paritarios, as alcaldías e as diputacións re tribuídas, e cantas prebendas deixóu como apetitosos despoxos a Dictadura que maldixeran, os que están prontos a reencarnala. (Aprausos).
Esa Dictadura contra á que eles nada intentaron, senon foi apuntalal a co-a sua cobardia, co-a sua abstención, co-a sua entrega pasiva e rebañega ás veleidades e os caprichos da tirania. (Aprausos).
Galegos: pol-a dinidade de Galicia e de España, pol-o que temos de homes libres, pronunciémonos solemnemente, facendo este xuramento ante o ultar da Terra, contra os vellos politecosquetrouxeron a Dictadura e contra a Dictadura que non fixo imposible o retorno dos vellos polítecos. (Longa ovación).
A IMPOTENCIA DO REXIME PROVINCIAL
Pro non chega con repudiar as persoas; non abonda con residenciar á uns pra instalar á outros, que, o día de mañán, poidan recair nos pecados combatidos. No renovamento han d-entrar os homes e as fórmulas, as xentes e os sistemas. E coma primeiro obxetivo, un apremio hestórico ven postulando a modificación da estrutura adeministrativa, política i-espiritual d-España, no senso de acomodal-a ás realidades vivas do país, ao que un xenial meditador de Castela, Xosé Ortega Gasset, chamóu «discontinuida-
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/c7/c74e/c74e84eb-f235-4a23-80ac-3a0fee96c465/11572142.xml
B O L E T I N M E N S U A L d a C U L T U R A G A L E G A
Direitor Literario Vicente Risco Direitor Artístico Alfonso R. Castelao
Adeministrador ANXEL CASAL
DIREIÇON E REDAUÇON: Sto. Domingo, 47—OURENSE ADEMINISTRAÇON: —A CRUÑA
ABONAMENTO NOTA
Doce números, na Península 6'00 pesetas. Fora da Península 8'00 Númaro solta 0'70
Os pagos son adiantados e os gastos de xiro de conta dos suscritores
Este boletin non publicará mais orixinais que os que foran directamente solicitados pola Dirección. Tampouco se fai solidario das ideas n-eles emitidas, a non ser dos que por non iren rubrados, entendense que son da Redauçon.
SUMARIO
O Día da Galiza. A siñificación espiritual do Día da Galiza, discurso de Ramón Otero Pedrayo. O Galeguismo no Arte, discurso de Alfonso R. Castelao. A nosa definición autonomista, discurso de V. Paz Andrade. A Perda d'un Veterano do Galeguismo. Euxenio Charlón = Bondade e Enxebre-za, POL-A REDAUÇON. Os homes, os feitos as verbas, POL-A REDAUÇON.
Reloxería ZENITH MAQUINAS PARLANTES, DISCOS AGULLAS e ACCESORIOS
M. CALVIÑO - Ourense
Vicente Risco Abogado
Santo Domingo, 47-2º Ourense
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/c7/c74e/c74e84eb-f235-4a23-80ac-3a0fee96c465/11572144.xml
A SIÑIFICACIÓN ESPIRITUAL DO DÍA DA GALIZA
RAMÓN OTERO PEDRAYO
A EMOCIÓN DA MAÑÁN DO SANT-YAGO
Miñas donas, meus señores:
Sinto n-iste momento, ó falarvos, unha grande angustia, que remanece da conciencia da miña responsabilidade e da cativa forza das miñas palabras; mais como na pureza do meu amor á Terra recramo un posto na avangarda, experimento tamén outro podeiroso sentimento de ledicia contemplando iste Teatro, que o xenio galego ergueu, colmado por todo Vigo. Eu non son quen pra expresar a emoción d-ista festa. Si levados pol-as azas d-un xenio poideramos estar presentes ó mesmo tempo en total as rexións da Galiza no abrente do día de Sant-Yago Apóstolo, ouviriamos e abrangueríamos a maravilla d-unha mañán única. Tódalas torres galegas badelan hoxe d-un xeito novo. Igoal as espadañas sinxelas das ermidas da montaña, que as torres barrocas, frolidas e pimpantes, da beiramar; que a prodixiosa Berenguela compostelá, a mais fermosa antena d-espirito que se ergue no chán da Europa.
¡Quén poidera formular o sentimento galego dos outros caos lucenses, idealizados pol-a brancura dos bosques de bidueiros, das serras esgrevias nutricias das augas dos vales, dos ribeiros acougados nos que a misteriosa alquimia do sol no verán vai criando a esenza do viño, das costas bordadas pol-a escuma tecedora dunha orla d-encaixes de Camariñas arredor da figura de Galizal!
¡Quén poidera decir o ledo sentir das cibdades, das vilas e das aldeias na festa do Patrón! As campáns badelan tamén n-outras festas agarimosas; nas adicadas ós santiños das parroquias; na mañán do día do San Paio e de San Martiño, o fundador, e da Santa Mariña, a pérola do mar, e de San Bicito, o mestre dos monxes, e de tantos outros viventes na leenda inmorredoira.
Mais ó prestixio d-ista mañán do 25 de Xullo non alcanza nin a do San Xohan, cando as rapazas aldeás van na y-alba dubidoso procurar a frol da y-auga nas fontenlas puras, aínda soantes á un misterio da noite e non bicadas pol-o sol. (Aprausos)
O GALEGUISMO DO APÓSTOLO
A historia de Galiza é unha grande historia vivente. Nosa festa podería inspirar n-outros feitos, e n-outros nomes. Poderiase escolmar a memoria d-un poeta simbólico, i-eiquí o nome de Pondal ven ós beizos, pois il, criado na sociedade doble do seu pensamento esgrevio e na soedade das gándaras e da costa bergantiñán, soupo frotar por riba dos tempos e non dubidou endexamais dos destiños galegos. Poderiase escolmar a data da inauguración do Pórtico da Gloria, porque n-il o espírito da nova Europa soupo falar en pedra e y-alma galegas, atopando unha espresión nova por primeira vez dende a arte grega. Poderiase buscar un feito guerreiro: a batalla da Ponte San Paio, na que
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/c7/c74e/c74e84eb-f235-4a23-80ac-3a0fee96c465/115721422.xml
PARDÓ
ÓPTICO CENTÍFICO
Preguntoiro, 32 SANTIAGO San Andrés 50 A CRUÑA,
CASA EXCLUSIVAMENTE ADICADA A ÓPTICA CENTÍFICA
FOTOGRABADO
Si quer qu-os seus fotograbados sexan o mais perfeito posibres, convenlle envialos aos
Talleres de fotograbado ESPASA-CALPE S. A.
Ríos Rosas, 24-Apartado, 547 MADRID
Droguería e Farmacia MERQUE VOSTEDE
LUIS FÁBREGA Plumeiros RAFIUM
Progreso, esquina a Luis Espada De mais dura qu-os de pruma e limpan
OURENSE millor. Véndese en todol-os estabreci-
Andrés Perille - OURENSE mentos do ramo
BODEGAS GALLEGAS, PEARES E OURENSE
Viños finos de mesa: Tinto TRES RIOS. Blanco BRILLANTE
LOS GALLEGOS blanco e tinto
Macía e Valeiras, Apartado 18-Ourense
Sanatorio Quirúrgico de San Lorenzo
SANTIAGO DE GALICIA
DE LOS PROFESORES
D. Fernando Alsina y D. Antonio M. de la Riva
CIRUJANO GINECÓLOGO
Establecimiento dotado de todol-os elementos que exixen
a terapéutica e a hixiene modernas, situado nas aforas
da poboazón, moi cerca do paseo da Ferradura
Teléfono número 195
Pra detalles, calquera dos Direitores ou o Médico interno
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/c7/c74e/c74e84eb-f235-4a23-80ac-3a0fee96c465/11572145.xml
NÓS
os labregos nosos, armados con armas de cazadores, ceibaron a Galiza das águias de Napoleón, sin reis, sin xefes, sin organización oficial: iles soilos, c-o peito diante do invasor. ¡Non! Era preciso algo que no seu outo simbolismo abranguera o pasado e o presente, que estivera inzado no pobo e tivera unha sinificación universal.
Señoras e señores: o Apóstolo Sant-Yago témol-o os galegos que considerar d'un xeito difrente e superior ós mais apóstolos, dito seña con todo o respecto e amor debidos ós portadores das palabras de Cristo. Sant-Yago, o fillo de Zebedeo, é noso, é un galego. Porque o feito do nacimiento non pende da vontade E o feito d'escoller pra coba á unha terra é un feito de libre arbitrio, máis o que da elección da patrea.
Sant-Yago pescador nas augas mornas do mar de Galilea, vivía n-aquela terra santa, aínda emozoada e maravillada de sentir o pasar levián dos pés diviños de Xesús e de escoitar as verbas da Redención. Mais il soñaba c-o mundo occidental, coas beiras do mar descoñecido, c-o mundo de noite que pechaba en sí un mundo d hestoria futura, e veu pol-o mar, e veu morto pra ser galego e autorizar coa sua lembranza o gran Patriarcado d-Occidente. (Aprausos)
O CORAL DOS POBOS EN CAMINO
A Galiza hai que sentila i enxergala en si mesma, no seu cerne, mais tamén en función do mundo. Ollade pr-o Ceo. Os antigos c-un sentido xeométrico poboaron a esfera de constelacións d-un matemático estatismo: son héroes, son símbolos, son deuses, precisos, fermosos, frios, rayolantes de lús individual. Mais o que non fixo a Antigüidade, fixoo o tempo criador, e a Edade Media, trazando o Camiño de Sant-Yago, acertou cun símbolo non estático, dinámico; non individual, coleitivo; non fixo, senón camiñante. O camiño sempre foi a millor propedéutica do espírito. O camiño purifica, ergue, cría posibilidades. Todo tende á riqueza da diversificación, camiñando. E a Galaxia e iso: unha moitedume de luciñas en camiñar, coma se cada un fose unha y-alma
e todas elas xuntas as moitedumes de cristiandade, en procura da nova santa terra. Os antigos ouvián a múseca das esferas; os séculos do románico ouviéron o coral da Galaxia, coral de pobos en camiño. (Aprausos)
O POBO SEMPRE SOUPO O SEU DEBER
É natural, señoras e señores, que as miñas primeiras palabras foran adicadas a aldea. Sempre na Galiza calquera manifestación vital ten que vir d-ela. Apenas fai falta eispricar o porqué. O pobo labrego e mariñeiro soupo sempre o seu deber; namentral-os homes da cultura, ou os que se chaman tales, esquecían a terra e procuraba un vivir d-imitanza, o pobo gardabase fiel ó espírito. Traballando de sol á sol, aldraxado e servo, non perdeu a confianza. Cangado encol de probes leiras de centeo cantaba as cantigas antergas, cada mañán novas de novo orballo, e pol-a noite, ó redor d-un probe lume de garamatas, en cada fogar latexaba a leenda, a maxinación, a arte dos celtas inspirados. N-iste Día, nosa primeira ademiración pr-o pobo. Pois moitos homes da cultura foron reos do pecado que se non perdoa, do pecado contra o espírito, o que soilo Deus, cecais querería dispensar.
Eu non sei, señores, se o pobo terá razón. Si será certa a estadea das almas. O pobo á min ofereceme pol-o menos tanta confianza com-as universidades mais empingorotadas. Pois se hai compañas, a noite do folión de Sant-Yago non van as y-almas cantando tristeiras arredor das cobas dos cemiterios recendentes ó mol terrón das sepulturas. Van ledas, sorridentes, latexando as campáns da alegría galega. E diante da procesión temerosa, vai unha grande pantasma, que leva un pendón como levou na vida, a pantasma de D. Diego Xelmírez. (Aprausos)
LEMBRANZA DOS MORTOS
Hoxe temos tamén que nos lembrar dos nosos mortos inesquecidos. Nos países celtas o sentimento sempre presente da morte é unha garantía do valor da inmortalidade. Eles, os mortos amados, nos guían c-o seu
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/c7/c74e/c74e84eb-f235-4a23-80ac-3a0fee96c465/11572146.xml
exempro. E os nomes de Leonardo Rodriguez, do Arcebispo Lago, de Loís Porteiro, de Lousada Diéguez, o conselleiro sen parexa, o outísimo caracter, de Amado Carballo, de Manuel Antonio... están nos beizos de todol-os galegos.
VIGO, UNIVERSAL E GALEGO
Dia noso, de Festa Maor. Hoxe Vigo celebra-o c-unha grandeza propia da sua xerarquia atrántica. Eu sinto en Vigo unha emoción particular. Cando neno, ciqui ollei o mar por vez primeira e ás suas ondas debo a saude do corpo. N-aqueles tristes anos, despois da perda da guerra d-América; anos tristes de impotenza, de desespero i escepticismo, cando as mais cibdades españolas figuraban fermosas donas enfermas, sin espranzas de convalescencia, Vigo traballando criabase d-un pulo unha gran cibdade, exempro incomparabre de enerxia nas beiras da mar. Eu era un neno, vagaba sen amigos pol-as rúas, mais enchíanme dúas cousas de semellante intensidade: o belbordo das ondas e a música dos picos dos cantei-
NÓS
ros labrando en granito galego as fermosas casas de Vigo. ¡O mesmo canto dos canteiros aldeáns, labrando os sinxelos perpiaños das casa dos labregos! ¡Vigo, universal e galego, como tod-a Galiza foi e será nos tempos de verdadeira vida!
A FORZA D'UN XURAMENTO
Señores: Eu non quero alongar mais a vosa agardanza. Os fillos da Galiza que van falar e a siñificación d-este día merescian outro prólogo que iste qu-eu teimo facer. Pro quero decirvos que a festa da Galiza ten a forza e a formidabre concenza d-un xuramento, que todos facemos, non sobre un libro de leis, senón sobre do futuro, sobre o berce do porvir. Estamos no momento criador, plasmando a futura e ceibe Galiza. Ficamos co a Festa d-hoxe obrigados a traguer cada un o seu esforzo.
E pra rematar solo vos prego que berredes todos comigo, erguendo os corazóns: ¡Viva Galiza!
(Tribútase ó orador unha prolongada ovación).
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/c7/c74e/c74e84eb-f235-4a23-80ac-3a0fee96c465/115721418.xml
A PERDA D'UN VETERANO DO GALEGUISMO
Euxenio Charlón—Bondade e Enxebreza
O galeguismo tivo unha grande perda: a de Euxenio Charlón, un dos bós e xenerosos» por antonomasia. No cimeterio da sua cibdade natal—Ferrol—durme xa o derradeiro sono. Somos á choralo cantos fumos seus amigos: moitos miles de galegos.
O nome de Charlón chegóuse á facer popular na nosa terra. O fondo sentimento de galeguidade que mantiña sempre aceso na i-alma levóuno a xurdir con verdadeiro releve. E asín sendo un sinxelo traballador manual puido erguerse ata a outura d’exemprar galego representativo.
Era un modelo d'enxebrismo. Pro do enxebrismo conscente e de pura cepa. E da socarronería da raza que chuchou en xeiras d'estudo pol-as aldeias da mariña e da montana soupo tirar un humorismo acugulado de inxenio que xorraba co'a gracia dai-auga das fontenlas campesinas nas suas parolas e nos seus escritos.
Dono d'un nobre espíritu e d'un coracón imenso que non lle collia no peito, nunca en ningures puxo fel en nada mais que nas diatribas en contra dos galegos ruiños e desleigados. Perante estes trocábase n'un lión de poutas rexas dispostas a rachar e a ferir.
Euxenio Charlón era un artesán artista —d'oficio ebanista, que merecía xustamente o título d'imaxinciro, pois puña alma nas suas belidas tallas lembrando os xurdios traballadores dos antigos gremios—que soupo superarse á sí mesmo valéndose da forza do fondo enxebrismo racial que atesouraba.
Nas horas de vagar, na xuntanza d'outro bó galego, Sánchez Hermida, escribíu algunhas pezas de teatro que conqueriron grande popularidade na Galicia e nas colonias dos nosos peisanos das Américas. Entre elas «Mal de moitos», «Trato á cegas», «O Mancifeiro» e «Axúdate», que repersentadas pol-os seus propios autores—a sua
vez notabres actores cómicos, —facian escachar de risa á cantos asistian ó seu desenvolyimento nos escenarios.
¡Probe irmán Charlón! Modelo de cibdadáns e de patriotas esgrevios, exemplo vivo d'homes honrados á carta cabal, corazón de neno, «specimen» de bondade e xenerosidade, cabezoleiro d'un enxebre niño familiar que agora sofre co'a friuxe da orfandá a tristura da miseria, os bós galegos non poderemos esquencerte nunca. ¡Si como fuches ti fosen outros moitos obreiros de Galicia; hoxe a nosa terra xa andaría no camiño recto da sua total liberación! Deixas un branco ronsel de virtudes na salgada xerfa do mar da vida galega que nada poderá esmorecer. Sempre que haxa que citar un obreiro modelo d'artesáns artistas todo galego, con espírito de gran señor, o teu nome lumioso volvoreteará nos nosos beizos.
¡Acouga en paz na terra que tanto quixeches, e que as flores da gratitude non deixen nunca de se mostrar vizosas encol da cova onde teu corpo apodrece, cheias do orvallo do sentimento de cantos te coñecimos!
¡Euxenio Charlón! Duas verbas evocadoras d'un arquetipo de xurdia galeguidade que farán sempre andar á presa os latexos de moitos corazóns.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/c7/c74e/c74e84eb-f235-4a23-80ac-3a0fee96c465/115721414.xml
162
Asistimos hoxe á un prodixioso despertamento xeneral dos rexionalismos ibéricos. As rexións españolas, como obedecendo á un conxuro, rexurden da tumba onde estaban oficialmente amortalladas, e dispóñense á recadar o dereito á rexirse por si mesmas, á manumitirse do centralismo abafante, e á reivindicar a sua persoalidade política e adeministrativa, a sua fala e as suas institucións xurídicas tradicionais. Endexamais, dende fai catro séculos, dende que a man de ferro dos Reis Católicos despoxou de libertades os antigos reinos, se produxo fenómeno semellante na vida española.
Primeiro, Cataluña, irmán maior, precursora na xesta emancipadora, solar da nova cultura grecolatina, que, esmorecida nas ribeiras gloriosas do Helada e do Tiber, reflorece a o cabo de dous milenios nas beiras do Llobregat, falando o idioma de Ramon Lull. Cataluña anda agora, como froito d-unha intelixencia antre todol-os seus sectores e forzas politecas, a compoñer o Estado que haberán de sancionar as prousimas Cortes, como carta magna da autonomía catalana.
Pero tamén pol-as vertentes central e occidental do Pirineo, baixan en riada vigorosa car'a Meseta, ás arelas rexionalistas. Aragón ergue o branco estandarte abatido dende a execución do seu Xusticia maior Juan de Lanuza, como enseña do novo movemento aragonesista.
E ó mesmo tempo, os efectivos políticos todos de Navarra e Vasconia, non satisfeitos c'un rexime de concerto económico suxeto ás veleidades da política central, alianse pra reconquerir a plenitude do rexime foral, que outro tempo gozaran aquelas provincias.
Os ventos do Levante tránnos os clamores das «xermanías» de hoxe, pois a quentura d-ese gran fogar do espírito valencianista que se chama «Lo Rat Penat», transfórmase en formento d-unha puxante reacción rexionalista.
E Andalucía comenza á superar o flamencuismo. O verbo de Gastalve e a pluma de Blás Infante, convirtense en guías do andalucismo, que ha de entroncar o porvir da rexión meridional de España, c-os antigos
NÓS
exprendores da Bética de Séneca, da Bética de Averroes.
Asturias apréstase tamén á defender a reivindicación da sua persoalidade, ben merecente de ter algunha outra prerrogativa, que a de decorar o membrete dos Príncipes. (Aprausos).
Pero aínda faltaba Castela, a Castela libertaria de Villalar, que tamén se sinte vítima propiciatoria do pulpo centralista, enroscado n un dos seus outeiros aspérrimos. En Salamanca, en Burgos, en Valladolid artigúlase hoxe a cruzada de «Acción Castellana», que ven á ser a correspondencia central dos movementos autonomistas da periferia. (Aprausos).
OS IDEALES DO AUTONOMISMO GALEGO
¿E Galicia? Tamén par'a nosa Terra, galegos, chegou a hora do despertamento. D-aquel sono de morte, en que o poeta Añón a vira debruzada, Galicia escomenza agora á espreguizarse vigorosa.
Datan de fai quince anos, os primeiros vaxidos das ideas autonomistas en Galicia. Foi estonces cando principiou a dar froitos vizosos, na literatura e no arte, na cencia e no xornalismo, a semente dos Precursores.
Hoxe o pensamento galeguista, as arelas reivindicatorias da persoalidade rexional, entraron n-ese crítico intre biolóxico en que as imprecacións dos bardos e as teorías dos pensadores, se incorporan e trasfunden na concencia política da masa. As lucubracións de gabinete, están adquirindo a forte envergadura dos principios ideolóxicos que se debaten no balbordo do ágora.
E un movemento que, nos começos, moitos coidaron extravío inelegante de intelectuais, ven áser hoxe a mais forte e pura afirmación de rebeldía que se levanta en Galicia, e que vai gañando, hora por hora, no agro e nas cibdades, o arraigo e a fé que solo consegue unha política, cando é, mais que eso, unha verdadeira relixión cívica. (Aprausos).
Nós vimos a construir unha nova Galicia, que sexa como espello da sua propia esencia étnica. Queremos unha Galicia autó-
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/c7/c74e/c74e84eb-f235-4a23-80ac-3a0fee96c465/11572147.xml
O GALEGUISMO NO ARTE
ALFONSO R. CASTELAO
O ARTE AVANZADO, Ó APARECER OS GALEGUISTAS
un retorno á espiritualidade cando se decataron de que a mesma cencia, orixinariamente espiritual, ía camiño de trocarse en simple servidora da técnica. O arte ruso, en fin, tan popular e tan novo, sifiificou e sinifica ainda, un renacimento da cultura propia en contra das culturas alleas, que tiñan asoballada toda posibilidá de creación artistica, orixinal e xenuína.
Miñas donas e meus señores:
A nosa tradición artistica durmía o sono da morte, co coitelo da traición espetado no peito, e as arañas arrepiantes do esquecimento fiábanlle, solermiñas, a tea da súa mortaxa. Mais algunhas almas boas do século derradeiro deron co sartego da nosa tradición e fixérona revivir. Con todo quedábanos a nós, os novecentistas, a misión de animar un arte que fose a eispresión do sentido da vida galega e das ideas do noso tempo.
Cand'os galeguistas aparecimos na loita, querendo engadir á vella tradición esquecida unha nova tradición, xurdía no mundo enteiro un anceio de renovamento; e o novo espírito, en pleno balbordo revolucionario, planteaba xa un gran problema de liberdade par'as individualidades étnicas. Reparade como eran diferentes as arelas colectivas no arte avanzado:
En Italia, o futurismo, siñificaba un anceio de progreso material cando o presente vivía esmagado pol-a máis longa e gloriosa historia do arte. En París, o cubismo, siñificaba un desexo de método e disciplina ó quedaren esgotadas de todo as posibilidades do anarquismo artístico dos derradeiros tempos. O expresionismo dos alemás siñificaba
Na Hespaña, o movimento de renovación manifestouse no terreo da política porque foi o Estado quen aferrollou a liberdade dos pobos; mais no fondo de todo, eiquí com'en todal-as partes do mundo, non hai máis que un desexo: o de libertal-o espírito. Leu digovos que o movimento libertador terá remate cando a liberdade sexa conquerida.
É de balde decir que por un esforzo común terá de chegarse, eliminando individual, dun estilo colectivo que traspase as estremas da nación, pois as arelas de renovamento artístico non poden resolverse con unisonancias sinón máis ben con acordes maxestosos e complicados. Por outra banda o cuño de orixen, a orixinalidade, nin pode amingoar a universalidade do arte nin pode fanarlle, tampouco, a súa función social.
O UNIVERSALISMO
A cantos rifan conosco por razóns de universalismo é ben decirlles que endexamais
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/c7/c74e/c74e84eb-f235-4a23-80ac-3a0fee96c465/11572143.xml
BOLETIN MENSUAL DA CULTURA GALEGA
Ano XII ★ Ourense 15 de Agosto do 1930 ★ Núm. 80
O DÍA DA GALIZA
A celebración do Dia da Galiza fixose iste ano en cuáseque tod'a Galiza c'a dinidade agardada do rexurdimento crecedeiro da concenza galega. Na Cruña, Lugo, Barco de Valdeorras, A Estrada i-outras localidás celebráronse aitos importantes, espallados pol-a Prensa diaria. Vigo c'o grandioso mitin do García Barbón, o banquete da Barxa i-outros aitos, demostra ter un ceibe esprito galego de redenzón. A Terra está en camiño. Soilo algús concellos i-orgafsmos non ergueron a sua bandeira. Xa d'istas horas se decatarian de ter feito o ridículo.
A continuación pubricámol-os discursos pronunciados pol-os irmáns Otero Pedrayo, Castelao e Paz Andrade no mitin feito no teatro García Barbón, de Vigo, na data de referencia.
N'eles latexan os verdadeiros sentimentos da nosa terra encol dos que ciméntase o ideario da galeguidade que hoxe vai camiño de se impór en toda Galiza.
Pode decirse que c'o acto no que se pronunciaron ditos discursos encetóuse unha nova era para o noso país.
Coidamos, pois, de fondo intrés que cheguen a conhecimento de cantos galegos nos lén.