https://biblioteca.galiciana.gal/gl/catalogo_imagenes/descargarAlto.do?path=1157119&posicion=1
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/37/372e/372ea835-6147-4787-8cbb-eb6053757456/11571194.xml
O CULTO ÓS MORTOS
por ANTÓN FRAGUAS FRAGUAS
(Da Conferencia pronunciada no Ateneo de Vigo)
Nas almas sinxelas, onde mora a pantasía ten na actualidade a morte un capiduo interesante de folk-lor. Galicia, terra de vellas lendas mourentas con fondas reminiscencias do pasado que se atopan dende a beira do mar, que embravecido fende as olas escumosas contra as terras verdecentes do litoral deica as outas serranías onde o vento húmido vai mordiscando as rexas pedras de gra; hai en toda ela un arquivo coase inédito de crénzas en col da morte, lendas que gardan fonda somellanza coas de outros pobos, maormente Portugal e a Bretaña.
Non é doado afastar certos ritos pagáns de prácticas relixiosas que rodean as créncias sobor da morte e da inmortalidade. En xeneral, agás moi contados casos, todos pensan que aló da morte hai unha nova vida, de ledicia pra os benfeitores e de angueiras eternas a carón das caldeiras de Pedro Botello pra quen tivo unha mala vida. As vegadas atópanse certas contradicións coa maneira corrente de pensar, contradición que ollamos a través dos contos e das lendas de mortos que temos recollido. Todos istes contos que imos referir proceden da terra de Cotobade onde os ouvín moitas veces e cando era pequeno facíanme arrepiar os cabelos e buscar o mellor acougo posibre pra ollarme fora do sarronco.
Ante un Dios Omnipotente; Cristianos seréis juzgados, Y después de vuestra muerte, Escombro seréis y gusanos.
A composición responde A créncia xeneneral da xente, unha nova i-eterna vida envolve o mais aló durante unha eternidade; vida sempre inmaterial, somentes o día do fin do mundo ergueránse todol-os mortos cos mesmos corpos e almas, que tiveron pra ouvir o xuizo derradeiro no Campo de Josefa.
Non todol-os que morren van dispostos do mundo pra entrar á disfrutar da outra vida, inda que sexa no inferno. Asin no século pasado era moi corrente que os cadabres fosen amortaxados con hábito benzoado, cousa que lle privaba a entrada ó morto na rexión dos condanados, estoncias aparecía pol-a noite o pantasma nas encrucilladas ou diante os cruceiros dos caminhos aldeáns pra que unha persoa rachase aquel hábito. Son moitos os contos que a maxinación popular forxou ó redor de somellantes aparicións. Añón na composición tidoada O Pantasma fai relación de ista crénza.
Tripando ortigas, malvas e fiuncho, Cheguei hasta un corruncho. Boteill’ a pouta a unha calivera; —Ay, nunca Dios me dera!
Nun panteón de Augasantas ollase a seguinte inscrición:
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/37/372e/372ea835-6147-4787-8cbb-eb6053757456/115711920.xml
Antre os poetas do segundo grupo, o grupo dos mozos, atópase, tamén, Euxenio Montes. A formación espritoal de Euxenio Montes non é galega. Euxenio Montes, prosista castelán, de prosa enchida de novas vibracións, é europeo antes que galego. Nin vive na Galiza nin entre galegos. Pero fai versos na nosa lingua. E o máis universal dos nosos escritores, o que ten unha cultura máis moderna e máis trascendente. Pero non es quecido da sua natureza ourensá, vai fiando o seu fío lírico na roca do idioma nativo. Ten sobre todol-os demáis galegos que dan ó ar o seu verbo poético, a ventaxa da preparación. Home cosmopolíta culturalmente, sabe muito máis de perspectivas que o resto dos nosos poetas. Chega, pois, A lírica galega, cun esprito domiñador e seguro, máis amplo que o dos outros, máis sabio, máis esperto.
Nistas condicións, podíaselle esixir o deber de ser o noso millor poeta de avanzada. Máis os seus versos non atinguen o cume de orixinalidade, o esprito poético necesario pra que lle concedamos ise tíduo. Fai unha poesía córista, enxebre, chea de persoalizacións da natureza nas que vive a lembranza de Amado Carballo, unha poesía humorista e cadenzosa. A aportación do elemento eisótico á nosa lírica, laboura pra quen naide estaba millor que il capacitado, non se realiza nos seus versos. Pol o contrario, é Galiza a que influie sobre o fillo lonxano, i encol do ar moderno da sua lírica, aboia un senso de fortísima galeguidade. (1)
TORNAN AS VACAS PARA A ALDEA
Tornan as vacas para a aldea; vacas roxas, vacas mouras, vacas de coor marela.
Foi avisarlle un luceiro: ¡a teixa notte está preta! Lembráronse do cortello lonxano, tamén da herba qu'escoa o suor do corpo, loira cabeleira d'unha Madalena.
Tornan as vacas para a aldea; vacas roxas, vacas mouras, vacas de coor marela.
Como no San Xuan as mozas, con cereixas nas orellas, asina elas van con follas en col do pescozo e testa. Todal-as folliñas bican, docemente, a súa pél tépeda. Sí quixeran voar poderían pois no mesmo lombo dúas azas levan; mais prefiren voltar paseniño depinicando nas froles das beiras hastra qu'os zagales lles berren: Ey, vacas, seique non tendes presa.
Tornan as vacas para a aldea; vacas roxas, vacas mouras, vacas de coor marela
Un instante se pararon a carón d'unha figueira; todol-os figos bulían, sonaxas d'unha pandeira, porque o vento os abaneaba camo campanas nas festas; Enton os cornos das vacas ¡Cómo tremaban de invexal ponlas que non pairen froitos nin coñecen primaveira.
Tornan as vacas para a aldea; vacas roxas, vacas mouras, vacas de coor marela.
Xa tiraron do carro mancado, xa cabelaron c'un arado a terra, xa deixaron nas augas dos regos, onde elas beberon, fiifios de estrelas
Tornan as vacas para a aldea; vacas roxas, vacas mouras, vacas de coor marela.
Alí as agardan as donas, para lle munguil-as tetas; e pra que fique nas cuncas a esmola da leite frésca, branca como a lúa, como a lúa chea. (1)
(1) Versos a tres cds o neto, A Cruña, 1980.
(7) Alvaro de las Casas, Antologia de la lirica gallega Madrid, 1928, páxinas 163 a 165.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/37/372e/372ea835-6147-4787-8cbb-eb6053757456/115711916.xml
54
ga Varela á un Amado Carballo hai unha longuísima ditosa distancia.
Na nosa poesía de oxe reina un individualismo exacerbado. Se non pode falar de escolas poéticas. Mais non quer decir isto que falte un aglutinante capaz de unir con vencellos de irmandade os nosos líricos. Isa falla é sempre siñal de anarquía! tan sintomática de decadencia na arte como na política. Esiste ise aglutinante. Mais non é un influxo común ou unha comunidade de motivos ou de procedimentos. É algo moito máis fondo e máis perenne. É o esprito racial. Xa pasaron aqueles tempos en que so eran temas de canto os costumes labregos ou os fe-
nómenos psíquicos e sociaes enxebremente nosos. Xa se pode cantar algo distinto da vaquiña e a morriña e a emigración. O campo de esprimentación da nosa lírica ten hoxe horizontes infinidos. Mais nos poemas de máis ecuménicos ares, latexa un sentimento galego indestrutibre. A galeguidade nos nosos poetas é unhas vegadas patente: os temas son galegos. Outras, é unha galeguidade que corre baixo os versos de máis universal asunto, como a saiba corre baixo a codia, invisibre A ollada, pero enchendo de vidalidade a arbre que rega, sosténdoa, sendo a causa eficiente do seu vivir. Hai dúas tradiciós líricas galegas. Unha que nacendo e morrendo cos Cancioeiros rexurde en Bouza Brey. Outras que xurdindo nos Precursores e pasando por Pondal perpetúase en Cabanillas. Ben natural é que os versos dos que oxe representan isas tendencias, estén ateigados de galeguidade. Pero é que hai outros moitos poetas que non proceden de ningunha disas dúas estirpes, senón que labouran con procedimentos importados de outras literaturas. Pois aínda istes poetas ostentan un podeiroso esprito galego, e os seus versos non semellan traducidos de istranos idiomas.
Outra nota remarcabre que presenta a nosa poesía de hoxe é a ausencia do elemento sensual, sexa o sensualismo dramático e bretemoso dun García Lorca ou o erotismo lumioso e rinte dos poetas helenizantes. Antre nós, os galegos, o amor—o amor poético—non é cousa do cerebro nin do senso: é cousa do corazón. I eisí, endexamáis produ-
NÓS
ximos un-Ausias March nin un Catulle Mendes. Carecemos de finura sensual, de senso pagan da beleza. Nos nosos poetas dos Cancioeiros e do XIX hai pornografíá, pero nunca sensualidade. A sensualidade pánica é cousa de terras de sol, de luz ridente e mediterránea. A sensualidade tráxica e torturada é un produto oriental e semítico. A nosa alma céltiga, neboenta e nordesía, non profesa o culto do corpo. Certo é que ante os nosos inteleituás mozos eisiste o senso epicúreo da vida; mais iles o inxertaron no seu esprito galego pol-o estudo de alleas literaturas. E cando fan versos na nosa língoa, as verbas xurden cheas de unha inxeleza casta.
É diño de toda atención o feito do escásísmo influxo que os máis soados poetas casteláns contemporáneos éxercen nos nosos líricos, Alberti, Salinas, Guillén, Lorca, Diego. Malia que sin dúbida os nosos mozos lén á istes poetas máis que a ningúns outros, non lles renden homaxe de discipros. Como si a sua arte fora esenzalmente oposta ó modo de ser galego. Un ensaio de aclimatación das súas maneiras á nosa lírica é unha roita aínda inédita. E quizáis fecunda. Pero o certo é que hastra o de agora a roita non se abréu. I eisí, o superrealismo e o creacionismo son cuasi descoñecidos antre nós.
Os elementos que entran á formar nosa lírica son propiamente: a tradición medieval, que frorece en Bouza Brey, a tradición oitocentista, crara en Taibo; o influxo do modernismo castelán, patente en Cabanillas; o influxo portugués, siñalado en Noriega Varela; o esprito europeo de vangarda, que atingue o seu cume en Manuel Antonio.
Cos nosos poetas contemporáneos podemos facer dous grupos. O primeiro comprende os que inaguran a nova era. O segundo os que chegan á siñalarse cando xa os outros teñen consolidado o seu prestixio e maxisterio. Os primeiros representan algo semellante ó que é o modernismo na literatura castelán: máis que pol-as súas tendencias pol-a misión que cumpren. Os segundos correspondense coas xuventudes líricas casteláns post-juanramonianas. Mais en xeral, os NOSOS, uns e outros, son menos radicales nos procedimentos inovadores.
O primeiro grupo ten como principás
https://biblioteca.galiciana.gal/gl/catalogo_imagenes/descargarAlto.do?path=1157119&posicion=15
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/37/372e/372ea835-6147-4787-8cbb-eb6053757456/11571199.xml
DENTE D-OURO
por Álvaro de las Casas
pra C. Fernández Mazas.
DENTE D-OURO ...... 40 anos
O REBEQUE ...... 35 »
VAIAMODO ...... 70 »
CARAMUÑA ...... 16 »
O sagrado de San Mamed de Caseiroa, todo en roda da irexa. Nun recanto unha cerdeira encheita de cereixas a pingar sobre as campas, brilantes na lúa. Meia noite.
DENTE D-OURO
Ti, Caramuña, vai pondo o xantar.
REBEQUE
Trouxeches os lacós?
DENTE D-OURO
Vai reparando: os lacós, os cachelos —quentes com-ainda na lareira—, a empanada de anguías, o xamón, os chourizos, viño do tinto e do branco. Hai pra unha festa de catro faguendo cinco.
CARAMUÑA
Pomos tamén o roscón?
DENTE D-OURO
Eso pra logo. E fala pouco, que és dos qué non din cousa con xeito.
REBEQUE
Pois o tabaco tréuxeno eu. Soio faltan as pendangas.
VAIAMODO
Dígovos e repítovos, qu-esto non está ben. Ao sagrado non se vefien faguer estas pándegas.
REBEQUE
Vostede a calar.
VAIAMODO
A calar non, que teño a obriga de aconselharvos, tan xiquera pol-o vello que son. Dente d-ouro, esto non é de xentes de lei.
DENTE D-OURO
Pro aínda onte non estaban a falar no forno de que si eu non tiña riles pra nada, de que si eu era un santiño con pelexa de lobo, de que si a min todo se me vai pol-a gorxa, de que si na mina gañara os cartos de sancristán, de que....? O que que é agora, vanme coñocer tal cual. E que non teimen moito,
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/37/372e/372ea835-6147-4787-8cbb-eb6053757456/115711911.xml
NÓS
REBEQUE
Deixa, deixa. Si ch-hei dicer a verdade, é unha vitrola ben ruín. Zóame nos miolos com-un sino choco.
DENTE D-OURO (a Caramuña)
Pra ti entón; pra qu-escorrentes ás beatas nas noites d-ánimas.
CARAMUÑA
Dásme a vitrola?
DENTE D-OURO
Xa é túa.
VAIAMODO (ao ouvido de Caramuña)
Non lla collas que ten o demo drento.
CARAMUÑA (idem)
Hánme dare por ela oito pesos e bó é.
(Pausa).
REBEQUE (a Dente d-ouro)
Hai hó; a empanada ten moito touciño.
DENTE D-OURO
O que é tí, cando estás a xantar a conta d-outro non pós máis que defeutos. Mala rabia che coma.
REBEQUE
Reás enriba ou embaixo.....
VAIAMODO
Rematade logo, condenidos; desta acabades comigo. Pensade que temos eiquí a toda a nosa xente, á beira nosa, e que nos están ouvindo e ollando por baixo da terra. Tende delor de min que teño eiquí toda a miña vida.
REBEQUE
Mais á vostede non lle chaman o Vaia-modo?
VAIAMODO
Déixate de macacadas.
REBEQUE
Pois é o qu-eu digo: vai a modo. Qu-o viño está que renega. Mesmo ferve nos folgos.
DENTE D OURO
E o viño ten pouco que rillar; eí si que non hai aquelo de non ter dentamia.
REBEQUE (a Vaiamodo)
Olle pr-o Caramuña que xa lle sae o augardente pol-as orellas.
VAIAMODO
Eu xa falei o que tiña de falar e limpei a miña concencia. Si vos queredes perdere, perdéivos. E agora, cada un ao seu. Xa vos digo que non morreredes no leito; habedes es toupar como foguetes no lume d-unha bruxa.
REBEQUE (chimpando unha cunca farta)
Pois..... pol-o sinón. (Unha longa pausa, Vaiamodo envóllase na sua manta e bota un soniño).
DENTE D-OURO (abrindo outro pelexo)
O branco é de Gomariz.
REBEQUE
Veña entón do branco. O tinto si non era da Costeira andáballe pol-as beiras. (Longa pausa).
CARAMUÑA (a Dente d-ouro)
E ti non te lembras de quen está elí? E' a campa da Uxía.
DENTE D-OURO
Cando eu digo que ti naciche parvo.
REBEQUE
Xa tes medo?
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/37/372e/372ea835-6147-4787-8cbb-eb6053757456/115711923.xml
A hixiene nos nenos
é a garantía da sua saúde física e moral o día de mañá.
No diario aseo dos nenos empregue o
“Jabón Sales de la Toja”,
único que ás súas altas calidades meiciñás xunta toda a finura e pre-
fume d'un xabón de tocador.
Contribuie ó perfecto desenrolo das criaturas e evita o perigo da escrófula e o raquitísmo.
JABÓN
LA TOJA
ÚNICO EN EL MUNDO
O Xabrón da Toxa
é o mellor.
Honra á Galicia no mundo enteiro
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/37/372e/372ea835-6147-4787-8cbb-eb6053757456/11571193.xml
BOLETIN MENSUAL DA CULTURA GALEGA
Ano XIII ★ Ourense 15 de Marzal do 1931 ★ Núm. 87
NO BÈRCE NEGRO DA NOITE
POR AQUILINO IGLESIA ALVARIÑO
No bérce negro da noite durmía o meu corazón. Veu caladiña, unha estrela, ¡todo mo esgarrapizou..!
Xurdiron versos de lua dun niño de rouxinol. Encheu-se o berce da noite todo de versos en flor... Pasou toda a noite, en claro, cantando o meu corazón. Coma paxaros, nos labios finaban-se-llas cancións.
Meu corazón lacerado era unha rosa sin cór, murchada entre-las mausiñas de lirio d'unha oración... Fuxíulle á Aurora das maus o pasariño do sol... El rexouba en Montes-Outos i-ela chora en Valmiñor...
Do libro á pubricar «Corazón ao vento».
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/37/372e/372ea835-6147-4787-8cbb-eb6053757456/115711913.xml
NÓS
DENTE D-OURO (acende unha cerilla pra ler millor n-unha inscripeión decorada pol-a chuvia.
Xoquín Rodríguez. Morreu en mil e oitocentos noventa e nove. Eiquí está o meu pai. (Pausa). Dá pr-acá ese pau, Caramuña; imos a ollar com-está d-apodrecido.
(Recóllense todos arrepiados. Dente d-ouro remexe co pau e vai ciscando d-hosos o sagrudo. Bétaos con forza, como si sementase.
Bós hosos: vese qu-era rexo..... (pausa). Ainda cheira a vitela dándolle c-unha costela ao vello). Eh, Vaíamodo.
VAIAMODO (espertando)
Deixádeme durmir.
DENTE D-OURO
Olle os hosos do meu patrón. Sacou un fillo runfieiro. Rupare que costela: ben mirado ainda faguía o caldo pra unha parida.
CARAMUÑA
Lémbrese....
DENTE D-OURO
Que é o meu pai? E qué? Un home coma eu; eses son beaterios de comadre. Que o cozan. Eu son esi. (Enrabexado) E si fago esto na campa de meu pai.....
VAIAMODO
Dente d-ouro.....
DENTE D-OURO
Nada de choros.
VAIAMODO
Dente d-ourol
DENTE D-OURO
A min non se m-esmigalla con salaios.
VAIAMODO
Non é eso.
DENTE D-OURO
Agora xa podedes dicer o que fixen e o que dixen revolvendo nas cinzas do meu pai. (con sorna) Que en paz descanse, coma din na vila.
VAIAMODO (indefinibre)
Non quixera dicerte nada. Pro..... Non-o tomes a mal. Non me collas tema. No logar ninguen sabe..... É que teu pai..... son eu!
Dente d-ouro recóstase sobr-a crís da campa, e fica morto com-unha moneca de guiñol. O Rebeque e mail-o Caramuña, rin como doidos.
Xaneiro-1931.
SEGYRDO - LIBIZO-DE COVBXS POR - CASTELAO
Pedidos a NÓS - Hortas, 20 - SANTIAGO
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/37/372e/372ea835-6147-4787-8cbb-eb6053757456/115711919.xml
NÓS
de lírica, non lle fai falla outra cousa que adicarse de cheo a selo, estudando agarimosamente os grandes poetas de fora.
DESCORDO PRA BEN MUIÑAR
Moe, moe, rodicio do Sol,
ai, o corpo da nena leda
fitada de evocacións.
Moe, moe, na acea infinida.
das estrelas moegas,
ai, os fros da meniña branca,
ai, o van da rapaza leda.
Tatuarás de lembranzas,
ai o seu pensamento en tréboas.
Moe, moe o crudel corazonhe
ca roda da lúa albela
que no meu muíño real —moe—
fica o aceiro á espreita.
Moe presto o adibal das cantigas
que se aforcan as mozas senlleiras!
Anda a auga —moe, moe— dos degaros
desacougada na presa.....
Ñanái noite, vella aboa —moe, moe—
remenda o cribo de estrelas.....
Moe, moe, rodicio do Sol,
ai, o gran da meniña leda;
pon o tanxedoiro amante.
da serán camanduleira.
e a orballada irá caendo
no fol da veiga serea.
Moe, moe, remoe, remoe,
aí, ledal (1)
O pontevedrés Lois Amado Carballo, (2)
morto na fror da vida, deixou un fondo ronsel de ademiración en revistas e diarios. Deseguida que se morréu, foi proclamado pol-a nosa crítica o mellor dos nosos poetas mozos. Indudabremente o feito de morrerse afervoóu as loubanzas hastra estremos escesivos. Pero o certo é que xa en vida atinguira unha sona estraordinaria. Debíase, sin dúbida, ó acerto con que soupo faguer unha poesía moderna en versos antigos, á habilidade conque cantóu de un xeito novo nunha
(1) Revista NÓS, número 53
(8) Amado Carballo: Proel, Pontevedra, 1927. O galo, A Cruña, 1928.
57 métrica vella. Eisi, aplaudérono os novos. E os bellos miopes, enganados pol-a forma esterna da poesía, aplaudérono tamén. Amado Carballo é un poeta aldeán, campesío, mariñeiro. O principal caráiter da sua poesía radica no panteísmo vivificante que a informa. Os piñeiros, as fontes, os camiños, beilan, cantan, oucen misa, usan monteira, parolan, aman, rin na sua poesía. Cando n-ela aparez a figura humán, non se siñala coa nidiez con que se deseña a natureza. Un mundo de regatos, arbres, ceos, paxaros e grilos é o seu mundo verdadeiro. Pero, ás vegadas os seus versos nos din de noiturnos de taberna, nos que falan mariñeiros cosmopolitas, e de cadros sombrizos, augafortes vilanos. Entón, a sua poesía está preto da poesía valleinclanesca de La pipa de kif, pol-o nervo funambulesco. Amado Carballo creóu unha arte sensual, frondente, afincada moitas vegadas no popular, espresada nunha métrica sinxela, chea de galeguismo campesío, pero sabidora de roitas cosmopolitas. Unha arte da natureza, un pouco dulzarrona, con demasiados bois e pitas e melros. Unha arte rural, de campos vizosos i escumosos, mares cheos de carrizos e peixes, que se moven baixo a mirada paternal de un sol algo bravo, aldeán e bo. Amado Carballo deixou discipros. Eduardo Blanco Amor (1), Xulio Siglúenza (2) e Emilio Mosteiro. (3)
O GAHO
Abrelle as portas ao día
co-a chave do téu cantar
que xa na fonte da lúa
está labada a mañán.
Bótall’o teu aturuxo
a paisaxe dende o val
qu’o gran balbo das estrelas
cairá serodio no mar.
O campo cheo de frío
busca un anaco de sol;
alcéndelle unha fogueira
co lume da túa voz. (4)
(1) Romances galegos, Bós Ares, 1928.
(2) Cantigas e verbas ao ar, A Cruña, 1928.
(3) Poemas sincopados.
(4) O galo, páxina 9.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/37/372e/372ea835-6147-4787-8cbb-eb6053757456/115711921.xml
NÓS
A poesía auténticamente nacional dos pobos non soe ser outra cousa que a estatificación dos seus xestos, a fotografía instantánea das súas aititudes, a plasmación do seu dinamismo vital. Eisí, un pobo labrego necesita ter as súas Xeórxicas; un pobo guerreiro necesita ter a súa Ilíada; un pobo mariñeiro necesita ter a súa odisea. Os espíritos nacionais tender a crear un tipo poético que esprese as arelas sustantivas da raza. Pero iste tipo pode representar —e xeneralmente representa— tan só unha parcialidade de anseios; pola dificultade que supón verquer na figura de un heroe poético —cuia característica é a simplicidade— todo o complexo da alma popular. Os pobos producen, co heroe, unha epopeia que o cante.
Os pobos mariñeiros teñen creado unha figura de nauta loitador, verdadeiro peixe humano, vencedor da mar e de ela, amigo, que nas diferentes literaturas chámase Odisea, Eneas, Simbad. A Galicia, pobo mariñeiro, tiña que ter a súa Odisea. Pero a Galicia vive á beira do atránteco, mar misterioso e lírico, cunha profundidade lírica da que nunca souperon o Índico e o Mediterráneo. A Galicia tiña que ter a súa Odisea. Pero, pobo lírico por excelencia, a súa Odisea tiña que ser lírica tamén. E o heroe dunha Odisea lírica non podía ser outro que o cantor do poema. Ista obra xurdía de dar á Galicia a súa odisea foi levada á cabo polo espírito poético de Manuel Antonio. E a odisea é o pequeno caderno «De catro a catro».
Manuel Antonio, mariñeiro, bota un día ó mar, no peirao de Rianxo a súa dorna lírica. E ela vai sulcando vieiros non sulcados dun istrano mar. Istrano mar no que aboian corpos de nautas afogados, no que as estrelas dialogan cos mastros, no que as gaviotas levan no peteiro as cartas dos mariñeiros namorados. Manuel Antonio, coa rede do verso mais ceibe da nosa lírica, que mergulla nise mar cunha seguridade de pescador adoito, recolle unha colleita poética frorida que nos oferce cun xesto sinxelo de plenitude artística.
Como Amado Carballo, Manuel Antonio é o esculca máis adiantado da nosa lírica, morréu mozo. A súa perda é imponderablemente irreparábel. (1)
A ESTRELA DESCONECIDA
Eu vin-te de cote acobadada n-aquela fenestra —tan a trasmán! que penduraches d’unha constelación
O Horizonte arrincaba cada día pra tí a folla de almanaque d’unha vela.
Pero nunca s’enmallóu n-a falsa rede d’os mapas celestes a túa loira virxinidade
Cómplice a noite engayolaba o sestante d’os mariños inxenuas perversións catalogadas.
Viuda retirada de todol-os vinte anos que os mariñeiros repiten cada volta que afogan
Endexamáis souberon os cadáveres sin [rumbo que tí os amortallabas co teu ollar
Emproáramos a meia noite A sotavento d’a nosa singladura vai decote unha nube desarbolada C’a súa esponxa de sombra berróu pra sempre o teu mudo perfil.
A alba nova sorprendeume cacheando antre os luceiros unha despedida que se me perdéu. (2)
Non era o meu propósito facer un catálogo de poetas, senón axudarvos á botar unha ollada en col da lírica galega contemporánea. Xa que bosquelléi lixeiramente a silueta dos nosos poetas máis típicos, fago punto final.
(1) De catro a catro. A Coruña, 1928.
(2) De catro a catro, páxinas 32 e 33.
Imprenta NÓS, Hortas 20. Santiago.
Está á venda VIEIROS, poesías por R. Carballo Calero. — Precio: 2 pesetas
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/37/372e/372ea835-6147-4787-8cbb-eb6053757456/11571198.xml
46
Inquietude diante a vida no senso de quedar afastado pra sempre de quen ha convivir con un as penas e as ledicias.
Eu ben vin estar o moucho encima dun gacio d-uvas, vaite d-ahi morte negra desamparo das viudas.
O moucho é un paxaro agoreiro por eso entra nas composicións como se fose a personificación da morte.
Eu subin o alcipreste cheguei ó medio caín, Alcipreste morte negra í-eu para morrer nacin. (1)
O alcipreste é o albre tradicional dos fidalgos pazos galegos, pero a sua soma longa i-estreita enfíase tamén nos cimiteiros, ós que non habemos de negar tampouco o seu aire de señorío.
O adro terra da igrexa onde se enterran anjinhos, o terra que estás comendo corpos tan delicadiños. (2)
(1) Cantigas populares recollidas en Loureiro de Cotobade.
(2) Augusto C. Pires de Luna. Cancioneiro de Vila-Real. Porto 1928.
NÓS
Ameaza á terra que non respeita a calidade da xente pra ir zugando os corpos soterrados.
Confesei ao señor cura todo o noso ben querer e doume por penitencia de te amar até morrer
Eu voute pedir un beixo mesmo a porta da rua se tu non mo queres dar eu morro por culpa tua.
Non se me da por ser cruz tendo o calvario ó pe non se me da por morrer, sabendo eu por quen é
O meu corazón é teu e o teu de quen será? o meu morre pol-o teu e o teu por quen morrerá?
Asin poideramos continuar citando moitas máis cántigas, que como as catro derradeiras non precisan comentario, son cántigas amorosas e a morte debe ser pra o amor o marco que no mundo fixe o seu romate
DIXEN.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/37/372e/372ea835-6147-4787-8cbb-eb6053757456/115711912.xml
DENTE D-OURO
E’ por si ela ten medo decatándose de qu-eu estou eiquí.
REBEQUE
Foi ben bunitiña; loira e branca com-un sol.
DENTE D-OURO
Pschil.... Si ti vises outra que tiven na mina. Morreu tamén de ciumes.
REBEQUE
Esta morreu do peito.
DENTE D-OURO
Home, sendo de namoro non ía morrer das pernas. (Longa pausa).
CARAMUÑA
Ollade a cerdeira: talmente parés ensanguentada. Cada cereixa unha ferida que s-está coallando no luar.
DENTE D-OURO
E ti parés un moucho a latricar agoiros. (Por Vaiamodo). Ehí tés o alcipreste fai o niño e cala.
REBEQUE
Dame o corpo qu-estás a sentir a xiada nas costelas.
DENTE D OURO
Por min non agardes: cando tefias sono, vaite. Ninguén saberá quen se foi denantes.
REBEQUE
Eh? Esta facada foi por mor d-un pito. Mamei moita gabachería.
(Longo silenzo, Dente d-ouro érguese, e palpando nas pedras, encomenza a percorrer o adro deténdose a ler as iscriciós das campas, Trenguelea bébedo de viños e medos).
NÓS
DENTE D-OURO
Olla onde fica o abade que nos botou a auga benta. Hay que agradecerllo (derramándolle un xerro de viño por riba da coba). Pra que vexas quen somos.
REBEQUE
E a Uxía non-a convidas.
DENTE D-OURO
Tamén. Pra esta, o que quedou do lacón. Si soupeses. Rebeque, que cadeiras tiña (en tanto lle bota por riba as migallas do xantar).
Me quisiste e m-olvidache e gorvicheme a querer. zapatiño que yo he puesto non me lo juelvo a ponere por que se me queda estreito.
CARAMUÑA
Que homes!
DENTE D-OURO (enfrentándose c-un nicho)
Eiquí está o teu fillo. Digocho por si te esqueciche, Rebeque.
REBEQUE
Dis ben (adiantándose pra profanalo, e ao chegar rente dele reaiciona delorido). Coitadiño!
DENTE D-OURO
Por mín non deixes de chorar.
REBEQUE
Dente d-ouro: tés entranas de corvo.
CARAMUÑA (a Dente d-ouro)
Tiña cores de amapónla e cheiro de caravel. Estou á velo: redondiño com-unha ma-zán. Oxe casi tería o meu tempo.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/37/372e/372ea835-6147-4787-8cbb-eb6053757456/11571196.xml
44
matrimonio. Pasados algúns días aparecían perto da casa e os veciños foron arrequerille, falou a muller:
—Eu estou en bo lugar pero o meu home condenouse porque facía tempo tiña pensado matarse e agora se fala bota lume pol-a boca.
Unha lenda moi antiga refire que a raposa de Morrazo é unha alma en pena. Aparesce pol-a noite en calquer esquina ceibando berros arrepiantes e mesmo tempo que bota unha bafarada de lume pol-a boca. Cando se olla é mester decille: Dios te leve á porto salvo.
A lenda ten a somellanza do lume que ceiba pol-a boca cal houbera feito aquel home se falara. Por certo que a lenda da raposa de Morrazo non ten sido localizado o seu orixen. Pra min, opinión modesta pois abonda que sexa miña, tratase dunha lenda de orixen mariñán, unha lenda tecida pol-os mariñeiros, por estes homes dun folklor tan intresante xurdido a carón das loitas co mar embravecido cuyas augas lle serven tantas veces de Campo Santo.
As almas non sempre fan aparición en figura de personas, poden darse a coñecer por sinales como dando golpes fortes nas portas, no sobrado, berrando, laiando, etc. Cando alcontesce isto as xentes percuran abrigoar que quere o morto arrequeríndolle; pra iso din cando oucen os berros:
—En nombre de Dios, de San Pedro e San Pablo se és alma do outro mundo fala e di o que pides. Coase sempre pregan que lle fagan alguma promesa que él fixera e non poidera cumprir.
A aparición pode ser na figura dun paxaro tal como un corvo. Un home ollou un paxaro dista crás que a cotío berraba nas ponlas dun piñeiro perto da sua casa; un día canso de tanto ouvir, zorregoulle un tiro e caieu o paxaro ó chan zapateándose. Durante tres días con tres noites estivo o corvo laiandose e trasteando o corpo. Aquelo non parescía cousa boa i-o home foise confesar, traguendo encarrego do cura de ir arrequerille por si sería cousa do outro mundo. Foi e resultou ser unha alma que viña ó mundo penar algúns pecados.
A reencarnación das almas en animás inda que sexan repolsivos como sapos sare-
- NÓS
cas, lagartos, etc., óllase ben crara nas crénzas das xentes que van á San Andrés de Teixido, o santo do cabo do mundo, á onde temos que ir todos porque cando quedou en Teixido dixolle Noso Señor:
Quédate ahí Senandrés que de mortos ou de vivos, todos te viremos ver.
Todol-os que van ó santuario non fan mal á ningún animal que atopen no camiño, maormentes se vai en dreitura da hermida. Crén que todos estes bechos son almas que van facer a sua besita ó Santiño milagreiro.
Os defuntos poden responder ás preguntas que se lle fagan. Cando morre alguén os rapaces collen ó mellor o aire do morto. Enfermidade que non deixa medrar e saca as forzas. Pra sanar, é mester ir ás doce da noite ou do día diante da sepoltura; chamar tres veces pol-o defunto; a terceira responde, estoncias diselle:
Sácame o aire do morto e dame ó do vivo aire de morto non ten conforto ó do vivo e confortativo.
Dous exemplos en que falan os mortos dende a sepoltura. Un rapaz tiña unha noiva e pensaba casar con ela; marchou ó servizo e deixou no seu poder uns cartiños, aforros que fora xuntando e non quería levar con él.
Pouco antes de rematar de facer o servizo morreu a moza e o rapaz sentíu a súa morte pero non fixo caso dos cartos. Chegou á casa e ollou que unha sombra andaba con él de unha banda pra outra, por mais que quería informarse non ollaba ren. Foise confesar e o crego preguntoulle se morrera alguén que tivese obrigacións con él. O mozo lembrouse dos cartos e dixollo.
Ó día seguinte foron xunto da sepoltura ás doce da noite; chamaron tres veces por ela e á terceira respondeu e dixo que os cartos que él lle deixara estaban en tal sitio. Dende aquela a sombra deixouno en paz.
Os mortos poden tamén dar unha tunda ós vivos sin ser vistos. Contan que uns individuos chegaron á un Cimiteiro onde facía
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/37/372e/372ea835-6147-4787-8cbb-eb6053757456/115711918.xml
poeta máis traducido, e con Amado Carballo o máis imitado antre nós. (1)
TODA HUMILDE BELLEZA...
Vago xirón da brétema, atavío soberbio de hirta xesta, reidora, fulgurante doíña de rocío,
(pazo d’o sol, e lágrima d'aurora).
rayola de lunar que bica o río,
flor mareliña que entre espiñas chora ou d'as redes d'araña un ténue fío toda humilde beleza me namora.
É un vermiño de luz o amigo caro d'o meu nume saudoso..... Antes reparo, na nudez adorable de unha estrela.
que nas rosas d'os vales, que sorríen, que nos mantos d'os pinos, que se engríen. que nas blondas d'o mar, que se rebela. (2)
A arte de Victoriano Taibo ten moitos puntos de contáito coa arte de Cabanillas. Non pose Taibo a caudalosa vea lírica do Ramón. Os seus versos son máis centrípetas, teñen o ceño mais rugado. Iste nobre poeta canta cunha fremosa austeridade e a sua palabra dá unha sensación de verdade e de reititude. Poucos egualan o seu coñecemento do idioma. (3)
NOIVADOS
A mociña fía as estrigas brancas fía noite e día.
Fía liño d'ouro ou fía a esperanza dun miniño louro?
Lenços de noivado!
amor non espera, i a mociña fía..., fía... fía noite e día.
e non dá fiado.
A velliña fía as estrigas brancas, fía noite e día.
(1) Montañesas. De Ruada. Do ermo, Mondoñedo, 1,929, (2) Do ermo, páxina 11 da edición citada. (3) Abrente, Compostela, 1922; Da vella roseira, 1924
NÓS
Fía por deleve seu cabelo branco ou só fía neve?
Lenços de noivado!
a morte ten presa; y a velliña fía..., fía. fía noite e día,
e non dá fiado. (1)
Fermín Bouza Brey, de Vilagarcía, xuez e arqueólogo, socio fundador do Seminario de Estudos Galegos, figura antre os poetas do segundo grupo. Bouza Brey ten estudado con amor os Cancioeiros, e o xeito dos nosos segrels rexurde na sua poesía. Mais non son os seus versos sinxelas imitacións dos versos dos nosos líricos medievaes. A sua poesía, recollendo o tesouro trovadoresco, remózao cunha métrica moderna, e a arte dos Cancioeiros é trasplantada por il á un campo de infinidos horizontes. A influencia trovadoresca non sempre se manifesta niste poeta na forma rítmica das estrofes. Maniféstase tamén de cotío no léisico, no esprito, no tema. Bouza Brey tense entretido en imitar a arte medieval galega; pero non é un mero arcaizante da nosa lírica. Esprito cheo de galeguidade e de dozura, canta o amor e a natureza con louro verso de mel, nunha métrica rica e ceibe. Ista poesía de Bouza Brey dourada como un froito de sol, como a cabeleira de unha rapaza, vagamente saudosa, chea ás vegadas de sorrires aldeáns, ten como meio de expresión un galego riquísimo. Galego difícil, no que frorecen raras verbas esquecidas que il se comprace en lembrar. É indudabremente o seu galego o galego máis culto de todol-os galegos empregados pol-os nosos poetas de hoxe. Tan só o galego de don Armando Cotarelo o supera en riqueza. Fermín Bouza Brey, creador de unha poesía orixinal, súa, peculiarísma, na que non é posibre siñalar un infruxo serio, porque é xa unha poesía perfeitamente elaborada, independizada, persoal, é o viaxeiro da roita lírica máis segura antre as nosas líricas roitas. A súa poesía seméllame a de máis porvir, a máis propia da Galiza de hoxe. Pra ser un grorioso mestre da nosa mocida-
(1) Revista NÓS, número 54.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/37/372e/372ea835-6147-4787-8cbb-eb6053757456/115711910.xml
48
por qu-entroques de viño son home pra chimpar catro netos de sangue d-abade. A min? Ajajá, Por ahi adiante adepréndese moito.
REBEQUE
Non digo que non, mais é ben sabere a quen se ll-ensina. Eu estaba de volta denantes de que ti foses.
DENTE D-OURO
De ti non falei: ti erel-o Napolión.
REBEQUE
Nin Nipilión nin centellas. Son home pra ire onde ti chegues, e avantar hastra donde ti maxinabas chegar.
CARAMUNA
O que é por falar, Rebeque, xa nos tiñas debullados a todos.
REBEQUE (a Caramuña)
Cala ti, mioca.
DENTE D-OURO
Morreu o conto. Veña o pelexo do tinto, Caramuña. (Xantan e beben).
VAIAMODO
E vós non pensades qu-esta festa podiámola faguer nas carballas, ou na miña touza, ou no piñeiral do Chinto? Tiña de sere eiquíl
DENTE D-OURO
Vostede cando non queira sabere de min, vólveme os oitenta pesos que lle teño emprestados, e cada un pol-o seu vieiro.
VAIAMODO
Tiña de sere eiquí, por riba das cinsas dos nosos mortos, pendo as zocas nestas campas encheitas de bágoas, orballadas ainda co-a auga benta que as nosas naiciñas
NÓS
lles botaron, anos e anos. Tendes dire dereitos ao inferno.
REBEQUE
Boeno, meu vello; pois xa dirá si ten algunha encomenda pra lle levar aos parenles.
VAIAMODO
Santo Deus!
DENTE D-OURO (dándolle corda a un granófono)
Esto é pra que mañán o crego teña de que falar no evanxelio. (Nentanto canta o disco vai larareiando).
Me quisiste e m-olvidache
e gorvicheme a querer;
zapatiño que yo he posto,
non me lo juelvo a ponere
por que se queda estreito, eh, eh eh...
VAIAMODO (namentres os demdis van debullando nos lacós)
E vós, meus mortos, que diredes de min? Quixera estar con vós, rillado dos vermes, denantes de ollar esto.
REBEQUE
Temos unha ola máis, que o vello, pol-o que parés, xa está encheito de bagazo.
CARAMUÑA (ao ouvido do vello)
Faga coma si non. Estes xudeus teñen peito pra esnaquizarnos...
VAIAMODO
Mañán non haberá no logar home de ben que non vos cuspa nos ollos.
DENTE D-OURO
Agora vou pór As Corsarias qu-é cousa de moita moda.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/37/372e/372ea835-6147-4787-8cbb-eb6053757456/115711917.xml
NÓS
representantes á Ramón Cabanillas, Antonio Noriega Varela e Victoriano Taibo.
Cando Cabanillas comenza á escribir xa pasara sóbor da lírica peninsular a soma groriosa de Rubén Darío, e xa o nacionalismo galego atinguira pulo de infinitude. O modernismo e o nacionalismo son as dúas forzas, como centrífuga e centrípeta, que determiñan o equilibrio lanzal da obra de Ramón. A primeira deixóulle a desconxestionización do ritmo, a espansión da métrica, a sinxeleza da idea, a valentía da imaxe. A segunda dóulle ise sabor de froito acedo, isa nobre emoción recolleita que campea nos seus formidabres ditirambos. Non é dos poetas adicados sistemáticamente á cantar á Galicia. Os temas da súa lírica son moitas veces internacionais. Pero en ningún poeta áchase o galeguismo tan enraizado como n-il. E son dúas as ás con que voa o seu galeguismo. Unha é o enxebrismo, que lle leva á pintar como mestre tipos e costumes. Outra o patriotismo, que ás veces atíngue acentos de Apocalipsis e crama con voz afervoada de Isaías. Hai no Cabanillas un satírico baril, con verba de treboada, un Juvenal esasperado e bronco; a carón de un fondísmo lírico, cheo de emozón. Tamén pulsóu a corda narrativa, e nas sagas de «A noite estrelecida» deixóu unha proba máis do seu talento. Espido e fondo, forte e acedo, delgado ourífice, rexo loitador, o académico da Española é, certamente, o poeta da Raza, e á ningún dos tres grandes mestres do século XIX inferior como valor literario. (1)
A ROSA QUE SANGRA
A alma é unha roseira frorecida, cuaxada de rosiñas bermellas e de rosiñas brancas. Alegrías e penas son o vento que pasa; ás veces com un bico, ás veces trebonada.
Unha bágoa que surde, unha risa que estala... son rosiñas que cayen da roseira da alma!
Miña nai que me arroba, un amor que me chama, a estrelinha da gloria no sendeiro da espranza... Cando a vida comenza, ¡cantas rosiñas brancas!
Un filliño que morre, un amor que se apaga, a ilusión que se afoga no remuíño das ágoas... ¡Cántas rosas bermellas ó mediar a xornada!
Xa son vello, e o vento, vento de trebonada, desfollóume a roseira, a roseira da alma.
Pero este dor da Terra ferida e escravizada... ¡qué rosiña bermella! ¡Cómo doi! Cómo sangra! (1)
Antonio Noriega Varela é dos nosos poetas contemporáneos o que está mais preto do século XIX, pol-o seu esprito e pol-a súa métrica. Escolante, como Gabriel y Galán, é como o lírico de Salamanca, un poeta rural. Pero niste caso o rus é o ermo, aspro e pedroso, no que sómente as froliñas dos toxos bosquellan un sorrir. Fondamente identificado co esprito da irta paisaxe montanesa. Noriega Varela fai uns versos carexantes, sereos, mainos, no varil dialeito da montana, cantando a soidade e o silenzo, ditoso no silenzo e na soidade. «Mihi oppidum carcer, el solitudo puradisus est» dice con San Xeromo. Poeta da natureza, cunha certa sinxe la solenidade vainos dicindo o seu sentir. A epopeia do ermo, do noso ermo, vaina il escribindo con unción. Tenro e homilde, soupo crear un mundo poético propio. Na súa obra citase o infruxo de Teixeira de Pascoaes, ó cal asemella pol-o senso panteísta do seu cantar. Mais no poeta galego existe unha maor preocupación pol-o mundo esterno, pol-a paisaxe. Noriega Varela é o nose
(1) Vento maretro, páxinas 135 a 137.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/37/372e/372ea835-6147-4787-8cbb-eb6053757456/115711924.xml
Aguas de Mondariz
Fuentes de Gandaray y Troncoso
Propiedad de los Sres Hijos de Peinador
Véndese en todas las Boticas, Droguerías, Hotels, Depósitos de aguas minerás, Restaurans e vagós-camas de todol-os trés.
Estas augas, de sona universal son o remedio enxebre e eficacísimo cand'un quer combater o Artritismo, a Diabetes, Desnutrizón, Obesidades diversas, doenzas do Aparello dixestivo, Anemia e Neurastenia
Riquisma auga de mesa
gaseada naturalmente
Mondaríz-Balneario, áchase á 35 Km. de Vigo
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/37/372e/372ea835-6147-4787-8cbb-eb6053757456/115711914.xml
OLLADA ENCOL DA POESÍA LÍRICA GALEGA CONTEMPORÁNEA
(Leición do Ciclo de Cultura Galega orgaizada pol-os alumnos da Facullade de Filosofía e Letras da Universidade compostelá).
POR RICARDO CARBALLO CALERO
CORRESPÓNDEME oxe, por reiterado desexo voso, amigas e amigos da Facultade de Filosofía e Letras, espricar unha leición diste pequeno curso de cultura galega que habedes tido a ditosa idea de orgaizar. I é pra min o falarvos agora, non so un inmerecido honor, senón tamén unha satisfacción inesquecente. Porque, me lembro do meu discurso de inauguración do presente ano académico (1), e vexo que os degaros espresados entón, comienzan a realizarse.
Heime de ocupar da poesía lírica galega contemporánea. E semella lóxico que denantes de nada, me interese por fixar a estensión do concepto que abrangue o títuo da miña conferencia. Imos, pois, á analizaló verba por verba.
Poesía. Ista voz tómase eiquí nun senso restrinxido. Poesía é a arte que ten a verba como meio de expresión. E a estruturación prosódica de ise meio non influe na esencia de aquela arte. De xeito que pode haber poesía en verso e poesía en prosa. Nista leición imos ocuparnos somentes da primeira distas dúas formas de poesía. A poesía en prosa que aparez na nosa cultura occidental no século pasado—quizáis o libro *Poemas en prosa*, de Baudelaire, é o seu primeiro moimen-
to— non ten na Galiza un frorecer copioso, como non o tén en ningures. Porque o verso é acaso a cunca máis doada pra que nela ferva o viño da poesía. E, coa moderna flexibilización da métrica, coa moderna dislocación do verso, é ista xa tan dúctil ó pensamento, cuáxeque, como a prosa mesma; quezáis porque non é verso xa máis que ós ollos. O feito de que, esquecidos a rima e o ritmo, continúase escribindo en liñas que teñen a aparencia esterna de versos, siñala o xurdimento dun interesantismo fenómeno: a intervención do elemento óptico no poema, que hastra o de agora víñase considerando como unha arte puramente acústica. «Los versos se hacen para ser oídos y no para ser vistos», escribía Unamuno (1). Unha ollada en col da poesía moderna de avanzada abonda pra comprobar que ise principio está en crisis. Nos poetas de hoxe non é cada liña un verso no concepto crásico de verso: conxunto de verbas espresivas dunha certa armonía sensual cujos elementos son a rima, o acento e número de sílabas. Nos poetas de hoxe, cando a agrupación por liñas non é arbitraria, responde á unha certa armonía interna que xa oiéu Rubén Darío e que lle fixo decir: «¿Y la cuestión métrica? ¿Y el ritmo?—Como cada palabra tiene una alma, hay en cada verso, además de la armonía verbal, una melodía ideal. La música es só de la
(1) Discurso leído por el señor don Ricardo Carballo Calero, alumno de la Facultad de Derecho de la Universidad de Santiago de Compostela, en la apertura del curso de 1930 a 1931. Santiago, 1930.
(1) Teresa: notas, IX.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/37/372e/372ea835-6147-4787-8cbb-eb6053757456/11571197.xml
NÓS
pouco soterraran á un home apodado «guapo de las medias blancas», chamaron por él él a terceira vez respondeu: «agoarda que las estoy poniendo». Seguidamente mallou á quen chamara por él e por mais que miraba pra os lados non ollou ninguen.
As doce da noite erguense dos cadaleitos e andan a procesión das almas ó redor da eirexa, Rodríguez López (1) trabuca ista procesión coa Compaña decindo que sai da eirexa pol-a porta principal levando diante unha persoa viva coa crus e o caldeiro da auga bieita e que vai parar á porta de un que lle anuncian a morte tirándolle pedras sobor do tellado.
As almas veñen a casa en días asinalados como noite boa, e por iso deixan moitos a mesa posta. En algunos sitios da provincia de Lugo é pecado barrer a casa pol-a noite porque se lle da pra trás ás almiñas que ven quentarse ó fogar. En Tui o día de defuntos botan un grande rachón ó lume pra que se quenten as almas.
O feito de quentarse as almas ten certa somellanza coa crénza que atopou Castelao na Bretaña onde pensan que hai un inferno frío, ansi o espresa a inscripción de La Martyre:
A morte, o xuicio, o Inferno frío, cando o home cavila en todo eso debe tre[mer, tolo será o que ten un esprito que non me[dita, pois é forzoso morrer (2).
Tamén na Bretaña teñen os Camposantos como verdadeira morada onde vive o morto; en algunos hai léndas intresantes que respeitan os bretóns como dogma de fé; pensan que no Cimiteiro de Lanrivoaré fican soterrados 7777 mártires e alí somentes se pode entrar descalzos e descubertos. (3)
Hai costumes certamente chocantes tal como a do Avellón que Alfredo Brañas describe asin:
(1) Ob. cit. pax. 168.
(2) Alfonso R. Castelao. As Cruces de pedra na Bretaña. Pontevedra 1930. Publicacións do Seminario de Estudos Galegos, pax. 51.
(3) Castelao, ob, clt., pax. 77
Cullidos pol-a man os concurrentes e fungando baixiño i-entre dentes, foron da morta á triste habitación, e voltando ó redor da defuntiña, o vello a vella o mozo e a mociña, fungaban como funga o avellón, Pobre d-aquel que dése algunha fala ou de bulir deixase pol-a sala, sinal era de morte non fungar; as honras do avellón son tan precisas, como son para os cregos moitas misas, i-o gando i-o ligón para labrar. (1)
Tamén os mortos dan ganancia ós vivos por medio de sinxelas aduviñanzas. Somentes citaremos unha. Consiste en enrolar un papel ó redor dun pauciño coidando que o pau quede no meio; pónse horizontalmente sobor da mesa onde se come e rézase un Padrenuestro pol-a i-alma do defunto, rezo que ten de ser feito con devoción; seguidamente agarrase o papel pol-as dúas puntas tendo en conta que se quedar o pau ceibe sobor do papel a i-alma fica no ceo, senón fica no inferno. É cousa fácil de facer que saía o garabullo onde un queira pois non hai mais que deixar unha punta máis pequena e ó dar a derradeira volta cóllese ó rivés, diste xeito ó desdobrar o pauciño queda por riba.
Nos cancioneiros de Galicia e Portugal hai gran número de cántigas onde a morte ten un papel mais ou menos secundario. Tales as seguintes mostras:
O morte tirana morte, eu de ti teño dar queixas; quen has de levar non levas, quen has de deixar non deixas.....
Ninguén quere que morran os seres pra un mais queridos, por iso a xuicio do cantor morre quen non debe-
O morte tirana morte, o morte cruel sin fin; levásteme a miña amada, agora levaime a min. (2)
(1) Pubricado por Rodríguez López. Ob. cit., pax. 177.
(2) Remate do romance A morte da namorada.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/37/372e/372ea835-6147-4787-8cbb-eb6053757456/11571192.xml
BOLETÍN MENSUAL da CULTURA GALEGA
Direitor Literario Vicente Risco Direitor Artístico Alfonso R. Castelao
Adeministrador ANXEL CASAL
DIREICIÓN E REDAUCIÓN: ADEMINISTRACIÓN: Sto. Domingo, 47—OURENSE —A CRUÑA
ABONAMENTO NOTA
Doce números, na Península 6'00 pesetas. Fora da Península 8'00 » Númaro solto 0'70 » Os pagos son adiantados e os gastos de xiro de conta dos suscritores
Este boletin non publicará mais orixinás qu'os que foran directamente solicitados pol-a Direición. Tampouco se fai solidario das ideas n-eles emitidos, a non ser dos que por non iren rubrados, enténdense que son da Redaución.
- SUMARIO -
No bérce negro da noite, por Aquilino Iglesia Alvariño. O culto ós mortos, por Antón Fraguas Fraguas. Dente d-ouro, por Álvaro de las Casas. Ollada encol da Poesía Lírica Gállega, por Ricardo Carballo Calero.
IMPRENTA “NÓS” Facturas - Estados - Libros - Revistas e toda crás de traballos tipográficos Trasmitanos os seus encargos Hortas, 20 SANTIAGO
Vicente Risco Abogado Santo Domingo, 47-2º Ourense
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/37/372e/372ea835-6147-4787-8cbb-eb6053757456/115711922.xml
Apareceu o volume I da "Biblioteca Murguía"
DE ESTO Y DE LO OTRO
por Roberto Blanco Torres.
Pedidos a NÓS - Hortas, 20 - SANTIAGO
FOTOGRABADO
Si quer qu-os seus fotograbados sexan o mais perfeito posibres, convenlle envialos aos Talleres de fotograbado ESPASA-CALPE S. A.
Rios Rosas, 24-Apartado, 547 MADRID
Droguería e Farmacia MERQUE VOSTEDE
LUIS FÁBREGA Plumeiros RAFIUM
De mais dura qu'os de pruma e limpan millor. Véndese en todol-os estabrecimentos do ramo
Progreso, esquina a Luís Espada OURENSE Andrés Perille - OURENSE
O movimento demóstrase andando...
O galeguismo léndo as pubricazóns NÓS
Sanatorio Quirúrgico de San Lorenzo
SANTIAGO DE GALICIA
DE LOS PROFESORES
D. Fernando Alsina y D. Antonio M. de la Riva
CIRUJANO GINECÓLOGO
Establecimento dotado de todol-os elementos que exixen a terapéutica e a hixiene modernas, situado nas aforas da poboazón, moí cerca do paseo da Ferradura
Teléfono número 195
Pra detalles, calquera dos Direitores ou o Médico interno
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/37/372e/372ea835-6147-4787-8cbb-eb6053757456/11571195.xml
NÓS
A penas a chisquei que carcaxadas Infernales oin..... Logo un difunto Se me presenta diante D' hábito branco e vagaroso andar Comencei a rezar Paseniño un padrenuestro; e n' aquel punto Fixen un circo co meu pau d’ oliva, Que xa bendito por siacaso iba, E posto dentro del: —Eu te requero De parte de..... Lle dixen tremelando. El con grave ademán e voz altiva M’ interrumpeu —Ah! Fuxe temerario Non toques nada— ¿Si? eu me retiro E apertei contra ó peito o escapulario —Pero atendeme ben; has de esperarme No muiño d' Añón —Preciso fouce? Non miserable, vaite, e doume un couce.
Fai tempo ouvimos o seguinte conto: Un mozo ía de parranda pol-a noite á xunto d-unha rapaza, nunha encrucillada aparesceulle un pantasma atravesado no camiño pregando que rachase aquel hábito; o mozo desculpouse; porfiou o pantasma pero por fin deixouno en paz. O seguinte día foi confesar o acontecido co crego e iste deulle unha estola cun crucifixo e aconselloulle que non tivera medo pois ninguén lle faría mal. O mozo marcha pensativo, cando tornou de xunto da uoiva saléulle o pantasma decindo:
—Oxe ves porparado de maneira que tes que racharme o hábito.
—Ruchocho, mais tes que decirme quen es,
—Non cho digo.
—Pois non cho racho,
Despois de longa tirapuxa o defunto dixo quen era e sinalou a maneira como había de ser rachado o seu hábito. Puxoo pra banda contraria de onde viña o vento i-encargoulle que non mirase pra el cando turrase pol-a fouce enganchada A beira da capucha. O mozo turrou pol-a fouce, rachou o hábito, abreuse un inorme bocarón e afundiuse o morto no meio d'unha forte labarada e fumareda, ó mesmo tempo que se ouvía un longo bruído. O mozo marchou pra casa pero morreu moi axiña porque o morto era un amigo dél.
Rodríguez López refire un caso somellante onde despois de cortado o hábito «se abrió la tierra y tragó al difunto usurero entre lla-
mas de fuego y una pestilente atmósfera de azufre» (1).
O feito de afundirse o corpo de iste xeito ten algo de materialismo, o morto non vai pra o inferno sin desprenderse do hábito, e indudabremente o hábito foi posto despois de morrer o individuo, é decir cando aquel corpo ficaba sin alma; isto fai maxinar a hipótesis de que na posmorte a i-alma vive, durante algún tempo pol-o menos, unha vida consecoente co corpo. Cabe ainda pensar como a i-alma no momento de sair do corpo i-entranto iste non tiña o hábito non foi buscar o acougo que asegún a sentencia lle correspondía, poidera presumirse a eisistencia n-unha créncia, hoxe desaparecida, onde ise tempo fose adicado pol-a i-alma en ouvir o fallo do Supremo Xuiz, e despois tornase a reencarnarse no mesmo corpo.
Os mortos poden abandonar o cadaleito e tornar á sua casa en axuda da familia. Un home quedou viudo con varios filliños; cando do saía de mañan deixaba os nenos no leito entranto adicaba as primeiras oras ó traballo dos agros. Cando tornada ollaba os fillos peiteados e limpos; preguntáballe quen viñera a casa, decíndolle os rapaces que fora a sua nai. Un día escondeuse pra ollar quen viña dubidando da certidume das verbas dos fillos ó pouco tempo entrou a muller, os fillos non se enganaban. O home quixo agradecerlle aqueles coidados e faloulle a defunta:
—Agora vichesme non podo tornar mais aquí.
Mostrasenos eiquí un caso de aparición polo día i-en xeneral a xente pensa que os mortos somentes tornan pol-a noite, tanto e asín que á unha muller apareceulle unha noite un pantasma e dixolle:
—Anda de día que la noche es mía.
A noite préstase máis pra que ó redor das sombras e dos ruxidos do vento nas ponlas das carballas a maxinación popular poida entretexer as suas maravillosas lendas.
As almas que se atopan en bó lugar cando tornan á iste mundo poden falar coa xente non asi os condanados.
Fai pouco tempo morreu envenenado un
(1) Jesús Rodriguez López. Supersticiones de Galicia Segunda edición Madrid, 1910, pax. 172.