https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/20/2047/20470402-07f3-4246-8ea0-f795f5d71a9c/115712918.xml
M I S C E L A N E A
U N C A S T R O N A B E I R A D O M I Ñ O
Na porción meia da cunca do Miño escaseian muito as acrópoles protohistóricas. A estreiteza do val, e quizais tamén o pecho e vizoso do bosque, lembrado ainda por Orosio, forón sen dúbida as causas que impediron o estabrecimento dos nosos antergos da edade de ferro nos terróns quentes da ribeira e que os fixeron asentarse nas dilatadas paisaxes da meia montana, máis propias e doadas pro réxime predominantemente pastoril da sua economía.
Un castro en Oira, ó pe mesmo do Miño, e case á carón de Ourense, é pois un caso raro e ben merecente de ser rexistrado. E por outra parte o nome Oira, semella derivar de unha antiga Auria, que deixa postular a eisistencia perto da acrópole de un lavadeiro de areas auriferas.
A esprotación prerromana do ouro dos nosos ríos, algúns de cuyos detalles non son coñecidos por Posidonio, está arqueolóxicamente sen estudar e o descobrimento do castro de Oira podería ser un punto de partida pra investigacións encamiñadas á averiguar a relación antre certos estabrecimentos castrexos e os antigos lavadeiros, localizados en parte n-un traballo do inxenieiro Luis Saunnier.
Da á coñecer o castro de Oira, un rapaz novo que enceta agora o seu labor. Xán Astorga é case un neno, mais dentro de fl coidamos que hai a semente de un home pra Galicia. E pros que xa imos indo vellos é un consolo e un acougo o pensar que o día que caigamos pra non erguernos haberá quen recolla e millore a nosa fe e as nosas armas de traballo.—F. L. C.
CASTRO DE OIRA
EMPRAZAMENTO.—Na parroquia de Cudeiro, concello de Canedo, á 100 m. do lugar de Peliquín, á outros 100 m. de Oira, e á uns 250 da beira direita do río Miño. Ocupa un outeiro, que está antre dous regatos: o de Oira e o de Porto Vello, e á uns 24 m. de outura sobor do nivel do río; está coberto de piñeiros, sobreiras, xestas, érbedos e toxos.
DEFENSAS.—O castro atópase arrodeado de un terraprén de 12 a 25 m. de outo, que se aprecia perfectamente en toda a volta, sin que se noten restos de parapeto. Hai tamén, na parte N., vestixios de un foso que debía circundar á acrópole, e que se practicou abrindo unha zanxa pra separar o castro por aquela banda de un espolón que cecáis servira despóis de atalaia ou posto avanzado. Hai un antecastro que protexía as partes S. e E. da acrópole.
https://biblioteca.galiciana.gal/gl/catalogo_imagenes/descargarAlto.do?path=1157129&posicion=1
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/20/2047/20470402-07f3-4246-8ea0-f795f5d71a9c/11571297.xml
NÓS
logo D. Eladio Oviedo Arce, no 22 do mes de Santa María do 1910, lle decía: «E a propósito não seria possível obterse uma fotografia da táboa de Belvís do tamanho 24 por 30, ou, pelo menos, 18 por 24? Sendo isso possível e não havendo aí chapas especiais achromáticas, eu mandal-as-hia V. Ea... Tinha grande empenho em reproduzir na edição
zer-se o seu estudo, e essa honra caberia a V. Ea. para maior lustro da Galiza e da arte Galáico-portuguesa.»
A lenda do século XVII - XVIII, non chegou arrincarse, porque ainda hoxe se conserva. Penso que o professor e restaurador português Luziano Freire, não deveu vir a Sant-Iago. O projeto ficou sem fazer.
[MDREARJQELESIDESEN Y DLAPASIONDE PONS PADECIOIANSIPORETEROF VE ENTODOSESECVTADALASERENCA.
Fig. 5
francesa do meu livro, a táboa de Belvís e ainda, se isso fosse possível, um fresco gallego do XIII ou XIV.»
Não sei, pois, se a foto que pedia o douto arqueólogo português foi remetida ou não, e, pol-o tanto, se figura na mencionada obra.
Engadía na carta: «Se houvese aí quem estivesse disposto a pagar as despesas de viagem (e a viagem é só do Porto a Santiago) ao Prof. Luciano Freire, o admirável restaurador dos quadros de S. Vicente, e meu colega na Academia Real das Bellas-Artes de Lisboa, eu conseguiria que ele fosse aí examinar e tratar a táboa de Belvís. Arrancada a lenda que lhe foi aplicada no século XVII (?), poder-se-hia com segurança fa-
É possível que o erudito arqueólogo Xosé de Figueiredo datasse moi outro a táboa de Belvís, que já quando figurou na Exposición Arqueológica de Sant-Iago, no ano 1909, metera muito ruído entre os críticos de arte.
A táboa de Belvís, depois da dita Exposición do 1909, ficou completamente esquecida e fechada entre os grossos muros do convento, muito guardada pelas monjas.
Ali estava ainda o derradeiro ano. Já então cercavam o convento os muitos dos chamarileiros. Agora, n-estes tempos, as cousas vanse e pérdense. Prefirem isto que fazer doações os museus, onde poder estudar. É um egoísmo mal entendido.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/20/2047/20470402-07f3-4246-8ea0-f795f5d71a9c/115712924.xml
MERQUE VOSTEDE Plumeiros RAFIUM
De máis dura qu'os de pluma e limpan millor.
Véndense en todos os establecementos do ramo.
ANDRÉS PERILLE -- OURENSE
Sanatorio Quirúrgico de San Lorenzo
Santiago de Galicia
De los Profesores
D. Fernando Alsina y D. Antonio M. de la Riva
CIRUJANO GINECÓLOGO
FOTOGRABADO
Si quer qu os seus fotograbados sexan o mais perfecto posibles, convénlle envialos aos
Talleres de fotograbado ESPASA-CALPE S. A.
Ríos Rosas, 24-Apartado, 547 MADRID
A sua biblioteca non será
unha biblioteca galega,
mentras non adeqira as
obras editadas por
NÓS PUBRICACIÓNS GALEGAS E IMPRENTA
HORTAS, 20 SANTIAGO
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/20/2047/20470402-07f3-4246-8ea0-f795f5d71a9c/115712917.xml
NÓS
pequeno incomenente pol-a gran ventaxa e magnífico resultado que daba pois os anacos e trozos de pergameo e papel quedaban suxetos entre os lenzos.
Consultouse o asunto ás fábricas de Lyon, e construiron unha tea especial con un coor entre gris claro e amarillo, coor que admirablemente coincidía co dos documentos desaparecendo a dita dificuldade. (1)
O resto dos materiaes son papel filtro, papel xaponés e dispois pergameo de varias grosuras tendo en conta os diversos espesores dos mesmos, pois, cando se humedecen o pergameo e papel disténdense pola humedá e por conseguinte ó facer a restauración procuraráse que sexan do mesmo espesor pra que cando sequen tanto un como outro non teñan diferencias na contracción e non sexan causa posterior de enrugas.
Como instrumental ademais de taboeiros de madeira; cartóns de tamaño de folio, abundancia de papel branco, prensas, cilindros satinadores, esponxas, navallas etc.
* (1) O encargo da dita crépe-line false á fábrica de E. Ponty 27 Rue Puits Gaillart, 27 Lyon, sendo o seu precio de 1 pts. aproximadamente o metro en pezas de 60 metros.
A continuación poño as diferentes composicións dos materiaes todos usados, nas suas diferenciacións de emprego, por variar moito na aplicación e finalidade á que se destiñan.
Pra pegar o velo sobre follas de papel común, e reforzar os folios que non teñan necesidá de velo:
Xelatina...... 70 gr.
Auga.......... 100 «
Sublimado corrrosivo. 1 «
Pra follas duras e un pouco grosas ou mui corroídas auméntase a xelatina nun 10 %/o.
Pra xuntar cortes ou cubrir lagoas en pergameo groso:
Xelatina...... 18 gr.
Auga.......... 100 «
Pra reforzar os puntos débiles ou xelatinizar pergameos lixeiros ou delgados:
Xelatina...... 12 gr.
Auga.......... 100 «
Pra facer a xelatina insolubre ó dala sobor do pergameo:
Formalina..... 5 gr.
Auga.......... 100 «
Pra facela opaca, á combinación devandita engádese:
Alumbre de cromo.. 5 gr.
Auga.......... 100 «
A cola forte de xelatina pra pegar os pedazos do pergameo prepárase con:
Ácido acético..... 100 gr.
Xelatina......... 25 «
A preparación da xelatina faise cortando en pedazos e póndoa en un depósito de vidro reblandécese en frío con ácido acético. Prepárase tamén na proporción de 12 x 100.
As follas de xelatina recórtanse en anacos pequenos aproximadamente de 2 ctm. que dispois se deixan estar por espacio de dúas horas n-unha cazola cos 100 gramos d'auga destilada fría. N-este tempo a xelatina absorbe certa cantidá de auga, transcurrido este tempo, a xelatina co-aquelo que quedou d'auga destilada vértese n-un vaso e sinalase a altura d'auga.
(Continuaráse)
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/20/2047/20470402-07f3-4246-8ea0-f795f5d71a9c/115712911.xml
NÓS
NOTAS ENCOL DA LABOURA DE RESTAURACIÓN DE DOCUMENTOS
Por ALFONSO VÁZQUEZ
(Proscguimento)
Nos códices que polo lume, alquitrán e outras materias se amazacotaran formando todo un bloque, habia que empezar pol-a esfoliación e desinfeición do mesmo por medio de soluciéns de sublimado corrosivo, ácido tánico muy diluido; solución de formalina ou solución acuosa o 40 por 100 do aldehido fórmico (C H 5 O) etc., etc., que todos se foron ensayando en busca de un, de positivo resultado.
Outras varias e diferentes solucións químicas de máis variados corpos, foron ensaiados, tomando parte moitos químicos que traballaban recibindo colaboración de variada xente entre as que podríamos citar á señorita Serafina Bonomi, preparadora no Museo Zoológico, que escomenzou o ensayo co-a glicerina.
De toda esta laboura, como final de traballo, conseguiuse a restauración de documentos en número de 250; dos que 150 eran latinos; 20 griegos; 34 hebreos; 30 franceses e 8 italianos.
Por indicación do laboratorio do Vaticano, ó frente do que achábase o dito P. Erhle, iniciouse o emprego da cámara húmida, que deu positivos e prácticos resultados aínda que sexa unha laboura lenta, recomendada tamén pol-o Dr. Guareschi pró seu laboratorio.
A descripción da cámara húmida según o tipo usado no Vaticano, é a seguinte:
Unha caixa de zinc ancha de 57 cm. e de 31 cm. de alto por 47 cm. de profundidade, contén no seu interior 5 caixiñas, cuías esquinas son láminas de zinc, mentras que o fondo é unha tela metálica niquelada ou barnizada que á través dela deixe pasar o aire húmido. Nas caixiñas, póñense os folios á humedecer, e no fondo na última caixiña, que será un pouco máis outa que as demás, encheráse de arcilla mezclada con auga e salnitro de modo que forme unha pasta espesa. Feita esta mezcla, e deixándoa esi espesa, bótaselle auga, conservando por longo tempo unha atmósfera fría e húmida, pol-o que ás 24 horas todol-os folios de pergameo amolecen e humedecen lixeiramente.
Toda esta caixa vai dentro de outra caixa, que completamente pecha á ésta, na que son comúns tres partes, e a cuarta parte que cobre a dianteira, xira deixando e permitindo a apertura dos cinco caixóns.
Esta tapa cerra axustada. (Fig. 1)
Outro tipo máis pequeno de caixa que é usado pra esfolialo-s libros, separando as distintas partes apelmazadas, amazacotadas, etc., á causa de algún incendio, inundación derrumbamento ou outra calquer causa fortuita, é a que representa a figura 2, unha caixa co-a sua correspondente tapa, na que se atopan no interior unha ou máis redecillas divisorias que conterán os libros ou tamén pergameos soltos. O fondo da mesma atópase cheo de buratos pequeniños por onde ha de pasar o vapor de auga procedente de un depósito que debaixo da caixa está cheo de auga a coal é quentada por gas, béncina, etc.
Este é un procedimento rápido pero que lle dá moita humedá ós pergameos, cousa nada recomendable cando se trate de páxinas miniadas, xa seian de páxinas enteiras con diversas e variadas coores, pol-o temor de que sufran éstas na sua coloración artística.
Como proba de todo isto amostraréi eiqui o proceso seguido con un códice latino, que carbonizado e nun estado bastante malo, foi ouxeto de restauración.
É un fragmento que ten a parte dianteira.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/20/2047/20470402-07f3-4246-8ea0-f795f5d71a9c/11571299.xml
NÓS
79
AD SIGNIFICATIONEM SEPULCHRI
U-bi est Xpistus me-us Do-mi-nus et Fi-li-us ex-
cel-si? E- a- mus vi- de- re sepul-chrum.
Quem queri- tis in se-pul- chro, o xpisti- co-
le?
Ie-sum Na-ze-renum cru-ci-fi- xum,o ce-li-co-
la.
Non est hic, surrexit sicut praedi-xa-rat; i-te,
nun-ti-a-te qui-a sur- re- xit.
Alle-lu-ia! Ad sepulchrum re-si-dens An-ge-lus
mun-ti-ans sur-rex-se Xpistum.
Fig. 2
pero belida representación escénica, que, como en todal-as grandes eirexas da cristiandade teria lugar en Santiago na noite de Pascoa ó rematarse os maitins da maxima omnium sanclorum Vigiliarum, como diría S. Agustiño.
Non temos porque alongarnos respecto á istes melodramas en que, asegún a tesis máis común e tamén máis autorizada, ollamos o orixen do teatro moderno que non descende por liña reita do greco-latino, senón dos melodramas litúrxicos medievaes, celebrados
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/20/2047/20470402-07f3-4246-8ea0-f795f5d71a9c/115712910.xml
nas eirexas, maormente en Navidade i-en Pascoa frorida.
No fragmento compostelán o oficio do Sepulcro atópase reducido á sua eispresión máis sinxela, demostrando maor antiguedade. A mesma notación con unha soia liña e sin clave de moi belidos trazos e oscilando antre a neumática e a aquitana de puntos sobrepostos á distancias proporcionaes acusan un orixen de comenzos ou medeados do século XII.
Alternan en animada conversa a Madanela quen rompe o silenzo perguntando amargurada pol-o seu Deus e Señor. «¿En onde fica Cristo meu Señor?» Pergúntallo As santas mulleres que lle fan compaña i-estoncias aparesce o anxo que saúda docemente os cristícolas. Remata a pequena conversa con un canto de xúbilo: «Alleluia» e con un acto de fe na resurrección de Cristo.
NÓS
Non se dí quenes terían de alternar n-ista belida escea, que, con seguridade, constituiría as ledicias do pobo compostelán e dos seus piadosos pelengrins na noite santa da Pascoa, pero os nenos de coro e os cantores da basílica, rifaríanse, como n-outras eirexas, á oficiatura de tan encantadora escea, vestidos cada un á semellanza dos persoaxes representados.
Lembrándonos do consello evanxélico: «recollede os anacos pra que non morran» trascribimos o belido drama con toda fidelidade posibre non afastándonos do que parece suxerir a sua notación de unha diestematía un tanto imperfeita inda en casos en que as nosas lembranzas de outros dramas somellantes aconselláronnos outros xiros melódicos.
Abadía de Santo Domingo de Silos.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/20/2047/20470402-07f3-4246-8ea0-f795f5d71a9c/115712923.xml
A bixiene nos nenos é a garantía da sua saúde física e moral o día de mañá. No diario aseo dos nenos empregue o “Jabón Sales de la Toja”, único que ás súas altas calidades meiciñás xunta toda a finura e prefume d'un xatón de tocador. Contribuie ó perfecto desenvolvemento das criaturas e evita o perigo da escrófula e o raquitismo.
JABÓN LA TOJA ÚNICO EN EL MUNDO
O Xabrón da Toxa é o mellor. Honra á Galicia no mundo enteiro
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/20/2047/20470402-07f3-4246-8ea0-f795f5d71a9c/11571295.xml
É indudable que esta tabla refiere ós dez mil crucificados de Araat, festa que a eirexa católica celebra no día 22 do mes de San Xohán.
O «Compendio Ilistorial», por Frai Pedro de San Martín, copiado e anotado por don Manuel Antonio de Verín Pérez Seixas, páxina 135, pubricado pol-a Biblioteca de «El Libredón», nos di o seguinte:
«Dice el Manuscrito. En este año de ciento treinta y uno hace mención Dextro de los diez mil mártires crucificados de Armenia, a
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/20/2047/20470402-07f3-4246-8ea0-f795f5d71a9c/115712915.xml
NÓS
en códices, libros, etc., etc., que sofriron dano do fogo ou da humedá, e ainda que os motivos son semellantes o procedimento de restauración é diferente.
A causa máis corrente e a humedade que en algunhas rexións, cibdades e pobos é unha verdadeira calamidade e desgracia pras Bibliotecas e Archivos; de aí a necesidade de estar labourando sempre, contrarrestando a forza destructora dos vermes de toda crás que favorecidos pol-o clima propicio ó seu desenrolo, e con abundante material de alimento pro seu sustento, son as plagas das Bibliotecas.
![Fig. 9]
A restauración do papel dada a mesma lixeireza do material require maor escrupulosidade e atención na sua laboura, non esenta de habilidade e pacencia recomendada ós que á ista crás de labouras se adican.
Emprega, como xa dixen, unha meirande atención pol-o procedimento variado pois é mester unha mellor execución do proceso restauratorio.
Nos documentos en papel o que sofre máis detrimento son cuáseque sempre os bordes, que por conseguinte é mester reforzar. Os procedimentos a usar son os seguintes:
Si o papel se fixo débil de pouca consistencia somentes pol-a humedá desaparecéndolle a cola que lle daba resistencia, bas-
tará somentes que o papel sexa discretamente e á miudo unha ou dúas vegadas cuberto de unha proporcioada cantidade de xelatina ou pasta de fariña de almidón á todo o manuscrito solto da sua ligadura.
O exceso de humedade atmosférica ablanda a sustancia gomosa do papel facendo adherir os folios e transforma os libros en bloques compactos e húmedos, derretendo e descompondo por fermentación a fibra do papel.
Si a humedá causa ruina nos libros ou documentos en pergameo e papel non é menor o destrago que fai o pó, principalmente ese pó atmosférico que é unha mezcla de detritus máis ou menos minúsculo de substancias vexetaes, animaes e mineraes, é decir, microbios mecánicamente postos en movimento por correntes d’aire, ou que están en suspensión no aire.
Este pó que hai en suspensión ó pousarse sobor dos libros adhirese á éles e pol-a variada crás de substancias de que está composto empeza o seu proceso de ruina.
Sin embargo as diferentes crás de papel e a sua confección fan variar a maor ou menor resistencia de descomposición.
Non fai moitos días con motivo de celebrarse a festa do libro déuse en Madrid unha conferencia na que se falaba entre outras cousas da calidade do papel dos modernos libros nada aptos pra resistir moito tempo nas anaquelerías das bibliotecas.
Distinguense craramente oxe nos libros as épocas d'eles atendendo á crás do papel e tamén o grado de ruina en que se atopan libros de diferente época.
A operación consiste en colocar o folio que se vai á reforzar sobor de unha lámina de vidro e con un pincel quizáis con unha vegada sexa bastante; aplícase por unha soila
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/20/2047/20470402-07f3-4246-8ea0-f795f5d71a9c/115712919.xml
NÓS
Mesuras. — De forma lixeiramente ovoidea, mide este castro:
Do Este ó Oeste . . . . . 60 metros
Do Norte ó Sul . . . . . 163 metros
A anchura do antecastro é de 12 á 20 metros.
OUSERVACIÓNS. — O chan do castro está formado, pol-o menos nas suas camadas superficiais, por aluvións do Miño. Non se pode apreciar si hai ou non, restos de habitacións, como así tampouco do muro de sostefiimento do terraprén, que coidamos debe eisistir, xa que iste conserva a sua forma en toda a volta. Ó abrir un camiño provincial que pasa pol-o S. do castro, topáronse restos do muro de unha casa e numerosas tégulas.
O nome de Oira parece ser que ven do latín Auria (ouro), porque debía haber n iste lugar un lavadeiro de ouro. Parece que iste castro desíñase co nome de «Castillo» n-algún documento antigo dos que se gardan na rectoral de Cudeiro. Denantes de facerse a «Ponte Vella» atravesaban o río unhas barcas pra levar a xente, tendo o desembarcadeiro en Porto Vello, lugar moi próximo á iste castro. No S. do mesmo hai unha morea de pedras.
FOLKLORE. — A preguntas nosas un home contestóunos que fora feito pol-os mouros e que hai tesouros n-il. — XÁN ASTORGA.
COSSANTE
XAN Luís Estelrich, na súa «Antología de poetas líricos italianos», publicada en 1889, inserta unha composición de D. Diego Furtado de Mendoza, almirante de Castela, que reproduce de un manuscrito da biblioteca patrimonial dos Reis de España, signado A. VII, 3, fol. 6 volto. Dáa como imitación do italiano e leva o título de «Cossante» encol do que dí Amador de los Ríos (História crit. de la lit. esp. t. VI, p. 293, nota 2) que cecáis proveña da vos coso (praza) vindo ista composición da poesía popular. Coido util copiar á continuación o poemiña, porque á pirmeira ollada se adevirte que a súa técnica constructiva —paralelística e con engádega— é n-un todo idéntica á dos nosos trovadores do Cancioneiro. A causa de isto, máis que por imitación da poesía popular italiana, téñoa por ensaio de aclimatar en Castela a poesía trovadoresca, e sospéitoa directamente inspirada nas cancións dos nosos líricos do Medioevo. Di eisi:
A aquel árbol, que mueve la foxa
algo se le antoxa.
Aquel árbol del bel mirar
façe de maneyra flores quiere dar:
algo se le antoxa.
Aquel árbol del bel veyer
façe de maneyra quiere florecer:
algo se le antoxa.
Façe de maneyra flores quiere dar
ya se demuestra; salidlas mirar:
algo se le antoxa.
Façe de maneyra quiere florecer:
ya se demuestra; salidlas a ver:
algo se le antoxa.
CARBALLO CALERO
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/20/2047/20470402-07f3-4246-8ea0-f795f5d71a9c/115712922.xml
NÓS
nosos poetas máis dignos de nota do século XIX. Poeta enteiro, como lle chama o seu escrupuloso editor e prologador, Francisco M.* de la Iglesia chome bó, sabio, poeta, xornalista, botánico, arqueólogo, amigo do folk-lore e rexionalista, ten eiquí de todo: cadros de costumes, versos de loita, baladas, lirismos, humorismo, evocacións históricas, etc. É que coma di ainda o P. Placer «n'os seus versos tremaba a y-alma do seu tempo, por certo chea de generosidade e de pulo inicial.
DO HOMEM E DA TERRA, poemas de Serafim Leite, Lisboa, 1932.
Un volume de versos en catro partes: Apólogos e sainetes, De rerum natura, Odes e Evocacións e Do lar e da saudade. Cada unha posta baixo d'un lema, que son sucesivamente de Paul Valery —con quen ll'atopan semellanza os críticos—, de Wordswostto, d'Augusto Gil e da musa popular galega. Moralismo, patriotismo, internismo. Feitio moi variado, non desbotando —asegún o consello de Paul Valery a que s'acolle— «O antigo por ser antigo, nem o novo por ser novo». Espresión libre. Independencia poética.
REVISTAS
LIBERTAS, Valencia.
D'esta revista, órgano da Federación regional d'Estudiantes Católicos de Valencia, temos recibido tres números, de leitura moi variada. Ocúpase da vida universitaria e cultural, política, literatura, ciencia, cine, radio, humorismo, actualidades, e sostén con valentía a sua bandeira. O seu texto é bilingüe.
EL EBRO, Noviembre, 1931.
Sumario: ¿Cómo ha de ser el Estatuto de Aragón?: Un pueblo sin alma, J. Calvo Alfaro. - La Unión Aragonesista y el Estatuto Aragonés. - Para las Diputaciones aragonesas. - Bachillerando, Juan del Cinca. - A la lucha, aragoneses, Gaspar Torrente. - ¿Exclusivismos? ¡Suspiciacias, Luis Porte i Prats. ¡Adelante este Estatuto!. - Por esos pueblos de España, Pedro Cuevas Fleta. - Conceptos al aragonesismo. - Panorama Constituyente, Luis de la Cuenca.
Diciembre, 1931.
Sumario: Caciquismo y Centralismo: Hablando de cara al pueblo aragonés, Luis Porté. - Estampas del pasado: El traje popular pirenaico, Ricardo del Arco. - Diputaciones aragonesas, alerta. - De nuestra encuesta: Como ha de ser nuestro Estatuto, J. Calvo Alfaro. - Doctrina política, A. G. S. - Bachillerando, Juan del Cinca. - La vuelta a mi lugar: Despedida de un licenciado, Mariano Romance Rada. - Centros hermanos. Conceptos de aragonesismo, José María Albereda Herrera.
A NOSA TERRA, 1.º Febreiro 1928.
Dend'iste número, convirteuse iste Boletín —por acordo da Asambreia de Pontevedra— en órgano oficial do Partido Galeguista. Pubrica unha estesa nota d'iste Partido en col d'asuntos d'actualidade, os Estatutos d'iste, e uns versos de Carballe Calero.
LOGOS, Boletín católico mensual, Pontevedra, núms. 13, 14 e 15.
Pubrica: Cara un diagnóstico do anticlericalismo, por Herroi du Passage; San Payo, por Fr. G. Placer; Os atributos das esencias según o P. Zumel, por P. E. Silva; As images eidéticas, por A. V.
BROTÉRIA, Lisboa, n.º de Março e Abril, 1932.
Pubrica: Renace o Teatro Português?, por Mario Vitor; Cruceiros de Portugal, por Luis Chaves; Mecanicismo ou finalismo?, por José Torres; Subsidios para o vocabulário português, por João Serafim Gomes; O seiscentismo literário, por Paulo Durão.
PORTUCALE, Porto, Janeiro-Fevereiro, 1932.
Trai: Etimología de «Barosa», nome de um rio da Beira-Alta, por J. Leite de Vasconcelos, Subsídios para o estudo das consequências da analogia em português, por Rodrigo de Sa Nogueira; e as interessantíssimas seções de sempre: Inéditos e autógrafos, Varia, Bibliografia, etc.
O ISTITUTO, 4.ª série, vol. II, n.º 1.
Trai: Subsídios para uma bibliografia do paleolítico e epipaleolítico em Portugal, por Afonso do Paço; História da Lusitânia e dos povos que primitivamente habitaram a península Ibérica, por Carlos Augusto da Silva e Oliveira; etc.
A ÁGUIA, Porto, Janeiro-Fevereiro, 1932.
Sumario: Sobre a reforma do legislativo, Antonio Sergio. A máquina e a alma, Leonardo Coimbra. - A pedra filosofal, José Teixeira Rego. - Tarsis na tradição bíblica, A. C. de Barros Basto (Ben Rosb). - Antero político, Sant'Anna Dionisio. - O tabique, Carlos Bastos. - Poesia: Ao mocho, Teixeira de Pascoaes. - A vida, Eduardo Salgueiro. - Bibliografia.
A reaparición d'esta revista, vella amiga, feita por vellos amigos, non pode por menos de nos encher de ledicia. N-A Águia temos atopado de cote os galegos un espírito fraterno; A Águia ten un posto de honra no movimento espiritual lusogalaico. NÓS sauda con fondo agrado o seu rexurdimento.
A ÁGUIA, Março-Abril, 1932.
Trai: Zoolatria, por José Teixeira Rego; Reintegração de um monumento (Capela de S. Frutuoso), por Aarão de Lacerda; Restos visigóticos de Elvas e Campomaior, por R. de Serpa Pinto; Augusto Martins, por Leonardo Coimbra.
REVISTA DE GUIMARÃES, Outubro-Dezembro, 1931.
Trai: A última descoberta arqueológica na Citânia de Briteiros, por Mario Cardozo; O románico no Concelho de Guimarães, por Luis de Pino.
PENSAMENTO, Revista Internacional, Órgão do Instituto de Cultura Socialista, Porto, Abril, 1932.
Trai: Cooperativas escolares: Um exemplo de Roménia, por Artur Ramos; Conferências do Casino, por Antéro de Quental; Charles Gide, por Raul Tamagnini.
Imprenta NÓS, Hortas. 20, Santiago
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/20/2047/20470402-07f3-4246-8ea0-f795f5d71a9c/115712912.xml
queimada, e na parte traseira ven-se unhas páxinas todas contraídas.
As suas medidas denantes de escomenzar o seu restauro, eran:
Lonxitud na linea central posterior, 132 cm.
Anchura do folio na cabeza, 8'9 cm. no centro, 8 cm.
Espesor do fragmento, 7 cm.
A fotografía número 5 representa o pedazo de frente, e en parte de flanco; a núm. 6 representa unha páxina interna enruguda.
Fig. 5
Posto o fragmento na cámara húmida pra esfolialo; algúns separáronse facilmente, pero o último non se conseguiu e quedou xunguido e seco.
Na cámara húmida os folios non se dilataban moito; as dimensións apenas aumentan, sumerxido en auga de 25-30° (grados) por poucos minutos, esténdese.
As suas medidas son:
Lonxitud, 18 cm.
Anchura, 12'5 cm.
Temos pois que de 117 cm.² que antes tiña
de superficie, convertiuse en 225 cm.² é decir, doblouse.
A fig. 8 representa a folla solta e prensada.
O desenrugamento era o martirio dos res tauradores, e entre outros ensaios a señorita Bonomi conseguíu distender follas moi contraídas que uniformemente non se podían alisar, e pra elo valeuse de un ferro quente pasado lixeiramente sobor da parte desenrugada estando húmido o pergameo e húmido tamén un pano intermedio (1).
Pra evitar a fraxilidade que adequiría o perg.imeo tratouse con unha solución alcalina diluida ó 10 %, pra facelos flexibles, brandos e plegables.
Empregáronse así mesmo, cloruro de zinc, ó 1 %; cloruro de magnesio; de cal; o acetato de potasio neutro ou lixeiramente alcalino, e cen mil máis preparados químicos.
Un códice latino foi tratado pol-o xabón potásico con resultados satisfactorios como se pode comprobar nas figuras 13 e 14 antes e despois do tratamento.
Non todol os códices eran tratados do mesmo xeito, poil os que contiñan miniaturas, tiñan que ser preservados de unha moi forte humedá, pra que aquelas non sofriran detrimento.
Quen de unha maneira activa e laboriosa dicta normas e impulsa a restauración é o xa tantas veces citado P. Erhle que expuña os procedimentos por él seguidos e ensaiados dand-ós a coñecer ó mundo enteiro pra que se lle criticara, estudando en forma de que se poidera aplicar comementemente.
Prescindiremos das discusións que surxiron no emprego de procedimentos variados con materiais e substancias restauradoras tamén varias como foron, o curlo, o zapón, o Kitt, cellit e a xelatina (2, 3, 4, 5).
Parece ser que esta derradeira materia foi a que mellores garantías ofrescía pra o restauro e proba d'iso foi que no Vaticano oxe
(1) Guareschi, I Observazioni, páx. 443.
(2) Biagi, Guido. Della conservazione etc, páx. 168.
(3) Biagi, Guido L'Officina per il restauro etc., páx. 99.
(4) Erhle, Francesco. Della conferenza internazionale etc, páx. 119.
(5) Casanova, Eugenio. Archivística, páxs. 100-102.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/20/2047/20470402-07f3-4246-8ea0-f795f5d71a9c/115712921.xml
NÓS
rei D. Manoel I, que ten unha parte tan importante na historia da espedición de Pedro Álvares Cabral; os feitos do galego Xán de Nova, descubridor ó servizo de Portugal; á moi longa colaboración da familia dos Andrades de Betanzos nos descubrimentos e conquistas portuguesas, i en especial a Fernán Pérez de Andrade, a Antonio de Abreu e a Fernán Alvarez de Andrade; finalmente á parte importante que os galegos tiveron na colonización do Brasil.
Termina cantando a lenda xenealóxica dos Mariñas, fidalgos de aquén e de alén do Miño, que terían nascido da unión dun fidalgo galego con unha muller mariña, patentizando n'un símbolo poético estes dous feitos: a íntima unión dos homes co mar, tan esencial na historia de Portugal; e a solidariedade espiritual, a través dos séculos mantida, entre galegos e portugueses.
LIBROS
ROMANTÍSMO, SAUDADE, SENTIMENTO DA RAZA E DA TERRA EN PASTOR DÍAZ, ROSALÍA CASTRO E PONDAL, discurso de ingreso na Academia Galega, de Ramón Otero Pedrayo co-a contesta do Académico V. Risco, NÓS, 1931.
Un estudo acabado dos orixes e caraute esencial do Romantismo na Europa, e a sua aplicación á Galiza e ao caraute, o sentimento e o lirismo galego, collido ademais nas figuras máis representativas do noso romantismo: dend'o seu inicio en Nicomedes Pastor Díaz, onde de súpeto xurde o galego, antremedias de poesías castelás cheas moitas veces da emoción da paisaxe, con plena eclosión en Rosalía e a perfección do sentimento da raza en Pondal. A análise qu'Otero fai da poesía e da paisaxe pondaliana, froito dun estudo emocional sobrio terreo, non ha poder ser superada, e na bibliografía en col do bardo bergantiñán, ocupará un posto único. Todo o demais que se faga, já non poderá ser máis qu'erudição.
A resposta de V. Risco é un esquema da personalidade literaria e centifica d'Otero destacada nos seus caracteres esencials.
O VENTO SEGREL, por Augusto M. Casas, NÓS, Santiago, 1932.
Ben lonxano o poeta de hoxe dos sonetos de «Alma triste». Aquela poesía espiritual, de ergueita bouta oxival, aquela poesía gótica, polo pulo do verso, polo alacre da idea, ben lonxana de esta outra poesía redonda, románica, aldeá. Esta máis galega, non só por vir escrita na lingua pondaliana. N-ela Augusto Maria Casas é un poeta que ama as arquivoltas cangadas, a ornamentación sensual, a ubicua policromía. Ama tamén a armonía do verso, a música eterna, a galola do ouvido. Eisí emprega, as vegadas, ritmas escesivamente sonoras pra a lírica sensibilidade moderna, que cree que a poesía debe pousar na fror de verso como unha volvoreta, e non como unha abella. O poeta é agora, como Amado Carballo, como Bouza Brey, un poeta ouxetivo e cósmico, a quen dí máis que o mundo interior, o mundo esterno. O pensamento desenrolado é á miúdo trivial e da leitura fica entón somente unha sensación de cor e de armonía. Lese entón o verso como se escolta unha peza de música. O verso é música tan só. Mais nos mellores momentos lévanos pol-o reito vieiro da poesía con certeiras imaxes:
A soma vai fechando —me non óis?— a miña vos inzada de luar.
Na estrada dos —meus— ollos a miña anguria apurra os bois
...filósofos bois do meu ollar, (Trebas)
As arbres van pol-as orelas
collidas da mau de un bico.
o vento
afia nas pedras o seu asubio. (A noite)
Proisimidades frecuentes con Amado Carballo —especialmente o de «Proel»— e tamén con Blanco Amor na técnica constructiva do romance «As vegadas»—, tamén con Rubén Darío ou Carrere. A «Letanía a nuestro señor don Quijote» e a «Oración a la bohemia», xurden coroadas por estes versos:
Para os que loitamos pol-a vida a eito
para os que inda temos corazón no peito
Para o mendiñante,
para o camiñante,
para os que andiveron pol-o mundo adiante.
Para os tolleitiños, para os malfadados
e para os que viven ledos magoados,
piedade, Señor! (Ladaíña)
Como López Abente, Augusto Casas canta a fouce. Seu xeldo de cantala é unha boa exemprificación dos principios xerás da súa poesía denantes indicada. Compárese a súa «Oración a fouce» ca do poeta muxián. O que n-iste é imprecación de odio, e en Casas ladaíño, manso. Como tiña que ser, pois a ortodoxia da poesía de «O vento segrel» é o tono medio abaritonado, pouco estenso: é, en fin, o verso románico, macizo, sen nervos lostregantes nen pináculos supetos. Unha poesía sen sorpresas, en fin, pra o que descubriu o seu método constructivo.—R. C. C.
NEOLITHIS, roman neo-moderne, por Jean-Paul Ariste, Paris, s. d. (1931).
Neolithis é a capital da prehistoria. Outrora, chamábase Puydes-Rampions. Sobre Neolithis pesa o poder incontrastábel da ciencia oficial de Mr. Clampin-Fouilloux, prehistoriador potentado con autoridade académica. Mais Neolithis ten un sabio homilde e silencioso, o abade Lacassagne, máis amigo da verdade que de Platón. Picardan, jornalista genial, neo-moderno, contr'a ciencia oficial. Descoberta silenciosa do misterio, e descoberta barulleira do glozeliense de Le Garrigue. Unha carabuña d'abruño enxertado, aparecida n-un ladrillo con iscripción alfabetiforme, dá a vitoria á prehistoria morta.
Moitas máis cousas n-esta novela, que non collen n-unha notícia coma esta. E é lástima.
D'O MAR E D'A TERRA, poesías de Francisco M.ª de la Iglesia, publicadas por Fr. Gumer-
sindo Placer, Mercedario. Madrid,
Editorial, Mercedaria.
O erudito frade de Poyo e ilustre escritor galego P. Gumersindo Placer, salva eiquí do esquecemento os versos d'un dos
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/20/2047/20470402-07f3-4246-8ea0-f795f5d71a9c/11571296.xml
los cuales, según Camargo, convirtió su maestro y compañero Hermolas Arzobispo de Toledo, con que se convence más eran españoles. De ellos hace mención el Arcipreste Juliano y que el año trescientos y seis fueron traídas sus reliquias a España como a su propia patria y a Toledo, y que el mayor número de estos santos fueron españoles etcétera. Son gallegos de la antigua Galicia: la ciudad que fué de Auca, Oca y de sus montes de Oca, la cual había fundado y puesto su apellido un gran señor y gobernador hijo de la ilustre casa de Oca en Galicia. El capitán principal de ellos fue San Acacio y siendo sus emperadores romanos, naturales y oriundos de aquella misma tierra, que por su mucho valor los llevaron consigo a militar al imperio.
De creer es, que todos estos mártires pertenecen a Galicia, como notan algunos autores citados. Padecieron martirio crucificados, por confesar a Jesucristo, por estos tiempos en veintidos de junio.»
Ainda que non mereza moito creto isto, procedentes dos falsos cronicóns, débense n-iste caso ser tidos en conta, pois nos esprican unha lénda e, tal ves, o motivo do culto d-istes mártires na nosa rexión galega. A dita festa dos dez mi] santos mártires consta que se celebrou xa na eirexa do convento de Belvís no século XV. Pra fomentar a devoción dos fiés e procurar que contribuisen con esmolas, o Papa Inocencio VIII despachou o 14 de Marzal do 1489, a rogo da monxa doña Elvira Peña, unha Buldra pol-a que se concedían cen días de indulxencias por visitar dita eirexa, dende primeiras e segundas vésperas nas festividaes do Viernes Santo, Ascensión, Dedicación de Eirexa e os Dez Mil Mártires. Consta tamén que dinantes da reedifica-
ción da aitual eirexa (1725) había un altar adicado 6s Dez Mil Mártires, onde se atopaba a táboa, e que n-il se celebraba unha misa solene todol-os anos 4 sua honra.
A táboa, asegún isto, pódese ter como unha parte de un antigo retablo e quizás do século XV. A eirexa, emporiso, do convento de Belvís xa eisistía na mitade do XIV. Podería suceder que a dita táboa fora do derradeiro do século. Hai certos rasgos que non desmintirían ista data.
Agora é difícil de precisar. A táboa está en moi malas condicións. Botárona á perder as mesmas monxas. A fregaron con estropaxo e a repintaron que pon medo. Quedou feita unha verdadeira calamidade.
Chaman tamén moita atención os letreiros cas léndas. Istos foron pintados antre o século XVII ou XVIII. Debaixo os primitlvos, como pode verse nos comenzos dos ditos letreiros, algunhas letras de trazos antiguos.
Ista táboa, emporiso, non satisface á moi.
Fic. 4
tos peritos e sabidos críticos da pintura. Seu estado, en verdade, é pra desconcertar. Dende logo a sua téinica non sería de unha boa man, mais a sua antiguidade non pode dubidarse. É unha pintura craramente de valor arqueolóxico e hestórico pra a nosa cibdade de Compostela, Atribuirlle outros valores, é moi esposto pra cair na pura fantasía.
Foi un ilustre arqueólogo portugués, Xosé de Figueiredo, que se ocupou d-ista táboa n-un libro que non me foi posibre de cofiecer.
Soilo sabemos que iste autor, por unha carta (1) escrita 6 meu méstre sabido arqueó-
(1) “Unha carta inédita de Xosé de Figueiredo», por Alvaro de las Casas, páx, 154, NOS, núm. 93, 15 Setembro de 1931.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/20/2047/20470402-07f3-4246-8ea0-f795f5d71a9c/115712914.xml
84
traballar ben, necesitase práctica nacida do laboratorio; e ista operación que se fai con un instrumento cortante, navalla, cortaplumas, cuchila, etc., ben afiada consiste en adelgazar os bordes, rebaixar a grosura do pergameo na parte que corresponde o folio e na parte que corresponde o pedazo que se ha de engadir que se cortará exacto pra o buraco á encher.
O pergameo que ha de substituir n'este traballo acostuma á usarse de pergamina velina procurando no posibre a mesma grosura do pergameo que se traballa e sinón máis delgado.
Este trozo como xa dixen desvástase tamén pol-os bordes en coincidencia cos do pergameo, e unha vez feito o descarnado en ambas partes péganse con xelatina densa preparada con ácido acético e ponse entre dous papeles baixo unha pequena presión que ben poden ser planchas de metal pequenas aproximadamente de 8 × 10 cm. e 1'5 de groso.
Nas figuras 9 e 10 asiálase con rayado a-b a parte que aproximadamente se ha de descarnar pra perfecta coincidencia dos anacos; e eiquí está a habilidá do restaurador na perfecta limpeza do traballo de tal xeito que pasando os dedos pol-o sitio restaurado non se note a enmenda.
Si hai ocos no lombo do pergameo por onde se cose faráse a restauración con pergamiño velo moi delgado pra non engrosar dispóis a encuadernación.
Si algunha folla estivera cortada e iste corte somentes alcanzara o marxen ou marxens, a restauración é a devandita, mais si iste corte interesara ás letras, n'esta parte non se pode facer o descarnamento so pena de desaparecer a escritura: o procedemento e outro que consiste en xuntar e facel-a coincidencia o máis que se poida, e seguidamente dase un baño de xelatina sin ácido e pra manter esta unión axudando a xelatina o longo do corte, póñense trociños de papel delgado, dándose dispóis outro baño pol-a outra cara e asi feito colócanse as pezas de que antes faléi (fig. 10). Os anacos de papel pequenos están indicados por puntos.
Estes anaquiños de papel quitanse dispóis humedecéndoos lixeiramente e dispóis borrando os restos que queden, con goma.
Feita esta laboura introdúcese todo na prensa, na que permanecerá durante algún tempo, e ó sacalo queda xa listo pra encuadernar.
As vegadas atópanse furados os pergameos no centro da folla collendo escritura que impide a laboura de descarnamento, e estes buraquiños énchense con un baño denso de xelatina e auga (moi pouca) tendo pol-a parte de abaixo un papel que se sacará dispóis humedecéndoo con auga.
Isto é o máis esencial e fundamental na restauración dos pergameos, no que a práctica é a base de toda a laboura que sobor do particular se faga.
De moita máis responsabilidade é complicación e a restauración de manuscritos, libros, documentos, etc., en papel. A pouca consistencia do mesmo e por conseguinte o maor perigo que encerra de unha máis pronta e definitiva restauración obriga á maor coidado e escrupulosa vixilanciados mesmos.
Falaremos dos documentos en papel xa
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/20/2047/20470402-07f3-4246-8ea0-f795f5d71a9c/11571298.xml
O ANTIGO MELODRAMA PASCOAL
POR XERMAN PRADO, O. B. S.
Ocupados no arquivo cadeiral de Compostela en trascribir o canto do celebrado Códice Calixtino ca sua habitual amabilidade puxo nas nosas mans D. Xesús Carro, unha morea de anacos de canto gregorián aquitana do séc. XI ou XII, anque aqueles anacos pertenzcan a séculos posteriores.
Ren digno de especial mención, agas unha folla moi vella, na coal, non embargantes, pode lérse todo un pequeno melodrama mu-
tomados de cubertas de libros vellos. Ren digno de moita mención atopamos antre aquelas vellas lembranzas do pasado que revelan a existencia de un cantoral en nota-
sical, o chamado en algúns libros antigos officium sepulchri e que no anaco compostelán ten o título de AD SIGNIFICATIO-
NEM SEPULCHRI ou sexa unha pequena
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/20/2047/20470402-07f3-4246-8ea0-f795f5d71a9c/11571293.xml
BOLETIN MENSUAL DA CULTURA GALEGA
Ano XIV ★ Ourense 15 de Maio do 1932 ★ Núm. 101
E S 0
POR ANÍBAL OUTEIRO
Os árbores
—dous contados, pero máis—
abálanse para acalentar
a espranza das montañas
tirando do fin do istante.
Unha voce no ar
quer a ponte de un soño
para acabar de pasar.
É enxebre o día;
o pensamento folga d'il
e vai ficando nos latexos
en que se descansa da eternidá.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/20/2047/20470402-07f3-4246-8ea0-f795f5d71a9c/11571294.xml
UNHA TABOA DO CONVENTO DE BELVIS
POR XESUS CARRO GARCIA
ENTEIRÁRONOS, no derradeiro vrán pasado que as monxas do convento de Belvís, xa nas aforas da cibdade de Sant-lago, gardaban con moito agarimo unha táboa pintada de descoñecida antiguidade.
Unha tarde aló fomos e as monxas non nos puxeron reparo algún en que as viramos e as estudásemos ó noso xeito.
Trátase, como pódese ver na foto nro. 1, de unha peza pintada de tres taboas e unha táboa, se representa ó Noso Señor en Maxestade, sentado e beizoando ca man direita, tendo na outra o mundo que remata ca crus. Anxes orantes e de xionllos á un e outro lado. Á sua direita, detrás dos anxes, un monstro fero.
Escomenza a parte número 2 con ista inscripción:
Responde a lenda seguinte: «Como los diez mil martires, por la gracia de Cristo, fueron cristianos i bencieron mil ereges.»
Alí están dous exércitos de cabaleiros defrontados. Na direita, os cristiáns. Nol-o di a crus roxa pintada nos escudos e bandeiras. No centro, enriba d-unha coluna, un ídolo. As frechas revíranses contra os musulmáns. Diante dos cabaleiros cristiáns, tópanse dous guerreiros de xionllos. Un anxel, no lado do exército cristián, baixa do ceo e presenta ista cartela: «Cree en cristo i bencereis». Na parte 3, outra inscripción:
Dinos a sua lenda: Despues los llebo el angel al monte Ararat, e do fueron presos i llebados delante los emperadores y los mandaron ape...»
Vése un grupo de mártires. No centro, un anxel que ten ista cartela: «Presto recibireis martirio». Despois outros anxeles que traen nas mans froitas, vasos, xarros e outras cousas.
E na parte 4, a derradeira inscripción:
É o seguinte: «drear i que le diesen toda la Pasion de Cristo Nuestro Señor padecio ansi por entero. Fué en todos executada la sentencia».
Tópanse alí, na esquerda, dous emperadores coroados e sentados. Os escoltan guerreiros ben armados. No centro, grupo de mártires. Na derecha máis guerreiros. Paresce que son os gardas dos mártires.
Na parte número 1, grabado de forma da d-elas fendida. Ten forma reitangular e remata en frontón. Mide de outo 1'95 m. e no ancho 1'62 m. Está dividida en catro partes horizontaes e cada unha con un outo de 45 á 48 mm.
Fig. 1
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/20/2047/20470402-07f3-4246-8ea0-f795f5d71a9c/115712916.xml
parte unha dosis abundante de pasta de fariña de almidón, lixeiramente diluída, ou de xelatina.
Feito este tratamento ponse dispóis do lado seco pendente de unha cinta á secar. Seco xa si aínda non ten consistencia bastante, repítese a mesma operación pol-a outra cara.
Si o papel é demasiado sutil, blando ou está corroído á causa da tinta de vitriolo, entón restaurárase somentes con aplicarlle o velo de seda (ou crepe line) pero denantes é mester preparar o papel pra que poida recibir a restauración do velo de seda, e pra iso móllase con unha esponxa o manuscrito, habendo quitado coa man mesmo sin chegar a escritura toda a parte arruinada que se atope nos bordes e sexau fragmentos inuteis, colocando dispóis o manuscrito entre dous lenzos de seda e dispóis de mollar o lombo do documento pra estendelo ben, operación que se fai enriba de un cristal, humedécese con xelatina a parte á restaurar onde se atopan os lenzos de seda e dispóis todo o manuscrito; feito isto dáselle a volta e móllase pol-o outro lado mollando todo o contorno que haxa que restaurar con cola ou goma de rumento, colocando seguidamente por todal-as partes faltosas papel de filtro, que igualmente se mollará; inmediatamente, todo isto colocado sobor de un soporte como o indicado na figura núm. 4, con unhas pinzas quítase seguindo o contorno todo da parte que se restaura, e quitado o sobrante ponse enriba do manuscrito outro lenzo de velo que recibirá unha capa da dita cola de trigo ou fariña.
O traballar sobor do cristal a según indica a dita figura ten por ouxeto que o seguir o documento no seu contorno coas pinzas, pol-a transparencia que da pódese facer con eisactitude grande a operación, na que se usará de pinzas e de un punzón.
Nos bordes lateraes pra reforzalos encólase con fariña e pónselle papel fino, aplicando dispóis lixeiramente a xelatina pol a parte restaurada e pol-os lados, o mesmo que pol-a outra banda, dándolle nos bordes unha nova capa de cola fariñenta, póndose dispois á secar colgado de fíos ou cordeles.
Rematada a operación e seco ben o papel
NÓS
pásase pol-a prensa fortemente pra alisalo, recórtase á escuadro e seguidamente pásase pol-o cilindro satinador fortemente, e isto feito pode entregarse xa pra encuadernar.
Cando solamente esté escrito por un lado encólase con goma de fariña e colócase un prego de papel «Elefante velina» e polo lado da escritura o papel pra restaurar pol-o procedimento xa dito.
Xa que conocemos o procedimento á seguir é mester dar á conocer as condicións dos materiaes á traballar, en cada caso concreto.
A xelatina que se emprega é de fabrica-
FIG, 7
ción francesa conocida co nome de «Marca de oro» e a máis pura de todas pol a calidá pero un pouco débil, antigamente empregábase a «Heinrichs für Lichtdruck» da fábrica alemá de xelatina Hocchsta. M.
O texido de seda que oxe se emprega con positivo eisito foi primeiramente empregado pra substituir o papel transparente, pero surxía un pequeno incomenente cal era o da demasiada blancura da seda que facia algo ilexible algunhas escrituras, pois parecía que había unha néboa.
Estudiouse a posibilidade de evitar este
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/20/2047/20470402-07f3-4246-8ea0-f795f5d71a9c/11571292.xml
BOLETÍN MENSUAL da CULTURA GALEGA
Direitor Literario
Vicente Risco
Direitor Artístico
Alfonso R. Castelao
Adeministrador
ANXEL CASAL
DIREICIÓN E REDAUCIÓN:
Sto. Domingo, 47—OURENSE
ADEMINISTRACIÓN:
Hortas, 20 — SANTIAGO
ABONAMENTO
Doce números, na Península
6'00 pesetas.
Fora da Península
8'00
Número solto
0'70
Os pagos son adiantados e os gastos de xiro de conta dos suscritores
NOTA
Este boletín non publicará mais orixinais qu'os que foran directamente solicitados pol-a Dirección. Tampouco se fai solidario das ideas n-eles emitidos, a non ser dos que por non iren rubrados, enténdense que son da Redaución.
SUMARIO
Eso, por ANÍBAL OUTEIRO.
UNHA TÁBOA DO CONVENTO DE BELVÍS, por XESÚS CARRO GARCÍA.
O ANTIGO MELODRAMA PASCOAL, por XERMÁN PRADO.
NOTAS ENCOL DA LABOURA DE RESTAURACIÓN DE DOCUMENTOS (proseguimento), por ALFONSO VÁZQUEZ MARTÍNEZ.
MISCELÁNEA. — Un castro na beira do Miño, por XÁN ASTORGA. — Cossante, por CARBALLO CALERO.
OS HOMES, OS FEITOS E AS VERBAS.
IMPRENTA “NÓS”
Facturas - Estados - Libros - Revistas
e toda crás de traballos tipográficos
Trasmitanos os seus encárregos
Hortas, 20
SANTIAGO
Dicente Risco
Abogado
Santo Domingo, 47-2°
OURENSE
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/20/2047/20470402-07f3-4246-8ea0-f795f5d71a9c/115712920.xml
NOS
90
OS HOMES, OS FEITOS, AS VERBAS
INSTITUTO DE ESTUDOS PORTUGUESES
NOVAS
A imprensa bretona e a imprensa irlandesa à uma, adican másimas loubanzas ó libro de Louis Le Roux, *La vie de Patrice Pearse*. *Breiz Atao*, *La Bretagne Federale*, *The Irish Press*, *An Phoblacht* coinciden em dicir que é o estudo mais cumprido que se ten feito encol da vida do home da Liga Gaélica e heroe da Páscoa de 1916, á quen a Irlanda vai render un homeaxe púbrico. O jornal dos republicanos irlandeses reco menda que se faga unha tradución d'iste libro pra os nenos das escolas d'Irlanda.
A coletividade galega de Bos Aires rendeu un homeaxe ó nosso colaborador E. Blanco Amor, co gallo da pubricación do seu *Poema en catro tempos*.
VIDA UNIVERSITARIA
UNHA CONFERENCIA ENCOL DO NOSO PROBREMA CAMPESINO
Pronunciouna o bibliotecario don Santiago Montero Díaz, antigo alumno da nosa Universidade. Organizouna a Asociación Profesional de Estudantes de Derecho (F. U. E.). O conferente tratou o tema apricando o método marxista. Resumimos os principais conceitos espresados. A vida económica do campesino galego é angustiosa. O problema —dificilísimo— é de maquinaria e industrialización. A situación do campesinado viña aliviada pola emigración, o diñeiro dos emigrados e o traballo industrial que o labrador realizaba nas vilas. Mais a situación das Américas e o paro obreiro forzoso fan hoxe ilusorios tais alivios. A República, como fixo a Monarquía, desatende o agro galego. O problema agrario galego adquire relevancia histórica co movimento dos Irmandiños, que realizan un ensaio de revolución social. Os reis católicos, por comenencias tácticas, aceitan a obra dos Irmandiños. A consecuencia d'esto no século XVI a economía rural galega é próspera. No XVII decae, e no XVIII a miseria é tan grande como antes dos Irmandiños. A miseria prosigue nos séculos XIX e XX. Pra comprobar as súas afirmacións lee textos de Feixóo, Street e Risco. O campesino galego só ten unha máscara de propiedade: é propietario pra traballar a terra, mais non pra disfroitala, salvo unha pequena parte. A crase campesina é esplotada pola pequena burguesía, porque non existe o grande capitalista (Risco). A solución que propón é a revolucionaria. Eiquí afástase das solucións propostas por Risco. O problema se non pode resolver isolado, sen resolver con il o de Andalucía, por exemplo. A revoluición é a técnica agrícola e a ciencia económica. A dirección do campesinado debe asumila o proletariado das vilas auxiliado pol-os intelectuais revolucionarios. Hai que loitar contra o sentimento conservador que se imbuie ó campesino. En Galicia a consiña non é o reparto das terras; é: nin un tributo nin un foro; os produtos da terra —non a terra mesma— pra quen a traballe; nin unha contribución ó Estado burgués. O movimento ha ter un senso internacionalista. Ha ser a III Internacional quen o dirixa.
A nosa Universidade honróuse coa visita de dúas figuras preclaras da intelectualidade lusa: Joaquim de Carvalho e Jaime Cortesão.
Joaquim de Carvalho, catedrático en Coimbra, espírito alerta, fina sensibilidade, simpatía cordial, espricou tres fremosas leccións encol de Anthero de Quental. Nas conversas que sostivemos co ilustre hóspede tivemos ocasión de apreciar o seu interés pol-as modernas letras galegas. Lembramos un afervoado eloxio do discurso de ingresso na Academia Galega lido por Otero Pedrayo.
Jaime Cortesão pronunciou outras tres conferencias encol do Portugal mariñeiro e descobridor. A primeira, tidoada «As origens marítimas de Portugal nas suas relações com a história da Galiza» merece ser reseñada.
O conferente começou por afirmar que nunca se sentiu estranxeiro en España, mais que en parte algunha da Iberia se xulga tan próximo da patria como en Galicia. N-iste sentimento de comunidade espiritual entran algúns elementos culturais, ben literarios ben históricos. A estes derradeiros val referirse, pois desexa que a súa primeira conferencia sexa unha homaxe a Galicia e á sua metrópole espiritual, Santiago.
Traza en primeiro logar aquilo a que chama a teoría xeográfica da formación de un estado no Ocidente da península. Ó seu ver as rexións de aquén e de alén do Miño forman —e cita a Otero Pedrayo pra corroborar a sua tese— un todo xeográfico e só a intervención de outros factores de orden relixioso e social impediron que entrasen na mesma unidade política. A causa da desintegración de Galicia do Estado do Ocidente da península débese á importancia excepcional que Santiago tomou como centro de peregrinacións, tornándose unha especie de Roma de Ocidente, capital aberrante de unha rexión cuia metrópole natural era Lisboa.
Aduz en proba a existencia de unha mesma lingua galaico-mozárabe en toda a banda occidental da península dende o século VIII ó XIII, feito que filia na división conventual da administración romana e no seu sistema de vías, ambos moldados sobre as condicións xeográficas naturais.
Define a seguir a sua concepción económica dos orixes de Portugal, que nasceu, como nación, do poboamento do litoral, encetado dende os albores do século XII, coa formación en consecuencia de un novo xénero de vida no Ocidente da Península; o comercio marítimo con base na agricultura. Nos fins de aquil século xa os navios portugueses frecuentaban Bruges e Marseille e os varios portos de escala dos países intermedios. Foi iste o feito que determinou unha solidaridade nova e a concencia de un patrimonio común.
Mais se a formación de Santiago como metrópole relixiosa provocou a separación política antre Galicia e Portugal foi a cidade do Apóstol a grande suscitadora do comercio marítimo no Ocidente da Iberia, pois revelou, por intermedio das peregrinacións, a grande riqueza industrial de Flandes e de Italia, e iniciou os primeiros troques con eses e outros países. Ademais, é ainda un arcebispo de Santiago, o célebre Xelmirez, quen inicia, no primeiro cuartel do século XII, a construcción de navios de guerra, indispensables á seguranza do litoral, exemplo logo seguido polo primeiro monarca portugués.
Dende entón e hastra os fins do século XVI, non máis se desata o convivio e a colaboración marítima antre Galicia e Portugal. Refirese a participación de galegos nas tomadas de Ceuta e de Arcila; o galego mestre Xán físico e astrólogo do
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/20/2047/20470402-07f3-4246-8ea0-f795f5d71a9c/115712913.xml
NÓS
é o material empregado con procesos e procedimentos que deseguida imos a analizar.
Pra poder camiñar o par do documento que se vai á restaurar seguiremos paso a paso todol-os detalles necesarios e precisos, procurando detallar nas cousas que pola sua delicadeza de traballo necesiten unha explicación máis clara, pra o seu mellor entender.
Si se trata de un libro con follas de pergameo, o primeiro que se fai é desencuadernalo procurando non cambiar os folios pois como se sabe cuáseque non están enumerados, e si así é numéranse con lápiz.
Este códice á tratar suponse que estará atacado pol-o verme e por conseguinte no lombo do mesmo as ligaduras das encuadernacións e o pliegue dos folios.
Desencuadernado si os folios están moi enrugados humedécense lixeiramente de modo que sin estar mollados estén húmedos, e colócanse seguidamente entre follas de papel filtro e por riba taboeiros de madeira que sin faguer gran presión fan que a auga sobrante sexa chupada pol-o secante.
Pero como quizá ainda conteña bastante humedá, vólvese á colocar o pergameo entre dous taboeiros de madeira e dúas follas de papel corrente, recibindo entón unha pouca máis presión que na primeira vez; isto feito xa temos o pergameo en condicións de ser traballado e como é probable que ainda as enrugas non lle pasaran, no sitio onde éstas se atopen estirase co-a man, tratando de desfacel as máis posibres, pra volver de novo á prensa metidas entre papeles e taboeiros e con unha presión maior que as derradeiras, déixanse estar por espacio de media hora ou tres cuartos de hora.
Hai que procurar todo o posible que non faga cama ningunha enruga, pois hai que tratalo de novo.
Transcurrido iste tempo separaránse de novo por si quedou algún folio mal e ó mesmo tempo dáselle a volta. Na prensa colocaránse d'este xeito: unha folla de papel non moi groso, dispóis unha folla de pergameo, enriba outra de papel, e inmediatamente un novo cartón, e do n esmo modo en outra folla calquera, de modo que o pergameo queda entre dúas follas de papel e dous cartóns.
Así colocadas volven de novo á prensa e entónces aprétase fortemente deixándoas eisi por espacio de 48 horas.
Este tempo é mester como así mesmo a forte presión, porque cando se introduce na prensa aínda vai húmido, e cando está prensado e sin enrugas, ó sacalo fora da prensa, aínda húmido, contráicse e retórcece todo.
Fig. 6
pol-o coal con unha forte presión sécase e adquire unha posición chaira e lisa.
Ás 48 horas pasadas ou máis si fai falta sacaráse da prensa e comenza o traballo propiamente dito de restauración, o que terá por obxecto renovar e reforzar todas aquelas partes que estean carcomidas ou rotas, cortadas ou de calquer outro modo anormal, xa foran causados pol-o deterioro ou malos tratos do pergameo.
Co-isto comenza o descarnamento que é a operación máis complicada porque pra