https://biblioteca.galiciana.gal/gl/catalogo_imagenes/descargarAlto.do?path=1157138&posicion=1
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/1d/1d15/1d1501cf-3121-4728-9400-58735f49f52a/115713812.xml
256
seus efeitos son de cote os ditos, e ademais, saen sempre d'homes co fígado revolto.
Por certo qu'a raza judaica é unha raza hepática, de temperamento domiñado pol-o fel, e d'eiquí a coor de ceruda dos mais puros. Pode que n-outra raza non houbera feito o desterro os efeitos que n iles fixo.
O internacionalismo é unha ideia desesprada, de biliosos, de carraxentos que desexan, coscentemente ou non, pra todos, a mesma disgracia qu'iles padecen. O pior é qu'os demais, ao veren esa *ideia disfrazada, con verbas de generosidade e d'amor universal, acóllena e parécelles ben. Acontez coma co comunismo: gente chea de bós sentimentos e de verdadeiro amor á humanidade, acolle esas doutriñas coidando que son d' amor e piedade, e que no fondo están ditadas polo odio, polo resentimento, coma dixo Nietzsche, o odio dos tchándála, a vinganza dos parias, que ao que vai é a destrución de todo, en nome d'un ideal imposibele, que cecais os seus procramadores sabían ben que o era...
E coma se sábe, tamén o comunismo é judaico.
Ora, compre fixarse ben n un feito: os ju deus, onde resultaron mais temíbeles foi na Europa central; onde houbo antisemitismo nos tempos modernos. Pódese perguntar s'a perigosidade dos judeus é causa ou efecto do antisemitismo. Por outra banda, a perigosidade ideológica dos judeus semella terse desenvolto na Europa central principalmente dend'a reforma de Moisés Mendelsohn. Porque semella que o judeu mais perigoso non é precisamentes o non asimilado; parez mais ben que a perigosidade está nos infideles á tradición da sua raza, nos que despoixas de perderen com'os mais a patria terrea, perderon a patria espirtual da Thora e do Talmud. O perigo se cadra non está na Sinagoga, nen no Ghetto; o judeu non é se cadra perigoso por judeu, senón por cosmopolita.
O antisemitismo pode n-iste senso ser incruso unh'arma pra iles. A Akelkrens non ha de ser suficiente amuleto proteitivo. A outra cruz, si.
E mais din qu'a ela han volver na fin dos tempos os fillos d'Israel. Anuncios ja os hai: en Oranienburgstrasse, 20, está estabrecida
NOS
a sociedade Judenchristliches Zeugris an Israel que ten os domingos servizo diviño e sermón, terza e quinta feira, confrencias bíblicas demostrativas da misión mesiánica de Cristo.
PRECURA DE DEUS.
A sociedade moderna, decadente, materialista, estragada pol-o marxismo, pol-o freudismo, pol-o nudismo, pol-o capitalismo, quer e non pode vivir sen Deus. Anda a precura de Deus pol os camiños mais estraviados e retortos, moitas veces pol o camiño do exotismo e da tolería. A mesma rabia impotente e furiosa dos ateos amostra qu'a trasnoitada fé na cencia, propia do século XIX, qu'erguera os cómicos prestigios de tipos coma Haeckel e Ostwald, vai perdendo adeutos a mais non poder.
En Berlín hai o demo de religiosos: na Mesquita inda véndense folletos de propaganda musulmana. En Fehrbelline Platz, hai unha eirexa rusa ortodoxa. En Frohnau, fermosisma aldeia ao N. de Berlín, hai un tempro buddhista. N-outro lado que non lembro, inaugurouse hai pouco un tempro brahmáni co. E trescentos mil mais.
Visitei a Buddhistiches Haus de Frohnau. Foi ergueita por un Profesor alemán de Berlín convertido ao buddhismo, cuia viuda vende alí libros e follas de propaganda. Hai uns jardís e unha chea de grorietas, escadoiros e terrazas armadas con coios do río. Hai unha casa e mais un tempro con teitos estilo chinesco. Por adentro, non ten nada de particular. O tempro ten no testeiro unha praca de cemento c'un Buddha en baixo releve. Aos lados, dúas estelas de mármore oscuro, con letras douradas, conteñen sentenzas do Dhammapáda, unha n-alemán, outra en pali, anque escrito en letra latina. A entrada é libre pra quen queira ir; a ninguén se lle pide nada. Os mesmos buddhistas non están obrigados a cotizar. As quartas feiras júntanse no tempro e cantan. Algunhas veces teñen confrencias. Pódense sentar no jardín e meditar. Aquelo é unha cousa tristeira e fría, cecais acaendo moi ben no credo do Tathagatha.
A tendenza dos alemás car'as filosofías da
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/1d/1d15/1d1501cf-3121-4728-9400-58735f49f52a/115713818.xml
262
rillo Mendes, J. B. Guerra, Wellington Brandão, etc., etc. Ilustradores: di Cavalcanti, Paulo Werneck, Rui, Flavio de Carvalho, Carlos Frederico, etc., etc. Redactores: Carlos Lacerda, Rui Costa, Jayme Assis Almeida. Toda en letra minúscula. Capa coorida estilo anuncio.
SEARA NOVA, Lisboa, núms. 366 - 367.
Estética da velha cantiga d'amor, por Rodrigues Lapa.= Columbano. Recordações por Diego de Macedo.
SUDETENDEUTSCHE ZEITSCHRIFT FÜR VOLKSKUNDE, Praga, 1933, 5/6 Heft.
Trai un estudo encol do poeta silesiano Victor Heeger, un exaltador da súa patria, que nas suas obras pretendeu dar consciência de si mesmo ao pobo da Silesia.— Anuncia un libro fundamental do Professor G. Jungbauer encol da Medicina Popular alemã (Grundriss der deutschen Volksmedizin) cuio sumario, d'un grande intrés ata coma modelo, inserta.
HUMBOLDT Y LA ESCUELA DE MUTIS, por Prof. C. Torres-Umaña.—SPANISCHE LYRIK AUS VIER JAHRHUNDERTEN, por Richard Hirsch, Jena und Leipzig, 1933.
Son duas publicacións da seixón Hispânica do Seminario Románico de Berlín, que dirige o ilustre Prof. E. Gamillscheg, ben coñecido entre nós dend’os seus cursos en Compostela. A primeira é unha conferência dada en castelán pol-o Prof. C. Torres Umaña, Encarregado de Negocios de Colombia n-Alemanha, en col das relacións do barón Aleixandre de Humboldt co naturalista hespañol D. José Celestino Mutis, criador d’unha escola d'investigadores americanos en Nova Granada.
A segunda é unha recolleita de traducións alemás de poesías de 26 autores hespañoles e algunhas outras anónimas. O autor máis
NÓS
antigo, o Alcipreste de Hita, o mais moderno, Manuel Machado, o libriño contén efectivamente mostras da lírica hespañola de catro séculos e ainda máis. A orde non é cronológica. As versiós son fideles e atinadas. No índice trai unha breve notiza de cada un dos autores; na introdución, unha ollada xeral en col da lírica hespañola.
OC. Revista bimestral de la Renaissenca dels Països d'OC. Núm. 12-13, dos meses de Maio-Agosto, Barcelona.
SUMARIO.—J. Carbonell: Cinc dies d'observació a Euzkadi; C. Campos: Lo desarmament d'una amira occitana; Lluís Creus: L'electrificació d'Andorra; C. Morel: La cerámica de decoración excavada dins los «clapasses vells» dels causses gavandanes, Generalitat de Catalunya: Estatut interior de Catalunya; V. Bernard: Petita Antologia; Lugar, Lletres Catalanes, Arts occitanes, Crònica.
O INSTITUTO, Revista científica e literaria. Núm. 86, Coimbra.
SUMARIO.—A tese da Infanta nas líricas de Camoens; IV, pelo Dr. J. M. Rodrigues; Contribution à l'étude de la relativité générale; L'espace et sa mesure, por J. Perpetuo da Cruz; Anais da vila de Ericeira, por J. de Oliveira Lobo e Silva; As tres conferências africanas; III Conferência de Bruselas, por * * *; Tratamento médico da úlcera gastroduodenal; A Pepsinoterapia, por M. Simões Frincão; Alejandro Herculano y España, por Luís R. Miguel; Tres ensaios sobre Antero de Quental; III Antero de Quental na fase última da sua vida, por Rui Galvão de Carvalho.
LA NOSTRA TERRA Mallorca, Núm. 70, Octubre, 1933.
SUMARIO.—El ball regional; Virtutes de la paraula, M. Ferro; El triangle Lluminos, Elvir Sans; Letra de Barcelona. El llibres. Reculls de Fora. Noticiari.
NÓS, Pubricacións Galegas e Imp. Rúa do Vilar, 15, Santiago
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/1d/1d15/1d1501cf-3121-4728-9400-58735f49f52a/115713816.xml
NÓS
260
OS HOMES, OS FEITOS, AS VERBAS
LIBROS
POEMAS DE SÍ E NON.
Alvaro Cunqueiro,
Edicións un, Lugo.
ÁLVARO Cunqueiro é o máis novo dos poetas, sempre será o máis novo, e os seus Poemas de Sí e Non son tamén os versos máis novos de toda a nosa poesía, poeta —que gusta resucitar o termo— pol a gracia de Deus, o que supón estar n’unha tradición, vir de máis alá, é home de hoxe, iste seu libro, que se sabe na converxencia fonda dos problemas eternos da poesía e dos actuais da cultura nova, dase a il c’unha gracia e unha facilidade de cousa de xogo.
Anda rota a gran tradición da poesía e do arte que ven do Renascimento. O Renascimento que atopou ao home perdéuno na encrucillada da paisaxe que descobreu o Romantismo. Aquil que era un arte sán, unha poesía de proporcións, equilibrada, a poesía do home —que é senso de medida— trabucouse, suspensa, diante a paisaxe, e rematou emborrachanse d’ela. Foi o tempo da invasión das cousas sin límites. Todo como paisaxe. O home na paisaxe denantes da invención dos telemetros, a calma como un paisaxe máis. Os tempos que veñen dempóis até nós non son en moito efectos d’isa borracheira?
A poesía de hoxe, a superrealista principalmente, aínda que con outras intencións, i anque filla de Freud e de Joyce ten un senso de reconstrución da unidade poética, ca miña cara a fusión de todol os elementos poéticos. Sucesora d’un obxectivismo cerebralista volve os ollos ao suxeto. E baixo a sua forma anárquica recolle as dúas liñas opostas da tradición. D’ista poesía de hoxe ningunha tan conscente n’iso, no que nós coñecemos, como a de Álvaro Cunqueiro. Acráranos o porqué do camiño recorrido pol-a poesía nova. Vemos agora a finalidade do seu proceso Os Poemas de Sí e Non están moi perto do novo renacemento. Que ista poesía choute.o prano da conscenza e tere mos firme o camiño cara a unidade. N’els aparesten, non xa confusos e revoltos, senón fundidos o home i as cousas. Deiqui que non poidamos encaixalos nas crasificacións correntes. Subxectivos ou obxectivos? Todo. E a poesía universal.
Poemas de amor. Amor de homes ou andan de noivado ás illas i-as laranxas? Ela é tan muller na soma antiga das pombas ou
no andar adolescente dos ríos como no seu leito de virxen namorada. Toda ela é paisaxe, sendo toda muller. I-o libro é unha liña recendente de sís e nons no home e nas cousas vexetales.
E o mito da noiva en total-as cousas que se xuntan pra seren noiva. Dempóis do Noivado a Elexía atopa xa ceibes as cousas. Esquenceran.
Por isto a poesía de Cunqueiro —como a de Carballo Calero que abríu outros vieiros— rompe coa tradición da poesía galega. Non ten ren d’aquela primeira poesía humanísima de excesivo almíbre subxectivo, nin coaquela outra derradeira que se deshumanizou seguindo unha moda acentuada en Hespaña, e que nos levou á esterilidade dos anos 30 a 33. Poemas de Sí e Non son o cume d’unha serie de versos reitificados que non se escribiron n’ises anos ermos.
Poesía fonda, que deixa cada verso aberto ao problema, axil, e chea de gracia, da máis nova gracia poética, i-esencialmente —cousa que distingue toda a poesía do seu autor— limpa. Na poesía de Cunqueiro nunca sobra ren, nin as erratas, que non hai n’iste libro.
Seoane o ilustrador da nova poesía galega adorna ista con sete dibuxos que son outros tantos poemas. Ista liña de Seoane é a máis leda e amabel do novo arte galego. -X. L. R.
POLÉMICA SOBRE ESPIRITISMO.
Coruña, Imprenta Moret, 1933.
No ano de~1931, do 27 de Sant-lago ao 24 d’Agosto, celebrouse no Ateneo Ferrolano unha discusión en col das principais téses espiritistas, na que participaron a prol do espiritismo os Sres. DD. Rodrigo Sanz, don Luís Pérez Carballa e D. Daniel Dod Martínez, e en contra, D. Félix García Tejedor, dend’a posición católica, e D. Jaime Quintanilla, dend’a posición escéptica. Iste libro contén a reseña de tan interesante controversia. N-ela, crar’esta ninguén resultou trunfante, ninguén mu dificou as súas ideas, ninguén convenceu ao seu contrincante, coma de cote acontez n’istes casos, O qual non quer dicir que non señan útiles, senón pola contra: non somentes resultan pra os contendentes un manífeco exercicio dialéctico no qu’os conceitos defínense, acráranse, afíncanse e delimítanse, senón que o púbrico adequire unha chea de coñecencias novas, e ten ocasión de pór en xogo a faculdade criteca. Por iso slempregaron tanto tempo nas antigas Universidades, das que en mal hora desapareceron.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/1d/1d15/1d1501cf-3121-4728-9400-58735f49f52a/115713815.xml
NÓS
259
cia dos politecos, andan desesprados en precura d'II; cecais non estean tan tolos, cando pol o menos o buscan, namentras qu'os outros, os marxistas, os freudistas, os meca-
nicistas, camiñan sen ll coma se tal cousa. Cecais os tolos señan istes.
Agardemos un día en que ao fin s'amostre Deus a todos.
MISCELANEA
UNHA VARIANTE DUN REFRÁN POPULAR RECOLLIDA POL-O P. SOBREIRA
Entre os insines benedictinos galegos do séc. XVIII dempóis dos P. P. Feijóo e Sarmiento destácase o P. Xoan de Sobreira Salgado, nado no 1746 en Santa María de Beade, diócese de Tui e hoxe pertencente ao partido xudicial de Ribadavia. Aos quince anos, o 17 de Novembro de 1751, entróu no mosteiro de Sopetrán no partido xudicial de Brihuega actualmente; en 1763 pasóu a Ribas de Sil a estudar Filosofía; en 1766 empezóu o estudo da Teoloxía en San Vicente de Salamanca; en 1769 foi nomeado pasante desta cencia en San Pedro de Eslonza, preto de León; en Abril de 1770 trastadóuse como segundo pregador do mosteiro de Monserrat de Madrid á capital de Hespaña, onde foi ordeado presbitero na festa da Trindade deste ano polo bispo auxiliar de Toledo; no 2 de Maio de 1777 pasóu de segundo pregador a San Martiño da mesma vila; en 20 de Maio de 1781 nomeárono pregador maior de S.:hagún; no vran de 1784 viaxóu por Galiza, que él chama «mi patria», e a fins de Xullo chegóu a Sobrado, onde estivo sete días, pra visitar ao abade deste mosteiro Bieito Blanca, paisano seu. Alí extractóu o Tumbo vello desta casa. O 24 de Outubro de 1784 pasóu de pregador maior a San Zoilo de Carrión e no 16 de Maio de 1789 foi trasladado a San Martiño de Santiago.
Mais a sua estada no querido Santiago non foi longa. O oito de Marzo de 1797 estaba xa en Ribas de Sil dende donde con esta data escribía ao seu amigo o médico i eminente botánico castelán Casimiro Gómez de Ortega, (1741-1810), «quiero pretender o pedir directamente al Reverendísimo General la Vicaría de San Payo de Santiago, como conducente a mis estudios. Ni aún é-ta espero, por haber muchos pretendientes anticipados». Pouco dempóis era nomeado Abade de Sopetrán i en 1805 finaba a súa laboriosa e ascética vida en Madrid.
Os seus traballos centíficos non foron pu bricados e consérvanse manuscritos na Academia da Historia de Madrid, da que foi membro correspondente dende o 14 de Xullo de 1786 en que o fixeron tal por ter composto un tomo que non se dóu ao prelo, e que comprende escrituras da fundazón e dotazón do Hospital da Herrada, preto de Carrióu. O gosto polas cencias naturás tan frecuente en moitos sabidos do sec. XVIII, leváronlle a facer pacentes estudos desta crás, mais a parte principal da sua vida centífica consa grouna á contribuzón ao «Corpus diplomático hespañol», concebido polo Orde benedictino a imitazón do feito en Franza cen anos antes polos groriosos monxes da Congregazon de San Amaro, e á formazón dun diccionario galego que non concluiu, mais no que non só son aproveitabres os datos recollidos con pacencia i escrupulosidade nas moitas aldeas por que peregrinóu, sinon tamén o método que siguéu do estudo comparativo dos distintos sinificados das mesmas verbas según os variados lugares.
Entre as selectas relazóns que o uniron a homes esgrevios do seu século, decátanse as que mantivo có insine gaiego D. Xosé Cornide, nado no 25 de Abril de 1734 na Cruña, e morto o 22 de Febreiro de 1803 en Madrid, onde residíu dende o 1789. Nunha caria escrita a este señor dempois do 25 de Febreiro de 1793 e consurvada no tomo 2.º dos seus manuscritos, comunicalle este refrán:
«Home de Lugo, muller de Mellide besta da Cruña e can de Furelos, de todos eles Dios che me libre como dos demos».
o cal cremos unha variante do tan coñecido: «De besta luguesa, de muller coruñesa e de home pontevedrés, librenos Dios dos tres».
P.P.C.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/1d/1d15/1d1501cf-3121-4728-9400-58735f49f52a/11571382.xml
BOLETÍN MENSUAL da CULTURA GALEGA
Direitor Literario Vicente Risco
Direitor Artístico Alfonso R. Castelao
Adeministrador
ANXEL CASAL
DIREICIÓN E REDAUCIÓN: Sto. Domingo, 47—OURENSE
ADEMINISTRACIÓN: SANTIAGO
ABONAMENTO
Doce números, na Península 6'00 pesetas.
Fora da Península 8'00
Númaro solto 0'70
Os pagos son adiantados e os gastos de xiro de conta dos suscritores
NOTA
Este boletín non pubricará mais orixinas qu'os que foran directamente solicitados pol-a Direición. Tampouco se fai solidario das ideas n-eles emitidos, a non ser dos que por non iren rubrados, enténdense que son da Redaución.
SUMARIO
ENTÓN TAMÉN, por XOSÉ LOÍS PARENTE.
O BÁGOO EN FORMA DE «TAU» NA GALIZA, por MARVÍN CHAUNCEY ROSS.
OS TRISTES VIÑOS DE HUNGRÍA, por RAMÓN OTERO PEDRAIO.
DA ALEMAÑA, por VICENTE RISCO (Remate)
MISCELÁNEA: UNHA VARIANTE DUN REFRÁN POPULAR RECOLLIDA PUL-O P. SOBREIRA, por P. P. C.
OS HOMES, OS FEITOS, AS VERBAS.
IMPRENTA "NÓS"
Facturas - Estados - Libros - Revistas
e toda crás de traballos tipográficos
Trasmitanos os seus encárregos
Rúa do Vilar, 15 SANTIAGO
Dicenle Risco
Abogado
Santo Domingo, 47-2° Ourense
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/1d/1d15/1d1501cf-3121-4728-9400-58735f49f52a/115713819.xml
Os pobos somentes son grandes pol-a cultura.
Mercade Libros Galegos.
https://biblioteca.galiciana.gal/gl/catalogo_imagenes/descargarAlto.do?path=1157138&posicion=14
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/1d/1d15/1d1501cf-3121-4728-9400-58735f49f52a/115713813.xml
NOS
India ven já do tempo do romantismo e da gran filosofía panteista postkantiana. Fichet, Schelling, Hegel, Schopenhauer, creeron coincidir moitas veces cos Upanischad e cos Pitakas. Foi moito mais tarde cando se descubríu qu'o panteismo indo e o panteismo alemán eran cousas d'unha fonda diversidade. Mais aquela mirage-oriental aínda vai perdurando n algús eruditos románticos, levados con seguranza do noxo qu'en naturezas superiores, d'una fina sensibilidade, cheas de desengano e sen coraxe pra recuar en precura da tradición, ten que producir iste despreciábel mundo moderno. Eu comprendo qu'esas naturezas finas e flebes, precuren fuxir da vida actual solagándose nos paraísos orientais qu'a erudición lles fornece. O buddhismo especialmente, sen ser nen moito menos un paraíso, e precisamente por iso, acai moi ben co estado d'esprito dos homes das postrimerías, dos desencantados que se sobreviviron e que presinten que já non hai ningunha espranza. Pra os ateos de tendencia mística que sean capaces d'un gran esforzo mental pra figurárense que s'adonan do pensamento indo, non deixa de ser o budhismo unha boa relixión final, pra agardaren con sosego relativo os derradeiros días.
Veñen logo unha chea de doutriñas que precuran encher o baleiro relixioso dos homes mecanizados da grande urbe con concepcións do mundo feitas á súa mensura: espiritismo, teosofía, masonería. Pra ser adepto de calquera d'estas doutriñas compre ter unha mentalidade que eu chamaría flammariónica. Unha mentalidade de vulgarización científica, d'esa que se goza no pasmo beato que lle causan os milleiros de légoas que hai entr'a terra e a lua, nos d'anos que tarda en chegar a nós a lús da estrela Vega, aos d'atimos que hai n unha micra cúbica de platino ou nos de microbios que nadan n'unha pinga d'auga. Pra ises homes que soñan na pluralidade de mundos habitados e que comparan a estrutura do átimo co-a do sistema solar, a teosofía co-as súas cadeas de mundos, co-as súas rondas de transmigracións, co-a perpetua ascensión das almas cara os Loges inaccesíbeis a través de innumerables mavántaras e pralayas, pode levar aos seus espíritos optimistas e antusiastas un gran con-
257
solo. Ademais, coma é unha sorte de democratización da omniscencia, ten o éxito seguro.
Temos que destacar da turbamulta d'escolas teosóficas a antroposofía de Rudolf Steiner, cuxos discípulos teñen eiquí unha sede importante, en Fasanenstrasse, 23, incluso cun agrupamento d'estudantes universitarios (Anthroposophische Akademische Arbeitsgruppe). Rudolf Steiner, sabio e filósofo de certo prestixio fora dos circos teosóficos, emprendeu unha reconstitución da ciencia e da vida, a base da ciencia construída por il (Geistes wissenschaft, ciencia do espírito) e qu'il precura arredar con coidado da ciencia natural, do espiritismo, da relixión, da mesma teosofía, etc. Dend'ise punto de vista, il e os seus discípulos acometen todol os problemas da ciencia e do mundo moderno: a filosofía, a relixión, a mística, as ciencias ocultas, a historia, a etnoloxía, a agricultura, o réxime de vida, a meicíña, a pedagogía, o movemento da mocidade, os problemas económicos e sociais da posguerra, o novo erguemento d'Alemaña, a arte, a literatura, a música, etc. Ainda ten un plano de reconstrución social a base da división tripartita da sociedade. A leitura dos traballos de Steiner e da sua escola, non direi eu que sexa moi comumente pra saúde mental, mais pra os que teñan tolerancia d'abondo pra istes asuntos, é moi útil. A doutriña antroposófica é un edifício de pantesia que contén moitas pezas de realidade.
Outros hai que s'adican a rehabilitaren os antigos mitos tradicionais xermánicos, que van precurar no Edda revelacións teogónicas e cosmogónicas e que precuran o misterio das rimas. As esencias da revelación propia da raza Arya débese atopar n aquil libro e n-aquil alfabeto. Chámase a isto Aryosofía, e ven coincidir co racismo dos nacionalistas e nacionalsocialistas. Reivindícase pra a raza xermánica unha tradición oculta tan antiga com'a dos indos ou com'a Kabbalah dos xudeus. Por fronte ao simbolismo e combinacións cabalísticas do alfabeto hebreu, do alfabeto grego e do abecedario latino, érguese a ciencia segreda do futhorks xermánico, coma nós, os celtas, poidéramos facer se quixéramos cos signos oghámicos. Ao meu ver, non
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/1d/1d15/1d1501cf-3121-4728-9400-58735f49f52a/11571389.xml
NÓS
Mais se non deixaba o fidalgo degoirar pol a noite. Ruxían os derradeiros «thalers» no bulso, era un gran señor, precisaba chou-
tar de Champagne e danzas de Ourente. Das gorxas d’entramos amigos rubia a sede queimante das esmorgas cando se venta o desespero da mañán. ¿Onde beber d'aquila hora? Werner era bon timoeiro das nouturnias syrtes, e deixando a branca malenconía do parque guión ao fidalgo pol-as canellas, entrambilicadas, tripaxen de bandullo da cibdade na noite crudel de lua medoña, rachada por ouveios de cans e bárbaros farrapos de cantigas de bébedos. Ancoraron n'un salón ateigado de lume e calor de estufa. Unha grosa vella bandulleira de aire sibilítico botaba as cartas e algunhas mulleres xudeas, polonesas fuxidas da servidume do agro i-unha alemá fumaban e rían na com paña de suboficiás prusiáns. O fidalgo con tono de vaivoda butando ouro na aba da vella fixo vir Champagne e deseguida con finas verbas engaiolou á xermana convidandoa a fuxir entramos ao mesto bosque dos Cárpatos onde tiña o seu castelo arrodeado d'un lago e unha tribu enteira de tziganos cantores. Werner non bebía. Faguéndolle as beiras a xudea de carne amorenada como un froito de oasis tivo disputa c'un dos prusianos. Falouse de desafio e o poeta berraba eisaltado. «Sabes con quén queres te batire soldado do grán Federico? Pois co derradeiro Mestre dos Templarios por dereito de sangue e de espada. A antiga cabaleiría frolece en min e nos meus irmáns de crus... Cando Berlín e Brandemburgo eran desertos érmos nosa Ordre estaba cánsa de groria». Co ista e outras evocacións de grande stilo e ca sopeita pol-o prusiano de estar diante de un maxistrado do seu Rei sospeita que levaba aparellado o temor de cincoenta paus no lombo asegun a discipriña do coartel o xermano amoleceu e ficou sonador cando Werner agarrando un escordeón púxose a cantar unha
253
bela balada dos pescadores da costa do Samland iengaiolóu a todos con fantasías báquicas misturando maxinacións do Sul tépedo e as suas mulleres afeitas ao amor con visións lonxanas da estepá na primadeira.
Ao decrebar o luar Zacarías Werner atoutiñaba rubindo a escadeira pina do seu pisiño de funcionario mal arranxado n'unha antiga casa esparabanada preto do deixado cemiterio dos Dominicos. Entrando amodiño na cámara que faguía de salón e de coarto de estudo o primeiro que mirou foi encól da mesa o manuscripto do drama «Wanda», o orixinal d'unha partitura de Hoffmann e a derradeira carta sen abrire da sua nái, e tivo vergonza. Contendo o bafo do viño, compondo incoscentementes o cabello despeiteado achegouse á porta da alcoba. Baixaba o primeiro día dos vidros embazados. A dona durmía como unha nena. Os ceibes aneis da lóira cabeleira envolvían o pequeno libro do oracion ¡encol das roupas do leito. Zacarías Werner colléuno docemente e volveu ao salon. Atarecia co frío. Non pensou en acendere a estufa. Os ollos cheios da aréa ardente do insomnio pousaronse no Psalmo: «Et eris tamquam lignum quod plantatus sunt secus descursos aquarum». Pensou un íntre no derradeiro aito de seu drama: «Lutero»... A mañan alomeando ca nova concenza vanxélica os góticos ousos. Mais a lembranza deixouno frío e desacougado. A visión d'un camiño do agro latino calcado por pés de mártires, unha campaíña de ermida, leda ao sol, tocoulle un levián intre con aas de consolo.
Logo foi o autómata de todal-as mañáns e saiu a comprire a sua funcion de asesor no Tribunal. Dende a porta volveuse i-esfollou aos pés do leito, sen crebar o ritmo inocente do sono da dona, a frol que lle déra a xudea do prostíbulo.
R. OTERO PEDRAIO.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/1d/1d15/1d1501cf-3121-4728-9400-58735f49f52a/115713817.xml
NÓS
No caso presente púxose por todal-as partes de manifesto unha forte e ben fundada erudición, unha fonda coñecencia dos probremas, un gran esprito dialéctico, e un quente entusiasmo de cada un pol as suas téses, non rifado coa maor tolerancia pra o contrario e respeito á verdade centífeca. Ora, no fondo, aínda dando por bóa —que non hai incomenente, antes ao contrario, semella obrigado en moitus casos — os feitos aducidos pola metapsíquica, a interpretación espiritista coidamos que ha seguir sempre sendo asunto de fé pra os seus aderenTes.
dente en moito, n outras cousas non, co as de João de Castro, Teixeira de Pascoaes, etcétera, e distante da do Integralismo, e de toda ispiración da Acción francesa. Pónse de parte da aventura das Descobertas, e desbota a política do vello do Restelo. Afirma o Império Português e mais o atlantismo. Contrapónse á ideia da alianza peninsuar a prol da qual escribéu tanto Antonio Sardinha, influido sen dúbida pol-as relacións adequiridas na Hespaña nus tempos d'exilio. Preconiza unha «amizade» peninsuar, nunca unha alianza. Referíndose á Galiza, dí as verbas seguintes: «Ao Norte fica a Galiza irmá. Há pouco tempo aínda disse un gallego ilustre que o Río Minho é apenas fronteira entre Portugal e Espanha, pois que entre Portugal e Galiza é já aquele mesmo Río um traço de união. Da Galiza não falaremos nós porque não vamos agora referir-nos a... Portugal». Defende a alianza inglesa. Desbota o Estado corporativo: é a nación e non o Estado quen se debe organizar corporativamente; o Estado nacionalista non é económico, senón político: veleiquí un feliz pensamento.
NACIONALISMO, por Angelo César, Gaia, 1933.
A., un pouco sugestionado pol-as grandes figuras da contrarrevolución actual (Mussolini, Hitler), ademirador da obra, tan merecente d'Oliveira Salazar, danos n-esta conferência feita no teatro de S. Carlos, o 3 de Marzal do ano passado, unha conceição própria do nacionalismo português, coinci-
REVISTAS
ACTAS Y MEMORIAS DE LA SOCIEDAD ESPAÑOLA DE ANTROPOLOGÍA, ETNOGRAFÍA Y PRE-HISTORIA, 1933. Cuaderno 1.º
Remata o intresante traballo de J. Pérez de Barradas: *El color en la vida y en el arte de los pueblos*, tratando da coor nas culturas clásicas e entrando logo nas diferentes teorías encol da visión cromática, pondo a contribución unha estesa bibliografía psicológica e investigacións propias do A. Ensamiña despois o problema do agrado e mais do simbolismo das coores; acha causas gerais, infruidas pol o desenrolo intelectual e pola educación, pra o gusto que temos polas coores; non acha en troques leis gerais pra a siñificación simbólica, que fundamenta nas asociacións d'ideias. Pol o derradeiro, estuda a harmonia cromática na arte ornamental, estreitamente relacionada co simbolismo e que progresan dentro do desenrolo de cada arte en particular, dependendo tamén das materias coorantes de que cada pobo dispoña. O A. manexou unha enorme cantidade de material, coma se vé na bibliografía que pon no final.—Outros traballos: F. de las Barras de Aragón, *Notas sobre restos humanos prehistóricos, protohistóricos y antiguos de España*; C. Morán, *De etnografía antigua y moderna*, estudo da obra d'un artista popular salmantino, Nemesio Maes-
RUMO, Río de Janeiro, núms. 3 - 6, 1933.
REVISTA de mocedade, revolucionaria na política e na arte, atenta á vida universitaria e académica, preocupada por un renovamento da cultura brasileira no senso por ela propugnado, polémica, chea de juízos en col de homes e cousas de todos lados espostos con grande liberdade. Reseña do movemento cultural do mes, inquérito sobre os millores libros brasileiros, arte nova, etc., etc. Colaboradores: Bezerra de Freitas, Carlos Lacerda, Alfonso Reyes, H. O. Sant'Anna, Zumfeld, Rui Costa, Carlos Sussekind de Mendonça, Sergio Milliet, Robert Garric, Jorge de Lima, José Sergio Velasquez, Mu-
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/1d/1d15/1d1501cf-3121-4728-9400-58735f49f52a/11571384.xml
O BÁGOO EN FORMA DE "TAU" NA GALIZA
Ainda que o noso coñecemento do orixen e desenrolo do bágoo en forma de «tau» ou moleta é ata agora moi limitado; non obstante conta cun feito que aparece aceitado por moitos escritores: que o bágoo en forma de «tau» foi usado pol-os bispos de Occidente xuntamente con bágoos de outros estilos soio ata o século XII.
Deica iste tempo, o dito bágoo en forma de «tau» foi usado pol os bispos e tamén pol-os abades. Foron os bispos da Eirexa Ocidenlal quenes deixaron de usalo; non ansi os abades que seguiron por moito tempo facendo o seu uso e ainda o empregan agora n'algunhas eirexas de Oriente, asegún unha obra moderna (1).
N'algunhas rexións, como por eisempro, no Limousin, a historia do bágoo en forma de «tau» demostra esta teoría.
Un fermoso marfil (2), pertecente ao bis po Girar d de Limoges, morto no 1022, foi descoberto no seu sartego en Crarroux no derradeiro século XIX, facéndose un dibuxo. O século XII atribuía xeralmente esmaltes de Limoges, nos que aparecen bispos con bágoos rematando n'unha volta. O esmalte (3) do bispo Ulger, antigamente no Angers e agora coñecido soio por un dibuxo da colección Gaigniéres, o representa cun bágoo que remata nunha volta. Mais non ansí sucede con San Estebo de Muret, cabeza de un mosteiro preto de Ambazac, no que figura n'un (4) esmalte (1189) levando un bágoo en forma de «tau». Iste esmalte atópase agora no Museo de Cluny. Taes eisempros proban craramente que a xeneralidade aceitou a a teoría de que falamos. Noutras rexións, non obstante, a teoría queda desfeita, e antre elas, na Hespafia, a parte que se chama Galiza.
O bágoo en forma de «tau» foi popular na Hespaña durante o arte románico, si fóramos a xulgar pol-as suas representacións nas diversas artes.
O San Millán, nos marfiles de San Millán de la Cogolla (1), aparece co bágoo en forma de «tau», e da mesma maneira está Alfonso V no Libro de los testamentos (1126 29), na actualidade na Catedral de Oviedo.
Dos bágoos de marfil (2) atribuídos á Hespaña, un de iles crése de orixen inglés, mentras o outro soio tense por dubidoso por algúns arqueólogos.
A Catedral de Coimbra, no norte de Portugal, conta cun bágoo en forma de «tau», de bronce dourado, engastado con pedras e atribuído ao século XII.
Coimbra non está lonxe da Galiza e non estranaría que polo dito bágoo poideira influír na semellanza do bágoo galego nese mesmo tempo do século XII.
Cando Alfonso VI asistiu á unha procisón en Sant-lago de Compostela, unha relación describe o bágoo en forma de «tau», decorado con distintas pedras: virgas aureas vel eburneas cantoribus aptas quarum summitem aut onix aut berillus aut saphirus aut cathunculus aut smaragdus aut ceteri pretiosi lapides decorabunt manibus feliciter gestabunt (3). Tal descrebemento fainos conxeturar que entón os bágoos en forma «tau»
(1) W. W. Watts, Catalogue of Pastoral Staves: Victoria and Albert Museum, London, 1924, pax, 3.
(2)* Ablé Texier, Dictionnaire de l'orfevrerie, Paris, 1856 col. 815.
(1) José Ferrandis, Marfiles y Azabaches Españoles, Bar. celona, 1928, lámina XLIX.
(3) Dibuxo «in Bodllan Library, Oxford, gaigninérer ernwingr», col. XIV, fol. 191.
(2) Watts, op. cit., láminas LVIII e LIX,
(4) W, Burger, Abendiflandische Schemelzarbeíten, Berlin, 198, fig. 6.
(3) Villa-amil y Castro Moviltario Litir gico de Galicia en la Edad Medta, Madrid, 1907, pax. 188.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/1d/1d15/1d1501cf-3121-4728-9400-58735f49f52a/115713811.xml
NÓS
meirande revolución do mundo, da que o comunismo non é mais qu'una forma evolutiva. A gente semella non decatarse de que sen capitalismo, o comunismo, o socialismo mesmo, resulta inconcebíbele. Porque, ademais, non hai que confundir o comunismo moderno —o marxismo, idea puramente judaica— cos soños de Platón e dos seus secuaces renacentistas, nen co comunismo dos catharos, nen co dos Karmatas e outras sectas musulmans.
A economía do diñeiro foi o principio da destrución das sociedades cristiás pol-o judaismo. O diñeiro é a mais espantosa dinamita do mundo. A economía capitalista ten o vicio original, satánico, negativo, d'erguer un valor artificial por riba dos valores económicos naturás, únecos verdadeiros. Elo tivo pra os judeus o efecto de facelos ricos, e pra os outros, o de minal o fundamento das sociedades que dend'entón descansaron sobre os cartos, sobre base mintireira, falsa e inconsistente. E os valores económicos erguéronse por riba dos espirituás. Logo os judeus ainda fixeron mais: evaporaron o diñeiro en figura de creto, co cal remataron de facelo omnipotente e universal, co cal trunfou a gran idea judaica: o internacionalismo cosmopolita. Porque co creto, estabreceuse a solidaridade mundial das finanzas, a ditadura das grandes empresas internacionás.
En servizo da idea cosmopolita, os judeus tiñan os cartos pra propagala, pois quen ten diñeiro ten a imprensa, a propia que se sosten, e mais a allea que se soborna. Os judeus son ademais mestres na propaganda: non hai mais que ver o espallamento no mundo do Berliner Tageblatt, que mandan gratis a todol-os hoteles. En case todal as vilas de Galiza, o único jornal alemán que se recibe, é o Berliner; quen se queira enteirar directamente das cousas d'Alemaña, tense que coller a unha fonte judaica d'información. D'iste jeito, calquera empresa judía, calquer sabio, pensador ou escritor judeu, ten o éxito asegurado; sabe qu'o seu nome ha ser espallado deica o derradeiro recanto do mundo.
Eu non digo qu'isto todo o fagan os judeus de cote coscente e deliberadamente, c'un fito fixo e unha vontade a il endereitada, anque ben poidera acontecer qu'asi fose. Pode que non constituan unha forza universal única, verdadeiramente organizada en precura d'ise oujetivo preciso, anque haxa d'iso moito mais do qu'a gente se figura. N-efeito, os judeus protégense uns aos outros coma ningún pobo, conservan certas formas religiosas, moitas veces sen creeren n-elas, certas usanzas qu'os ajuntan; non empregan nos outros cárregos dos seus negocios mais que gente da sua raza, dispoñen da gran imprensa, ca carexan os seus valores, teñen unha influencia decisiva nas organizacións masónicas, etcétera, etc. Pode que o fagan, non por un propósito único, deliberado, senón por unha tendencia innata ou adequerida da raza; o conto é qu'o fan e que non poden por menos de o faceren.
O internacionalismo espricase n-iles por seren un pobo sen patria, sen terra. Elo proba a necesidade qu'o home ten da patria. A falla de patria produce un íntemo descontento, unha íntema desespranza, un amarguexo e desespero no fondo da y-alma. Proba da sua arela de ter patria é o sionismo, o quereren voltar á Terra Prometida, e a mesma exaltación da terra de Canaán na sua tradición e no seu rito. Mais alí, queiran ou non queiran recoñecelo, non poderán afincar endejamais, todos sabemos ben porque.
A desesperación de non teren patria, lévaos, coscentemente ou non, a quereren desfacer as patrias dos demais, a quereren borral-a idea de patria, e isto óllase ao menos coma tendencia, en todal-as suas publicacións.
O home sen patria é de cote un home, no fondo, de mau sangue, d'un acedume destrutor no fondo do esprito, disposto de cote á vinganza e ao mal. Ten moito adiantado pra ser un malvado. E todos sabemos que hai homes que non son malvados mais que no pensamento, e que non sendo capaces de lle facer mal a un chinche, sémentan ideas que levan o acedume e a desespranza a moitos homes e perturban o mundo, coma son no fondo todal-as ideas destrutoras de prejuizos. Eu non digo qu'esas ideas non señan precisas pra o anovamento das sociedades, e mais pra iso que chaman o progreso, e cecais n-iste senso hainas qu'aceptar. Mais os
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/1d/1d15/1d1501cf-3121-4728-9400-58735f49f52a/11571386.xml
do mundo, esceito pol-os abades, estaban xa en desuso.
Worcester, na Inglaterra, tivo permiso do Papa pra usar o bágoo en forma de «tau» e cun soio nó (1); mais non se coñece, polo de agora, ninguha concesión especial doada aos arcebispos de Sant-lago pra que poidesen seguir usando o dito bágoo.
(1) J. E. H. Bleke «Two Inventories in the Library of Worcester Cathedral», Journ. Brit. Archeol. Assoc. 1932, volumen 38, páx. 175.
Marvin CHAUNCEY Ross.
Mor.ches, New York.
OS TRISTES VINOS DE HUNGRIA
(Capidoo da novela FRA VERNERO, que axiña pubricará NÓS)
O sonado cabaret «La Ressource» estaba deserto n'aquila hora da serán. Soilo, nun recanto préto da estufa un vello fidalgo tras fegaba o seu quinto vasiño de augardente. Cavilaba teimando pór un pouco de ordre na sua maxinación. Trinta anos levaba gastados en esforzos semellantes sémpre guiado pol-a lembranza das leiciós do seu profesor francés, un tipo esguío, vedraio, sensoal de enciclopedista da bóa escola, amigo de Mau pertuis i-asegun il confesaba despois de meia dúcia de vasos, antigo amante de unha certa marquesa arroinada nativa do Saintonge gue no seu pisiño da «Chaussée d'Antin» combinaba o comentario da Costitución feita por Locke pr'a Carolina do Sul co mimoso coidado dos encaixes do tempo de Lois XV, doncel, e as murmuraciós de filosofantes e porteiras. Máis a razón geométrica francesa endexamais fixera léi na vontade slava do fidalgo. Viñera á cibdade cabalgando catro días cas primeiras neves, pra o de sempre; esculca de un xudeo, pra lle vender un bosque. Agora, o derradeiro. Baixaba de un coto a fermosa e mésta formación de abedoeiras e abetos, cobría o esteso illó de mortas augas ca moura soma, destiñase como cun sentimento de aristocrático esdén, diante os eidos de patacas e a probe aldeia mise renta de fumes servos. «De neno» lembraba vagarosamente o fidalgo «meu pái corréra d'acabalo trás os bisontes». Botóu outra copiña de augardente sen poder esquencer a tramutación dos severos bosques feudaes na vileza burguesa dos «thalers»—Ouro—valente volgaridá. Asegun o meu profesor, o sábio Maupertuis pensaba que o centro da Terra está formado por un mineral chamado «teluro de ouro —Total, unha pédra».
Ca noitiña chegaban os parroquiáns. Fidalgotes campesíos de andar rexo, petrimetres de frac azul e outo corbatin, estudantes, i-espazadamentes paraban diante a porta os grandes carruaxens de locentes madeiras, brilantes cristaes, cocheiro de longa barba ourental, cabalos tristeiros por estar lonxe as ceibes galoupadas da estepa. O dono dobrábase en dous franqueando a entrada e descían grandes señores orgulosos como reis, xenerosos como artistas en tempo de trunfo cas suas pelicas de valor de xoiasi os longos cans de máino pisar afeitos aos tapices estrados e á neve dos párques. Aixina fumegaron as pipas e balbordaron as conversas.
De súpeto estrondou na rua unha enorme fanfárria: tropetóns disformes, tártaros tambores de péles de Asia, frautas xermánicas, violíns de tziganos, gongs e cimbalos, atroaban cos sons de unha marcha de fantasía bárbara e leda de tribu en camiño, co acompañamento de ouveios de cans, báixo.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/1d/1d15/1d1501cf-3121-4728-9400-58735f49f52a/11571385.xml
NÓS
coma o de Coimbra, foron de abondo en Galiza..
Podemos ainda lembrar algúns que se atopan nas esculturas e miniaturas. Temos, en primer logar, a imaxe do Apóstolo Sant-Iago do Pórtico da Gloria na Catedral compostelán, século XII (1). O Apóstolo ten a man esquerda sobor o puño do bágoo, forma «tau», e na parte superior da vara dous aretes a maneira de nós pra empuñalo mellor. Iste mesmo tipo atópase n'outras partes de Europa e datan do século XIII.
Imaxen semellante figura nunha miniatura, século XIII, do Tumbo B (2), tamén na Catedral de Sant-Iago, e posibelmente inspirada na do Pórtico da Gloria. Eiqui o bágoo remata nunha sinxela crus e cuns bultos. É, sen dúbida, unha simplificación do miniaturista.
Do século XIII data tamén o bágoo do sartego (3) do Arcebispo D. Bernardo, morto no 1240. O sartego eisiste ainda no claustro de Santa María de Sar, nas aforas de Sant-Iago. Remata o dito bágoo en «tau», o cal nos seus extremos nótase uns saíntes ou resaltes, poidendo sospeitarse que o autor debeu copiar de algún que tiña animaes e antelazaus. Tamén o largo do frente do dito «tau» paresce imitacións de pedras en cabuchon, lembrando o documento citado denantes sobor a procisón, da que foi testigo o rei D. Alfonso VI.
Ambrosio de Morales, que viaxou pol-a Hespafia en nome de Felipe II, véu na Cate dral de Tuy o bágoo atribuido a San Telmo, morto no 1246, do cal nos di: «todo engastadu en plata y es pequeño y como muleta y en la procesión de su fiesta lo lleva el obispo leuantado en altó (4)»". De istas verbas pódese deducir que o bágoo era de forma de «tau ou moleta» e, polo tanto, de intrés pra o nosso caso.
O bágoo en forma de «tau» ou moleta (5) no sartego do Arcebispo D. Alonso Moscoso, morto no 1367, corresponde máis ou menos á ista data; pois seu corpo foi traido a Sant-Iago e soterrado na capela do Espritu Santo. Tamén iste bágoo foi inspirado dun motivo de natureza e lembra o de Alfonso V na miniatura mencioada enriba. Debaixo da ornamentación hai tres resaltes ou saíntes en ves de un ou dous, producindo unha grande elegancia ao conxunto.
Despois temos o bágoo do Arcebispo López de Mendoza (1) no sepulcro que estivo na capela da Comunión da Catedral de Sant-Iago e desaparecido ao facerse a noya capela. Iste ademáis paresce ter o «tau» unha cabeza desenrolada e de flora e na vara un sainte ou nó, debaixo do cal pendura un pano, unha especie de defensa pra o sudor da man, cando o levaba pra atrás. D. López de Mendoza morreu no 1445.
O derradeiro bágoo en forma de «tau» (2) na Galiza é o que se atopa no sartego de don Rodrigo de Luna, morto no 1460. O dito sartego alcóntrase na capela maor da ex cole giata de Iria. O bágoo está coroado por unha sinxela peza en forma de cruz, debaixo do cal vese un saínte o nó, un cadrado e outro nó, do que pendura un pano semellante ao descrito enriba.
Non se lembra de que eisistan máis bágoos galegos en forma de «tau» despois dis ta data, nen que foran usados pol-os arcebispos; non embargante a ímaxen do Apóstolo Sant-Iago, na capela maor da Catedral, ten agora un bágoo alto c'un sinxelo nó, no logar do que tivo en forma de «tau» e semellante ao do Pórtico da Gloria ou á miniatura do Tumbo B. O arqueólogo Carro ten mostrado que a escultura do Santo Apóstolo foi refeita nos comenzos do século XVII.
Vése, fora da dita imaxen refeita, que as demáis esculturas antigas tiveron o bágoo en forma de «tau», na Galiza, antre o ano 1460, data da morte do Arcebispo D. Rodrigo de Luna, e quizáis uns anos mais tarde.
Non se sabe, en verdade, o motivo de ¡sta tan longa permanencia na Galiza do bágoo en forma de «tau», mentras noutras partes
(1) Villa-amil, ob. cit, pax. XXXII.
(2) Idem, pax. XXXIII.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/1d/1d15/1d1501cf-3121-4728-9400-58735f49f52a/11571388.xml
252
borracheira dos Godos ou a mística dos idealistas. Eu sentinme ledo. Fún criado no silenzo dos bosques trubado ao lonxe pol-as tocatas cinegéticas dos cornos que poñen médo no curazón femenino dos cérvos...»
Werner apenas respondía con lonxanos monosílabos e bebía viños de Hungría: «Pelra do Balatón» «Viño da doncela» «Viño do Crégo» asegun os rubros das botelas poirentas servidas con respecto i-etiqueta pol-o camareiro mais vello, o Cerbero da bodega. As tertulias de estudantes e literatos marmuraban: —«Caeu un bo Illisteu... Hoxe a sede de Werner é meirande que o poder de Bankputtis, ise endiañado deus prusiano qu'il in ventou.» E Hitzig, malinamentes engandía: «Ista noite Zacarías estrena o lazo do Visla. Logo que apele a Wanda a raíña dos Sárma tas, pois o fidalgo convidador xa está como unha cotra.»
Decorreu gran porción da noite como un fume priguizoso de pipa. Ceáron caza fortemente adrezada, caviar ruso e non paraban de beber, o fidalgo perdido en latricadas lembradoiras, Werner, n’un silenzo de glaciár. Logo mirando á luz un vaso de viño: — «Os viños da Hungría —falaba Werner— son tristes, pesados e fumosos!. Si fumosos como os fogos dos nómadas na estepa. As cepas están tristes, están no destello, lonxe do sol. N-outro tempo os bárbaros chamados pol-a dozura do figo sucrado, pol-a groria do ácio baixaron ao país latino e bicaron o limón doirado como morderon o seo de neve e sal das doncelas adicadas a Deus. Mais o latino vingouse levando a Baco a mesma patria casta dos deuses esgrevios. ¿Non miras a malenconía dos Boiardos e dos Vaivodis cando beben o viño de Tokái? O neboeiro fadal da estepa afuma os Acios e o viño afuma os cerébros vosos, tártaros ou slavos, qué importa? téndes a mesma ialma afeita a seguir na neve as pegadas do mostro que sonades cazar i-endexamais pillades. Eiquí soilo teñen xuizo os xudeus. Eu son un wiking e o meu ensoño vai pouco a pouco séndo craro como a luzada na mar despois da noite foulosa e fatídica. Pois vin ao mundo c'un signo prometéico ao estilo do norte e longamentes procurei miña roita. ¿Vencerei as tébras? Ás veces embarco no delirio mu-
NÓS
sical. Non ao igoal dos outros. Os alemáns xúntanse no salón, fán curtesía as donas do sofá, templan violins, violas, violoncellos que soan á Italia e violóns, rrám, rrám, o do contrabáixo é sempre un bisonte vello disfrazado de xurista ou conselleiro e domina nos concertos a ispiracion optimista de Leibnitz. Hai salchichas, cervexa, e grosos peitos de esposa quentadora do leito. A muller estufa, derradeira arela dos Arminius dexenerados i embestados. E tocan pensando na mónada, estiran as calcetas das pernas ao estilo de meu paisano o lrofesor Kant e vánse roncar coma cochos. Arelo outra cousa. Cecais unha lu de boreal aurora... Cóido estar no camiño. Si non fora ista data. ¿Porqué me persigues? E posto en pé Zacarías Werner decramaba con voce xorda: Vintecatro de Febreiro... luar morto nas cumes... lonxe a mañán... Vintecatro de Febreiro, pasa unha soma, a de sempre... Mozo, non traias viños tristes da Hungría. Quero Burdeos, gracia da Aquitania, quero Marsala ardente, non tampouco millor horaciáns Falernos... Afógame ísta mán nas gorxas... Pra desfaguer iste nó precisaría o Lacrima Christi co que consagra o Papa, branco baixo o voar da cúpula lumiosa.»
Soficentementes bébedo o fidalgo pagando a conta en thalers noviños deixouse levar por Werner á rua. Warszawa aterecía no páledo incendio do luar e da neve.
Vagando foron dar no parque Lazensky e Werner abrásaba as grandes faias coidando apreixar un raio do luar. Logo estralaba en disformes gargalladas namentras o fidalgo tendendo o puño fechado na direición do pazo onde habitaba o «herr» xeneral Von Kohler berraba: «Fora os bárbaros teutóns. O sable de Soblesky seiturará vosas cabezas. ¡Viva a Polonia! Werner quería ir d'aquila hora petar na porta da abadía de Bielany: Arestora os P. P. Camaldulenses entoan no coro as gabanzas divinas. Os oficios da aurora son pras ¡almas orballo de luz. O fidalgo tornáballe a idea a Werner no craro do luar decramaba versos coma o luar vaporo-
«We are such stuff
As dream are made on, and our little life
Ys rounded with a sleep».
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/1d/1d15/1d1501cf-3121-4728-9400-58735f49f52a/115713820.xml
MERQUE VOSTEDE Plumeiros RAFIUM
De máis dura qu'os de pluma e limpan millor.
Véndense en todol-os establecementos do ramo.
ANDRÉS PERILLE --- OURENSE
Sanatorio Quirúrxico de San Lorenzo
Santiago de Galicia
Dos Profesores
D. Fernando Alsina e D. Antonio M. de la Riva
CIRUXANO XINECÓLOGO
FOTOGRABADO
Si quer qu-os seus fotograbados sexan o mais perfeito posibres, convenlle envialos aos
Talleres de fotograbado ESPASA-CALPE S. A.
Ríos Rosas, 24-Apartado, 547 MADRID
A sua biblioteca non será
unha biblioteca galega,
mentras non adequira as
obras editadas por
NÓS PUBRICACIÓNS GALEGAS E IMPRENTA
SANTIAGO.
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/1d/1d15/1d1501cf-3121-4728-9400-58735f49f52a/11571383.xml
BOLETIN MENSUAL DA CULTURA GALEGA
Ano XV ★ Ourense 15 de Decembro de 1933 ★ Núm. 120
ENTÓN TAMÉN!!
Por Xosé Lois Parente
Teño unha cisma na i-alma tan metida, tan adentro que a mesma noite de bodas cometeréi o adulterio de estar soñando os teus bicos, de estar bicando os teus beizos....
Probes bicos os da esposa que non saben o sagredo! que abruzado ó seu pretil ando a cazar teu anceio, i-aperto niles a boca febrecido, pretendendo da abella que bule o fondo beixos de mel e veneno que se esfuman, que se escapan ós meus ímpetus sedentos....
Xa está: cacei os teus bicos —leito de rosas ardendo—
Pro si é meu curazón que palpita no espello!!
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/1d/1d15/1d1501cf-3121-4728-9400-58735f49f52a/115713810.xml
NÓS
254
DALEMAÑA
VI. IDEIAS DE BERLÍN
Por VICENTE RISCO
(Proseguimento)
ANTISEMITISMO
Os nazionalsocialistas fan bandeira do antisemitismo. Ningunha bandeira pode ser máis popular n-Alemaña. O alemán odia ao judeu por istinto. Ódiao e dispréciao. Sinte por il noxo físeco. Di que é porco, que cheira que fede. Di que é ruin, baixo, falso, tramposo...
E non son somentes os alemás. Todol-os pobos centroeuropeos, tan ceibes de prejuízos, son antisemitas.
Él é o antisemitismo un prejuizo ou unha revolta incoscente contra dos que destruíron os prejuízos? Porqu'a participación do esprito e do pensamento judaico na desfeita dos chamados prejuízos, non hai dúbida que foi decisiva. Somentes non conseguiron derrubar o prejuizo antisemita (se é qu'iste é un prejuizo). O odio de razas radica n-un fondo da y-alma inatacábel polo razoamento. É un istinto.
Mais digo eu: el é posíbel qu'un sentim'n to tan unánime contra dos xudeus non teña unha causa real? Tena que ter. Todo istinto responde de cote a unha causa; o istinto atina sempre, adiviña as causas.
Din algús qu'o antisemitismo fúndase na superioridade da raza israelita e na sua non asimilación. Mais a causa ten que radicar mais fondo. Concedo a superioridade da raza hebrea. Precisamente, a ciencia hebraica tradicional, a Kabbalah, imponme respecto e curiosidade. Comprendo o seu perigo e decátome polo tanto da audacia dos seus criadores. Que cousa haberá segura no mundo pra quen tal emprendimento acomete, como é o de jogar nada menos que co nome de Deus? Despois d'isto, non é miragre ver as cousas d'un Sánchez, d'un Spinoza, d'un Einstein e d'un Freud. E tampouco qu'os xudeus teñan ademiradores, nen que s'atrayan a enveja dos demais.
Tamén é verdadeiro o feito da non asimilación. Mais isto pode ser tan ben efecto coma causa do antisemitismo. El e tendencia innata dos xudeus a non asimilárense, ou é imposta? Isólanse ou isólanos? Ainda, a superioridade da raza ten que ser efecto do seu isolamento, porque a raza d'iste xeito consérvase mais pura, mais fina e aristocrática, xa que a mestizaxe é unha causa de degeneración e porque isolados, conservan a tradición que os fai fortes. Tan fortes que son capaces de dúas cousas: de trunfaren apesar da persecución de que son obxecto, e de desorganizaren as sociedades onde se metan.
O primeiro fainos sel-as vítimas resiñadas que trunfan do seu verdugo. Os xudeus se non revolven nen se vingan coas armas. O xudeu, en canto xudeu, se non voltou revolver dend'o tempo de Barcoquebas. Xa non hai Macabeus. Os xudeus son os únicos que n'iste mundo teñen apricado con, éisito o principio de non resistencia contra do mal. O xudeu non loita; chora e láyase. Mais láyase c'un layo máis fondamente pungente e eficaz que ningún outro pobo. Son o pobo máis persuasivo e sedutor que hai. É a febleza d'Esther vencendo a Asuero. Porque a raza ten moito de feminina. Na súa pureza, ten rasgos femininos. Compre ollar ises suaves e solapados mozos xudeus, d'ollos alongados e impresionante beleza, os quales, xa de vellos, conservan a feminidade debaixo das longas e abondosas barbas patriarcais. Femeninos, doces, mansos, vencen co as bágoas, co as mulleres.
Tocantes ao segundo, eu penso que é a causa fonda do antisemitismo. Manseliña e lene dinamita, o xudeu é a gran forza desorganizadora, o fermento da disolución social, que vai rillando os fundamentos de todal-as cousas.
Os xudeus operaron todal-as grandes revolucións. Lles criaron a economía do diñeiro, a
https://galsem-services.galiciana.gal/doclinks/1d/1d15/1d1501cf-3121-4728-9400-58735f49f52a/11571387.xml
NÓS
rosmar de osos, trepar de cascos, berros de comparsas de entróido. Era a chegada da grande alegría dos outonos na cibdade, a comitiva anunciadora do circo Wambach. Greas.algueirantes de cativos e tropas de xitanos precedían a vangarda anunciadora, algo impresoante, manifico, lembradoiro de terrores que aínda faguían médo aos nenos: trinta lampantíns dos arrabaldos vestidos de xenizaros cos seus pantalóns finchados, botas de cóiro locente, fáixas de brilantes córes cada unha un arsenal de puñals e pistolas, resarios de ámbar, enormes bigodes pendentes algúns deica a fáixa, turbantes apendellados encol de ollos feros. Dous mais pequenos tocaban en caldeiros de cobre lembranza das xigantescas marmitas que tiña por emblema cuase heráldico aquila milicia da Sublime Porta e diante todos diríxia a marcha un támbor maor como unha trabe, vestido ao xéito dos cosacos do Don, botando ó aire e recollendo con gracia o seu bastón do peso e feitura da clava de Ercoles. Tripulando seis carrozas abertas mostrábanse os millores artistas da compañía: atletas lóiros, arle quíns resoantes de campaíñas, prestidixitadores italiáns e chineses, o home das sábias cabezas parlantes, as raras belezas asiáticas da danza e da acrobacia e sóila, empanicada en péles de golpe azul, lonxana e levián fada shakespear.an, a inglésa raíña dos funámbulos, namoradora de vaivodas, pachás, e vireis dende Tobols 4 Croacia, sementadora de desafíos entre os estudantes, crudel e luxitiva vulvoreta. E d'a pé tolos zorregando con vexigas, saboianos con marmotas, slovácos portando pol-o fuciño vsos negros, tziganos rañando nos violins. Pasóu a cabalgada pol a rua Freta como un meteoro e ca noite comezaron a badelar salaianies, dogmaticas, ledas ou penitentes os campanarios dos Dominicos, dos Franciscans, dos Premostratenses, das freiras da Encarnación, e a lonxana e tristeira como a morte que anunciaba, do cemiterio dos Dominicos.
O lidalgo aburríase sóilo e sen conversa co seu vasiño conselleiro de augardente cando se lle alegraron os ollos ao mirar a un novo persoaxe franqueare con aire cánso a porta do cabaret, i-erguendose berróulle: «Werner, meu vello amigo, apesares de ser
251
un respetábel maxistrado non esdeñará trincar uns vasiños comigo.....»
Zacarías Werner dubidaba un istante. Chamábano de difrentes mesas. Hitzig, sentado na tertulia de músicos e literatos acenáballe c'un bock de cervexa. Mais Werner silenzoso i-adusto sentouse na mesa do fidalgo a quén por un intre non lembraba. O vello ledo de tér un compañeiro púxose a falar — Werner, aquila noite na pousada Au coeur d'or: Non poderei esquencéla. Eu chegaba tristeiro e desfeito ca dór da Patria e cas miñas fadaes circunstanzas. No quente da sáa alomeada por cén buxías berraba discu tindo Metafísica e Poesía, a xente escolástica, a frol da mocidade universitaria de Leipzig. Un rapaz lóiro e fermoso como un Apolo nórdico faguía a apoloxía de Wieland. Gababa ao vate que a témpo soupo deixar os tristes farrapos do manto dos estóicos pra vestir a túnica de lus da vida. Eran rexos e brancos, chamaban pol-os bicos os brazos nús das mozas que servían a cervexa a Odino consagrada, e as suas trenzas deitaban o ulido da selva primadeiral... Mais eu seguía malencónico, e chegaches tí, e todos ceiba ron un unánime aplauso: «Werner, o grande místico da sensoalidade, o pontifice de todolos cabarets, o amante das esposas ardentes dos xíados burgueses, o Mefisto, o D, Xohan, o fáuno do Báltico con máscara de Templario, viva Werner: ¡Pois entr'os estudantes es popular de Koenigsberg ao Rhin. Mais ti, contra as arelas de todos estabas sombrizo carregado de mouros pensamentos fatidicos. Bebias en silenzo os fortes licores de Riga e cando falaches, nin que falaras pra min! En troques do himno 4 vida entoáches ca palabra envolta no misterio a gabanza da soedade, da relixión das fadas do bosque, condenáches a treición de Wieland, estiveches grande trazando o roteiro do peregrino budista que gasta a vida enteira en cruzar desertos e cordilleiras pra morrer á vista da cibdá santa dos Lamas. Algunos marmura ban: «Werner tén hoxe o viño triste, debéuno abandoar a sua amante fuxindo con algún groso comerciante da féira, lémbra a sua nai tola e a fame da nenez na brétema xiada de Koenigsberg...» Mais ti trunfaches, puis os cantos finaron e somentes imperou a bárbara