Vázquez Monjardín-Quirós, Alfonso, 1901-1960

Imagen del autor  Vázquez Monjardín-Quirós, Alfonso

Fillo de Luis Vázquez e Josefina Monjardín. Naceu na Coruña o día 24-07-1901 e morreu no Carballiño o día 07-09-1960. Traballou en Ourense como procurador e nesta cidade tiña tamén unha axencia de viaxes e xestoría. Foi o primeiro presidente do Colexio de Xestores de Galicia (1953). Foi socio do Seminario de Estudos Galegos e participa na catalogación dos castros galegos que fai esta institución. Foi un dos fundadores do Partido Galeguista. Participou nas tertulias do Hotel Roma xunto con xente tan coñecida como Otero Pedraio, Vicente Risco, Xocas, Leuter, Blanco Amor, .... Casou en 1932 coa carballiñesa Emilia Blanco R. Maneiro. Tiveron cinco fillos (Pepelino, María Emilia, Carmelo, Kika e Alfonso).

Grafo social

Artículos