por Taibo García, Victoriano
Ano II, T. I (1921), n. 5 ; p. 13
Foi un escritor español en lingua galega, discípulo literario de Ramón Cabanillas, galeguista, de esquerdas, membro fundador das Irmandades da Fala e integrante da Real Academia Galega.
Foi mestre de escola, polo que residiu en diferentes puntos de Galicia.
Foi membro do Seminario de Estudos Galegos desde 1926 e socio correspondente do Instituto Histórico do Minho desde 1930. Participou activamente na campaña a prol do Estatuto de Galicia de 1936.
Logo do Golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi sancionado co exilio en Villalar de los Comuneros, Valladolid, como consecuencia do seu galeguismo. Despois de catro anos (1938-1942) retornou a Morgadáns. A proposta de Eladio Rodríguez González, Ramón Otero Pedrayo, Francisco Vales Villamarín, Ángel del Castillo e Florentino López Cuevillas, ingresou na Real Academia Galega en febreiro de 1946, lendo, o 15 de outubro de 1948, o discurso panexírico "Rosalía de Castro, precursora da fala", respondido por Otero Pedrayo.
A poesía de Taibo segue as direccións dos primeiros libros de Cabanillas: costumismo, lirismo intimista, saudosismo e poesía de loita.
Déuselle o seu nome ao Premio de poesía Victoriano Taibo. En 2018 o concello de Gondomar nomeouno fillo adoptivo.
Galipedia
por Taibo García, Victoriano
Ano II, T. I (1921), n. 5 ; p. 13
por Taibo García, Victoriano
Ano II, T. I (1921), n. 8 ; p. 17
por Taibo García, Victoriano
Ano III, T. I (1922), n. 10 ; p. -
por Taibo García, Victoriano
Ano X, T. III (1928), n. 54 ; p. 104
por Taibo García, Victoriano
Ano X, T. III (1928), n. 56 ; p. 141