Rodríguez Elías, Avelino, 1872-1958

Imagen del autor  Rodríguez Elías, Avelino

Foi un escritor e xornalista galego.
Fillo de nai galega, naceu en Portugal, pero trasladouse a Vigo, onde dirixiu La República e colaborou en Faro de Vigo e El Eco de Puente-Caldelas, foi director da revista Ecos de Vigo e de El Puerto de Vigo (1923). Foi cronista da cidade entre 1926 e 1936.
Foi autor de moitas iniciativas a prol da cidade de Vigo: promotor da creación do corpo de bombeiros, da Cruz Vermella; pediu a creación do museo de Castrelos en 1909 e, en 1926, presentou un proxecto para cumprir tal obxectivo; reivindicou o escudo da cidade e foi o primeiro que demandou a creación do estadio de Balaídos.
No verán de 1936 tivo que fuxir de Vigo, vía Portugal, rumbo ao exilio en Paraguai. Á súa chegada a Asunción comezou a escribir para o xornal El País.
Autor dunha obra numerosa entre a que destacan traballos históricos sobre Rande e a Reconquista de Vigo. Tamén cultivou o teatro en galego escribindo un feixe de once pezas teatrais de diferente composición e estruturas diversas (comedia, entremés, alegoría, monólogo).
Moitas delas foron representadas polo Real Coro Toxos e Flores, e apareceren reunidas en 1930 co título "Obras teatrales galegas".
Galipedia

Grupo de actividades:

Grafo social

Artículos